Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A través da Ensinanza Relixiosa Evanxélica, na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, preténdese ofrecer os alumnos e alumnas aqueles elementos que, baseados nos principios bíblicos, poidan axudarlles no seu desenrolo integral como persoas co propósito de adquirir unha madurez axeitada, autonomía e responsabilidade persoal.

Considerando a persoa coma un ser integral no que subsisten diferentes dimensións (biolóxica, psicolóxica, social e espiritual), faise necesaria unha formación que teña en conta todas elas. Nunha sociedade cada vez máis plural como anosa cabe esperar a coexistencia de diversos criterios de pensamento e acción, nun clima de liberdade e diálogo. É por isto que, considerando as características dos alumnos desta etapa, a Ensinanza Relixiosa Evanxélica pretende ofrecer unha formación integral facendo fincapé na dimensión espiritual.

 

No IES Rafael Dieste, a Ensinanza Relixiosa Evanxélica atopase cun proceso de implantación que goza dunha situación de normalidade que estimamos altamente positiva. Esta situación vese reflectida dende o momento no que un alumno ou alumna fai a súa matrícula no Centro, xa que á hora de escoller entre as diferentes opcións, atopamos a opción de Ensinanza Relixiosa Evanxélica en consonancia co que establece a lexislación vixente.

Sen dúbida, os centros educativos deben ser un reflexo  da pluralidade cultural na que se atopan. Este centro -e cada vez máis na nosa comunidade- dan un paso máis cara a interculturalidade, no momento no que non só se recoñecen diferentes culturas, senón que tamén se fomenta a interacción cultural a todos os niveis. O feito de que a Ensinanza Evanxélica sexa unha opción máis, deixa a un lado toda susceptibilidade no que se refire ó feito relixioso diferencial no que cohabitan os cidadáns galegos dende hai case 150 anos.

 

Finalmente, como sinalaremos máis polo miúdo no apartado de metodoloxía, queremos sinalar que dependendo dos coñecementos previos dos alumnos e alumnas en cada nivel, e baseándonos nos principios constructivistas verbo da educación, partiremos dos seus coñecementos para construír os novos. Tamén aplicaremos na nosa intervención educativa principios do deseño universal de aprendizaxe (DUA) e incluiremos a gamificación como recurso metodolóxico e didáctico.

 

Se calquera programación ten un carácter aberto en canto ao seu posterior desenvolvemento no aula; as circunstancias concretas que rodean a programación desta materia neste ano en concreto fan que nos atopemos cunha programación máis aberta do que nos gustaría xa que a data de hoxe non temos os borradores do novo currículo da nosa materia adaptados á LOMLOE. Aínda que estos se aprobasen a tempo, a súa publicación será con toda seguridade posterior á data establecida para a entrega da programación. É por isto que o currículo base para a ESO será o que se dicta na Resolución de 23 de julio de 2015, de la Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial, por la que se publica el curri¿culo de la materia Religión Evangélica en Educación Secundaria Obligatoria e para o Bacharelato o reflectido Resolucio¿n de 28 de enero de 2016, de la Direccio¿n General de Evaluacio¿n y Cooperacio¿n Territorial, por la que se publica el curri¿culo de la materia de Religio¿n Evange¿lica del Bachillerato. Adaptarémos á nova lei educativa o currículo.

 

Adentámonos, pois, co desenvolvemento dos distintos apartados da programación LOMLOE comenzando polos obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Analizar a veracidade e relevancia das ensinanzas bíblicas, aplicando diversos métodos de estudo para entender a importancia das Sagradas Escrituras e a relevancia e vixencia do texto bíblico nos distintos ámbitos da cultura.
OBX2 Recoñecer a Xesucristo como personaxe central da Biblia e da historia como redentor e salvador da humanidade, analizando e apreciando nos evanxeos a súa persoa, palabra, doutrina e ensinanzas para extraer aplicacións desas ensinanzas ao noso momento actual.
OBX3 Deducir bases e principios bíblicos derivados dunha relación persoal con Deus, analizando na historia bíblica as consecuencias de devandita relación, para manifestar condutas solidarias e comprometidas ante o humano que reflicten esa relación.
OBX4 Analizar e contrastar os valores predominantes na sociedade actual desde a perspectiva da ética cristiá; considerando as actitudes nas relacións coa súa contorna social, para confirmar a formación dun sistema de valores propio que sustente a súa vida persoal e na sociedade.
OBX5 Comprender e valorar a historia do pobo de Israel, analizando as causas e implicacións do plan de Deus no devir histórico, para comprender o desenvolvemento do plan de salvación en favor da humanidade.
OBX6 Analizar as principais características da Igrexa e identificar as distintas etapas do desenvolvemento do cristianismo, escudriñando a historia da Igrexa, desde as súas orixes ata os nosos días, especialmente a Reforma, para manifestar actitudes de tolerancia e respecto ante a diversidade cultural.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Deus e o ser humano. A obra e plan de Deus. A historia da salvación de Adán a Xesucristo. 17 6
2 Biblia, cultura e pensamento. A Biblia, mensaxe de Deus o ser humano. A hermenéutica establece a ponte para que textos do pasado teñan relevancia na actualidade. Nesta situación de aprendizaxe achegarémonos a distintos aspectos do método de interpretación gramático e histórico. 17 6
3 Xesucristo, o Espírito Santo e a Igrexa. Xesús, personaxe central da Biblia. A figura histórica de Xesús de Nazaret. Xesús Cristo é a persoa central da cultura de occidente. Nesta situación de aprendizaxe analizarán aspectos centrais dos ministerio de Xesús e da historicidade da súa persoa. 17 6
4 A Biblia e a súa interpretación. Exégese e interpretación de textos bíblicos. A Biblia e a racionalidade da revelación. A Biblia é fundamental para coñecer a nosa cultura europea. Nesta situación de aprendizaxe o alumnado adquirirá determinadas ferramentas para facer a súa propia eséxese de textos bíblicos. 17 6
5 Ética cristiá Na Biblia temos as bases da cosmovisión cristiá que impregna a nosa cultura. Nesta situación de aprendizaxe o alumnado será exposto aos textos bíblicos base de ética cristiá tanto do Antigo coma do Novo Testamento. 16 6
6 Historia do cristianismo: - O inicio da reforma - Precedentes medievais da Reforma - A Reforma protestante en Europa, causas e valores. A Reforma en España. O concilio de Trento e a Contrareforma. 16 5

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. A Biblia e a racionalidade da revelación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA1.1 - Pór en práctica as normas básicas de interpretación bíblica, exíxese e hermenéutica na lectura e estudo bíblico persoal e grupal, reflexionando con rigor e con bibliografía especializada sobre a relevancia do texto bíblico como palabra de Deus revelada e inspirada para hoxe.
CA1.2. - Comprender a importancia dos procesos polos que a Biblia chegou a nós como un legado fundamental nos distintos ámbitos da cultura e literatura universal, investigando as circunstancias históricas da tradución das Sagradas Escrituras ao galego e castelán dende os textos orixinais.
Contidos
C1.1 - A importancia da exíxese e a hermenéutica para analizar e interpretar o texto bíblico.
C1.2 - Xéneros literarios na Biblia e o contexto. Análise de vocabulario, parábolas e alegorías, metáforas e símiles.
C1.3 - A Biblia e a súa influencia na literatura, arte, cultura, etc. A racionalidade da revelación de Deus á humanidade.
C1.4 - Evidencias externas e internas dos documentos históricos e manuscritos bíblicos.
C1.5 - Principios de tradución da Biblia comparando distintas versións dun mesmo texto. Principais traducións e revisións da Biblia realizadas dende os idiomas orixinais ás linguas oficiais de España.
Bloque B2. A figura histórica de Xesús de Nazaret
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA2.1. - Obter e seleccionar información sobre a vida de Xesús, o efecto das súas ensinanzas e obra, extraendo aplicacións que sexan pertinentes para situacións da vida cotiá e na comunidade de crentes.
CA2.2. - Valorar criticamente a fiabilidade das fontes primarias (históricas) e secundarias (historiográficas), obtendo información relevante en canto á figura histórica de Xesucristo.
Contidos
C2.1 - Xesús e as profecías mesiánicas do Antigo Testamento.
C2.2 - Xesucristo, personaxe central da Biblia e da Historia da salvación.
C2.3 - O amor de Deus á humanidade e a Encarnación.
C2.4 - Evidencias externas e internas dos documentos históricos e manuscritos bíblicos.
C2.5 - Xesús, boas novas de salvación. Textos bíblicos que identifican a Xesús como único Salvador e mediador entre Deus e o ser humano.
C2.6 - Xesús e a Igrexa. Xesucristo volverá.
Bloque B3. O ser cristián
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA3.1. - Identificar os textos bíblicos clave que expresan as consecuencias do pecado na relación con Deus, con nós mesmos e con outras persoas, descubrindo os seus efectos destrutivos e a esperanza de restauración que ensina a Biblia.
CA3.2. - Coñecer as bases e os principios bíblicos da ética cristiá, examinando textos do Novo Testamento e bibliografía especializada, identificando por escrito as conductas solidarias e de compromiso cós demais.
Contidos
C3.1 - Responsabilidade ética do ser humano.
C3.2 - Bases e principios bíblicos da ética cristiá.
C3.3 - As leis éticas do Antigo Testamento.
C3.4 - Ensinanzas dos Proverbios e Libros Sapienciais.
C3.5 - Os profetas e a xustiza social.
C3.6 - Bases bíblicas das relacións interpersoais.
Bloque B4. A ética cristiá
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA4.1. - Identificar na Biblia valores morais e espirituais, normas de fe e conduta aplicando os principios bíblicos a casos concretos de actuación ética, responsable e autónoma respecto á sexualidade, a bioética, a ecoloxía e as relacións humanas.
CA4.2. - Identificar principios bíblicos, tanto do Antigo como do Novo Testamento, na Declaración dos Dereitos Humanos, establecendo unha conduta cristiá baseada nos mesmos.
Contidos
C4.1 - Problemas e dilemas éticos contemporáneos, analizados dende o punto de vista cristián.
C4.2 - O matrimonio e a familia cristiá.
C4.3 - Ética da vida. A dignidade humana.
C4.4 - Bioética: problemas éticos ao comezo e final da vida.
C4.5 - Ética social: Ecoloxía: coidado da creación, Ética do traballo e a economía, Paz e violencia.
C4.6 - A Biblia e os Dereitos Humanos.
Bloque B5. A historia da salvación de Adán a Xesucristo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA5.1. - Identificar os principais feitos da historia antiga e tipos de leis do pobo de Israel no plan de Deus para a salvación da humanidade, examinando textos do Antigo e o Novo Testamento.
CA5.2. - Comprender e expresar o plan de reconciliación e salvación de Deus, aplicando diversos métodos de estudo bíblico que permitan un maior coñecemento da relación entre Deus e o ser humano, o seu propósito e a súa responsabilidade.
Contidos
C5.1 - Primeiras historias: Creación; Adán e Eva; Noé e o diluvio; a Torre de Babel, etc.
C5.2 - O período dos patriarcas: Abraham, Isaac e Xacob.
C5.3 - Éxodo do pobo de Israel e a conquista da terra prometida.
C5.4 - O período dos xuíces. Samuel e a monarquía: Saúl, David, Salomón, etc.
C5.5 - A mensaxe dos profetas maiores e menores.
C5.6 - Catividade en Babilonia, regreso e reconstrución do templo de Xerusalén.
Bloque B6. A historia do cristianismo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA6.1. - Comprender e expresar a intervención de Deus na historia do cristianismo, analizando textos bíblicos e bibliografía especializada, onde se reflicten a tolerancia e o respecto.
CA6.2. - Valorar a importancia da Reforma e as múltiples repercusións na Igrexa e na sociedade, identificando e localizando no tempo e no espazo os procesos e acontecementos históricos mais relevantes da Reforma protestante.
Contidos
C6.1 - Orixes da Igrexa, o día de Pentecoste e a obra do Espírito Santo.
C6.2 - A Igrexa dende o século I ata o século III.
C6.3 - A Igrexa cristiá dende o século IV ata a ruptura da Igrexa de Oriente con Roma.
C6.4 - A Reforma protestante en Europa, causas e valores.
C6.5 - O cristianismo na Península Ibérica.
C6.6 - A Reforma en España. O Concilio de Trento e a Contrarreforma

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Deus e o ser humano. A obra e plan de Deus.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1. Identificar os principais feitos da historia antiga e tipos de leis do pobo de Israel no plan de Deus para a salvación da humanidade, examinando textos do Antigo e o Novo Testamento.
Táboa de indicadores
Coñecer os feitos máis mportantes do pobo xudeu dende o regreso de Xerusalén ate o nacemento de Xesús. Comprender os principios de salvación con orixe no antigo testamento. 50
CA5.2. Comprender e expresar o plan de reconciliación e salvación de Deus, aplicando diversos métodos de estudo bíblico que permitan un maior coñecemento da relación entre Deus e o ser humano, o seu propósito e a súa responsabilidade.
Táboa de indicadores
Conocer cómo Deus se achega ao home e o que espera del e analiza e reflexiona sobre aspectos da súa cultura e vida coa mensaxe bíblica. Analizar os criterios de interpretación da Biblia relacionados coa salvación do home. 50

2 Biblia, cultura e pensamento. A Biblia, mensaxe de Deus o ser humano.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1. Identificar os textos bíblicos clave que expresan as consecuencias do pecado na relación con Deus, con nós mesmos e con outras persoas, descubrindo os seus efectos destrutivos e a esperanza de restauración que ensina a Biblia.
Táboa de indicadores
Recoñecer a importancia na hermenéutica da relación entre o libro, o texto bíblico e o lector do texto bíblico. Coñecer cómo o pecado nos afasta de Deus. 50
CA3.2. Coñecer as bases e os principios bíblicos da ética cristiá, examinando textos do Novo Testamento e bibliografía especializada, identificando por escrito as conductas solidarias e de compromiso cós demais.
Táboa de indicadores
Entende a importancia das línguas orixinarias (hebreo, griego e arameo) para comprender o texto bíblico. Coñece os xéneros da Biblia e a súa influenza sobre a interpretación do texto e é quen de relacionar cada xénero con, canto menos, tres libros da Biblia. 50

3 Xesucristo, o Espírito Santo e a Igrexa. Xesús, personaxe central da Biblia.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1. Obter e seleccionar información sobre a vida de Xesús, o efecto das súas ensinanzas e obra, extraendo aplicacións que sexan pertinentes para situacións da vida cotiá e na comunidade de crentes.
Proba escrita
Identifica os textos mesiánicos nos libros proféticos do Antigo Testamento e examina o cumprimento das profecías na persoa e ministerio de Xesús. 50
CA2.2. Valorar criticamente a fiabilidade das fontes primarias (históricas) e secundarias (historiográficas), obtendo información relevante en canto á figura histórica de Xesucristo.
Táboa de indicadores
Usa recursos tecnolóxicos para obter información sobre a orixe de Xesús e o seu entorno histórico, resumido as súas conclusións. 50

4 A Biblia e a súa interpretación. Exégese e interpretación de textos bíblicos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Pór en práctica as normas básicas de interpretación bíblica, exíxese e hermenéutica na lectura e estudo bíblico persoal e grupal, reflexionando con rigor e con bibliografía especializada sobre a relevancia do texto bíblico como palabra de Deus revelada e inspirada para hoxe.
Táboa de indicadores
Analizar os criterios de interpretación da Biblia, identificar o marco histórico, xeográfico, cultural e filosófico. 50
CA1.2. Comprender a importancia dos procesos polos que a Biblia chegou a nós como un legado fundamental nos distintos ámbitos da cultura e literatura universal, investigando as circunstancias históricas da tradución das Sagradas Escrituras ao galego e castelán dende os textos orixinais.
Táboa de indicadores
Comprender cómo se crea A Biblia: os seus autores, métodos de transmisión e base textual das Biblias modernas. 50

5 Ética cristiá
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1. Identificar na Biblia valores morais e espirituais, normas de fe e conduta aplicando os principios bíblicos a casos concretos de actuación ética, responsable e autónoma respecto á sexualidade, a bioética, a ecoloxía e as relacións humanas.
Táboa de indicadores
Identificar e describir valores éticos cristiáns sobre relacións inter persoais 50
CA4.2. Identificar principios bíblicos, tanto do Antigo como do Novo Testamento, na Declaración dos Dereitos Humanos, establecendo unha conduta cristiá baseada nos mesmos.
Táboa de indicadores
Coñecer e afondar nas actitudes e valores que debe ter un cristián a través do exemplo das personaxes bíblicas e o seu contraste coas leis modernas e tratados internacionais 50

6 Historia do cristianismo:
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA6.1. Comprender e expresar a intervención de Deus na historia do cristianismo, analizando textos bíblicos e bibliografía especializada, onde se reflicten a tolerancia e o respecto.
Táboa de indicadores
Investigar dende o punto de vista cronolóxico e xeográfico os principais feitos históricos do cristianismo dende a idade media á reforma. Valorar as consecuencias históricas e sociais dos mesmos. 50
CA6.2. Valorar a importancia da Reforma e as múltiples repercusións na Igrexa e na sociedade, identificando e localizando no tempo e no espazo os procesos e acontecementos históricos mais relevantes da Reforma protestante.
Táboa de indicadores
Coñecer as principais personaxes dende a idade media á reforma. Valorar o seu exemplo para os cristiáns actuais. 50

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


De acordo co concepto vixente de currículo, a definición de obxectivos, competencias clave, contidos,
criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables debe completarse coa referencia ás orientacións de
metodoloxía didáctica, entendendo por tal o proceso polo que os anteriores chegan a alcanzarse.
Os principios metodolóxicos que se seguirán na nosa área veranse próximos á concepción constructivista verbo da
educación. Algúns dos principios que consideramos básicos son os seguintes:
• Partir do nivel do alumno, das súas posibilidades de razoamento e aprendizaxe que as súas capacidades lle
dan.
• Asegura-la construción de aprendizaxes significativos. Intentar construír, educativamente falando, sobre a base
que o alumno xa ten.
• Posibilitar o aprendizaxe dos alumnos e alumnas por si mesmos, que o alumno ou alumna sexa capaz de
aprender a aprender.
• Partir do máis concreto para chegar ó máis lonxano.
• Interactuar dunha maneira libre e o máis amizosa posible có mestre, de maneira que este sexa quen de dirixir
á persoa ó aprendizaxe.
Para que todo isto se leve a bo termo; plantexaremos unha metodoloxía que requira en todo momento a participación
activa do rapaz ou rapaza, tentando reducir as leccións maxistrais nas diferentes Unidades Didácticas ó
imprescindible eutilizando a gamificación como recurso.
Tamén nos identificamos con teorías pedagóxicas emerxentes como é o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) que
pon de manifesto que non hay categorías estacas de alumnado onde uns precisan adaptacións e outros non.
Utilizaremos unha metodoxía que valga para calquera alumno facilitando medios para cumplir os obxectivos que
valgan para todos, é dicir, que sexan universais.
Deste xeito, o profesor convértese nun facilitador de experiencias ao alumnado nas que, ademais de suscitar os
contidos e actitudes que se pretende ensinar, deseña situacións que poñen en contacto aos seus alumnos e alumnas
con personaxes bíblicos e con situacións nas que poñer en práctica os principios do cristianismo evanxélico. Ten
tamén unha función mediadora aportando no proceso de ensino e aprendizaxe os recursos e medios necesarios para
a interpretación os feitos, ideas, principios, datos ou valores, e constitúese en guía, aportando unha visión bíblica dos
mesmos e modelos de aplicación práctica en situacións cotiás.
En canto ao alumado, preténsese que sexa activo. Proporemos múltiples situacións coa procura de participación. É
prioritaria a súa capacitación no coñecemento e o manexo da Biblia pois ha de remitirse a esta ao longo de todo a
súa aprendizaxe como fonte básica para a comprensión do modo en que Deus se achegou ao ser humano. Esta
capacitación para a investigación bíblica se complementarase co uso de fontes extrabíblicas, en ocasións
coincidentes con outras materias que tamén estuda (literarias, históricas, documentais) como garantía da
complementariedade do Ensino de Relixión Evanxélica co resto do currículo e a súa achega á formación integral.
Ter en conta a aprendizaxe nesta idade implica tomar en consideración os seus propios intereses e as súas
características evolutivas á hora de suscitar distintas situacións de aprendizaxe. É por iso que seremos facilitadores
dunha cada vez maior autonomía do alumnado e unha progresión dende o coñecemento inmediato cara a maiores
cotas de abstracción. Potenciaremos tamén -á medida que se avanza na etapa- situacións cunha cada vez maior dose
de confrontación e exercicio crítico. Todo isto levarase a cabo nun clima de liberdade de elección e convivencia
plural.
O Ensino de Relixión Evanxélica suscítase simultaneamente como un espazo de aprendizaxe da convivencia, tanto
nos grupos de idade que se constitúen para impartila, como no conxunto do centro e do grupo clase onde se convive
con outros compañeiros e outras opcións. Para iso o docente planifica tarefas dinámicas de aprendizaxe con
flexibilidade para adaptarse aos diferentes situacións persoais e/ou grupais.
Incluiranse no proceso de ensino e aprendizaxe distintos materiais, impresos, dixitais ou doutro tipo, que se
incorporan como medios para estimular o estudo da Biblia, moitos deles elaborados polo propio mestre.
 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Non se atoparon elementos.

Utilizaranse os seguintes recursos polo alumnado:
- Biblia como libro de texto
- Caderno de traballo
- Fichas de traballo proporcionadas pola profesora
Recursos didácticos:
- Presentacións power point
- Vídeos curtos
- Películas
- Formularios
- Fichas interactivas
- Biblias, dicionarios e concordancias bíblicas dixitais
- Artigos de prensa
- Ordenador
- Taboleiro dixital e tradicional


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Durante o primeiro mes de curso procederase a unha avaliación inicial xeral para a que se poderán utilizar algúns
destes instrumentos:
- Informes individualizados do curso anterior.
- Cuestionarios escritos iniciais.
- Cuestionarios orais breves ao comezo de cada clase.
- Exame superficial do traballo no caderno individual.
- Mediante gamificación.
Recolleranse datos sobre os seguintes indicadores:
- Capacidade de comprensión utilizando contidos vellos.
- Capacidade de memorización comprensiva e interiorización de contidos novos.
- Capacidade xeral de comunicación.
Todos estes datos compararanse cos recollidos polo resto do profesorado na sesión de avaliación inicial e pola
xefatura do departamento de orientación. Discriminaranse entón que elementos do proceso de ensino-aprendizaxe
están mediatizados polas actitudes e cales responden a situacións determinadas a respecto das áreas lingüística e
socio-cultural de cada alumno/a.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 17.0 17.0 17.0 17.0 16.0 16.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 50.0 0.0 0.0 0.0 8.5
Táboa de indicadores 100.0 100.0 50.0 100.0 100.0 100.0 91.5

Reflectimos o peso porcentual de cada un dos elementos que conformarán a avaliación:
Traballo das distintas tarefas realizadas no aula: 60%
Media probas escritas / táboa de indicadores: 40%
O alumno deberá obter unha nota numérica de 5 sobre 10 para ter aprobada a materia.

Recuperación durante o curso.
No caso de non superar unha avaliación, darase a posibilidade de recuperación da materia mediante a presentación
dos traballos que se establezan.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


No caso que houbesen alumnos coa materia pendente, elaborarase un plan de reforzo segundo o que establece o
artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021 atención á diversidade.
Este plan será personalizado e consistirá nun traballo que irá facendo o alumno de xeito trimestral seguindo as
indicacións do mestre.
Este traballo avaliarase cunha nota establecida de 0 a 10 puntos, onde 0 será deficiente e 10 excelente.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Un dos principais principios pedagóxicos da LOMLOE é o da atención á diversidade (Art.17.1). Tanto é así que os
centros docentes elaboran propostas pedago¿xicas para todo o alumnado atendendo a¿ su¿a diversidade, e ponse
especial e¿nfase en garantir a prevencio¿n de dificultades de aprendizaxe e a posta en pra¿ctica de mecanismos de
reforzo e flexibilizacio¿n, alternativas metodolo¿xicas ou outras medidas adecuadas tan pronto como se detecta
calquera destas situacio¿ns.
Dende a nosa área, colaboraremos coa xefatura do departamento de orientación na deteccio¿n das necesidades
especi¿ficas e no establecemento de mecanismos de apoio e reforzo tan pronto como se detecten dificultades de
aprendizaxe, co obxecto de reforzar a inclusio¿n e asegurar o dereito a unha educacio¿n de calidade.
As medidas de atención á diversidade (MAD) que establece a LOMLOE son:
– Adaptacio¿ns do curri¿culo,
– A integracio¿n de materias en a¿mbitos,
– Os agrupamentos flexibles,
– Os desdobramentos de grupos,
– A exencio¿n da Segunda Lingua Estranxeira,
– A oferta de materias optativas,
– Os programas de reforzo.
– Medidas de apoio personalizado para o alumnado con necesidade especi¿fica de apoio educativo.
No caso da nosa área, poderemos adoptar de ser preciso as pertinentes adaptacións do currículo ou programas de
reforzo para o alumnado que non sexa quen de adquirir os obxectivos mínimos.
En todo caso, para responder ás necesidades educativas concretas do alumnado tendo en conta as súas
circunstancias e diferentes ritmos de aprendizaxe, seguiremos os principios do Deseño Univesal de Aprendizaxe
(DUA) para todo o alumnado, pero en caso do alumnado con diversidade funcional que presente necesidades
educativas especiais (ACNEE) ou o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (ACNEAE) que non
adquira os obxectivos, programaremos actividades especificamente dirixidas para eles para reforzar os contidos
desenvolvidos na unidade ou tema traballado.
Dado que as características de esta materia determinan que os grupos que se conforman son moi reducidos, faremos
un seguimento moi individualizado do alumnado respetando os ritmos de aprendizaxe de cada alumno ou alumna coa
finalidade de que o alumnado por completo acade -canto menos- os obxectivos mínimos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
1 Comprensión de lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en alores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade
10 Formación estética
11 Educación para a saúde
12 Educación para a sostenibilidade e o consumo responsable
13 Respeto mutuo e cooperación entre iguais

Non se rexistraron observacións

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita ao comedor social do centro cristián do Exército de Salvación Relacionado coa ética cristiá
Participación na Semana Santa cultural Relacionado coa ética cristiá

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Planificación de situacións de aprendizaxe
Metodoloxía empregada metodoloxía empregada
Outros Programación e Avaliación

A programación axústase ao marco normativo curricular estatal e autonómico e ao currículo de relixión publicado a
data de hoxe, se está adaptada ás características do centro e do grupo, se vencella este curso co perfil de saída, os
descriptores operativos e obxectivos de cada etapa, se se tivo en conta a diversidade do alumnado en canto a
capacidades, distintos niveis cognitivos, ritmos e estilos de traballo, habilidades, estilos de aprendizaxe...
A planificación de situacións de aprendizaxe inclue tódolos elementos formáis, planificouse a partires de criterios de
avaliación que establece o currículo utilizando en cada secuencia aqueles saberes que permitían progresar na
adquisición da correspondente competencia específica, se tivo en conta os descriptores operativos das competencias
clave e buscou o diálogo curricular con outras materias, se é axeitada aos criterios de avaliación, se tivo en conta a
diversidade do alumnado en canto a capacidades, distintos niveis cognitivos, ritmos e estilos de traballo, habilidades,
estilos de aprendizaxe...
Avaliación. Se reflexionei e avaliei a miña laboura docente durante todo o desenvolvemento da situación de
aprendizaxe realizando as oportunas regulacións iniciais de proceso e fináis tanto nas tarefas coma nos contidos e na
metodoloxía. Se utilicei varias ferramentas de avaliación ao longo da tarefa, se tiven en conta os criterios de
cualificación acordados e se estes criterios van refiridos non só a resultados de probas, senón ao logro de
competencias.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Ao remate de cada Unidade Didáctica completando os datos que aparecen na aplicación permitirán tomar decisións
cara a programación do seguinte curso académico. 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver