try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

MENÚ XUÑO 2024

Casi sin darnos de conta, e pouquiño a pouco, chegamos ao derradeiro mes deste curso, o desexado mes de Xuño, ás portas dunhas merecidas vacacións, logo dun curso de duro traballo. 

Para encarar da mellor maneira posible esta recta final, desde o Comedor do CEE elaboramos este menú que esperamos vos guste. Podedes consultalo e  descargalo coma sempre

FELIZ VERÁN!!

LANZAMENTO MARUMASAT VI

Por fin chegou o dia esperado, o dia do lanzamento...Logo de días de construción da cápsula e preparación dos espazos que conteñen os compoñentes para os diferentes experimentos, citámonos o día 22 de maio na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os 6 centros de NOSA participantes nesta nova edición do lanzamento da MARUMASAT VI, coa misión AsubIA

Logo de introducir os compoñentes da misión, pechar a cápsula, facer a montaxe, inchar o globo coa cantidade necesaria, ter o permiso do aeroporto...

 

... Romperon os cordóns de unión e o globo subiu pero sin a cápsula!!

 

Afortunadamente, habia globo e paracaidas de reposto, polo que, logo da inicial decepción, volveuse a facer a montaxe, para que, esta vez, si, a MARUMASAT VI puidese ascender no ceo...

E asi foi, conforme foi ascendendo, foise dirixindo cara ao oeste, ata que ao chegar aos 31.900 metros de altura, o globo estoupou e a cápsula comezou a baixar, aterrizando nun punto do concello leonés de Vega de Valcarce.

Os nosos radiofeccionados foron quen de, coa súa experiencia, chegar a atopar o sitio e así poder recoller a cápsula...Podedes velos na reportaxe fotográfica do álbum máis abaixo e tamén a emisión do lanzamento 

Agora toca recopilar todos os datos recollidos, analizalos,...pero iso será outra historia...

Álbum: CURSO 2023/24 -> LANZAMENTO MARUMASAT VI

ACTIVIDADE CON AFAGA

Hoxe foi unha tarde diferente en Panxón, un pequeno grupo do noso alumnado compartiu actividades cos usuarios de @afaga.alzheimer . Nico, Rosa e Nicole acompañados do noso profesor de cociña @alvaroreychef elaboraron uns petiscos deliciosos que compartiron despois tod@s xunt@s. Pero non foi todo merenda!
O noso alumnado fixo de guía nunha visita pola horta-granxa. Despois de acariñar aos nosos animais prantaron algúns sementeiros...faremos xunt@s a colleita?
É un pracer para nós compartir con @afaga.alzheimer momento de actividades, conversas, merendas e convivencia!
Álbum: CURSO 2023/24 -> ACTIVIDADE AFAGA

GLOBO CAUTIVO MARUMASAT VI

O 15 de maio foi un día intenso no CEE de Panxón: pola mañán participamos no II Campionato de Baristas de Galicia celebrado en Boiro e pola tarde estuvemos na @cidadedacultura para participar no globo cautivo da @marumasat VI, evento que supón chequear os compoñentes que van ir na cápsula e que desenvolveron nos distintos centros educativos participantes.

Levamos a cápsula na que levamos semanas traballando, pois é a nosa aaportación a este interesante proxecto, a de construir o soporte físico que se vai enviar á estratosfera terrestre, a uns 30000 metros de altitude!!!

Estabamos moi nerviosos porque do noso traballo dependían os experimentos que prepararon os compañeiros dos coles @cienciaocruce @imaxiinaccion @iesmarcodocamballon @clubdeciencias.iesramoncaamano e @mirafloresoleiros

Todo foi correcto, fixéronse os axustes necesarios e agora si, empeza a conta atrás para o lanzamento do vindeiro mércores 22 de maio

CONTADE CONNOSCO!!

10, 9, 8...

Álbum: CURSO 2023/24 -> GLOBO CAUTIVO MARUMASAT VI

II CAMPIONATO BARISTA GALICIA

O 15 de maio foi un dos días máis especiais da historia do CEE de Panxón, os nosos alumnos Terry, Juan e Marcos participaron na II Edición do Campionato de Baristas de Centros de Educación Especial de Galicia.

Durante o concurso Juan foi o encargado da parte técnica da cafetera, Marcos elaborou a bebida de especialidade e Terry coa sua creatividade e destreza pintou unhas acuarelas cos posos do café.

Foi un pracer velos traballar e demostrar a súa valía acadando o terceiro premio e levando o recoñecemento de todos os asistentes.

Queremos agradecer especialmente a Mónica, a nosa mestra barista pola súa dedicación e paciencia á hora de prepararnos para este concurso,gracias Mónica!

Foi un pracer participar xunto con outros centros de Galicia neste campionato nun lugar tan espectacular como o Pazo de Goiáns en Boiro.

Agradecemos aos patrocinadores por poder organizar este campionato que nos aportou unha experiencia moi enriquecedora difícil de esquecer.

Podedes ver todo o evento clicando na imaxe do comezo e tamén vos deixamos aquí abaixo coa reseña feita na TVG e tamén cunha pequena reportaxe fotográfica desta fantástica xornada

Álbum: CURSO 2023/24 -> II CAMPEONATO BARISTA
Distribuir contido