blogue decee.maria.marinho

Estes son os nosos proxectos do Programa Voz Natura:

BOAS VACACIÓNS

08/04/2022

ORGULLO DE ALUMNADO

29/03/2022

Asier volve ao cole co orgullo de gañar o campeonato de España individual e de conxunto de Ximnasia Artística que se celebrou en Cuenca a pasada fin de semana.
Démoslle o seu merecido recoñecemento á súa chegada ao centro. PARABÉNS ASIER!!!!

 

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

 

Día da árbore

28/03/2022

Para darlle a benvida á primavera, no día da árbore plantamos carballos nunha zona próxima ao cole. Gracias ao profe Guillermo e aos rapaces de xardinaría, todas as aulas do centro puideron plantar a súa propia árbore. Agora toca seguilas coidando para que medren sans e fortes.

 

Seguimos aprendendo con ECO-Seguriño

26/03/2022

Continuamos co traballo no noso Plan Proxecta 2021-2022 de Seguridade Vial Ecoseguriño. 

Estamos a tope traballando para mellorar a sinalización dos nosos camiños seguros ao cole coainestimable axuda dos Programas Formativos de Fp e de todo o cole volcado para mellorar anosa seguridade. 

Xa veredes canta sorpresiña temos agardando.

E mentres traballamos nas aulas sobre o tema e comezamos a roda de visitas do Equipo daDXT; gran apoio!.

De aquí a fin de curso visitarannos en 4 ocasións máis e onte fixérono para fixar conceptos sobre o paso de peóns. 

Pasámolo moi pero que moi ben!

Grazas Susana e grazas Quico e vémonos o 22 de Abril para coñecer moi ben o semáforo.

E veña ENTROIDO!!!

07/03/2022

Pois aquí tendes desvelado o mistero sobre o que se agachaba detrás do telón do escenario do Entroido 2022.

Esperamos que vos guste. Nós pasámolo xenial no cole cantando e bailando disfrazados dos nosos grupos favoritos. Aquí queda unha mostra de elo.

 

Chegou o ENTROIDO

25/02/2022

Dende primeira hora da mañá, arrincaron os preparativos do ENTROIDO 2022 no CEE María Mariño.

Que se agochará detrás do telón nesta celebración? 

 

Moi pronto o saberedes... prestade atención, e que empece a música!

Mentres tanto, pasade un bo entroido!

Como traballamos no PFFPB de Xardinería e Viveirismo...

09/05/2022 10:33

O pasado sábado 7 de maio participamos no Día da Ciencia na Rúa, no parque de Santa Margarita. Compartimos  espazo co IES Menéndez Pidal. Expuxemos diverso material de rega utilizado en xardinería e agricultura. Preentamos tamén o noso traballo no CEE María Mariño: o xardín das estrelas que estamos a facer, actividades de sementeiria nas aulas e plantación de especies forestales autóctonas, enxerta e promoción de variedades tradicionales galegas de froita...

 

No curso 2021-2022 estamos a traballar nas labores de "Renaturalización" do noso centro, como indicamos no titorial que presentamos aos nosos compañeiros do IES Menéndez Pidal. Poñemos a continuación o titorial no que explicamos cómo fixemos o hotel de insectos que elaboramos grazas á idea que nos deron no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz)

- Titorial de construcción dun hotel de insectos. 

Así traballamos no curso 2020 / 2021:

 - Documento dos traballos realizados no curso 2020/2021

 

Titoriales realizados no proxecto "Deseno e son" en colaboración co IES Menéndez Pidal:

- Diccionario visual de termos relacionados ca xardinería, o viveirismo e o medio ambiente

- Titorial sobre recepción de froiteiras compradas nun viveiro profesional

- Titorial sobre plantación de froiteiras

DÍA DA PAZ

31/01/2022

Este mes, e cada día, celebramos no noso centro o Día da Paz. Un ano máis, intentamos derrubar muros de violencia para crear paredes amables e cheas de paz.

Aquí tendes un video con algunhas imaxes da actividade.

 

 

DEPENDENCIAS DO CENTRO

17/01/2022

Distribuir contido