Neste blog que chamamos COMECEE, podes atopar a información sobre menús mensuais, enlaces ás RRSS do comedor, novas, información de interese...

Clicando no nome do mes, poderás ver o menú de dito mes (sempre susceptible de cambios)

Clicando no logo do Facebook accedes directamente ao facebook do comedor, onde atoparás imaxes diarias do menú escolar

Iniciar sesión

COMEDOR CEE

MENÚ NOVEMBRO

Comezamos o mes de novembro e aquí temos o menú deseñado no comedor para tomar enerxía e forzas cada día. 

BO PROVEITO!!

MENÚ OUTUBRO

Casi sin decatarnos xa consumimos o primeiro mes do curso, adaptándonos todos ao mesmo, e comezamos o segundo mes, o mes de outubro, cun menú deseñado desde o noso comedor para ter toda a enerxía necesaria e así afrontalo con garantías de éxito.

DISFRUTÁDEO!!

MENU SETEMBRO

Mañán comeza un novo curso escolar e tamén retomamos a actividade no Comedor do CEE de Panxón.
Para comezar da mellor maneira posible, facémolo cun menú para este mes que nos axude a inicialo da mellor maneira posible!!
Deixámoste o menú descargable en formato pdf
 

CHARLA COME LOCAL

Como sabedes, o noso comedor participa nesta IV Edición da campaña COME LOCAL, promovida pola AGACAL, coa finalidade de promover e promocionar o consumo dos productos galegos.

Hoxe tivemos a visita de Ana, que nos explicou todo sobre as certificacións, as IXP, as DXP, e os diferentes productos que forman parte das mesmas.

COME BEN E COME LOCAL!!

Álbum: CURSO 2023/24 -> CHARLA COME LOCAL

MENÚ XUÑO 2024

Casi sin darnos de conta, e pouquiño a pouco, chegamos ao derradeiro mes deste curso, o desexado mes de Xuño, ás portas dunhas merecidas vacacións, logo dun curso de duro traballo. 

Para encarar da mellor maneira posible esta recta final, desde o Comedor do CEE elaboramos este menú que esperamos vos guste. Podedes consultalo e  descargalo coma sempre

FELIZ VERÁN!!

MENÚ MES DE MAIO

Aquí temos o menú para este mes de Maio, mes das Letras Galegas.

Que o disfrutedes!!

 

 

ABRIL

Chegamos ao remate do 2º trimestre e facemos unha parada para tomar folgos e recuperar forzas cara é recta final do curso. Á volta desta paréntese comezamos o mes de abril, no que disfrtuaremos do seguinte menú no noso comedor escolar.

Disfrutade deste máis que merecido descanso!! Vémonos á volta

 

OS CERTIFICADOS DE CALIDADE CHEGAN AO CEE DE PANXÓN

Este xoves 14 de marzo, a partir das 17:00h, e dentro da campaña COME LOCAL na que participa o noso comedor escolar, terá lugar un evento no que se dará a coñecer dita campaña e os produtos que se promoven na mesma, seguida dunha degustación de produtos con indicativo de calidade galegos que serán elaborados polos equipos de cociña dos catro centros participantes:

  • CEE de Panxón
  • CEIP Ría de Vigo
  • CEIP A Carrasqueira
  • CEIP A Paz - Tintureira


MARZO

Se clicas na imaxe poderás consultar o menñu do comedor para o mes de marzo, no que incorporamos platos feitos con productos da campaña de COME LOCAL, proporcionados pola AGACAL, e que esperamos sexan do voso agrado.

DISFRUTÁDEO!! 

O TRABALLO EN PanxonChef

Amosámosvos unha pequena mostra do traballo que realizamos no dia a dia en PanxonChef: elaboramos receitas, aprendemos o funcionamento dos aparellos de cociña,... para poder así eleborar produtos de primeira calidade supersaudables e que logo se degustarán nos diferentes eventos que teñen ñugar no curso: cafetería, Restaurante...

 

Álbum: CURSO 2023/24 -> TRABALLO PANXONCHEF