try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

MENU SETEMBRO

Mañán comeza un novo curso escolar e tamén retomamos a actividade no Comedor do CEE de Panxón.
Para comezar da mellor maneira posible, facémolo cun menú para este mes que nos axude a inicialo da mellor maneira posible!!
Deixámoste o menú descargable en formato pdf
 

REMATAMOS O CURSO

 

Rematou o curso, nove meses cheos de desafíos, de novas experiencias, de moita convivencia, de momentos divertidos e doutros que non o foron tanto, de novos compañeiros e tamén de despedidas...será difícil de esquecer, sobretodo, por todo o aprendido.
Gracias a todos os nosos alumnos e alumnas por ensinarnos tanto outro curso máis!
Agora toca descansar e repoñer folgos!
#tocadescansar #curso23-24 #ceepanxon #nigran #verán #verano #vacaciones
#vacacións

MENÚ XUÑO 2024

Casi sin darnos de conta, e pouquiño a pouco, chegamos ao derradeiro mes deste curso, o desexado mes de Xuño, ás portas dunhas merecidas vacacións, logo dun curso de duro traballo. 

Para encarar da mellor maneira posible esta recta final, desde o Comedor do CEE elaboramos este menú que esperamos vos guste. Podedes consultalo e  descargalo coma sempre

FELIZ VERÁN!!

LET ME ENTERTAIN YOU (Desde o noso PC)

O xeito de facelo sería o seguinte:

  • Engadir o ficheiro mp4 de vídeo como ficheiro adxunto ao noso contido.
  • Copiar no portapapeis a ruta URL do arquivo unha vez subido ao noso sitio web.
  • Desactivar o texto enriquecido e pegar o seguinte código, substituíndo o texto en vermello "PEGAR-A-RUTA-ANTERIOR" pola ruta URL do paso anterior:

<div align="center"><video width="320" height="240" controls="true"> <source type="video/mp4" src="PEGAR-A-RUTA-ANTERIOR"></source> O teu navegador non soporta este vídeo. </video></div>

  • Modificar o tamaño do reproductor de vídeo establecendo os valores desexados para width (anchura) e height (altura) en píxeles.
  • Gardar os cambios

LET ME ENTERTAIN YOU (Audio mp3)

SI QUEREMOS FACER UNHA ENTRADA NA QUE QUEREMOS UN AUDIO

  • Engadir o ficheiro mp3 de audio como ficheiro adxunto ao noso contido.
  • Copiar no portapapeis a ruta URL do arquivo unha vez subido ao noso sitio web.
  • Desactivar o texto enriquecido e pegar o seguinte código, substituíndo o texto en vermello "PEGAR-A-RUTA-ANTERIOR" pola ruta URL do paso anterior:

<div align="center"><audio id="player" controls="true"> <source src="PEGAR-A-RUTA-ANTERIOR" type="audio/mpeg"></source> </audio></div>

  • Gardar os cambios

 

Distribuir contido