Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Con esta programación didáctica para a ESO, pretendo axustarme na medida do posible á normativa vixente (LOMLOE) e contribuir a la vez a un ensino de calidade, donde o alumno se forme e adquira as competencias que a partir das características da materia de EF contribuyan a seu bo desenvolvemento nestas idades (12-17 anos) .
Contextualización legal.
O pasado mes de xaneiro de 2021 despois da súa publicación no Boletín Oficial do Estado do 30 de decembro de 2020, entrou en vigor a Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro. A LOMLOE, pola que quedaba modificada a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Máis coñecida por LOE e que á súa vez estaba modificada pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, a denominada como LOMCE, a cal queda derrogada.
A LOMLOE é, por tanto, a lei educativa de aplicación desde a data da súa entrada en vigor. Esta norma modifica progresivamente diferentes aspectos do sistema educativo español. Neste ano académico, entrará en vigor para os cursos impares da ESO primeiro e terceiro a elaboración do curriculo competencial que deberá rexistrarse nesta aplicación institucional "PROENS"
Así quedan marcados os obxectivos da materia de Educación Física que perseguen consolidar un estilo de vida activo e saudable que lle permita ao alumnado perpetualo ao longo da súa vida a través da planificación autónoma e da autorregulación da súa práctica física e de todos os compoñentes que afecten a saúde.
A motricidade desenvolverase no seo de prácticas motrices con diferentes lóxicas internas, con obxectivos variados e en contextos de certeza e incerteza. A resolución de situacións motrices en diferentes espazos permitiralle ao alumnado afrontar a práctica motriz con distintas finalidades: lúdica, agonística, funcional, social, expresiva e comunicativa, creativa, catártica ou de interacción co medio urbano e natural.
Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver de maneira integral capacidadesde carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e deinserción social. Deste xeito, o alumnado terá que aprender a xestionar as súas emocións e as súas
habilidades sociais en contextos variados de práctica motriz. Cabe, pois, destacar a gran cantidade de posibilidades que ofrece a E.F. para traballar en diversos aspectos, baixo unha organización interdisciplinaria, tendencia moi acusada nas actuais propostas renovadoras do ensino secundario.
O alumnado tamén deberá recoñecer e valorar diferentes manifestacións da cultura motriz, como parte relevante do patrimonio cultural, expresivo e artístico, que poden converterse en obxecto de gozo e aprendizaxe. Este coñecemento deberá dirixirse a comprender, entre outros, o lugar que ocupa o deporte nas sociedades actuais, así como as súas implicacións no ámbito económico, político, social e da saúde, como máxima representación da cultura motriz na actualidade.
Finalmente, continuarase insistindo na necesidade de convivir de maneira respectuosa co medio ambiente, desenvolvendo para iso actividades físico-deportivas en contextos variados e participando na súa organización desde formulacións baseadas na conservación e na sostibilidade.
Características dos alumnos nesta etapa educativa.
Ao longo da puberdade e a adolescencia sucédense cambios físicos importantes; varían as proporcións corporais, os carácteres sexuais primarios e secundarios e a fisionomía do rostro; de maneira que a integración de todos eles faise dificultosa. A miúdo, ao mozo, o seu corpo parécelle estraño, alleo e a súa nova imaxe non lle resulta familiar.
Ante esta situación, o mozo buscará novas experiencias motrices, para vivenciar as súas novas posibilidades, contrastalas e asumilas. Gran parte desta tarefa corresponde á función do profesor de E.F., quen tendo como base o seguimento individualizado da evolución dos seus alumnos, pois se dá un desenvolvemento desigual, haberá de intentar que se alcance o reequilibrio do esquema corporal e a potenciación das cualidades físicas básicas.
O interese pola actividade física na maior parte dos adolescentes é unha agradable realidade. Malia esta implícita predisposición, para conseguir uns bos resultados e cumprir os obxectivos que se perseguen, é necesaria unha organización, unha aplicación e un tratamento metodolóxico da E.F. fundamentados e adecuados aos procesos de maduración e ás características que presentan os mozos, no momento en que se atopan.
Nesta etapa o alumno necesita afianzarse no seu propio coñecemento, aumentar a súa autoestima, desenvolver a súa personalidade e sentirse integrado, aceptado e útil dentro do grupo. Para conseguir isto debemos suscitarlle exercicios e xogos que requiran deles, iniciativa, independencia nas accións motoras, prestación de axudas aos compañeiros, en busca dun obxectivo común, capacidade para superar dificultades e para dirixir os seus actos, así como o dominio sobre si mesmos.
Sobre a base deste punto de partida previo, propoñerei a organización do proceso formativo a partir dos Obxectivos, procurando que manteñan unha relación directa coas competencias a desenrolar por parte do alumno, e os contidos a impartir, así como los criterios de valoración e os métodos e recursos de que nos valdremos na Materia de Educación Física.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
Considerando a aprendizaxe como un proceso de instrución do alumno guiado polo profesor, faise necesario empregar estratexias pedagóxicas ou diferentes métodos adecuados á situación; ao alumnado ou ao contido que vaiamos abordar. Na E.F. existen numerosas posibilidades didácticas para a intervención educativa. De forma Xeral concretarémolas seguindo estes modelos:
*Modelo Didáctico:
Instrución Directa: O profesor dirixe as accións e organiza os recursos.
Exemplos: Instrución Directa, Asignación de Tarefas. Rep. de Modelos
Descubrimento Guiado: O alumno elixe entre varias opcións, a que mellor se
adapte ás súas necesidades.
Resolución de Problemas: Os alumnos investigan sobre as solucións dun
interrogante.
* Formas de Dirección da Clase:
Instrutiva: O profesor toma a maior parte das decisións.
Participativa: Algúns contidos e obxectivos son determinados mediante
acordos entre o profesor e o
alumno.
Emancipativa: A maioría das decisións corresponden aos alumnos.
* Formas de Organización:
En gran grupo: Toda a clase traballa nunha mesma actividade, de forma
Simultánea. Indicada para tarefas
sinxelas que non esixan unha diferenciación.
En grupos reducidos: Cada grupo segue unhas orientacións marcadas polo
profesor e adecuadas ás súas
particularidades.
Por parellas ou tríos: Agrupación moi propicia para actividades técnicas
De forma individual: Cada alumno traballa ao seu ritmo.
Como resumo, sinalar que nós pensamos que hai cabida para a utilización de todas estas estratexias. Pero de forma xeral, iremos pasando dunha instrución directa no primeiro curso, a un descubrimento guiado nos cursos medios, para terminar coa resolución de problemas no cuarto curso e bacharelato. Por suposto a utilización de esta metodoloxía non e total. Se fará uso das mesmas en maior medida (dende a mais dirixida ou maxistral a máis participativa e autónoma ) a medida que o alumno vai madurando
En moitas ocasións a metodoloxia vese condicionada polos escasos recursos e materiales dos que dispón o Departamento. Ximnasio con 1/3 das dimensions legáis, patio exterior e material vencellado.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial levarase a cabo a través dun rexistro nas 2 primeiras sesións prácticas e mediante unha toma de rexistro grupal. Na primeira sesión pruebas de acondicionamiento físico básico en carrera, salto, tonicidad del tronco y fuerza de brazos. Na segunda sesión en actividades de Coordinación Dinámica Xeral (Rube, repta, Carreira, saltos,...) Coordinación Ollo Man E de Coordinación dinámica manual básica.
Plasmaranse os datos nunha folla de rexistro, con datos sobre a .-
Sesión nº1
Tempo de mantenemento dunha Carreira de intensidad moderada (máximo 12')
Salto de lonxitude a pés xuntos.
Plancha mantenida (Forza do core o musculatura del tronco inferior)
Fondos.
Sesión nº2
Proba combinada de carreira, salto, rube e repta.
Control no manexo e Precisión dun implemento (Raqueta y bola de pingpong).
Proba combinada de Control no manexo e precisión no lanzamento e recepción de 2 bolas de malabares
Puesta en marcha de un diábolo.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Aquel alumno que non tivese acadados os mínimos do curso precedente, deberá ir superando en cada Evaluación ou trimestre os criterios de avaliación marcados para dicho curso.
Valoraranse:
As Actitudes positivas, en relación a adquirir unha mellor calidade de vida cun maior coidado persoal e a preocupación polo benestar común, social e medioambiental.
O aumento da capacidade física do alumno, de acordo co seu nivel madurativo e coa súa idade.
O esforzo por adquirir novas aprendizaxes, así como por adquirir novos coñecementos das actividades físicas e deportivas.
A Valoración levarase a cabo mediante:
Diversas tarefas dixitáis multinivel para ver o desenrolo formativo do alumno e como medida de atención a diversidade.
Unhas probas prácticas, mediante a aplicación de test de condición física e mediante planillas de observación das actividades deportivas a desenvolver. Contrastaranse os resultados obtidos con outros núcleos de poboación e co nivel de partida. O profesor marcará uns mínimos prácticos (Probas físicas) que o alumno debe superar para obter un aprobado neste apartado. En caso de impartirse, no seu curso, aprendizaxes ou habilidades que requiran posuír capacidades propias do curso precedente (pendente) e móstreas como adquiridas no curso actual; poderá convalidarse devandito apartado.
A Actitude (Desenvolvemento afectivo-social) será Valorada ao longo do curso actual. Téndoa en conta como parte da cualificación na materia pendente.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Uso do marco teórico DUA (Diseño Universal del Aprendizaje).
Potenciación y sensibilización a la escuela inclusiva, sin etiquetar al alumnado y sí eliminando barreras con el uso de todos los recursos de que disponemos para estimular los procesos inmersos en las redes de conocimientos, redes de estrategias y redes afectivas que configuran el aprendizaje, basándonos en la neurociencia.
Diseño de actividades desde un enfoque DUA para que sean accesibles a todo el alumnado. Llevar a cabo un diseño de la programación en base a las necesidades del aula, priorizando el estímulo de emociones e intereses, y la propuesta de actividades colaborativas que generan una mayor riqueza al aportar entre todos al grupo.
Potenciando la co-docencia compartida en secundaria y en cuanto a la Ev. llevar a cabo oferta de tareas de multinivel, así como el establecimiento de rúbricas claras para el alumnado y sus familias.
También llevar a cabo el uso de REA (Recursos educativos abiertos), facilitándo algunos enlaces de interés para tener referencias y echar a andar.
Es interesante analizar las barreras que hay en el centro que impiden el aprendizaje del alumnado y que debieran estar incluidos en el plan de atención a la diversidad.
Poñer énfasis na detección temprana do alumnado que requira unha atención diferente. (Alumnado repetidor, alumnado con altas capacidades, inmigrantes con descoñecemento da lingua,...)
Isto supón programar actividades para o groso do grupo, actividades de reforzo para o alumnado con alguha dificultade de comprensión e ritmo máis lento. E actividades de ampliación ou xogos educativos adicionáis para quen remata antes as tarefas.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
As propostas de mellora estarán encamiñadas á revisar a adecuación das tarefas como marcadores da consecución dos obxectivos e criterios de avaliación. E .buscar unha metodoloxía e recursos mais adaptados as necesidades concretas dos alumnos no proceso de formación. para xerar a maior implicación do alumno na dinámica da aula. Para iso buscarase o emprego de actividades lúdicas e creativas ás que poida dárselles un carácter persoal diferenciado. Potenciando a coevaluación e o traballo en equipo.