try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

FEIRA PROXECTOS ESCOLARES PITEAS 2018

O vindeiro venres 4 de maio a partir das 16:00h e na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, terá lugar a Feira de Proxectos Escolares PITEAS, un proxecto de mellora da formación do profesorado e de apoio e asesoramento aos centros educativos na detección e educación do talento do alumnado promovido pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a participación da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela.

Alí estará representado o noso centro, o CEE de Panxón, cun Stand interactivo, cunha serie de pósters sobre os proxectos desenvolvidos e cunha presentación de Boas Prácticas. Clicando nas imaxes podes ter máis información sobre ubicación e horarios

 

PROXIMA VISITA A METEOGALICIA

O vindeiro xoves 8 de febreiro os alumnos de ESO farán unha visita á sede central de MeteoGalicia para ampliar os seus coñecementos sobre a Meteoroloxía e así aplicalos no centro

 

TOLOS CIENTÍFICOS NA NOSA MÁQUINA DE TOLERÍAS

Os alumnosde Primaria do noso centro converten a nosa biblioteca nun verdadeiro alboratorio de experimentación onde ocorren cousas tan divertidas coma incribles.

Lembrade que podes acceder á súa canle de  Youtube desde esta páxina clicando na imaxe da dereita, onde podedes darlle un lote de "likes", porque os merecen!!

E tampouco deixes de visitar o blogue da nosa Biblioteca "A MÁQUINA DE TOLERÍAS" tamén á dereita!!

Aquí nos explican cómo podemos facer un holograma fácilmente:

 

 

MÁQUINA DE TOLERÍAS

O 2018 comezou na nosa Biblioteca dun xeito.....moi colorido, como podedes ver neste videoresumo.

Non deixedes de clicar no enlace da dereita que vos leva ao blogue desa Máquina de Tolerías que é a nosa Biblioteca

 

 

O CEE DE PANXÓN EN MASTERCHEF

Este pasado mércores 24 de xaneiro, tres alumnos de Secundaria: Manu, Miriam e Pablo, acompañados do noso profe de cociña Álvaro e do noso director Rafa representaron ao noso centro na gravación do programa de TVE "MasterChef" que tivo lugar no parador de Baiona.

Viñeron encantados da experiencia televisiva, coma non podía ser doutro xeito, e da oportunidade de ver desde dentro como se produce un programa de televisión de éxito.

Podes clicar na foto para ampliar a información publicada no Faro de Vigo

 

Distribuir contido