Secretaría

Procedemento do profesorado perante un positivo COVID

Procedemento de actuación ante un positivo COVID

  

 

Logo da realización dun test de antíxenos que de positivo debemos realizar 2 pasos: realizar a autodeclaración de caso sospeitoso e notificación de baixa.

PASO 1: Ir a Autodecalración de caso sospeitoso e cubrila para notificar o caso ao Sergas e os rastrexadores se poñan en contacto.

ENTREGA DE MÁSCARAS

A continuación poden consultar a listaxe de alumnos admitidos para a distribución de máscaras. Este listado tamén se atopa no taboleiro do centro.

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Un ano máis queremos colaborar coa fundación Unoentrecienmil a través dunha carreira solidaria que terá lugar o venres día 22 de outubro.

Pedimos a vosa colaboración para aportar 1€ por neno/a, ou a cantidade que consideredes, e así entre todos facer chegar a nosa axuda a esta investigación.

Podedes consultar máis detalles a continuación:

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Axudas económicas ás familias para a conciliación periodos de vacacións escolares a través do Bono Coidado

Axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e periodos de vacacións escolares a través do Bono Coidado

 

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares (código de procedemento BS412A), así como proceder á súa convocatoria.

 

Máis info en: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A&ano=2021&numpub=1&lang=gl

 

  

Calendario escolar do curso 2024-2025

Axudas POS do Concello de Boiro

AXUDAS POS DO CONCELLO DE BOIRO

Ata o 15 de novembro está o prazo aberto para solicitar as axudas POS que se tramitan dende os Servicios Sociais de Boiro. É interesante a liña:

 

Axudas ás familias para gastos que faciliten a escolarización, material informático, acceso aos medios dixitais valoradas polos profesionais dos servizos sociais comunitarios.

Axúntase as bases da convocatoria

Axudas para alumnado NEAE

Axudas para alumnado NEAE

  

 

Publicado no BOE o proceso para a solicitude de axudas NEAE. Máis información na seguinte ligazón.

 

Publicación de Listaxes de admitidos no proceso de Solicitude de Admisión

Reserva e Admisión

Publicación de Listaxes de admitidos no proceso de Solicitude de Admisión

  

Tal e como se indica na normativa, as listaxes de admitidos están publicadas no taboleiro do centro (non podendo publicarse esta listaxe por outros medios)

De todos xeitos, ao non ter que baremar este curso, todos os solicitantes foron admitidos.

 

 

Autorizacións a renovar a principio de curso

Autorización

AUTORIZACIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

Como todos os principios de curso é necesario renovar certas autorizacións, estas son as que seguen:

 

Cheques de material e libros

RECOLLIDA DE CHEQUES DE LIBROS E MATERIAL

Todas aquelas persoas que non recolleron os cheque den xullo poden facelo durante esta semana. Só teñen que solicitar a cita previa na web do centro (ou chamando por teléfono) para proceder á recollida dos mesmos.

cita previa

Listaxe definitiva de adxudicación de Fondo Libros

Lisaxe definitiva de adxudicación de Fondo Libros

No arquivo axunto poden consultar os libros adxudicados pola aplicación Fondo Libros en función da Renda.

Para os cursos de 3º e 5º, deberán mercar os libros que NON aparecen na listaxe. Os libros da listaxe serán mercados polo centro educativo.

Para o alumnado de 1º e 2º haberá vales para recoller no centro, ao igual que os vales para merca de material.

Listaxe provisional de Fondo Libros

Listaxe provisional de Fondo Libros

Nas listaxes axuntas publícanse as adxudicacións provisionais de de libros e de vales para adquisición de material, así como os motivos de non concesión.

Para interpoñer reclamación dispoñen ata o fin de semana.

Se queren coñecer os datos de Renta que aporta facenda e que soen ser a principal causa de non concesión, poden chamar por teléfono e comprobar se coinciden cos que vostedes dispoñen.

Para interpoñer a reclamación deberán presentar documentación acreditativa que a xustifique e demostre que os datos facilitados pola Axencia Tributaria non sos os correctos.

Actualización de datos da Renda dos usuarios de Comedor

Actualización de datos da Renda dos usuarios de Comedor

Xa podemos proceder a actualizar os datos de Renta dos usuarios de comedor.

Poden descargar o arquivo axunto, cubrilo, asinalo e entregalo no centro (tanto en presencial como a través do correo electrónico). Tamén poden dispoñer dunha copia do impreso no centro.

Cita previa para entrega e recollida de material

Cita Previa para a entrega de libros de texto e recollida de material escolar

A continuación, seguindo as instruccións da consellería, establécense un sistema de cita previa para a entrega dos libros de texto que teñen nas casas e para a recollida de material que aínda permaneza nas aulas.

Cita previa de libros e material
Entrega de Libros

Modificacións das programacións 2019-2020

Con motivo da suspensión de clases presenciais provocadas polo COVID-19, fixéronse as seguintes adaptacións das programacións (ver arquivo axunto) seguindo as instrucións da Consellería de Educación.

Distribuir contido