try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

NON ME IMPORTA TV: O CONFLICTO SIRIO

Desde outro dos porxectos que estamos a desenvolver, NON ME IMPORTA, analizamos novas de actualidade.. Aquí tendes a nosa visión do conflicto que está a suceder en Siria nunha reportaxe de NON ME IMPORTA TV... esperamos vos guste!

 

MAGOSTO

O 12 de novembro celebramos entre todos unha das tradicións galegas máis populares e divertidas: o MAGOSTO!
Disfrutamos de castañas, chourizos, xogos, risas, conversas...festaza!!

 

 

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, con motivo do Dia Mundial contra a violencia de xénero,a alumna Yaisa Pousada coa música interpretada polo porfe de música Chema Castelló, fixo este texto que nos fai reflexionar acerca deste tema

 

LET´S GO TO PORTUGAL!!

Este curso estamos traballando en dous proxectos e - twinning (Intercultural Mosaice e Culture in a Box) dentro do noso “macro proxecto” Let's go to Portugal!!

Intercultural  Mosaic  é  un  proxecto  no  que  traballamos  de  forma  colaborativa  trece  países europeos.  

Os obxectivos deste proxecto son:

  • Compartir experiencias sobre cultura e tradicións dos diferentes países que traballamos xuntos.
  • Usar o inglés nun entorno natural de aprendizaxe.
  • Aprender unha  lingua estranxeira, neste caso o inglés, dun xeito creativo e promovendo o traballo en equipo.
  • Usar innovación e creatividade mediante recursos tecnolóxicos.

A  primeira  tarefa  consistía  en  grabar  un  video  presentación,  e  aquí  podedes  botarlle  un  ollo  á presentación dos nosos alumnos. A grabación e montaxe do video foi realizada dende o proxecto Producións Panxón.

 

CIENCIA O FICCION

O pasado 6 de outubro os alumnos de Secundaria fomos á actividade CIENCIA O FICCIÓN organizada pola Fundación Barrié, durante a actividade puidemos ver fragmentos de películas que forman parte do noso imaxinario colectivo (Tiburón, Mars Attacks,...) e analizamos a súa base científica, levando a cabo experiencias nas que comprobamos se se axusta á realidade o que nos propón o cinema e tamén descubrimos as técnicas que permiten á industria cinematográfica crear universos imposibles.

Entre outras experiencias, fixemos bruxería, química en directo, utilizamos un croma en tempo real e aprendimos a crear néboas tal como facían os estudos nos anos 50, incluso escoitamos sons que os adultos non son uqen de escoitar...

Fai ti a proba da túa agudeza auditiva aquí neste enlace: 

 

Distribuir contido