|
|||
Hoxe desde o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro queremos agradecer a todo o persoal, especialmente a Óscar, polas facilidades para levar a nosa rapazada de 4º, 5º e 6º a piscina de Rianxo. |
|||
|
|||
A semana pasada o alumnado de 6º de primaria conviviu con outros alumnos e alumnas de toda Galicia nunha semana de inmersión lingüística en inglés en Mondariz, onde tiveron realizaron actividades como tiro con arco, jincana, beach volley, montar a cabalo, geocaching e unha excursión ao Castelo de Sobroso. As noites estiveron cheas de emoción con actividades como Werewolves, Furor, Karaoke e disco. |
|||
Prazos de Solicitude de Reserva, Admisión e Formalización de Matrícula INFORMAMOS DE QUE XA ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNAS E ALUMNOS ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO, RESULTANDO ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS
Data a ter en conta: O prazo de confirmación de matrícula é durante o mes de xuño. Dispoñen de documento de formalización (Anexo III) en axuntos.
|
|||
|
|||
O alumnado de 6º de primaria representou a obra de teatro "Puss in Boots" (El Gato con Botas). Aquí vos deixo a mostra da representación.
Parabéns!! Fixéstelo xenial! |
|||
|
|||
Hoxe realizamos unha "Feira empresarial" como sesión final do proxecto "A empresa e o emprendemento" que realizou o alumnado de 6º. Despois de varias semanas preparando a empresa eleborando os produtos, realizando "marketing" e devolvendo o préstamo solicitado; todas as empresas foron viables e superaron amplamente os obxectivos marcados. A continuación tendes un álbum coas fotos do desenvolvemento deste proxecto. |
|||
O vindeiro luns 18 o alumnado do centro desprazarase ata o Centro Social de Abanqueiro para asistir a unha representación teatral en inglés ofrecida pola compañía madrileña Chameleon. Estas son as obras ás que asistirá o alumnado en función do seu nivel:
|
|||
O vindeiro mércores día 13 de marzo terá lugar, no CEIPP de Abanqueiro, unha charla-taller sobre A Alimentación en Idade Escolar. Esta charla forma parte dunha serie de actividades para traballar co alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (coas familias) o camiño para unha corecta e saudable alimentación. Ademais, disporemos dun servizo de canguraxe para aqueles que o necesiten; previa reserva no correo-e ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal. Esta charla (e o conxunto de actividades que a forman) está financiada pola ANPA NAPABÁN a través da liña de axudas do Concello de Boiro. |
|||
Grazas a Carnicería Boga e Exipto Motor, o equipo de atletismo do CEIPP de Abanqueiro estrea nova equipación. Que guapos están os campións!! |
|||
Como cada ano celebramos o entroido e nesta ocasión adicado o coidado do planeta e por iso fomos disfrazados dos distintos contedores que empregamos para o reciclaxe dos residuos que producimos nos nosos fogares. A continuación tedes o enlace o álbum coas fotos da festa. |
|||
|
|||
Grazas ao Concello de Boiro este ano podemos desfrutar de novo material deportivo!!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »