Neste blog que chamamos COMECEE, podes atopar a información sobre menús mensuais, enlaces ás RRSS do comedor, novas, información de interese...
Clicando no nome do mes, poderás ver o menú de dito mes (sempre susceptible de cambios)
Clicando no logo do Facebook accedes directamente ao facebook do comedor, onde atoparás imaxes diarias do menú escolar
O CEE de Panxón acollerá o vindeiro xoves 14 de marzo de 2024, unha xornada de degustación de #ExperienciasdeCalidade preparadas por cociñeir@s de 4 centros escolares participantes nesta edición. Estes, en colaboración co alumnado deste centro de educación especial, elaborarán 4 receitas con produtos con indicativo de calidade galego.
Haberá unha charla informativa sobre a campaña para todos aqueles pais e nais que se acheguen ese día na que terán ocasión de coñecer máis sobre os produtos degustados e probar os pratos elaborados polos cociñeir@s destes catro comedores escolares.:
CEE de Panxón
CEIP Ría de Vigo
CEIP da Carrasqueira
CEIP A Paz-Tintureira
O CEE de Panxón, o CPI Arquitecto Palacios e o EEI As Dunas Panxón, son tres dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL" , campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través de @experienciasdecalidadegalicia
Entre outras cousas, achegarase varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade)a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.
#comelocal2023#eatlocal2023@experienciasdecalidadegalicia@slowfoodcompostela#campañacomelocal
Feliz Ano Novo a todos! Voltamos coas pilas cargadas, e para tamé ir recargándoas no día a día comezamos co primeiro menú mensual do ano, o do mes de Xaneiro. Disfrutade!!
E casi sin darnos conta, chegamos ao último menú do ano 2023, o menú do mes de decembro, no que chegamos ao remate do primeiro trimestre e a un merecido descanso.
Desde o CEE de Panxón desexámosvos un
BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2024!
O noso comedor participa este ano na IV edición da Campaña “Come Local” da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería (AGACAL) para os comedores escolares.
Recibiremos formación e asesoramento, organizaremos actividades formativas sobre as características nutricionais de distintos productos, analizaremos a procedencia dos productos consumidos, degustaremos productos con denominación de orixe…poñeremos en valor os produtos galegos con certificado de calidade:
DOP (Denominación de Orixe Protexida),
IXP (Indicación Xeográfica Protexida),
Ecolóxicos de proximidade