Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Proxecto Competencial do 2º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que ten como obxectivo o desenvolvemento das competencias transversais mediante a realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. e que se pode configurará neste curso como un proxecto interdisciplinar en colaboración con distintos axentes sociais.
Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e o seu entorno.
Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica nun IES situado en Lugo.
Dos dous grupos de 2º ESO, un está composto, por 13 alumnos e alumnas con idades comprendidas ao inicio do curso entre os 13 e os 16 anos. Con niveis de coñecemento e madurez moi distintos así como tamén de motivación. Hai varios alumnos que proceden doutros países.
Todos estes aspectos serán tidos en conta a nivel metodolóxico.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
As actividades propostas ao longo do curso están dirixidas a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre os distintos tipos de coñecemento. A finalidade é fomentar o interese pola lectura, a cultura e a arte e desenvolver a confianza, autoestima, autonomía e traballo en equipo. O proxecto será realizado en grupos de traballo cooperativo, nos cales cada alumna ou alumno adopta un rol concreto e asume tarefas individuais que integrarán o resultado final do proxecto.
Na PRIMEIRA AVALIACIÓN, explícase a finalidade do proxecto:
Recompilarase iinformación sobre a temática escollida. Farase un plan de traballo, planificando tarefas, tempos, recursos e materiais que se van empregar.
Na SEGUNDA AVALIACIÓN, levarase a cabo a elaboración do proxecto.
Na TERCEIRA AVALIACIÓN, o alumnado exporá o proxecto na aula, votarase e escollerase o mellor para publicar na revista do centro.
Neste proxecto, trabállanse as todas as competencias clave.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias clave. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. A dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como para a elaboración das actividades de reforzo e de ampliación no caso de ser necesarias. Os resultados da dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do departamento de orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Ao alumnado que durante este curso académico esté en terceiro ou cuarto da ESO con esta materia pendente, se lle exixirá o mesmo grao mínimo de consecución que ao alumnado que cursa a materia por primeira vez.
Este alumnado, deberá facer e entregar un proxecto de temática libre. De este modo:
Na primeira avaliación entregará un dossier coa planificación e escolla da temática do proxecto.
Na segunda avaliación amosará as distintas fases de execución do proxecto.
Na terceira avaliación presentará o proxecto final.
Como instrumentos de avaliación, empregaranse distintas listas de cotexo e rúbricas asociadas aos anteriores procedementos. Nestas rúbricas avaliaranse aspectos como a realización de tarefas encomendadas, presentación, orde, produtos finais, claridade expositiva...
A nota da avaliación ordinaria en xuño virá dada pola media aritmética das notas das avaliacións parciais.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Para os alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.
Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.
O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do docente, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.
O propio seguimento da programación será realizado unha vez ao mes.