try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

MESTRES GANDEIROS - ANCARES

Fai uns días fomos de excursión á comarca dos Ancares. Estivemos en Navia de Suarna, Cervantes e O Piornedo. En Navia de Suarna comemos os seus caldos que estaban exquisitos e eran da cooperativa da Carqueixa. Tamén estivemos en Cervantes, onde había un señor moi simpático ("Palillo") que nos amosou o seu traballo co gando e co seu tractor ensinounos cousas moi interesantes das súas terras.
Ceamos en “4 Ventos”, un sitio delicioso. Ao día seguinte estivemos con Lola no Piornedo, que nos ensinou as súas antigas e bonitas pallozas, e nos fixo unhas deliciosas hamburguesas, con carne dos Ancares, e que xa podemos comer tamén no noso comedor escolar!
No albergue habitaba unha especie chamada `michi’ (gato)
#Ancares #CeedePanxón #Toleamos sen Mais #Cervantes #Navia de Suarna #Piornedo #Campo #Animales #ACarqueixa
Álbum: CURSO 2023/24 -> MESTRES GANDEIROS-ANCARES

BO NADAL 2023

Chegamos ao remate do 1º trimestre para disfrutar dun merecido descanso logo de traballar nas clases cos diferentes proxectos, tarefas...

E como é tradición xa no noso centro, aqui tendes o video de Nadal deste curso, que vai adicado a unha persoa moi especial, a alma e soporte de todo este proxecto educativo que levamos adiante desde xa fai uns cuantos anos.

Xa podedes imaginar de quen estamos a falar, pero o mellor é que o vexades e vos emocionedes co noso vídeo máis intimo e especial co que queremos felicitarvos a todos e todas as festas:

#nadal23 #ceepanxon #nigran #almaesoporte #emocion #rafaomellor

       BO NADAL !!!     

 

VISITA A CULLER DE PAU

Aquí tendes un resumo da nosa visita a un dos mellores restaurantes do país que conta con dúas estrelas michelín que recoñecen a súa calidade gastronómica e unha estrela verde que premian o seu compromiso coa sostenibilidade:consumo productos propios,locais…
Grazas a @cullerdepau, en especial a Alex (encargado da horta),Pablo (jefe de cociña)e Pablo (jefe de sala) polo seu tempo e o seu bo facer transmitindonos tanta paixón polo seu traballo.

Esperamos poder transmitir o aprendido no noso restaurante.
#mariñeirodahorta #interpretedoterritorio #aprendemosfacendo #saidaseducativas #cullerdepau #toleandosenmais #toleandoconcullerdepau #traballandoporproxectos

Álbum: CURSO 2023/24 -> VISITA CULLER DE PAU

INSTALAMOS OS COMPOSTEIROS

O pasado 23 de novembro instalamos o noso composteiro

Antes de colocalo na nosa horta, recibimos unha formación por parte de Antón Lois e Marcelo, persoal técnico do CEIDA que traballan para o programa de residuos da @deputacionpontevedra.

Ademais de explicarnos cómo instalar e conservar o noso composteiro, faláronnos dos beneficios para a nosa horta e o impacto positivo que ten no medio ambiente reutilizar unha parte dos nosos resíduos.

Quedámonos co que nos dixo Antón, "o 100% do que comemos provén da Terra, co cal temos a obriga de devolverllo".

Foi moi interesante traballar con eles e mesmo durante a instalación atopamos ao seu primeiro habitante, unha miñoca! 

Unha vez mais gracias ao @concello_de_nigran por cedernos os composteiros para o noso centro.

#ceida #reutilizar #composteiroseducativos #traballoporproxectos #hortaescolar #trabajoporproyectos #ceepanxon #nigran #cambioclimatico

Álbum: CURSO 2023/24 -> COMPOSTEIRO

MAGOSTO

Tarde de Magosto en Panxón, despois de tanta auga prestou poder festexar tod@s xunt@s esta festa popular galega.
Foi unha tarde con xogos tradicionais como a chave ou a carreira de sacos e outros que non o son tanto pero que nos deron momentos moi divertidos!
O broche de ouro o puxo o xogo soga-tira onde houbo un enfrentamento con moita rivalidade e alta tensión, fixádevos no vídeo...como de fortes están as mestras e educadoras do CEE de Panxón??

Despois de tanto esforzo físico ben merecíamos unhas castañas e un boliño preñado!
Foi unh@ xornada xenial, de convivencia, xogos e moitas risas!

#astardesenpanxon #magosto2023 #nigran #ceedepanxon #magosto #castañada #festarachada #conviencia #xogospopulares 

 
 
 
 
Álbum: CURSO 2023/24 -> MAGOSTO
Distribuir contido