Blogue de Paula

Coñece a nosa biblioteca

Dende o equipo de biblioteca queremos dar a coñecer os diferentes recursos e materiais cos que conta a biblioteca escolar do C.E.E. Santa María e para elo, elaboramos este vídeo grazas á colaboración do alumnado e profesorado. Agardamos que vos guste!

 

 

 

Día do libro

O luns 25 de abril celebramos no centro o día do libro; para elo, contamos coa actuación de Atenea García e o seu espectáculo "Estrafalaria", que consistiu na narración oral de contos en lingua galega e a manipulación de diversos obxectos que acompañaban ás historias. Pasámolo xenial!

Semana da Prensa

No C.E.E. Santa María dende o luns 7 de marzo ata o venres 11 conmemoramos a semana da Prensa. Elaboramos a portada dun xornal entre todos e todas con tres noticias relacionadas cos Proxecta (Aliméntate Ben, MeteoEscolas e Protexe os Animais). 

Ademais coa axuda de recortes de periódicos deseñamos diversos animais.

No seguinte vídeo poden observar todo o traballo realizado!

Sementa un bico. Día do amor e da amizade

O luns 14 de febreiro festexamos no centro o día do amor e da amizade. O alumnado plantou unha semente máxica nunha maceta decorada por eles/elas mesmos así como o deseño dun mural baseado no conto "Sementa un bico".

No seguinte vídeo poden observar todo o traballo realizado!

 

 

"O C.E.E. Santa María a prol da igualdade"

O xoves 25 de novembro conmemoramos no centro educativo o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para elo, fixemos un mural que levou por nome "Que non che corten as ás" no que cada alumno e alumna colocou as súas ás decoradas; ademais dun posto con contos axeitados para traballar ese día. Deixámosvos uns vídeos que resumen o moito que traballamos!