Neste blog que chamamos COMECEE, podes atopar a información sobre menús mensuais, enlaces ás RRSS do comedor, novas, información de interese...

Clicando no nome do mes, poderás ver o menú de dito mes (sempre susceptible de cambios)

Clicando no logo do Facebook accedes directamente ao facebook do comedor, onde atoparás imaxes diarias do menú escolar

Iniciar sesión

IV COME LOCAL

O CEE de Panxón, o CPI Arquitecto Palacios e o EEI As Dunas Panxón, son tres dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL" , campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través de @experienciasdecalidadegalicia 

Entre outras cousas, achegarase varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade)a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.
#comelocal2023#eatlocal2023@experienciasdecalidadegalicia@slowfoodcompostela#campañacomelocal