Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Con esta programación didáctica para a ESO, pretendo axustarme na medida do posible á normativa vixente (LOMLOE) e contribuir a la vez a un ensino de calidade, donde o alumno se forme e adquira as competencias que a partir das características da materia de EF contribuyan a seu bo desenvolvemento nestas idades (12-17 anos) .
Contextualización legal.
O pasado mes de xaneiro de 2021 despois da súa publicación no Boletín Oficial do Estado do 30 de decembro de 2020, entrou en vigor a Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro. A LOMLOE, pola que quedaba modificada a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Máis coñecida por LOE e que á súa vez estaba modificada pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, a denominada como LOMCE, a cal queda derrogada.
A LOMLOE é, por tanto, a lei educativa de aplicación desde a data da súa entrada en vigor. Esta norma modifica progresivamente diferentes aspectos do sistema educativo español. Neste ano académico, entrará en vigor para os cursos impares da ESO primeiro e terceiro a elaboración do curriculo competencial que deberá rexistrarse nesta aplicación institucional
"PROENS"
Así quedan marcados os obxectivos da materia de Educación Física que perseguen consolidar un estilo de vida activo e saudable que lle permita ao alumnado perpetualo ao longo da súa vida a través da planificación autónoma e da autorregulación da súa práctica física e de todos os compoñentes que afecten a saúde.
A motricidade desenvolverase no seo de prácticas motrices con diferentes lóxicas internas, con obxectivos variados e en contextos de certeza e incerteza. A resolución de situacións motrices en diferentes espazos permitiralle ao alumnado afrontar a práctica motriz con distintas finalidades: lúdica, agonística, funcional, social, expresiva e comunicativa, creativa, catártica ou de interacción co medio urbano e natural.
Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver de maneira integral capacidadesde carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e deinserción social. Deste xeito, o alumnado terá que aprender a xestionar as súas emocións e as súas
habilidades sociais en contextos variados de práctica motriz. Cabe, pois, destacar a gran cantidade de posibilidades que ofrece a E.F. para traballar en diversos aspectos, baixo unha organización interdisciplinaria, tendencia moi acusada nas actuais propostas renovadoras do ensino secundario.
O alumnado tamén deberá recoñecer e valorar diferentes manifestacións da cultura motriz, como parte relevante do patrimonio cultural, expresivo e artístico, que poden converterse en obxecto de gozo e aprendizaxe. Este coñecemento deberá dirixirse a comprender, entre outros, o lugar que ocupa o deporte nas sociedades actuais, así como as súas implicacións no ámbito económico, político, social e da saúde, como máxima representación da cultura motriz na actualidade.
Finalmente, continuarase insistindo na necesidade de convivir de maneira respectuosa co medio ambiente, desenvolvendo para iso actividades físico-deportivas en contextos variados e participando na súa organización desde formulacións baseadas na conservación e na sostibilidade.
Características dos alumnos nesta etapa educativa.
Ao longo da puberdade e a adolescencia sucédense cambios físicos importantes; varían as proporcións corporais, os carácteres sexuais primarios e secundarios e a fisionomía do rostro; de maneira que a integración de todos eles faise dificultosa. A miúdo, ao mozo, o seu corpo parécelle estraño, alleo e a súa nova imaxe non lle resulta familiar.
Ante esta situación, o mozo buscará novas experiencias motrices, para vivenciar as súas novas posibilidades, contrastalas e asumilas. Gran parte desta tarefa corresponde á función do profesor de E.F., quen tendo como base o seguimento individualizado da evolución dos seus alumnos, pois se dá un desenvolvemento desigual, haberá de intentar que se alcance o reequilibrio do esquema corporal e a potenciación das cualidades físicas básicas.
O interese pola actividade física na maior parte dos adolescentes é unha agradable realidade. Malia esta implícita predisposición, para conseguir uns bos resultados e cumprir os obxectivos que se perseguen, é necesaria unha organización, unha aplicación e un tratamento metodolóxico da E.F. fundamentados e adecuados aos procesos de maduración e ás características que presentan os mozos, no momento en que se atopan.
Nesta etapa o alumno necesita afianzarse no seu propio coñecemento, aumentar a súa autoestima, desenvolver a súa personalidade e sentirse integrado, aceptado e útil dentro do grupo. Para conseguir isto debemos suscitarlle exercicios e xogos que requiran deles, iniciativa, independencia nas accións motoras, prestación de axudas aos compañeiros, en busca dun obxectivo común, capacidade para superar dificultades e para dirixir os seus actos, así como o dominio sobre si mesmos.
Sobre a base deste punto de partida previo, propoñerei a organización do proceso formativo a partir dos Obxectivos, procurando que manteñan unha relación directa coas competencias a desenrolar por parte do alumno, e os contidos a impartir, así como los criterios de valoración e os métodos e recursos de que nos valdremos na Materia de Educación Física.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
Considerando a aprendizaxe como un proceso de instrución do alumno guiado polo profesor, faise necesario empregar estratexias pedagóxicas ou diferentes métodos adecuados á situación; ao alumnado ou ao contido que vaiamos abordar. Na E.F. existen numerosas posibilidades didácticas para a intervención educativa. De forma Xeral concretarémolas seguindo estes modelos:
Modelo Didáctico:
- Instrución Directa: O profesor dirixe as accións e organiza os recursos.
Exemplos: Instrución Directa, Asignación de Tarefas. Rep. de Modelos
- Descubrimento Guiado: O alumno elixe entre varias opcións, a que mellor se adapte ás súas necesidades.
- Resolución de Problemas: Os alumnos investigan sobre as solucións dun
interrogante.
Formas de Dirección da Clase:
- Instrutiva: O profesor toma a maior parte das decisións.
- Participativa: Algúns contidos e obxectivos son determinados mediante
acordos entre o profesor e o alumno.
- Emancipativa: A maioría das decisións corresponden aos alumnos.
Formas de Organización:
- En gran grupo: Toda a clase traballa nunha mesma actividade, de forma simultánea. Indicada para tarefas sixelas.
- En grupos reducidos: Cada grupo segue unhas orientacións marcadas polo profesor e adecuadas ás súas
particularidades.
- Por parellas ou tríos: Agrupación moi propicia para actividades técnicas
- Diferenciada. Cada alumno o grupo ten asignada unha tarefa ou función independiente, traballando ao seu ritmo.
Como resumo, sinalar que nós pensamos que hai cabida para a utilización de todas estas estratexias. Pero de forma xeral, iremos pasando dunha instrución directa no primeiro curso, a un descubrimento guiado nos cursos medios, para terminar coa resolución de problemas no cuarto curso e bacharelato. Por suposto a utilización de esta metodoloxía non e total. Se fará uso das mesmas en maior medida (dende a mais dirixida ou maxistral a máis participativa e autónoma ) a medida que o alumno vai madurando
En moitas ocasións a metodoloxia vese condicionada polos escasos recursos e materiales dos que dispón o Departamento. Ximnasio con 1/3 das dimensions legáis, patio exterior e material vencellado. (Disponiendo dun ridículo presuposto anual 150 Euros)
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial levarase a cabo mediante as seguintes probas.-
- Control ritmo básico de carrera en 12’. (Debo poder hablar no es una prueba extenuante)
- Test de CORE
- Test de Salto Horizontal en Colchoneta
- Fondos
Se realizarán unha encuesta de valoración inicial. Donde deben ser capaces de tener nociones sobre Frecuencia Cardíaca Respiratoria, IMC, hábitos deportivos,...
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Uso do marco teórico DUA (Diseño Universal del Aprendizaje).
Potenciación y sensibilización a la escuela inclusiva, sin etiquetar al alumnado y sí eliminando barreras con el uso de todos los recursos de que disponemos para estimular los procesos inmersos en las redes de conocimientos, redes de estrategias y redes afectivas que configuran el aprendizaje, basándonos en la neurociencia.
Diseño de actividades desde un enfoque DUA para que sean accesibles a todo el alumnado. Llevar a cabo un diseño de la programación en base a las necesidades del aula, priorizando el estímulo de emociones e intereses, y la propuesta de actividades colaborativas que generan una mayor riqueza al aportar entre todos al grupo.
Potenciando la co-docencia compartida en secundaria y en cuanto a la Ev. llevar a cabo oferta de tareas de multinivel, así como el establecimiento de rúbricas claras para el alumnado y sus familias.
También llevar a cabo el uso de REA (Recursos educativos abiertos), facilitándo algunos enlaces de interés para tener referencias y echar a andar.
Es interesante analizar las barreras que hay en el centro que impiden el aprendizaje del alumnado y que debieran estar incluidos en el plan de atención a la diversidad.
Poñer énfasis na detección temprana do alumnado que requira unha atención diferente. (Alumnado repetidor, alumnado con altas capacidades, inmigrantes con descoñecemento da lingua,...)
Isto supón programar actividades para o groso do grupo, actividades de reforzo para o alumnado con alguha dificultade de comprensión e ritmo máis lento. E actividades de ampliación ou xogos educativos adicionáis para quen remata antes as tarefas.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
As propostas de mellora estarán encamiñadas á revisar a adecuación das tarefas como marcadores da consecución dos obxectivos e criterios de avaliación. E .buscar unha metodoloxía e recursos mais adaptados as necesidades concretas dos alumnos no proceso de formación. para xerar a maior implicación do alumno na dinámica da aula. Para iso buscarase o emprego de actividades lúdicas e creativas ás que poida dárselles un carácter persoal diferenciado. Potenciando a coevaluación e o traballo en equipo.