Neste blog que chamamos COMECEE, podes atopar a información sobre menús mensuais, enlaces ás RRSS do comedor, novas, información de interese...
Clicando no nome do mes, poderás ver o menú de dito mes (sempre susceptible de cambios)
Clicando no logo do Facebook accedes directamente ao facebook do comedor, onde atoparás imaxes diarias do menú escolar
O CEE de Panxón acollerá o vindeiro xoves 14 de marzo de 2024, unha xornada de degustación de #ExperienciasdeCalidade preparadas por cociñeir@s de 4 centros escolares participantes nesta edición. Estes, en colaboración co alumnado deste centro de educación especial, elaborarán 4 receitas con produtos con indicativo de calidade galego.
Haberá unha charla informativa sobre a campaña para todos aqueles pais e nais que se acheguen ese día na que terán ocasión de coñecer máis sobre os produtos degustados e probar os pratos elaborados polos cociñeir@s destes catro comedores escolares.:
CEE de Panxón
CEIP Ría de Vigo
CEIP da Carrasqueira
CEIP A Paz-Tintureira
Adxunto | Tamaño |
---|---|
microevento_panxon_v6.pdf | 3.14 MB |