Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Proxecto Competencial do 1º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que ten como obxectivo o desenvolvemento das competencias transversais mediante a realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. e que se pode configurará neste curso como un proxecto interdisciplinar en colaboración con distintos axentes sociais.
Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e o seu entorno.
Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica nun IES situado en______________. (Describir contexto socioeconómico e cultural).
O grupo seleccionado de 1º ESO, está composto por XX alumnos e alumnas con idades comprendidas ao inicio do curso entre os 11 e os 1X anos. (Recoller información acerca daqueloutros aspectos considerados relevantes para a elaboración desta programación).
Todos estes aspectos serán tidos en conta a nivel metodolóxico.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
Ao longo de todo o curso levarase a cabo o seguinte proxecto: "Campaña de aforro no consumo de auga".
As actividades propostas ao longo do curso están dirixidas a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre os distintos tipos de coñecemento.
O proxecto será realizado en grupos de traballo cooperativo, nos cales cada alumna ou alumno adopta un rol concreto asumindo tarefas individuais que integrarán o resultado final do proxecto.
Na PRIMEIRA AVALIACIÓN, realizarase un estudo da importancia da auga. As funcións vitais nos seres vivos, a distribución de auga no planeta, a clasificación dos usos (consuntivo e non consuntivo). Estudaranse así mesmo, os principais problemas de contaminación hídrica así como as consecuencias dunha mala xestión do recurso. Analizaranse as relacións existentes entre a seca, a desertización e desertificación, os incendios forestais, alteración na biodiversidade...
O alumnado deseñará unha planificación na procura e selección das fontes de información.
Na SEGUNDA AVALIACIÓN, os distintos grupos cooperativos, establecerán os contactos pertinentes cos distintos axentes e entidades sociais:
- Concello
- Empresas de xestión de auga
- Augas de Galicia
- Estación depuradora de auga residual (EDAR)
- Estación de tratamento de auga potable (ETAP,)
- Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC
Nesta etapa, recollerán datos e analizarán o seu impacto, establecendo comparativas entre o consumo do fogar, dos concellos, comunidades e mesmo distintos países.
Na TERCEIRA AVALIACIÓN, o alumnado presentará por grupos as campañas de aforro no consumo de auga.
Terán liberdade no formato de presentación e nos medios, dándolle a máxima difusión no programa Radio o centro educativo, no Club de Ciencia, exposicións nos taboleiros e corredores do centro, concello, asociacións culturais....
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias clave. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. Dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como as actividades de reforzo e ampliación no caso de ser necesarias. Os resultados da dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do Departamento de Orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Ao alumnado que durante este curso académico esté en segundo, terceiro ou cuarto da ESO con esta materia pendente, se lle exixirá o mesmo grao mínimo de consecución dos criterios de avaliación que ao alumnado que cursa a materia por primeira vez.
Este alumnado, deberá facer e entregar un proxecto de temática libre. De este modo:
- Na primeira avaliación entregará un dossier coa planificación e escolla da temática do proxecto.
- Na segunda avaliación amosará as distintas fases de execución do proxecto.
- Na terceira avaliación presentará o proxecto final.
Como instrumentos de avaliación, empregaranse distintas listas de cotexo e rúbricas asociadas aos anteriores procedementos. Nestas rúbricas avaliaranse aspectos como a realización de tarefas encomendadas, presentación, orde, produto finais, claridade expositiva...
A nota da avaliación ordinaria en xuño virá dada pola media aritmética das notas das avaliacións parciais.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Para os alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutras alumnas e/ou alumnos establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.
Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
O seguimento da programación didáctica levarase a cabo a través da aplicación Proens, cando menos, unha vez ao mes. Cómpre destacar a importancia da valoración dos datos recollidos na programación de aula de cara a comprobar o desenvolvemento da actividade lectiva (esta ferramenta permítenos comprobar se o programado inicialmente se desenvolveu sen dificultade ou hai que realizar algunha modificación).
Este procedemento terá en conta os seguintes puntos:
1. Analizarase regularmente a adecuación da programación didáctica a cada grupo, formulando propostas de mellora e realizando os axustes necesarios sempre que sexa preciso. Terase en conta, cando menos, informar sobre o seguinte:
- Reunións trimestrais do equipo docente da coordinación de ciclo.
- Unidades didácticas: datas de inicio e fin, número de sesións previstas e realizadas.
- Propostas xerais de mellora e outras observacións.
2. Analizaranse as dificultades atopadas no alumnado. Valorarase se os resultados son positivos (continuarase na mesma liña de traballo) ou negativos (realizaranse propostas de mellora).
3. Realizaranse propostas de mellora. Revisaranse as necesidades de atención educativa (apoio, reforzo, adaptación curricular etc.) tomando como referencia a información obtida de aplicar indicadores como:
- O ofrecemento ao alumnado, de forma individualizada, das explicacións que precise.
- A elaboración das actividades atendendo ás dificultades observadas.
- A proposta de probas de avaliación de distinta dificultade.
- O comentario co alumnado dos erros máis significativos dos traballos realizados.
A información que se obteña incluirase na memoria final da área, con especial relevancia nas posibles propostas de mellora para levar a cabo no seguinte curso académico. As ditas propostas de mellora reorientarán e modificarán a nova programación, se é o caso, e mesmo poderán poñerse en práctica aquelas propostas de mellora identificadas durante o seguimento susceptibles de aplicación no curso actual.