try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

Mauro escríbese con B

Aquí vos deixamos a curtametraxe realizada polos alumnos de Secundaria do CEE de Panxón e que participa no Concurso "2016: o reto do acoso escolar" organizado pola Fundación Barrié e a Asociación Arela de apoio á infancia e mocidade.

Esperamos vos guste e serva para concienciar sobre estas situacións que non deberían darse nunca nas aulas de ningún centro educativo:

 

Mauro escríbese con B from CEE PANXON on Vimeo.

VISITA E.I. AS DUNAS

Resumo da visita que nos fixeron os pequenos da E. I. As Dunas e na que non faltou a boa música, o relato dun conto e unha máis que apetecible merendola!!

Que ben o pasamos!!

 

PASAPANXON

Unha nova edición de "Pasapanxón", onde os concursantes poñen a proba os seus coñecementos...Hoxe presenta Kael e concursan Marilú e Óscar:

 

RUN, LEARN & ENJOY

Video sobre o rastrexo levado a cabo polos alumnos do centro para descubrir os arredores de Panxón dun xeito divertido:

 

POSTRES DE ANTROIDO - CARNIVAL DESSERTS

Aquí tendes un video dunha tarefa interdisciplinar e multinivel. Os alumnos de ESO1 prepararon unhas receitas de postres típicos de Entroido, e despois cociñaron: orellas e flores.

Os alumnos de Ed. Primaria, por outra banda, viñeron a gravarnos e mesmo fixeron un stop-motion para o encabezado do video onde se amosan os ingredientes necesarios.

Este é o resultado final dunha tarefa levada a cabo entre dous dos proxectos deste curso : 

"LET´S GO TO PORTUGAL" e "PRODUCIÓNS PANXÓN"

 

Distribuir contido