Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A cultura e as expresións artísticas enténdense e serven como reflexo das sociedades pasadas e presentes. A música, como ben cultural, como linguaxe universal e medio de comunicación non verbal, constitúe un elemento de gran valor na vida das persoas. A súa repercusión supera a propia individualidade artística cara a outros campos do coñecemento, pois xa desde a antigüidade se establecen vínculos con outras manifestacións escénicas, como a danza ou o teatro. Na actuali- dade, estamos en contacto permanente con ela. Ademais, favorece o desenvolvemento integral do ser humano, intervén na súa formación emocional e intelectual, a través do coñecemento do feito musical como manifestación cultural e histórica, e contribúe ao afianzamento dunha postura aberta, reflexiva e crítica no alumnado.
O desenvolvemento tecnolóxico modificou considerablemente os referentes musicais da sociedade grazas á posibilidade dunha escoita simultánea de toda a produción musical mundial a través dos discos, da radio, da televisión, dos xogos electrónicos, do cinema, da publicidade, de Internet etc. Ese mesmo desenvolvemento tecnolóxico abriu, pola súa vez, novas canles para a interpreta- ción e a creación musical, tanto de músicos profesionais coma de calquera persoa interesada en facer música.
A música contribúe activamente no desenvolvemento cognitivo, emocional e psicomotor do alum- nado. Na súa vertente cognitiva, a atención, a percepción, a memoria, a análise, os elementos pro- pios da linguaxe musical e a contextualización das producións musicais, xuntamente co traballo da parte máis física relacionada coa práctica vocal e instrumental, o desenvolvemento psicomotriz fino, a mellora da lateralidade, da respiración e da posición corporal son parte inherente do proceso de desenvolvemento da sensibilidade emocional, da empatía, do respecto cara á diversidade cultural, que se traballa a través da escoita activa, da creación e da interpretación musical.
Ademais, a materia de Música contribúe ao desenvolvemento de valores como o esforzo, a constancia, a perseveranza, a disciplina, a toma de decisións, a autonomía, o compromiso, a asunción de responsabilidades e o espírito emprendedor, innovador e crítico, que contribúen ao desenvolve- mento integral da persoa.
A práctica musical mellora a memoria, a concentración, a atención, a psicomotricidade, a xestión das emocións, o fortalecemento da autoestima, as habilidades para enfrontarse a un público ou a capacidade para traballar en grupo. A música potencia o desenvolvemento de capacidades como a comunicación oral e escrita, o pensamento matemático ou o coñecemento tecnolóxico e científico, que axudan á adquisición das competencias e, ademais, contribúe a un ensino integral e axuda na maduración do alumnado.
A materia de Música na educación secundaria obrigatoria fundaméntase e constrúese desde a área de Música e Danza na educación primaria. Agora desenvolveranse as capacidades e as competencias adquiridas nos cursos anteriores e afianzaranse os contidos aprendidos previamente polo alumnado.
Na educación secundaria obrigatoria, coa materia de Música preténdense atinxir os seguintes obxectivos: o primeiro, desenvolver a identidade e a recepción cultural; o segundo e o terceiro contribuír á autoexpresión a través da creación e da interpretación; o cuarto céntrase na produción artística e un quinto obxectivo focalízase especificamente no patrimonio musical e dancístico da Comunidade Autónoma de Galicia. O logro destes cinco obxectivos debe realizarse a partir dunha aprendizaxe baseada na práctica que lle permita ao alumnado experimentar a música e mais a danza.
Os criterios de avaliación da materia formúlanse como ferramentas para medir o nivel de adquisición das competencias atendendo aos seus compoñentes cognitivo, procedemental e actitudinal.
Pola súa parte, os contidos articúlanse en tres bloques e integran os coñecementos, destrezas e actitudes necesarios para a consecución dos obxectivos da materia.
Baixo a epígrafe «Escoita e percepción» englóbanse aqueles criterios de avaliación e aqueles contidos que se consideraron indispensables para desenvolver o concepto de identidade cultural, a través da exposición a diferentes propostas audiovisuais que permitan o achegamento do patrimo- nio musical e dancístico como fonte de inspiración e coñecemento das posibilidades da arte e como medio de expresión de sentimentos e emocións.
O bloque de «Interpretación, improvisación e creación escénica» pretende a aprendizaxe de con- ceptos clave da linguaxe musical desde o entendemento da aula como un espazo dinámico no que o alumnado se sinta cómodo expresando as súas ideas, tanto a través da utilización meditada do seu corpo e dos instrumentos musicais, coma do uso libre de distintas linguaxes. O traballo baseado en proxectos grupais posibilitará descubrir a importancia de actitudes tales como a tolerancia e o respecto, a responsabilidade e o compromiso, así como a valoración da perseveranza necesaria para o dominio técnico de calquera instrumento. Este bloque de criterios de avaliación e contidos.
favorece no alumnado a posibilidade de sentir e de aprender a música a través da experiencia de ser músico.
Por último, baixo a denominación de «Contextos e culturas», preténdese unha aproximación aos diferentes xéneros e estilos musicais máis representativos do patrimonio musical. Con isto proponse un achegamento de maneira global e ordenada ás diferentes manifestacións musicais producidas ao longo da historia, tanto por mulleres coma por homes, e que ofreza unha visión da importancia da arte como medio de expresión.
O desenvolvemento competencial da materia focaliza a adquisición dos contidos partindo dunha aprendizaxe baseada na práctica e no desenvolvemento de habilidades que lle permitan ao alumnado vivir a experiencia da música e da danza a través da interpretación, da creación e desde a escoita activa de diferentes propostas artísticas.
En virtude de mellorar as capacidades do alumnado, deseñaranse diferentes situacións de aprendizaxe que conteñan os contidos e que, desde unha visión global, permitan a aplicación dos coñecementos adquiridos previamente. A conexión con outras materias é, a priori, máis directa coa de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, por compartir ambas as competencias de índole artís- tica. Con todo, é posible establecer vinculacións co resto das materias do currículo, como por exemplo a relación matemática que subxace nas relacións rítmicas e estruturais, as calidades físicas do son, a relación entre a linguaxe e a música, a simbiose do texto e o idioma coas melodías ou a necesidade de coñecer a historia para entender o porqué das diferentes expresións musicais e dancísticas.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A materia require unha metodoloxía maiormente práctica mesturada coa aprendizaxe teórica. Para traballar a parte práctica e produción musical usaremos metodoloxías cooperativas e colaborativas principalmente, xa que se fará interpretación en conxunto.
Tamén contaremos con metodoloxía de aprendizaxe baseado en proxectos: Presenta ó alumnado situacións complexas con vistas a que intenten resolvelas de forma creativa, estimulando a imaxinación, a creatividade e a aplicación das súas propias experiencias.
No tratamento dos contidos teóricos da materia buscarase un aprendizaxe por descubrimento: a base e observar e rexistrar información de forma sistemática. Non se trata de proporcionar directamente os coñecementos, senón de ensinarlles a manexar os que xa saben, para que descubran, coa axuda do profesorado outras cousas.
Ademáis do anterior, as directrices metodolóxicas a seguir nesta programación son as seguintes:
- A asimilación dos distintos bloques de contidos, partirá sempre da práctica para logo pasar á teorización, é dicir, a base desta programación é aprender facendo.
- A planificación do ensino faise sempre en base a vivir a experiencia da música a través da interpretación, da creación e da escoita activa de distintas propostas artísticas.
- Os criterios de avaliación están directamente relacionados cos obxectivos propostos, é dicir, superar con éxito os criterios de avaliación amosa o grao de adquisición destes obxectivos por parte do alumnado.
- Diseñaranse diferentes situacións de aprendizaxe que incluirán procedementos diversos para traballar os contidos, e sempre partindo dunha visión global, onde os novos coñecementos aprendidos completen e conecten cos coñecementos previos do alumnado e teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe que coexisten no contexto da aula, así como a atención á diversidade, propoñendo sempre mecanismos de reforzo para as dificultades que se detecten.
- Terase en conta e farase destacable a través dos contidos transversais a importancia da relación entre a materia de Música e outras materias. Aínda que a priori a relación máis directa se dá con Educación Plástica, Visual e Audiovisual, por compartir competencias de índole artística, tamén é posible establecer relacións coas Matemáticas, por exemplo a través das proporcións do ritmo, da estrutura musical, das calidades físicas do son; coas linguas, a través da simbiose entre texto, idioma e melodía; coa Historia para entender os contextos de creación das diferentes obras e expresións musicais universais e coa Tecnoloxía, a través do manexo de diferentes ferramentas dixitais para escribir, manipular o son e compoñer etc.
- Promoverase nas distintas unidades o traballo en equipo e a capacidade emprendedora, dada a natureza grupal e creativa desta materia, realizando proxectos colaborativos entre o alumnado, onde se poidan aplicar técnicas de reforzo da autoestima, da autonomía, da reflexión e da meditación sobre o grao de responsabilidade de cada un no conxunto do proxecto.
- Utilizaranse distintos tipos de actividades segundo a natureza das unidades: actividades introductorias ou de presentación dos contidos para descubrir os coñecementos previos do alumnado, actividades de motivación ou descubrimento, de desenvolvemento e consolidación, de avaliación, de reforzo e recuperación e de ampliación dos contidos nos casos que sexa necesario.
- Por último destacar os principios metodolóxicos nos que se basea esta programación como son a práctica e a motivación, a interrelación entre contidos e materias, a aprendizaxe significativa e funcional, a creatividade, a atención personalizada, a actitude analítica e a socialización.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A Avaliación inicial no 3º curso de ESO terá por obxecto averiguar os coñecementos musicais e dancísticos previos que aprendeu e lembra o alumnado do curso anterior.
Con estas actividades comprobaremos as destrezas adquiridas en anteriores cursos.
1. Realizaranse exercicios en formación orquestral de interpretación melódica con acompañamento harmónico. Esta actividade será realizada por imitación. Utilizaremos para iso as placas, a pequena percusión ou obxectos de son, ou outro instrumento que consideremos idóneo. Con esta tarefa comprobaremos as destrezas motrices aplicadas á rítmica, á memoria harmónica e melódica, ao sentido do pulso ou á capacidade de escoita para adecuarse ao conxunto.
2. Realizaranse exercicios de lectura rítmica e melódica, e interpretación de pequenas partituras (4/8 compases). Con esta actividade avaliaremos o grao de interiorización rítmico-melódico e a capacidade de interpretación dos códigos da linguaxe musical. Para a interpretación usaranse os instrumentos de placas ou a frauta doce.
3. Proba escrita de análise de partitura (8 compases). O alumnado identificará e describirá todos os símbolos que recoñece nela e realizará unha análise melódico-rítmica da mesma
4. Proba escrita de respostas breves dos contidos básicos da música en relación á linguaxe musical e á historia da música.
Con estas actividades de avaliación o alumnado informaranos sobre os coñecementos previos que posúe e o grao de asimilación. Para avaliar as actividades prácticas usaremos táboas de indicadores específicas con diferentes items que reflictan as capacidades psicomotrices, rítmicas, auditivas e interpretativas do alumnado. As probas prácticas daranos a información dos coñecementos teóricos do alumnado.
Outras cuestións como as destrezas no movemento e danza ou o manexo da tecnoloxía irémolas avaliando nas sucesivas unidades.
Á luz dos resultados da avaliación inicial decidiremos aplicar a programación tal e como foi deseñada ou realizar as correspondentes e necesarias adaptacións.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Se se pasa a 4º curso coa materia de 3º pendente seguirase o procedemento de recuperación trimestral ou anual a acordar co alumnado. Dita recuperación constará dun exame trimestral ou anual con parte teórica e práctica, tal como ven descrito no apartado "criterios de cualificación", onde a teoría será o 30% da nota e práctica o 70% da nota. O peso dos tres trimestres será 30%, 30% e 40% respectivamente. Será necesario acadar unha nota media de 5 para recuperar a materia pendente.
Naqueles casos que se necesite, establecerase dacordo co departamento de orientación, un plan de reforzo e adaptación aos casos de necesidades específicas de apoio educativo e atención á diversidade, adaptando os contidos, os exames e incluso o tempo dado para resolver ditas probas segundo cada caso concreto, e establecendo un recreo cada semana para solventar dúbidas e axudar a preparar a parte práctica instrumental e vocal.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Prestaremos especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, ofrecendo diferentes formas de organización dos espazos e tempos da clase, e metodoloxías variadas que permitan a todo o alumnado seguir as explicacións e actividades propostas.
O obxectivo fundamental é asegurar a normalización, inclusión e non-discriminación deste alumnado coa fin de que poida acceder a unha educación de calidade con igualdade de condicións.
Para garantir un apoio adecuado a este alumnado é fundamental establecer canles de colaboración entre o diverso profesorado que intervén na súa educación, e organizar os recursos persoais e materiais do centro coa fin de desenvolver actividades encamiñadas á inserción e promoción.
Estudiaranse as circunstancias concretas de cada caso, con especial atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, tendo en conta os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, establecendo as liñas educativas a seguir e garantindo así os apoios necesarios. Para elo, a función da coordinación entre docentes, alumnado e familias é fundamental a través da titoría.
Poderanse realizar adaptacións curriculares e organizativas ofrecendo entre outros, programas de reforzo ademáis de medidas de apoio personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, e para aqueles que permanezan un ano máis no mesmo curso, coa fin de permitir a todo o alumnado o desenvolvemento das competencias clave previsto no perfil de saída e a consecución dos obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria, así como alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais.
Con todo, para a atención á diversidade do alumnado de educación secundaria obrigatoria estarase ao disposto na lexislación vixente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Algunhas posibles ferramentas para organizar a atención á diversidade serían:
1. Organizar ao alumnado en diferentes agrupamentos nas actividades segundo os seus intereses e motivacións.
2. Utilizar materiais variados en ditas actividades: escritos, audiovisuais, etc.
3. Aplicar diversas técnicas e metodoloxías para explicar un mesmo contido.
4. Manter o contacto permanente con este alumnado a través de entrevista persoal e titorías coas familias para saber que parte da asignatura cóstalles máis seguir.
5. Ofrecerlle tempo extra para asimilar as explicacións (por exemplo algún recreo a semana para consultar dúbidas) e para resolver probas específicas.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Para o seguimento da programación, avaliación desta e propostas de melloras utilizaremos unha táboa de indicadores considerando os ítems expostos no punto anterior: "avaliación do proceso de ensino e práctica docente" , valorando para cada un deses ítems o grao de consecución e facendo propostas de mellora naqueles puntos que se observen carencias. Así o procedemento de seguimento e avaliación da programación e da práctica docente farase mediante táboas de indicadores, ficha con preguntas a cubrir polo alumnado e entrevista persoal co alumnado.
A partir da análise dos datos extraídos destes procedementos de seguimento, faranse as correspondentes propostas de mellora.
Dito seguimento farase trimestralmente acordando en reunión de departamento os cambios a introducir na programación a través da aplicación proens en cada trimestre e a final de curso de cara ao ano seguinte.