try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Participamos no 4º Congreso EDUCODS2030 de Tui!

O 4 de xuño, unha representación do alumnado do CEE de Panxón tivo unha xornada de compartir proxectos, xogos e convivencia con outros coles no 4º congreso EDUCODS de Tui.

A nosa proposta foi sobre a compostaxe. Xogamos á ruleta, pedimos a colaboración para decorar uns paneis para o noso recuncho do compost e fixemos unha enquisa que recollese datos para ver como están os hábitos sobre este tema.

Neste senso e atendendo aos resultados obtidos, concluimos:

  • Estase a instalar o hábito da compostaxe na cidadanía.
  • Isto pode ser debido ao pulo dado dende a comunidade educativa, onde a  porcentaxe facendo compost nos centros é moi maioritaria (85%).

Tamén tivemos ocasión de premiar á participación nas nosas propostas con paus de queixo, elaborados por nós en Panxonchef, con fariña do centeo que usan para teitar as pallozas nos Ancares!

Viva o rural!

          

 

 

CHARLA COME LOCAL

Como sabedes, o noso comedor participa nesta IV Edición da campaña COME LOCAL, promovida pola AGACAL, coa finalidade de promover e promocionar o consumo dos productos galegos.

Hoxe tivemos a visita de Ana, que nos explicou todo sobre as certificacións, as IXP, as DXP, e os diferentes productos que forman parte das mesmas.

COME BEN E COME LOCAL!!

Álbum: CURSO 2023/24 -> CHARLA COME LOCAL

MENÚ XUÑO 2024

Casi sin darnos de conta, e pouquiño a pouco, chegamos ao derradeiro mes deste curso, o desexado mes de Xuño, ás portas dunhas merecidas vacacións, logo dun curso de duro traballo. 

Para encarar da mellor maneira posible esta recta final, desde o Comedor do CEE elaboramos este menú que esperamos vos guste. Podedes consultalo e  descargalo coma sempre

FELIZ VERÁN!!

LANZAMENTO MARUMASAT VI

Por fin chegou o dia esperado, o dia do lanzamento...Logo de días de construción da cápsula e preparación dos espazos que conteñen os compoñentes para os diferentes experimentos, citámonos o día 22 de maio na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os 6 centros de NOSA participantes nesta nova edición do lanzamento da MARUMASAT VI, coa misión AsubIA

Logo de introducir os compoñentes da misión, pechar a cápsula, facer a montaxe, inchar o globo coa cantidade necesaria, ter o permiso do aeroporto...

 

... Romperon os cordóns de unión e o globo subiu pero sin a cápsula!!

 

Afortunadamente, habia globo e paracaidas de reposto, polo que, logo da inicial decepción, volveuse a facer a montaxe, para que, esta vez, si, a MARUMASAT VI puidese ascender no ceo...

E asi foi, conforme foi ascendendo, foise dirixindo cara ao oeste, ata que ao chegar aos 31.900 metros de altura, o globo estoupou e a cápsula comezou a baixar, aterrizando nun punto do concello leonés de Vega de Valcarce.

Os nosos radiofeccionados foron quen de, coa súa experiencia, chegar a atopar o sitio e así poder recoller a cápsula...Podedes velos na reportaxe fotográfica do álbum máis abaixo e tamén a emisión do lanzamento 

Agora toca recopilar todos os datos recollidos, analizalos,...pero iso será outra historia...

Álbum: CURSO 2023/24 -> LANZAMENTO MARUMASAT VI

ACTIVIDADE CON AFAGA

Hoxe foi unha tarde diferente en Panxón, un pequeno grupo do noso alumnado compartiu actividades cos usuarios de @afaga.alzheimer . Nico, Rosa e Nicole acompañados do noso profesor de cociña @alvaroreychef elaboraron uns petiscos deliciosos que compartiron despois tod@s xunt@s. Pero non foi todo merenda!
O noso alumnado fixo de guía nunha visita pola horta-granxa. Despois de acariñar aos nosos animais prantaron algúns sementeiros...faremos xunt@s a colleita?
É un pracer para nós compartir con @afaga.alzheimer momento de actividades, conversas, merendas e convivencia!
Álbum: CURSO 2023/24 -> ACTIVIDADE AFAGA
Distribuir contido