Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Con esta programación didáctica para bacharelato, pretendo axustarme na medida do posible á normativa vixente e contribuir a la vez a un ensino de calidade, donde o alumno se forme e adquira as competencias que a partir das características da materia de EF contribuyan a seu bo desenvolvemento nestas idades (16-17 anos) .
Sobre a base deste punto de partida previo, propoñerei uns Obxectivos que manteñan unha relación directa coas competencias a desenrolar por parte do alumno, e os contidos a impartir, así como los criterios de valoración e os métodos e recursos de que nos valdremos na Materia de Educación Física nesta etapa educativa.
Contextualización legal.
O pasado mes de xaneiro de 2021 despois da súa publicación no Boletín Oficial do Estado do 30 de decembro de 2020, entrou en vigor a Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro. A LOMLOE, pola que quedaba modificada a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Máis coñecida por LOE e que á súa vez estaba modificada pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, a denominada como LOMCE, a cal queda derrogada. A LOMLOE é, por tanto, a lei educativa de aplicación desde a data da súa entrada en vigor. Esta norma modifica progresivamente diferentes aspectos do sistema educativo español. Neste ano académico, entrará en vigor para os cursos impares da ESO primeiro e terceiro a elaboración do curriculo competencial que deberá rexistrarse nesta aplicación institucional "PROENS" Así quedan marcados os obxectivos da materia de Educación Física que perseguen consolidar un estilo de vida activo e saudable que lle permita ao alumnado perpetualo ao longo da súa vida a través da planificación autónoma e da autorregulación da súa práctica física e de todos os compoñentes que afecten a saúde. A motricidade desenvolverase no seo de prácticas motrices con diferentes lóxicas internas, con obxectivos variados e en contextos de certeza e incerteza. A resolución de situacións motrices en diferentes espazos permitiralle ao alumnado afrontar a práctica motriz con distintas finalidades: lúdica, agonística, funcional, social, expresiva e comunicativa, creativa, catártica ou de interacción co medio urbano e natural. Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver de maneira integral capacidadesde carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e deinserción social. Deste xeito, o alumnado terá que aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos variados de práctica motriz. Cabe, pois, destacar a gran cantidade de posibilidades que ofrece a E.F. para traballar en diversos aspectos, baixo unha organización interdisciplinaria, tendencia moi acusada nas actuais propostas renovadoras do ensino secundario. O alumnado tamén deberá recoñecer e valorar diferentes manifestacións da cultura motriz, como parte relevante do patrimonio cultural, expresivo e artístico, que poden converterse en obxecto de gozo e aprendizaxe. Este coñecemento deberá dirixirse a comprender, entre outros, o lugar que ocupa o deporte nas sociedades actuais, así como as súas implicacións no ámbito económico, político, social e da saúde, como máxima representación da cultura motriz na actualidade. Finalmente, continuarase insistindo na necesidade de convivir de maneira respectuosa co medio ambiente, desenvolvendo para iso actividades físico-deportivas en contextos variados e participando na súa organización desde formulacións baseadas na conservación e na sostibilidade.
Características dos alumnos nesta etapa educativa.
O interese pola actividade física na maior parte dos adolescentes é unha agradable realidade. Malia esta implícita predisposición, para conseguir uns bos resultados e cumprir os obxectivos que se perseguen, é necesaria unha organización, unha aplicación e un tratamento metodolóxico da E.F. fundamentados e adecuados aos procesos de maduración e ás características que presentan os mozos, no momento en que se atopan. Nesta etapa o alumno necesita afianzarse no seu propio coñecemento, aumentar a súa autoestima, desenvolver a súa personalidade e sentirse integrado, aceptado e útil dentro do grupo. Para conseguir isto debemos suscitarlle exercicios que requiran deles, iniciativa, independencia nas accións motoras, prestación de axudas aos compañeiros, en busca dun obxectivo común, capacidade para superar dificultades e para dirixir os seus actos, así como o dominio sobre si mesmos. Sobre a base deste punto de partida previo, propoñerei a organización do proceso formativo a partir dos Obxectivos, procurando que manteñan unha relación directa coas competencias a desenrolar por parte do alumno, e os contidos a impartir, así como los criterios de valoración e os métodos e recursos de que nos valdremos na Materia de Educación Física.
A materia de Educación Física ten como finalidade principal que os alumnos e as alumnas alcancen un desenrolo pleno e unha competencia motriz propia da súa etapa madurativa, entendida como un conxunto de coñecementos, procedementos, actitudes e emocións que interveñen nas múltiples interaccións que realiza unha persoa no seu medio e coas demais, que permite que o alumnado supere os problemas motores propostos tanto nas sesión de Educación Física como na súa vida cotiá; sempre actuando de forma coherente e en concordancia co nivel de desenvolvemento psicomotor, e outorgándolle especial sensibilidade á atención á diversidade nas aulas, utilizando estratexias inclusivas e procurando a integración dos coñecementos, os procedementos, as actitudes e as emocións que se vinculan á conduta motora.
A competencia motriz, malia non estar recollida como unha das competencias clave, é fundamental para o desenvolvemento destas, O traballo por competencias integra un coñecemento de base conceptual, outro relativo ás destrezas e procedementos, e por último, un con grande influencia social e cultural, que implica un alto conxunto de valores e actitudes. Dende o ámbito motor pódense abordar un gran número de aprendizaxes transversais e competenciais de interés para a futura integración do alumno na vida social e profesional.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
Considerando a aprendizaxe como un proceso de instrución do alumno guiado polo profesor, faise necesario empregar estratexias pedagóxicas ou diferentes métodos adecuados á situación; ao alumnado ou ao contido que vaiamos abordar. Na E.F. existen numerosas posibilidades didácticas para a intervención educativa. De forma Xeral concretarémolas seguindo estes modelos:
*Modelo Didáctico:
Instrución Directa: O profesor dirixe as accións e organiza os recursos.
Exemplos: Instrución Directa, Asignación de Tarefas. Rep. de Modelos
Descubrimento Guiado: O alumno elixe entre varias opcións, a que mellor se
adapte ás súas
necesidades.
Resolución de Problemas: Os alumnos investigan sobre as solucións dun
interrogante.
* Formas de Dirección da Clase:
Instrutiva: O profesor toma a maior parte das decisións.
Participativa: Algúns contidos e obxectivos son determinados mediante
acordos entre o profesor e o alumno.
Emancipativa: A maioría das decisións corresponden aos alumnos.
* Formas de Organización:
En gran grupo: Toda a clase traballa nunha mesma actividade, de forma
Simultánea. Indicada para tarefas
sinxelas que non esixan unha diferenciación.
En grupos reducidos: Cada grupo segue unhas orientacións marcadas polo
profesor e adecuadas ás súas particularidades.
Por parellas ou tríos: Agrupación moi propicia para actividades técnicas
De forma individual: Cada alumno traballa ao seu ritmo.
Como resumo, sinalar que nós pensamos que hai cabida para a utilización de todas estas estratexias. Pero de forma xeral, iremos pasando dunha instrución directa no primeiro curso, a un descubrimento guiado nos cursos medios, para terminar coa resolución de problemas no cuarto curso e bacharelato. Por suposto a utilización de esta metodoloxía non e total. Se fará uso das mesmas en maior medida (dende a mais dirixida ou maxistral a máis participativa e autónoma ) a medida que o alumno vai madurando. No bacharelato se intentará dar unhas pautas iniciais ao alumnado para que se inicie na práctica do contenido a impartir mediante un descubrimiento guiado e a resolución autónoma dos problemas que poda atopar.
En moitas ocasións a metodoloxia vese condicionada polos escasos recursos e materiales dos que dispón o Departamento. Ximnasio con 1/3 das dimensions legáis, patio exterior e material vencellado. (Disponiendo dun ridículo presuposto anual 150 Euros)
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial levarase a cabo a través da observación nas sesións de acondicionamento xeral e mediante un rexistro por grupos das probas que se valorarán no apartado de Condición Física:
Resistencia
1. Control ritmo básico de carrera en 12’. (Debo poder hablar no es una prueba extenuante)
2. Potencia do tren inferior (Salto Horizontal)
3. Forza do tronco (Abdominales y Plancha Mantenida)
4. Forza do tren superior (Fondos )
5. Manexo de obxectos
Nas sesión realizarase un traballo de repaso do aparello locomotor introducindo os movementos que desencadenan os diferentes grupos musculares ¿Cal é sua acción principal? Se rexistrará quen ten ou non os coñecementos básicos. Así como presentarase os elementos básicos para o traballo con cargas. E nas primeiras sesión deberán manexar o nome específico do material a emplear.
Se observará o grado de implicación e autonomía na sesión. Con propostas de actividades abertas, según el grado de acondicionamiento físico y obxetivos persoais.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Non procede, pois en 1º de Bacharelato non hai alumnos coa materia pendente.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Uso do marco teórico DUA (Deseño Universal da Aprendizaxe).
Potenciación e sensibilización á escola inclusiva, sen etiquetar ao alumnado e si eliminando barreiras co uso de todos os recursos de que dispomos para estimular os procesos inmersos nas redes de coñecementos, redes de estratexias e redes afectivas que configuran a aprendizaxe, baseándonos na neurociencia.
Deseño de actividades desde un enfoque DUA para que sexan accesibles a todo o alumnado. Levar a cabo un deseño da programación en base ás necesidades da aula, priorizando o estímulo de emocións e intereses, e a proposta de actividades colaborativas que xeran unha maior riqueza ao achegar entre todos ao grupo.
Potenciando a co-docencia compartida en secundaria e en canto á Ev. levar a cabo oferta de tarefas de multinivel, así como o establecemento de rúbricas claras para o alumnado e as súas familias.
Tamén levar a cabo o uso de REA (Recursos educativos abertos), facilitándo algunhas ligazóns de interese para ter referencias e botar a andar, tomando vos alumnos diferentes camiños alternativos a ese inicio que se lles brinda.
Debemos analizar a aula, é interesante analizar as barreiras que hai no centro que impiden a aprendizaxe do alumnado e que debesen estar incluídos no plan de atención á diversidade.
Poñer énfasis na detección temprana do alumnado que requira unha atención diferente. (Alumnado repetidor, alumnado con altas capacidades, inmigrantes con descoñecemento da lingua).
Isto supón programar actividades para o groso do grupo, actividades de reforzo para o alumnado con alguha dificultade de comprensión e ritmo máis lento. E actividades de ampliación ou xogos educativos adicionáis para quen remata antes as tarefas.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
As propostas de mellora estarán encamiñadas á revisar a adecuación das tarefas como marcadores da consecución dos obxectivos e criterios de avaliación. E .buscar unha metodoloxía e recursos mais adaptados as necesidades concretas dos alumnos no proceso de formación. para xerar a maior implicación do alumno na dinámica da aula. Para iso buscarase o emprego de actividades lúdicas e creativas ás que poida dárselles un carácter persoal diferenciado. Potenciando a coevaluación e o traballo en equipo.