Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A presente programación didáctica da materia de HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO réxese polo Decreto 157/2022 do 15 de setembro que establece o currículo de Bacharelato para Galicia. Ademais, tívose en conta a Resolución do 23 de maio de 2024 pola que se ditan Instrucións para o desenvolvemento das enseñanzas obrigatorias e bacharelato no curso académico 2024/2025. Outros referentes normativos para a realización desta programación son:
- Orde do 8 de setembro de 2021 que regula a atención á diversidade.
- Orde do 25 de xaneiro de 2022 que actualiza a normativa de avaliación de educación secundaria obrigatoria de Galicia.
- Recomendación do Consello Europeo do 22 de maio de 2018, relativa ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.
Ademais, a presente programación seguirá as directrices fixadas no Proxecto Educativo de Centro e dende a materia colaborarase nos diferentes Plans de centro e normativas que se están a desenvolver (Plan Dixital, Plan Lector, PAT, etc)
Historia do Mundo Contemporáneo é unha materia troncal do Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais que se imparte en 1º curso de BAC cunha asignación lectiva de 4 sesións semanais.
Tendo en conta o Decreto 79/2010 para o plurilingüísmo do ensino non universitario en Galicia, esta materia impartirase en lingua galega. A NIVEL LINGUÍSTICO é preciso notar que a maioría do alumnado do centro ten como lingua materna o castelán en detrimento do galego. Hai alumnado procedente de fóra da comunidade e do país que están exentos da materia de galego ao que se lle adaptará o material, cando sexa necesario, para facilitar a comprensión do mesmo.
Esta programación está deseñada para un grupo composto por 29 estudantes que se atopan con idades comprendidas entre os 16 e os 17 anos. A materia adáptase ao nivel de desenvolvemento do alumnado que se atopa nun estadío de operacións formais que lle permiten adentrarse nun razonamento abstracto e en distintas formas de aprendizaxe. Non debemos esquecer que a Universidade non constitúe un obxectivo final para todo o alumnado, de modo que esta materia debe contribuír dun xeito importante á formación cultural de todos eles, continúen con estudos posteriores ou se incoporen ao mundo laboral.
O currículo de Historia do Mundo Contemporáneo temporalmente abrangue o estudo do período histórico comprendido dende o Antigo Réxime ata o mundo actual, polo que a complexidade e amplitude da etapa obriga a unha selección de coñecementos e saberes: centrandose no ámbito occidental e incidindo especialmente na realidade máis inmediata.
A materia proporcionalle ao alumnado unha visión útil e funcional da historia contemporánea, orientada a promover a observación, análise e interpretación da súa contorna real e a exercer unha cidadanía activa e implicada na vida social.
O pensamento histórico, con estratexias e métodos que orientan o estudo do pasado, ponse ao servizo da comprensión do presente para afrontar así os retos que nos formula o século XXI. Porque é desde a observación do mundo actual de onde xorde a necesidade de dirixir a nosa mirada á historia, máis ou menos recente, para obter as claves, coas que entender e mellorar o mundo no que vivimos. Os problemas e retos que nos formula a realidade globalizada que configura a nosa contorna son múltiples e ineludibles, e non é posible atendelos sen os recursos que nos ofrece a historia contemporánea, que desde hai algo máis de dous séculos trata de lle dar resposta a boa parte destes mesmos desafíos. A materia proporciona ao alumnado experiencias acumuladas polas xeracións que nos precederon, no que xunto aos grandes logros, tamén cabe atopar erros, fracasos e feitos dolorosos que é preciso afrontar para aprender a evitar situacións semellantes.
Doutra banda, a aproximación á metodoloxía histórica obriga ao alumnado ao uso rigoroso e crítico das fontes, á utilización precisa dos conceptos e a historiografía, e ao coñecemento das principais teorías e correntes académicas que foron desenvolvéndose no ámbito da historia e doutras ciencias sociais afíns. Así mesmo, a metodoloxía histórica promove o exercicio de procesos indutivos e de indagación relacionados con estratexias de utilización de documentos e probas, así como á procura e ao tratamento de información e fontes textuais, gráficas, audiovisuais, artísticas, literarias, hemerográficas e sonoras, accesibles en moitos casos grazas a plataformas dixitais.
O alumnado debe adquirir o exercicio do pensamento crítico, fundamentado e razoado, do mesmo xeito que a transferencia de información e do coñecemento elaborado, que ademais de supoñer o uso avanzado de medios dixitais implica tamén o desenvolvemento de estratexias comunicativas eficaces. Trátanse na materia de Historia do Mundo Contemporáneo os temas e acontecementos fundamentais que marcaron o transcurso da historia contemporánea ata o mundo actual, así como os retos que é necesario afrontar no presente para encarar o século XXI. Precisamente os retos do mundo actual inciden na necesidade de ver a historia como un instrumento non só para a análise do presente, senón tamén para a adopción de compromisos ante os retos do século XXI.
CONTEXTO
O IES Xoán Montes está situado no concello de LUGO, na zona central da provincia homónima. Trátase dun centro situado no medio urbano nun concello cunha poboación de 98.214 (IGE, 2023). É o terceiro municipio máis extenso de Galicia e está dividido en 54 parroquias. O centro está situado no casco histórico, sendo o único instituto intramuros da cidade. A contorna inmediata aporta numerosos recursos aproveitables a nivel didáctico, dende o punto de vista xeográfico e especialmente histórico e patrimonial.
O instituto conta na actualidade cuns 369 alumnos e alumnas neste curso entre a ESO e BAC e 39 docentes. Unha elevada porcentaxe de alumnado estranxeiro superior ao 20%, pertencentes a 17 nacionalidades diferentes. Respecto á situación socioeconómica e cultural do alumnado, podemos indicar que sitúase nun rango medio-baixo tanto no tocante a parámetros socioeconómicos como culturais. A actividade económica maioritaria adícase ao sector servizos. Aínda que o modelo familiar predominante é no que o alumnado convive cos dous proxenitores, é crecente o número de alumnado que vive cun único membro da familia.
A maioría do alumnado procede dos barrios próximos polo que o alumnado continúa a relación social tamén fóra do centro, ben é certo que algún alumno/a reside fóra do concello aínda que non é o caso do alumnado desta materia.
O edificio do centro educatio é un referente arquitectónico do estilo racionalista a nivel galego, deseñado por Eloy Maquieira proxectado en 1935. Na peculiar planta triangular ubícanse todas as dependencias do centro.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
Levaranse a cabo estratexias metodolóxicas de carácter motivador, que estimuen o interese do alumnado polos temas tratados na área. Por tanto, a metodoloxía empregada na materia será activa e participativa, favorecendo un enfoque competencial que permita aplicar os coñecementos con eficacia a situacións reais e sexan transferibles no futuro nunha aprendizaxe permanente do alumnado.
Pola súa parte, o profesorado despregará os recursos didácticos necesarios que permitan desenvolver os contidos propios da materia, relacionados coas competencias clave e cos criterios de avaliación, para poder acadar así os obxectivos do currículo. As situacións de aprendizaxe deseñadas para o seu desenvolvemento nesta materia de Historia do Mundo Contemporáneo, incorporarán tarefas que contextualizan as aprendizaxes e que permiten avanzar en máis dunha competencia ao mesmo tempo.
O profesorado buscará situacións próximas ao alumnado para que este poida aplicar en diferentes contextos os saberes básicos que conforman cada unha das competencias clave. Creará contextos e situacións que representen retos para o alumnado, que os invite a cuestionarse os seus saberes actuais, que os obrigue a ampliar a súa perspectiva e a contrastar o seu parecer, a xustificar e a interpretar con rigor.
En definitiva, na aula combinarase a explicación teórica por parte do profesorado á hora da presentación os conceptos máis complexos e a problemática xeral dos procesos e realidades a explicar (mapas conceptuais, fotografías, presentacións, vídeos, textos, mapas, gráficas, estatísticas) coa participación constante do alumnado na construción dos coñecementos a partir dos materiais de traballo (libro de texto ou os materiais diversos proporcionados/apuntados polo profesorado) nunha tarefa dirixida e orientada polo profesorado. Con isto intentarase evitar unha excesiva memorización de contidos, pero sen renunciar, como complemento, a unha aprendizaxe significativa.
Será unha metodoloxía dirixida a implicar ao alumnado na aprendizaxe para que adquiran as habilidades que lles permitan comprender o mundo no que viven, construír a súa propia identidade, que poidan interactuar en situacións variadas e para que continúen aprendendo grazas á transferencia de aprendizaxes.
As áreas impartidas facilitan dar unha aplicación práctica aos temas, partindo no posible do seu contorno inmediato, da realidade que o alumnado coñece, evitando que lles resulte afastado ou carente de interese. Seguindo unha aprendizaxe construtiva os contidos traballaranse gradualmente, priorizando nalgunhas ocasións actividades de tipo máis procedemental, especialmente no comezo de curso para asegurar unhas bases sólidas para o resto do curso.
Potenciaranse as estratexias de busca e tratamento da infromación tanto escrita (prensa, manuais, etc) como audiovisual (medios de comunicación, vídeos, etc) potenciando unha aprendizaxe significativa. Fomentarase o uso de técnicas propias da disciplina mediante o uso e contraste de fontes históricas, interpretación da información, argumentación histórica, relevancia, causas e consecuencias, cambio e continuidade, perspectiva histórica nas narrativas sobre o pasado.
En cada unidade comezarase sempre por explorar os coñecementos previos sobre o tema: tormentas de ideas, preguntas na aula... para conectar coa experiencia propia e coa actualidade buscando a interrelación do pasado e presente. A continuación darse a coñecer os obxectivos, as tarefas e os criterios de avaliación de cada unidade para que o alumnado saiba o que se pretende conseguir en cada momento, de tal modo que cada unidade se sustenta no traballado anteriormente.
Tentarase ademais atender a cada estudante de forma individualizada e flexibilizar o traballo adaptándose aos distintos estilos e ritmos de aprendizaxe dos rapaces e rapazas. É necesario permitirlle ao alumnado que afonde naqueles aspectos que lles resulten máis intersantes da materia e que aporten en todo momento as súas opinións sobre o desenvolvemento do proceso.
Na aula alternaranse os traballos e as actividades individuais cos desenvolvidos en distintos agrupamentos: parellas, gran grupo e en equipo cooperativos. Favorecese o traballo autónomo, individual, colaborativo e cooperativo entre o alumnado na resolución das actividades de aprendizaxe propostas e nas cuestións reto-desafío.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial realizarase nos primeiros días de clase, destinada a comprobar a capacidade de expresión, corrección formal, análise, coherencia expositiva e coñecementos previos.
Tamén se realizará unha avaliación inicial ou diagnóstica realizarase ao comezo de cada Unidade Didáctica coa finalidade de saber os coñecementos previos que ten o alumnado sobre o tema que se vai abordar para, a partir deles, seguir construíndo os seus saberes.
Outra das vantaxes da avaliación inicial é a de ofrecer información adicional sobre o punto de partida do alumnado cara o tema que se vai a comezar a traballar, permitindo concretar os contidos que suscitan maior interese ou que se descoñecen totalmente. Ademais nos posibilita definir a didáctica e metolodoxía para abordar a unidade e chegar aos distintos ritmos de aprendizaxe. Outro aspecto importante destas probas diagnósticas é que permiten detectar as posibles confusións e incorreccións que o alumnado ten sobre os contidos a tratar e que precisan aclaración e rectificación. Dita proba inicial realizararse dependendo de cada unidade, pero en liñas xerais consistirá na elaboración de cuestionarios, test, brainstorming, debates, visionados de material audiovisual.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
(Non se contempla neste curso alumnado con materias pendentes)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Sendo o bacharelato un nivel educativo non obrigatorio, e dada a idade do alumnado, a atención á diversidade non é tan diversa coma na ESO. Porén, é un feito que acceden alumnos con diferente grado de desenvolvemento intelectual e coñecementos previos. O profesorado intentará, na medida do posible, adaptar o material didáctico, as súas explicacións e os traballos prácticos ás diferentes situacións do alumnado, coa finalidade de acadar un nivel homoxéneo ao longo do curso.
As vixentes disposicións e normas indican, tamén no bacharelato, que se debe dar un tratamento específico ao alumnado que, polas súas circunstancias, o precisen e, polo tanto, facer as adaptacións curriculares necesarias.
Para o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe por trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), polas súas altas capacidades intelectuais, por se incorporar tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, estableceranse as medidas curriculares e organizativas necesarias co fin de que poidan alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais e os obxectivos e competencias establecidas en cada etapa para todo o alumnado.
De ser necesario, elaborarase a adaptación curricular do alumnado que a precise en colaboración co Departamento de Orientación; o Departamento levará a cabo as medidas recollidas nesa adaptación que lle correspondan. Así mesmo, estableceranse as medidas oportunas para o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe por TDAH, tales como adaptación de instrumentos e, e de ser o caso, tempos e apoios que aseguren unha correcta avaliación deste alumnado. De igual xeito, buscarase a localización mais idóneas na aula, de forma que estean sentados cerca da mesa do profesor e, na medida do posible, ao lado de compañeiros que lle servan de modelo de tranquilidade, de orde e axuda.
Ao longo do curso e, según a evolución e necesidades concretas de cada alumno/a, poderanse elevar a cabo todas as medidas que consideremos necesarias para o correcto desenvolvemento deste alumnado.
Así, tamén nesta etapa cabe establecer un certo grao de flexibilidade. Os tipos de saberes poden tratarse con distinto grao de dificultade e de esixencia, desde un nivel máis elemental, que correspondería a un grao mínimo de consecución, ata unha maior profundización e ampliación. As vixentes disposicións e normas indican, tamén no bacharelato, que se debe dar un tratamento específico ao alumnado que, polas súas circunstancias, o precisen e, polo tanto, facer as adaptacións curriculares necesarias.
En cada unidade proponse unha asimilación progresiva, de menor a maior dificultade, dos conceptos, termos e procesos históricos estudiados.
En xeral, procurarase proporcionar ao alumnado, para os contidos de maior dificultade:
- Esquemas e/ou sínteses cos conceptos fundamentais.
- Actividades con diferentes graos de profundización.
- Páxinas de referencia para resolver dúbidas e/ou ampliar coñecementos.
O profesorado seleccionará de entre todos os contidos os que mellor se adapten ao nivel do seu alumnado. O proceso de avaliación serviranos tamén para facer o tratamento diferenciado ao alumnado. Utilizando as diferentes actividades propostas nesta programación, descubriremos as carencias e deficiencias fundamentais e, por conseguinte, propoñeremos as tarefas axeitadas para alcanzar os obxectivos específicos adecuados a cada discente.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Nas reunións de departamento mensuais analizarase o grao de cumprimento dos obxectivos programados e as dificultades atopadas e introduciranse as medidas correctoras que se estimen oportunas. Todos os problemas detectados teranse en conta na Memoria Final para introducir as modificacións precisas na programación do vindeiro curso.
A avaliación da presente programación supón o seu seguimento a través da aplicación Proens por períodos de avaliación por parte do profesorado que impartan as diversas materias e nas reunións mensuais do departamento.
Para avaliar a programación teranse en conta os seguintes criterios:
- Consecución de obxectivos: Capacitación progresiva do alumnado nas competencias básicas.
- Evolución progresiva do alumnado na comprensión dos fenómenos histórico-artísticos e dos seus factores multicausais.
- Evolución progresiva no coñecemento e manexo das técnicas de estudio propias das Ciencias Sociais.
- Progresiva asimilación de valores e actitudes propios dunha sociedade plural, solidaria e democrática.
- Progresiva adquisición de autonomía no proceso de aprendizaxe: obtención, selección e contraste da información obtida.
- Contribución ao desenvolvemento das competencias dixital e competencia para aprender a aprender.
- Progresiva evolución nas técnicas de lectura comprensiva e de expresión, necesarias para un discurso intelixible e minimamente coherente.
- Adecuación dos obxectivos ao nivel académico do grupo detectado na avaliación inicial.
- Adecuación dos contidos programados e da súa secuenciación ou temporalización prevista.
- Neste aspecto terase en conta a normativa vixente que considera conforme a programación se se cumpre ao menos un 75% dos contidos programados ao principio do curso, se non hai unha desviación na programación por avaliación máis aló dun 20% dos contidos programados ou incluso, nestes casos, cando as razóns sexan de carácter externo e/ou non imputables ao departamento.
- Validez das estratexias metodolóxicas empregadas para a adquisición dos novos contidos.