Blogs

LETRAS GALEGAS

19/05/2021 18:48

SEMANA DO LIBRO

26/04/2021 18:47

8M: DÍA DA MULLER

08/03/2021

O 8 de marzo celebramos o Día da Muller no centro. Todos os nenos e nenas do cole realizamos un mural coas súas fotografías emulando a Power Woman.

 

 

O ENTROIDO

12/02/2021

O NADAL

24/12/2020

Chegou o mes de decembro...

 

...e xa respiramos ambiente de Nadal no colexio. 

 

Todos os cursos prepararon unha fermosa decoración para engalanar as diferentes estancias do centro e realizaron postais para cada grupo. 

 

Ademais, prepararon as súas cartas esperando a chegada de Papá Noel e os Reis Magos!

 

 
 

 

O MAGOSTO

15/11/2020

A pesares de que nos gustaría máis doutro xeito, seguimos festexando e desfrutando como podemos... Desta vez, comendo un biscoito de castañas no noso comedor.

 

Grazas Manel e o alumnado de Restauración, por elaborar o postre

Quedou exquisito!!

 

 

O SAMAÍN

30/10/2020

E por fin... a primeira celebración do curso!

O día que tod@s estabamos esperando!!!  

Nenos e nenas, tede coidado coas bruxas, coas pantasmas, cos demos e trasnos, porque...       

Xa chegou O SAMAÍN!!!

 

 

O alumnado participou na elaboracións da decoración da entrada do cole e das aulas. Disfrazámonos en cada aula e comemos doces típicos para  celebrar o Samaín! 

 

CIRCULAR DE FIN DE CURSO

20/06/2021 10:54

 

Deixamos no ficheiro adxunto a Circular con información sobre fin de curso e para o inicio do próximo curso escolar.

Un saúdo.

AGRADECEMENTOS

15/06/2021 11:24

Mª Luz Barreiro Garea, Directora do C.E.E. “María Mariño” en representación de toda a Comunidade Educativa teño o pracer de dirixirme a vostedes co propósito de manifestarlles o máis sincero agradecemento pola xenerosidade e sensibilidade amosada cara o noso colexio ao longo destes anos; grazas as donacións feitas polas entidades que vostedes representan:

A Fundación Amancio Ortega, polo Nadal envía como agasallo unha cesta para o alumnado; ademáis de xogos didácticos e material informático para uso escolar. 

A Fundación Paideia fixo un aporte económico, importante, para a adquisición dun Emulador de Patrón de marcha CL1 Walker que permite estimular a fase de balanceo da marcha, permitindo o avance da extremidade inferior dos alumnos/as de escasa movilidade e cadeira de rodas.

Asemade unha donación de 17 ordenadores (CPU) que fixeron posible actualizar o material informático do centro, distribuíndose nas aulas que os necesitaban.

Estas donacións supoñen un aumento dos recursos para o centro e contribúen ao desenvolvemento integral dos nosos/as alumnos/as.

En nome de toda a Comunidade Educativa, moitas grazas!

Comedor Escolar - Cambios en el menú de junio

15/06/2021 11:18
Distribuir contenido