O equipo de Non me Importa TV, coa colaboración de todos os profes e alumn@s, realizou este video para entender mellor en que consiste o Estado de benestar
Aquí vos deixamos a curtametraxe realizada polos alumnos de Secundaria do CEE de Panxón e que participa no Concurso "2016: o reto do acoso escolar" organizado pola Fundación Barrié e a Asociación Arela de apoio á infancia e mocidade.
Esperamos vos guste e serva para concienciar sobre estas situacións que non deberían darse nunca nas aulas de ningún centro educativo:
Resumo da visita que nos fixeron os pequenos da E. I. As Dunas e na que non faltou a boa música, o relato dun conto e unha máis que apetecible merendola!!
Aquí tendes un video dunha tarefa interdisciplinar e multinivel. Os alumnos de ESO1 prepararon unhas receitas de postres típicos de Entroido, e despois cociñaron: orellas e flores.
Os alumnos de Ed. Primaria, por outra banda, viñeron a gravarnos e mesmo fixeron un stop-motion para o encabezado do video onde se amosan os ingredientes necesarios.
Este é o resultado final dunha tarefa levada a cabo entre dous dos proxectos deste curso :
Desde outro dos porxectos que estamos a desenvolver, NON ME IMPORTA, analizamos novas de actualidade.. Aquí tendes a nosa visión do conflicto que está a suceder en Siria nunha reportaxe de NON ME IMPORTA TV... esperamos vos guste!
O 12 de novembro celebramos entre todos unha das tradicións galegas máis populares e divertidas: o MAGOSTO! Disfrutamos de castañas, chourizos, xogos, risas, conversas...festaza!!
O 25 de novembro, con motivo do Dia Mundial contra a violencia de xénero,a alumna Yaisa Pousada coa música interpretada polo porfe de música Chema Castelló, fixo este texto que nos fai reflexionar acerca deste tema
Este curso estamos traballando en dous proxectos e - twinning (Intercultural Mosaice e Culture in a Box) dentro do noso “macro proxecto” Let's go to Portugal!!
Intercultural Mosaic é un proxecto no que traballamos de forma colaborativa trece países europeos.
Os obxectivos deste proxecto son:
Compartir experiencias sobre cultura e tradicións dos diferentes países que traballamos xuntos.
Usar o inglés nun entorno natural de aprendizaxe.
Aprender unha lingua estranxeira, neste caso o inglés, dun xeito creativo e promovendo o traballo en equipo.
Usar innovación e creatividade mediante recursos tecnolóxicos.
A primeira tarefa consistía en grabar un video presentación, e aquí podedes botarlle un ollo á presentación dos nosos alumnos. A grabación e montaxe do video foi realizada dende o proxecto Producións Panxón.