Animación á lectura |
O venres, 10 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º, foi a Santiago de compostela e visitaron o Centro social Cottolengo de acollida e atención a persoas enfermas. Despois desta visita, foron á Cidade da Cultura onde viron a exposición "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia" A continuación, para ver as fotos da viaxe, premede no seguinte enlace: |
|||
O 23 de abril, Día do Libro, tivemos o pracer de contar coa presenza de Héctor Kajaraville, autor de Kusuma, un libro que o alumnado de 5º e 6º leu e traballou durante o sengundo trimestre. Ademais, Brais Moure, amenizounos o día coas súas máxicas historias e coa súa Ciclobiblioteca. E para rematar, o alumnado de 5º e 6º leu contos ao resto dos compañeiros. |
|||
O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para recordar a Rosalía de Castro, o alumnado recitou o poema Adiós ríos, adiós fontes |
|||
O venres, despois do recreo, cada aula presentou o seu lapbook e este foi o resultado: |
|||
En relación co proxecto Amosa o teu amor a..., o alumnado, por aulas, fixeron lapbooks sobre diferentes animais. |
|||
O mércores, día 5 de decembro, tivemos unha actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto. Comezamos a construir, como nos dixo Carmen (a inxeñeira agrónoma) "unha pequena casa": |
|||
O día 24 de outubro, día das Bibliotecas escolares, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro acudimos á biblioteca do noso centro onde visionamos un conto e un video sobre as normas da mesma. Ao final, cantamos unha canción e levamos un agasallo dun libriño - marca páxiñas para animarnos a ler percorrendo o mundo máxico dos libros. "Con Pita viaxaremos e moitos libros leremos" |
|||
O pasado xoves celebramos no noso centro o Dïa do Libro debido ás boas temperaturas prognosticadas. A actividade consistíu en formar grupos de lectura onde os alumnos e alumnas se identificaron cunha flor. |
|||
Noemí de 4º de Primaria entrevistou á súa amiga Susana. Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística. 6:32 minutes (2.99 MB) |
|||
Nerea de 6º de Primaria entrevistou á mestra de 2º de Primaria: Joaquina. Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística. 3:47 minutes (3.47 MB) |
|||
Iker de 6º de Primaria entrevistou á conserxe do Colexio: Irene. Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística. 2:16 minutes (2.07 MB) |
|||
A escritora An Alfaya, visitou o pasado 22 de marzo noso centro para charlar co alumnado de quinto e sexto curso. A visita consistiu nunha charla na biblioteca sobre o seu libro "O aroma do liquidámbar". Posteriormente, o alumnao preparoulle unha divertida actividade donde An Alfaya tiña que averiguar aromas escondidos simplemente olfateando. Finalmente asinou exemplares do seu libro. |
|||
O alumnado de 6º de Primaria vai realizar unha actividade de Animación á Lectura na bibliotyeca do Centro. Dende o 4 ao 22 de marzo, na hora do recreo contarán contos a tódolos cursos que queiran participar. |
|||
Dende a biblioteca estamos a celebrar o día do libro cun Taller de Contos. Esta actividade consisten en inventar unha historia coa aportación de todos os nenos e nenas que forma un grupo. A súas historias teñen diferentes temáticas, atopamos contos de seres fantásticos, de intriga, de medo, etc. Ao rematar esta actividade todos estos traballos estarán nesta mesma web. |
|||
Durante todo el mes de abril en la biblioteca estamos realizando un TALLER DE CUENTOS para celebrar el día del libro. Por grupos de unos 5 ó 6 niños de diferentes cursos estan inventando cuentos con la aportación de todos. Los temas de sus cuentos son variados: unos son de miedo, otros de intriga, de búsquedas de tesoro, etc. |
|||