Ed. Primaria |
Bo día amig@s!! Esta semana tócanos ESCOITAR. |
|||
Ola a todos: tal como falamos estes días pola video conferencia imos comenzar un obradoiro de maxia. A dinámica é moi sinxela. Cada semana colgarei un truco e como se prepara e na seguinte video conferencia que teñamos contarédesme a vosa experiencia. Son trucos moi fáciles Empezamos co truco da botella esta primeira semana Ánimo |
|||
Boa tarde a todos e todas! Continuamos co noso emocionario. Esta semana imos traballar a emoción da estima. E que entendemos por estima? Pois ben, a estima é a consideración que se ten por algo ou alguén. Trátase do afecto, a simpatía ou o apego que xurde polas características ou a calidade de aquel ou aquilo que se estima. Pois para saber máis. Imos traballar esta emoción con este material que vos achego. Espero que vos guste! Para calquera cuestión, aquí tedes o noso enderezo: orientacionabanqueiro@gmail.com Un saúdo! |
|||
Ola a tod@s: Como estais? espero que ben. Hoxe vos deixo o xogo da oca pero adaptado a EF e sobre todo para xogar na casa. Ten a mesma dinámica que o xogo de sempre pero cada casilla ten unha proba física ou de habilidade. Probadeo que seguro que pasades un bo rato xogando Ahí va o enlace |
|||
Bo día a todos e a todas! Desexo de corazón que esteades todos ben. Mándovos moita forza e ánimo. Continuamos co noso taller de INTELIXENCIA EMOCIONAL. Esta semana toca a emoción do COIDADO. |
|||
Boa tarde a todos e todas! Propoñémosvos unha actividade de papiroflexia para realizar neses momentos mortos do día e que ao mesmo tempo vainos axudar a traballar a atención, psicomotricidade fina, coordinación entre outras moitas. Imos crear unha caixiña de papel de refugallo que podedes empregar para o que vos queirades. Podedes decorar o papel con cores chulas. Se seguides os pasos deste titorial que axuntamos vaivos a ser moi doado. Moita sorte a todos!!! |
|||
Boas tardes a todos! Comezamos o noso taller de intelixencia emocional!!! Deixovos aquí unha actividade moi bonita. Sabedes? fala da dulzura, esa emoción tan importante nas nosas vidas, que nos leva a actuar de forma amable e agarimosa. Espero que vos guste. Un abrazo a todos e todas. |
|||
Ola a tod@s: o primeiro é que espero que estedes tod@s ben e os mando ánimos para seguir adiante ante esta situación. As seguintes propostas que ides ter son para esta quincena que temos que pasar. Todo o deporte español, así como nos, está parado pero igual que estades a traballar dende a casa os nosos ídolos e deportistas tamén o están a facer dende as súas. O home sempre superou as adversidades que foi encontrando na vida e ante esta situación que temos agora tamén sabemos como adaptarnos. A seguinte proposta esta dirixida para os alumn@s de 3º- 4º-5º e 6º pero os mais pequenos, si queredes, tamén podedes buscar información ainda que non é obrigatoria esta actividade para vos. |
|||
Durante este días convídovos a que entredes no Blogue de Educación Musical (O Chifro) Estivo un pouco parado debido ao volume de traballo pero irei poñendo alí algunhas indicacións de cara a estes días. ¡Saudiña e ánimo! |
|||
O martes 11 de xuño, responsables do equipo de remo de Cabo de Cruz, viñeron ao noso colexio a impartir unha charla sobre o remo. Seguidamente o noso alumnado de 4º e 5º cuso de primaria, puxeron en práctica técnicas do remo. Para ver imaxes clicade en REMO |
|||
Un curso máis, o noso alumnado, xunto co alumnado dos colexios do Concello de Boiro, puido participar no campo a través organizado polo Concello de Boiro. Para ver as imaxes premede no seguinte enlace: |
|||
O venres, 10 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º, foi a Santiago de compostela e visitaron o Centro social Cottolengo de acollida e atención a persoas enfermas. Despois desta visita, foron á Cidade da Cultura onde viron a exposición "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia" A continuación, para ver as fotos da viaxe, premede no seguinte enlace: |
|||
O alumnado de 1º, 2º e 3º, visitou o Centro de Día de Boiro, compartindo unha mañá agradable cos anciáns. |
|||
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participa un ano máis na actividade XOGADE, na que se xuntan con outros centros da zona e realizan actividades deportivas. Aquí tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo ao Praia Xardín |
|||
O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participou na actividade XOGADE, na que se xuntaban con outros centros da zona e realizaban actividades deportivas. Aquí tedes tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo a Cabo de Cruz. |
|||