Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


O deseño do currículo da materia de Relixión Evanxélica realizouse considerando os elementos curriculares previstos no Real Decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establecen a ordenación e os ensinos mínimos da Educación Secundaria Obrigatoria. En termos xerais, e de acordo cos elementos curriculares da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, o Ensino Relixioso Evanxélico ten a finalidade de capacitar ao alumnado para que coñeza a fe evanxélica desde unha perspectiva bíblica, comuníquea na súa vida cotiá en situacións de convivencia relixiosa e cultural, e participe activa e responsablemente na sociedade da que forma parte. Con este enfoque, o Ensino Relixioso Evanxélico supera o marco da instrución e adquire unha nova dimensión, onde non todo se restrinxe ao tanxible e temporal, senón que se abre un camiño cara á transcendencia e a eternidade. As respostas que o alumnado, nesta etapa, comece a darse respecto a interrogantes transcendentes, inflúen poderosamente sobre unha formación integral que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade, identificada en corpo, alma e espírito. O currículo do Ensino Relixioso Evanxélico para a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria foi elaborado axustado a varias fontes; epistemolóxica, social, teolóxica e psicopedagóxica. Ten a Biblia, Sacras Escrituras, como fonte de autoridade e inspiración dos elementos curriculares. Considera o contexto sociocultural europeo e internacional, e a Lei 24/1992, do 10 de novembro, que aproba o Acordo de Cooperación do Estado coa Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España, e recolle no artigo 10.3 que os contidos serán sinalados polas igrexas evanxélicas. Todas as ciencias da educación achegan e enriquecen as consideracións sobre o deseño e o desenvolvemento do currículo da materia, especialmente os valores cristiáns que se poden aprender dos ensinos das Sacras Escrituras e do exemplo dos personaxes bíblicos. O Ensino Relixioso Evanxélico na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria expón o desenvolvemento de seis competencias específicas, que poden ter unha pauta de progresividade con respecto á etapa de Educación Primaria, se o alumnado estivese matriculado con anterioridade. Os criterios de avaliación formuláronse en relación directa con cada unha das seis competencias específicas, e han de entenderse como ferramentas de diagnóstico e mellora en relación co nivel de desempeño que se espera da adquisición daquelas. Os criterios de avaliación teñen un claro enfoque competencial e atenden tanto aos procesos como aos produtos da aprendizaxe, o cal esixe o uso de instrumentos de avaliación variados e axustables aos distintos contextos e situacións de aprendizaxe. Os saberes básicos emanan das Sacras Escrituras, presentados como coñecementos, destrezas e actitudes que constitúen os contidos propios da área cuxo aprendizaxe é necesario para a adquisición das competencias específicas; destacando as actitudes e valores, que son moi requiridas nas intencións educativas, que son o fundamento dos saberes básicos para aprender a ser, xa que o cristianismo é vida, Xesús é Vida, e aprender a ser, para vivir plenamente, require as actitudes e valores propostos polo currículo. Os saberes básicos vertébranse en seis bloques interrelacionados coas competencias específicas e os criterios de avaliación: a Biblia e o seu estudo; a vida e o ministerio de Xesús; a vida cristiá; a ética cristiá; a historia da salvación: de Adán a Xesucristo; e a historia do cristianismo. Ademais do dito ata o de agora, o Ensino Relixioso Evanxélico ha de desenvolver prioritariamente no alumnado unha «conciencia e expresión cristiá» que implica a apertura do alumnado adolescente ao divino, a aprendizaxe de valores propios do cristianismo e a adopción de actitudes e condutas propias da fe evanxélica á que este currículo dá resposta. Esta cosmovisión afecta as habilidades de comunicación, á actuación na contorna, á expresión cultural ou á competencia cidadá, por citar algúns exemplos. Os elementos curriculares expóñense para primeiro e segundo curso e para terceiro e cuarto curso, pero coa necesaria versatilidade para que poidan adaptarse a todo o alumnado, especialmente ao tratarse dunha materia de libre elección, adóitase dar a situación que nun mesmo contorna de aprendizaxe coincida alumnado de moi diferente nivel de aprendizaxe previa. O currículo, pois, ten que ser aberto e flexible, e á súa vez, conceder aos profesionais, desde a súa autonomía pedagóxica, a posibilidade de cumprir coa súa función de programar para que poidan adoptar innovacións metodolóxicas por si mesmos ou en colaboración cos equipos docentes dos centros en que se integran.

Esta programación está  deseñada para un centro urbano que presenta unha ampla heteroxeneidade e diversidade, que se traduce a aulas con nenos e nenas procedentes de ambentes raciais, sociais e culturais moi diferentes e diversos, con niveis educativos dispares, con intereses e motivacións en moitos casos apenas coincidentes.

Dentro da nosa mateira o 95% do alumnado pertence á etnia xitana o que conleva unha serie de  dificultades e retos: 

- Absentismo escolar (antes en 2º de ESO, dende a pandemia, en todos os cursos)

- Falta de motivación cara ao estudo, xa que a maioría deles están a desexar cumprir os 16 anos para abandonar o instituto.

- Abandono aos 16 anos, especialmente nas mozas.

Por iso, tratamos de:

-Ser flexibles coa programación tendo en conta as súas características

-Empatizar cos alumnos e respectar as súas diferenzas culturais sen deixar de sometelas á reflexión dentro dos principios bíblicos.

-Integralos nas actividades do centro, como nas actividades da Biblioteca ou na celebración do Dia Internacional do pobo xitano

-Colaborar co Departamento de Orientación e a dirección en todo ou necesario para a súa integración

- Realizar charlas con persoas xitanas que poidan ser referentes para eles, tales como educadores sociais, antigos alumnos e alumnas que continuaron cos seus estudos...


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Descubrir e apreciar a veracidade e relevancia das ensinanzas bíblicas, aplicando diversos métodos de estudo para extraer principios aplicables á vida diaria que revertan positivamente na súa relación con Deus, co próximo e consigo mesmo.
OBX2 Identificar a persoa de Xesús como a máxima expresión do amor de Deus á humanidade coñecendo as súas ensinanzas, obra e influencia nas persoas que se relacionaron con El, para xerar unha resposta de cada ser humano cara ao plan de salvación de Deus e mostrar interese por desenvolver actitudes similares ás de Xesús.
OBX3 Valorar a nova relación persoal con Deus que experimentaron algúns personaxes bíblicos, descubrindo na historia bíblica as súas vidas transformadas, para manifestar condutas, actitudes e valores que reflictan unha verdadeira relación persoal con Deus.
OBX4 Analizar os valores éticos cristiáns e os valores da sociedade actual; considerando as actitudes cristiás, nas relacións coa súa familia e os seus semellantes, para iniciar a formación dun sistema de valores propio que sustente a súa vida persoal e na sociedade.
OBX5 Coñecer os principais feitos acaecidos na historia do pobo de Israel, analizando o plan de Deus e as súas implicacións nos personaxes bíblicos, para coñecer o desenvolvemento do plan de salvación en favor da humanidade.
OBX6 Coñecer as principais características da Igrexa e os principais feitos históricos, descubrindo a historia da Igrexa, desde as súas orixes ata os nosos días, para manifestar actitudes de tolerancia e respecto ante a diversidade cultural.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Coñecemos a nosa Biblia! A Biblia é fundamental para coñecer a nosa cultura europea. Nesta situación de aprendizaxe coñecerán as directrices da mensaxe bíblica como o plan de salvación, a xustificación pola fe e a presenza do ES nas persoas cristiás. 17 6
2 Un erro que durou 40 anos O coñecemento do Antigo Testamento é fundamental para comprender o Novo. Nesta situación de aprendizaxe farán un percorrido cronolóxico polo Antigo Testamento dende Moisés e ata a entrada á terra prometida. 17 6
3 Encontros con Xesús Xesús é a persoa central da cultura de occidente. A súa vida agocha verdades fundamentais para a vida. Nesta situación de aprendizaxe analizarán as relación de Xesús co pobo, cos relixiosos, cos necesitados, coas autoridades, cos discípulos e con nos. 17 6
4 Historia do cristianismo É fundamental coñecer a historia da Igrexa para non repetir os mesmos erros do pasado e aprender dos acertos. Nesta situación de aprendizaxe examinarán a época das persecucións, a igrexa baixo o imperio romano e a concesión da liberdade e a proclamación do cristianismo como relixión oficial do estado 17 6
5 Discípulos de Xesús No Novo Testamento temos as bases da cosmovisión cristiá que impregna a nosa cultura. Nesta situación de aprendizaxe o alumnado coñecerá a Xesús como Salvador e Señor, a o que significa ser un discípulo del 16 6
6 Vivo o que creo A dimensión práctica e social das ensinanzas bíblicas son inseparables do coñecemento teórico. Nesta situación de aprendizaxe o alumnado reflexionará sobre a aplicación práctica de conceptos teóricos: o respecto e amor ao próximo, a responsabilidade social e a importancia do traballo 16 5

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. A Biblia e o seu estudo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA1.1 - Identificar os principais ensinos da Biblia sobre Deus e a súa relación co ser humano, mostrando habilidade para manexar a Biblia con autonomía.
Contidos
C1.1 - A desobediencia do home e o plan de salvación.
C1.2 - A obra redentora de Cristo.
C1.3 - A presenza e a obra do Espírito Santo no cristián.
C1.4 - A xustificación pola fe.
C1.5 - O reino de Deus e a Igrexa.
C1.6 - Atributos de Deus.
C1.7 - A relación de Deus co ser humano.
Bloque B2. A vida e o ministerio de Xesús
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA2.1. - Analizar as relacións de Xesús cos discípulos e diversas persoas, recoñecendo, mediante o estudo, individual e grupal, de diversos textos dos Evanxeos, as implicacións persoais que ten ser discípulo de Xesucristo.
Contidos
C2.1 - Xesús, boas noticias de salvación. Textos bíblicos que identifican a Xesús como único Salvador e mediador entre Deus e o ser humano.
C2.2 - As relacións de Xesús: co pobo, cos relixiosos, cos necesitados, coas autoridades, cos discípulos, connosco.
C2.3 - Desenvolvemento do seu labor ministerial e cos seus discípulos.
Bloque B3. A vida cristiá
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA3.1. - Identificar pasaxes bíblicas que mostran exemplos de condutas, actitudes e valores, verificando que reflicten unha relación persoal con Deus.
CA3.2. - Identificar os textos bíblicos clave que expresan as consecuencias do pecado na relación con Deus, connosco mesmos e con outras persoas, descubrindo os seus efectos destrutivos e a esperanza de restauración que insignia a Biblia.
Contidos
C3.1 - A separación entre Deus e o home.
C3.2 - As consecuencias da caída na relación con Deus e coas outras persoas.
C3.3 - A esperanza da restauración.
C3.4 - A restauración da imaxe de Deus no ser humano a través de Xesús.
C3.5 - O novo nacemento.
C3.6 - Xesús é Salvador. Xesús é Señor. O discipulado.
Bloque B4. A ética cristiá
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA4.1. - Apreciar os principios de respecto, amor ao próximo, coidado da creación, responsabilidade social e a importancia do traballo examinándoos dende unha perspectiva bíblica.
CA4.2. - Entender a base bíblica da familia cristiá, comprendendo o lugar e a responsabilidade que ten na contorna familiar.
Contidos
C4.1 - A perspectiva bíblica sobre: O respecto e amor ao próximo, O coidado da creación, a responsabilidade social, a importancia do traballo, o matrimonio e a familia cristiá, exemplos bíblicos de relacións familiares.
Bloque B5. A historia da salvación de Adán a Xesucristo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA5.1. - Sacar conclusións acerca das implicacións que teñen os principais feitos da historia antiga e tipos de leis do pobo de Israel no plan de Deus para a salvación da humanidade, examinando textos do Antigo e Novo Testamento.
Contidos
C5.1 - O pobo de Israel en Exipto.
C5.2 - O significado da Pascua.
C5.3 - Éxodo do pobo de Israel e os anos no deserto.
C5.4 - Moisés e o pacto de Deus co seu pobo.
C5.5 - A lei: Normas éticas, civís, cerimoniais.
C5.6 - A lei e o Evanxeo.
Bloque B6. A historia do cristianismo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA6.1. - Identificar e situar cronolóxica e xeograficamente os principais feitos históricos no devir do pobo cristián desde o período neotestamentario ata a Idade Media, analizando as consecuencias sociais e históricas dos mesmos.
Contidos
C6.1 - A época das persecucións.
C6.2 - Igrexa no Baixo Imperio Romano.
C6.3 - Da concesión da liberdade á proclamación do cristianismo como relixión oficial do estado.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Coñecemos a nosa Biblia!
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais ensinos da Biblia sobre Deus e a súa relación co ser humano, mostrando habilidade para manexar a Biblia con autonomía.
Táboa de indicadores
Realiza unha investigación bíblica sobre o plan de salvación e a obra de Cristo revelada a través de pasaxes específicos da Biblia 100

2 Un erro que durou 40 anos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1. Sacar conclusións acerca das implicacións que teñen os principais feitos da historia antiga e tipos de leis do pobo de Israel no plan de Deus para a salvación da humanidade, examinando textos do Antigo e Novo Testamento.
Proba escrita
Explica e enumera os Dez mandamentos e identifica eventos relixiosos, sociais e culturais de Israel na antigüidade Aprecia no libro de Hebreos a relación entre a lei e a obra superior de Xesús. 100

3 Encontros con Xesús
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1. Analizar as relacións de Xesús cos discípulos e diversas persoas, recoñecendo, mediante o estudo, individual e grupal, de diversos textos dos Evanxeos, as implicacións persoais que ten ser discípulo de Xesucristo.
Táboa de indicadores
Entende a importancia de que cada persoa cultive a súa relación persoal con Deus, analizando a relación de Xesús con Deus Pai 100

4 Historia do cristianismo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA6.1. Identificar e situar cronolóxica e xeograficamente os principais feitos históricos no devir do pobo cristián desde o período neotestamentario ata a Idade Media, analizando as consecuencias sociais e históricas dos mesmos.
Táboa de indicadores
Coñece a importancia do edicto de Milán, o Concilio de Nicea e o edicto de Tesalónica 100

5 Discípulos de Xesús
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1. Identificar pasaxes bíblicas que mostran exemplos de condutas, actitudes e valores, verificando que reflicten unha relación persoal con Deus.
Proba escrita
Distingue e sinala en textos bíblicos a importancia da lectura da Biblia e a oración como os medios que Deus proveu para ter unha relación con el, xustificando no grupo a selección dos textos. 50
CA3.2. Identificar os textos bíblicos clave que expresan as consecuencias do pecado na relación con Deus, connosco mesmos e con outras persoas, descubrindo os seus efectos destrutivos e a esperanza de restauración que insignia a Biblia.
Proba escrita
Define o concepto bíblico do pecado e identifica as consecuencias que trouxo para o ser humano, na súa relación con Deus, con outras persoas e coa natureza 50

6 Vivo o que creo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1. Apreciar os principios de respecto, amor ao próximo, coidado da creación, responsabilidade social e a importancia do traballo examinándoos dende unha perspectiva bíblica.
Proba escrita
Analiza a través da prensa a marxinación, o racismo e a integración ou falta de ela e debate sobre estes temas 50
CA4.2. Entender a base bíblica da familia cristiá, comprendendo o lugar e a responsabilidade que ten na contorna familiar.
Táboa de indicadores
Busca información, compara e analiza algunhas familias da Biblia e extrae conclusións para a súa propia vida. 50

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


  A programación didáctica é o documento no que se concreta a planificación da actividade docente no marco do proxecto educativo e da programación xeral anual. Co fin de organizar a actividade didáctica da materia, a programación concretarase en diferentes unidades de programación que se corresponden coas situacións de aprendizaxe. Nunha situación de aprendizaxe competencial concrétanse e avalíanse as experiencias de aprendizaxe. Para que estas experiencias de aprendizaxe sexan competenciais, o persoal docente debe deseñar situacións de aprendizaxe con tarefas e actividades útiles e funcionais para o alumnado, situadas en contextos próximos ou familiares, significativos para este, que lle supoñan retos, desafíos, que esperten o desexo e a curiosidade por seguir aprendendo; experiencias de aprendizaxe que impliquen o uso de diversos recursos; que potencien o desenvolvemento de procesos cognitivos, emocionais e psicomotrices no alumnado; que favorezan diferentes tipos de agrupamento (traballo individual, por parellas, ou en grupo).

O Ensino Relixioso Evanxélico asume que calquera aprendizaxe, para selo, ten que ser significativo e permitir a mobilización e aplicación en situacións reais, por complexas que sexan, do aprendido; facilitando que todo o alumnado adquira coñecementos, desenvolva destrezas e habilidades, e manifeste actitudes propias de cidadáns responsables e críticos, capaces de coñecer a realidade, interpretala, actuar nela e resolver situacións problemáticas desde a base da fe cristiá.

Na aplicación práctica das programacións o profesorado ha de ter en conta que o alumnado aprende cando participa en experiencias, sexan estas reais ou simuladas. Neste sentido, quen imparte o Ensino Relixioso Evanxélico debe procurar facilitar experiencias ao alumnado nas que se implementan os elementos curriculares que se pretende ensinar, en situacións de aprendizaxe onde se pon en contacto ao alumnado con personaxes bíblicos e con experiencias diversas e ricas nas que poñer en práctica os principios do cristianismo evanxélico. O profesorado ten tamén unha función mediadora achegando no proceso de ensino e aprendizaxe, os recursos e medios necesarios para a interpretación de feitos, ideas, principios, datos ou valores, e convértese en guía e orientador, achegando unha visión bíblica dos mesmos e modelos de aplicación práctica en situacións cotiás. Ten, por último, un valor de referencia, posto que o alumnado tende a aprender actitudes das persoas de autoridade. Por iso, o profesorado de Relixión Evanxélica ten que  asumir un rol ético propio de actitudes cristiás e un rol didáctico que achega ao alumnado os recursos, medios e guía necesaria para que sexan capaces, por si mesmos, de elaborar as súas propias interpretacións e conclusións persoais a partir das situacións expostas.

O alumnado que cursa a materia ha de ser activo; ao mesmo tempo que se lle propoñen múltiples situacións de aprendizaxe de experiencia, procura e participación, e espérase que propoña, á súa vez, respostas diversas para as mesmas. É prioritaria a súa capacitación no coñecemento e o manexo da Biblia pois ha de remitirse a esta ao longo de toda a súa aprendizaxe, como fonte básica para a comprensión do modo en que Deus se achegou e revelou ao ser humano. Esta capacitación para a investigación bíblica compleméntase co uso de fontes extrabíblicas (literarias, históricas, documentais), que mantén unha liña coherente co resto do currículo e a súa achega á formación integral do alumnado desta etapa educativa.

O Ensino Relixioso Evanxélico nesta etapa implica tomar en consideración os intereses propios do alumnado nesta idade e as súas características evolutivas á hora de expor distintas situacións de aprendizaxe. É por iso que, ao longo da etapa, o Ensino Relixioso Evanxélico debe tender a facilitar unha cada vez maior autonomía do alumnado e unha progresión desde o coñecemento inmediato cara cotas mais altas de abstracción. Débense potenciar, a medida que se avanza na etapa, situacións de aprendizaxe cunha dose cada vez maior de confrontación e exercicio crítico que lle permita afianzar a fe e valores cristiáns que adquire. Loxicamente, todo nun clima de liberdade e convivencia, no que non se pretende tanto que a mensaxe sexa aceptada, coma  que sexa aprendida. Non se pretende impoñer externamente virtudes, crenzas ou modos de comportarse, pero si esperar que flúan no alumnado a partir de conviccións suficientemente profundas.

O Ensino Relixioso Evanxélico exponse simultaneamente como un espazo de aprendizaxe da convivencia, tanto nos grupos de idade que se constitúen para impartir a materia, como no conxunto do centro e do grupo clase onde se convive con diferentes compañeiros e compañeiras e outras maneiras de ver o mundo. Para iso o profesorado, ademais de coa súa actitude e exemplo, conta coa posibilidade de traballar en agrupamentos diversos concibidos con flexibilidade para dar resposta a distintos obxectivos de aprendizaxe. De igual modo, o profesorado ha de reflexionar sobre a xestión do tempo, ao propoñer ao alumnado as tarefas propias da materia, a fin de que estas permitan ao alumnado traballar de maneira adecuada tanto cando está a se aproximar por primeira vez ás propostas, como cando está a revisar o seu traballo. O profesorado debe, en definitiva, xestionar o tempo e os espazos de traballo de maneira que facilite o traballo activo e responsable do alumnado.

É pertinente suscitar a relevancia dos recursos didácticos entre as decisións metodolóxicas a adoptar, de maneira que, está na propia identidade do área o uso prioritario da Biblia como recurso básico e imprescindible. No entanto incluiranse no proceso de ensino e aprendizaxe outros materiais, impresos, dixitais ou doutro tipo, que se incorporan como medios para estimular o estudo da Biblia. O docente de Ensino Relixioso Evanxélica participa na produción destes materiais e na súa difusión e intercambio en foros específicos creados no marco de FEREDE e que teñen a importancia de ser un espazo de crecemento profesional ao facilitar a formación e innovación permanente do profesorado.

En canto a estratexias metodolóxicas propiamente ditas non se identifica o Ensino de Relixión Evanxélica cun único método universalmente aplicado, senón que é o docente o que debe adoptar decisións concretas de como traballar e orientar o traballo en cada caso para alcanzar os fins previstos, coas máximas cotas posibles de calidade, de acordo co contexto en que se sitúa. En calquera caso, ao adoptar estas decisións metodolóxicas o docente debe ter en conta a importancia de estimular a motivación do alumnado, potenciar o seu autoestima e a súa autonomía, desenvolver estratexias de traballo compartido e potenciar a comunicación coas familias

No desenvolvemento das tarefas previstas, baseándonos nos paradigmas anteriormente nomeados, empregaremos diversas estratexias metodolóxicas:

-             Traballo cooperativo/colaborativo onde todo o alumnado poida achegar o seu traballo e aprender de forma activa axudando aos demais a realizar o mesmo proceso.

-             Debates en grupo: Aprenderán a expresarse correctamente de forma oral, perderán o “medo escénico” ao dar o seu punto de vista e poderemos corrixir falsas ideas que o alumnado teña acerca dos temas que tratamos.

-             Traballaremos con materiais audiovisuais, que posteriormente analizaremos.

-             Investigaremos en internet de forma guiada polo docente, partindo das ideas previas que posúa o alumnado co fin de alcanzar un aprendizaxe significativo.

-             O xogo (dinámicas, xogos de mesa…) como forza motivadora para o aprendizaxe, pois está intimamente relacionado coa curiosidade natural do ser humano.

En canto a organización do espazo e tempo, a distribución física do alumnado será en parella, aínda que en canto ás dinámicas de traballo, e segundo as diferentes actividades, os alumnos poderán traballar individualmente, en parella, pequeno grupo, ou en gran grupo. O espazo de referencia será a aula, provista de pizarra convencional, e canón de proxección, coa posibilidade de utilizar paredes para a exposición de murais, e con estantes para libros de consulta ou de lectura. Nalgún momento utilizaremos a biblioteca ou a aula de informática para a realización dalgún traballo de investigación.

 

 

 

 

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
1.Libro de texto
2.Libros de consulta
3. Medios audiovisuais
4. Xogos educativos
5. Libros para a hora de ler
6. Material funxible

1. O noso libro de texto é a Biblia, pero complementaremos ás explicacións co seguinte material:

Detectives - Año 2 - ALUMNO- ABBA- Currículum explora- ISBN: 9788417521059

2. Libros de consulta (Concordancias, Atlas, Comentarios Esexéticos, Dicionarios Bíblicos…)

    Libros de temáticas diversas para complementar as explicacións das distintas unidades

3. Canón, ordenador, pantalla, Internet, …

Manteremos o noso blog EREChivite e nas redes sociais o Instagram no que iremos subindo fotos das nosas actividades.

4. Xogos de mesa (El gran juego de la Biblia) e xogos en liña (50x15 bíblico, la ruleta bíblica)

5. Libros con historias bíblicas, novelas, biografías, cómics...

6.  Cartón de cores, cola, lapis de cores, folios, tesoiras...


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Durante o primeiro mes de curso procederase a unha avaliación inicial xeral para a que se utilizarán algúns destes instrumentos:

-Informes individualizados do curso anterior.

-Cuestionarios escritos iniciais.

-Cuestionarios orais breves ao comezo de cada clase

-Exame superficial do traballo no caderno individual.

Recolleranse datos sobre os seguintes indicadores:

-Capacidade de comprensión utilizando contidos vellos.

-Capacidade de memorización comprensiva e interiorización de contidos novos.

-Capacidade xeral de comunicación.

Todos estes datos compararanse cos recollidos polo resto do profesorado na sesión de avaliación inicial. Discriminaranse entón que elementos do proceso de ensino/aprendizaxe están mediatizados polas actitudes e cales responden a situacións determinadas a respecto das áreas lingüística e sociocultural de cada alumno/a.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 17.0 17.0 17.0 17.0 16.0 16.0 100.0
Proba escrita 0.0 100.0 0.0 0.0 100.0 50.0 41.0
Táboa de indicadores 100.0 0.0 100.0 100.0 0.0 50.0 59.0

Reflectimos o peso porcentual de cada un dos elementos que conformarán a avaliación:

Traballo das distintas tarefas realizadas no aula: 40%

Media probas escritas / táboa de indicadores: 60%

O alumno deberá obter unha nota numérica de 5 sobre 10 para ter aprobada a materia.

Recuperación durante o curso.

No caso de non superar unha avaliación, darase a posibilidade de recuperación da materia mediante a presentación dos traballos e/ou exames que se establezan, ao inicio do seguinte trimestre.

O alumnado recuperará a avaliación da que se examine, se acada unha nota numérica de 5 sobre 10.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


No caso de que a materia non fose superada na avaliación final, poderá ser recuperada nas condicións seguintes:

O alumno, con materias pendentes, que realice satisfactoriamente os traballos ou probas marcados polo departamento superará a materia pendente. O alumno que supere a 2ª Avaliación do curso actual terá superada a materia pendente (por ser esta unha materia considerada progresiva)

-           Aqueles alumnos que polos criterios anteriores non superen a pendente terán a posibilidade de asistir a unha proba final en maio

-           Finalmente, se un alumno aproba a materia do curso actual, aínda que suspendera a pendente, superará esta de maneira automática.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Un dos principais principios pedagóxicos da LOMLOE é o da atención á diversidade (Art.17.1). Tanto é así que os centros docentes elaboran propostas pedagóxicas para todo o alumnado atendendo á súa diversidade, e ponse especial énfase en garantir a prevención de dificultades de aprendizaxe e a posta en práctica de mecanismos de reforzo e flexibilización, alternativas metodolóxicas ou outras medidas adecuadas tan pronto como se detecta calquera destas situacións.

Dende a nosa área, colaboraremos coa xefatura do departamento de orientación  na detección das necesidades específicas e no establecemento de mecanismos de apoio e reforzo tan pronto como se detecten dificultades de aprendizaxe, co obxecto de reforzar a inclusión e asegurar o dereito a unha educación de calidade.

As medidas de atención á diversidade (MAD) que establece a LOMLOE son:

–                 Adaptacións do currículo

–                 A integración de materias en ámbitos

–                 Os agrupamentos flexibles

–                 Os desdobramentos de grupos

–                 A exención da Segunda Lingua Estranxeira

–                 A oferta de materias optativas

–                 Os programas de reforzo.

–                 Medidas de apoio personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

No caso da nosa área, poderemos adoptar de ser preciso as pertinentes adaptacións do currículo ou programas de reforzo para o alumnado que non sexa quen de adquirir os obxectivos mínimos.

En todo caso, para responder ás necesidades educativas concretas do alumnado tendo en conta as súas circunstancias e diferentes ritmos de aprendizaxe, seguiremos os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) para todo o alumnado, pero en caso do alumnado con diversidade funcional que presente necesidades educativas especiais (ACNEE) ou o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (ACNEAE) que non adquira os obxectivos, programaremos actividades especificamente dirixidas para eles para reforzar os contidos desenvolvidos na unidade ou tema traballado.

Dado que as características de esta materia determinan que os grupos que se conforman son moi reducidos, faremos un seguimento moi individualizado do alumnado respectando os ritmos de aprendizaxe de cada alumno ou alumna coa finalidade de que o alumnado por completo acade -canto menos- os obxectivos mínimos. No caso de non ser posible, coordinaremos coa xefatura do departamento de orientación as accións a levar a cabo.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
1 Comprensión de lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade
10 Formación estética
11 Educación para a saúde
12 Educación para a sostenibilidade e o consumo responsable
13 Respecto mutuo e coperación entre iguais

Non se rexistraron observacións

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Obradoiro Obradoiro cun educador social, de etnia xitana.

Traeremos a un educador social que contará a súa experiencia persoal, incluirá testemuños de mozos e mozas xitanas que continuaron os seus estudos e terminará creando unha canción cos nosos alumnos. Esta actividade está exposta para motivar aos alumnos e que teñan referentes xitanos que conseguiron as súas metas.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 1. Contidos e temporalización resultan adecuados á capacidade de aprendizaxe do alumnado
Metodoloxía empregada 2. Os métodos empregados resultan axeitados ás expectativas da programación e a realidade do alumnado
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 3. Os resultados de avaliación ao final do curso son os agardados en función do traballo e actitude amosada polo alumnado e reflicten as medidas tomadas durante o curso
Medidas de atención á diversidade 4. Detéctanse con celeridade as NEAE e póñense en marcha medidas en colaboración co Dpto de Orientación
Clima de traballo na aula 5. O clima de traballo na aula é satisfactorio e o alumnado amosa motivación e interese suficiente

En canto á avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe, analizaremos que...

1. O traballo de aula (contidos, metodoloxía, temporalización) correspóndese co previsto na programación.

Para avaliar este indicador de logro a persoa docente debe revisar con regularidade que tanto os contidos, os tempos e o modo en que se está a traballar na aula son os que se corresponden co establecido na programación. En caso de que haxa diverxencias, estas así como as súas causas deben ser consignadas nas actas de departamento para, ao cabo do curso, facer unha valoración que sirva para modificar a programación do curso seguinte. O feito de que a aplicación PROENS estabeleza un seguimento por UD, marca xa a temporalización deste traballo. Instrumento: táboa de indicadores.

2. Os resultados de avaliación son os esperados a partir do traballo e actitude mostrada polo alumnado.

A persoa docente, especialmente en grupos que adoitan ter un número de alumnado pequeno, normalmente ten unha previsión dos resultados que terán as persoas discentes en base ás súas observacións diarias na aula. É importante que esta previsión se cumpra, dado que iso evidenciará que a observación e as impresións recibidas durante a avaliación son as correctas. Este acerto na previsión permitirá á persoa docente dar consellos útiles e, no seu caso, tomar as medidas oportunas para que o alumnado mellore o seu rendemento académico, de ser o caso. Instrumento: táboa de indicadores onde se exprese a relación entre o resultado previsto e o resultado conseguido.

3. Os resultados ao final de curso son os esperados en función do traballo e actitude mostrada polo alumnado e reflicten as medidas tomadas durante o curso.

Derivación lóxica do indicador de logro anterior, este pretende medir o acerto da observación como, en particular, a efectividade das medidas tomadas durante o curso para mellorar o rendemento académico do alumnado. Instrumento: táboa de indicadores onde se exprese a relación entre o resultado previsto e o resultado conseguido.

4. Detéctanse con celeridade as/os ACNEAE e póñense en marcha as medidas precisas en colaboración co Departamento de Orientación.

A avaliación deste indicador de logro pódese facer a principios do mes de novembro, momento no que todo o alumnado con necesidades especiais de apoio educativo debería estar identificado e as medidas a tomar xa planificadas. Ademais da observación directa da persoa docente na aula, é moito importante o correcto aproveitamento e deseño da avaliación inicial e, en especial, a coordinación e contacto habitual co Departamento de Orientación.

5. O grao de satisfacción do alumnado coa materia e máis ca persoa docente é alto e responde ao previsto na programación.

A satisfacción do alumnado co traballo realizado na aula pola persoa docente é, seica, un dos aspectos menos desenvolvidos na práctica docente en xeral e que, porén, pode, ben administrado, ser unha fonte moi positiva e rendible de información tanto para o enfoque da materia dende un punto de vista académico como dende o punto de vista do labor docente. O mellor procedemento para medir este indicador de logro é un cuestionario electrónico e anónimo que se proporá ao alumnado para que cubra ao final de cada avaliación. Este cuestionario debe permitir que o alumnado valore os seguintes aspectos: 1) A súa satisfacción cos contidos da materia; 2) A súa satisfacción coa metodoloxía desenvolvida e o ambiente de traballo na aula; 3) A súa satisfacción coa propia persoa docente e o trato por esta dispensado. Estes tres bloques permiten obter unha información imprescindible para valorar o desenvolvemento da materia en xeral e son, xunto cos indicadores anteriormente citados, un instrumento básico para a introdución de modificacións na programación.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A programación didáctica da materia de Relixión Evanxélica estará á disposición da comunidade educativa do centro e, ademais, a comezos de curso, proporcionarase ao alumnado un extracto da mesma cos seus puntos esenciais: obxectivos, criterios, instrumentos e procedementos de avaliación, materiais didácticos e sistema de recuperación.

A programación didáctica será obxecto de seguimento e avaliación a través da aplicación PROENS e poderá sufrir as modificacións precisas para adaptarse ás necesidades educativas do alumnado, en beneficio da correcta evolución do proceso de ensino-aprendizaxe e da consecución dos obxectivos establecidos. Ditas modificacións, debidamente xustificadas, figurarán tamén nas actas das reunións de departamento e na memoria final da materia.

A avaliación da programación realizarase a través dos seguintes indicadores de logro

a. Resultados académicos do grupo.

b. Eficacia das medidas de atención á diversidade adoptadas.

c. Grao de cumprimento da programación e, no seu caso, causas dos incumprimentos.

A valoración do grao de cumprimento destes indicadores debe dar lugar a unha serie de propostas de modificacións e mellora para o curso vindeiro, que se deben reflectir na memoria de final de departamento e máis na programación do seguinte curso.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver