Vista preliminar da

Non se atoparon contidos de axuda

a) A adecuación dos obxectivos xerais das etapas ao contexto do centro (Elaborado)


a.1 Adecuación dos obxectivos da etapa de Educación Infantil ao contexto do centro

O artigo 7 do Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, recolle os obxectivos de etapa. Polo que, a adecuación destes ao noso contexto é a seguinte:

  • Potenciar o desenvolvemento integral das capacidades do seu propio corpo e o das outras persoas e atender á diversidade de intereses, ritmos e capacidades de todo o alumnado.
  • Explorar activamente o funcionamento do contorno familiar, natural e social.
  • Adquirir progresivamente autonomía e responsabilidade nas actividades habituais do centro que favorezan a súa relación coa súa vida diaria.
  • Potenciar o desenvolvemento e xestión emocional facilitando a socialización e a coeducación.
  • Aprender a convivir e relacionarse con outras persoas en termos de igualdade evitando calquera tipo de violencia e potenciando o diálogo e a resolución pacífica de conflitos.
  • Aproximar ao alumnado no uso funcional da lectura e da escritura través de textos de uso social presentes no seu entorno.
  • Facilitar estratexias para un bo uso das habilidades comunicativas en galego, castelán e inglés.
  • Educar no respecto e coidado do medioambiente e da natureza.
  • Achegar ao alumnado a súa propia cultura galega e a valoración positiva da mesma.
  • Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas a través de  xogos manipulativos.
  • Ofrecer espazos para ser, estar e facer, favorecendo o goce polo movemento.
  • Promover a importancia das normas sociais e o fomento da igualdade entre mulleres e homes.

a.2 Adecuación dos obxectivos da etapa de Educación Primaria ao contexto do centro (1º, 2º e 3º ciclo)

O artigo 3 do Decreto 150/2014, do 4 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, recolle os obxectivos de etapa. Polo que, a adecuación destes ao noso contexto é a seguinte:

  • Facilitar a socialización, principalmente, entre o grupo de iguais apreciando os valores e as normas de convivencia que favorecerán o exercicio individual da sociedade democrática actual.
  • Potenciar a autonomía e responsabilidade adquirindo progresivamente confianza nas propias capacidades e recoñecendo o esforzo do traballo.
  • Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo favorecendo a curiosidade, interese e a creatividade.
  • Adquirir habilidades que favorezan a resolución pacifica de conflitos e melloren a autonomía en diferentes ámbitos sociais.
  • Facilitar posibilidades de traballo en grupo nas que se respecte as diferencias individuais e a inclusión das características de todas as persoas.
  • Desenvolver estratexias para un bo uso das habilidades comunicativas en galego e castelán.
  • Aproximar o alumnado a unha lingua estranxeira que lle permita comprender e expresar mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás.
  • Fomentar o hábito e gusto pola lectura contribuíndo a unha mellora da práctica da escritura.
  • Desenvolver competencias matemáticas que axuden a resolver problemas da vida práctica do alumnado.
  • Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, ciencias sociais, xeografía e  historia.
  • Facilitar estratexias para o uso de diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.
  • Educar no respecto e coidado do medioambiente e da natureza así como as relacións que nel se producen.
  • Favorecer o desenvolvemento persoal aceptando o propio corpo e o das demais persoas fomentando a práctica da educación física como medio para unha correcta saúde.
  • Ser capaz de valorar a cultura galega e poñer en valor as achegas importantes da mesma.
  • Saber empregar critica e responsablemente as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de axuda e evolución social.
  • Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade rexeitando estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual.
  • Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.

b) A contribución á adquisición das competencias clave (Elaborado)


O Anexo I do Decreto 150/2022, sinala que na Educación Infantil iniciarase o proceso de adquisición das competencias clave, nas que se afondará nas sucesivas etapas do ensino obrigatorio. Ademais,  o  artigo 5 do Decreto 105/2014, sinala as competencias clave que deben potenciarse no alumnado de Educación Primaria. Polo que, iniciarase a adquisición de cada unha delas no 2º ciclo de Educación Infantil e explicamos como contribuímos como centro a esta adquisición:

  • CCL-Competencia en comunicación lingüística.

Nesta competencia quedan enmarcadas todas as actividades, tarefas e proxectos onde o alumnado teña que usar as linguas para obter información, interpretar e expresar conceptos, pensamentos, sentimentos, feitos e opinións de forma oral e escrita e para interactuar de forma axeitada e creativa en múltiples contextos sociais e culturais.

O proxecto lector de centro, as actividades de dinamización da lingua galega e todas as actividades propostas pola biblioteca no marco do PLAMBE, contribúen enormemente a esta competencia.

  • CP-Competencia plurilingüe.

O noso centro pasou a ser plurilingüe no curso 2022-2023, escollendo a área de Educación plástica e visual de 1º e 2º de Educación Primaria para traballar na lingua estranxeira. Coa participación no Programa de Centros Plurilingües preténdese o fomento da pluralidade lingüística e a multiculturalidade no centro educativo para favorecer a transferencia de coñecementos e competencias dunha lingua a outra.

Ademais, solicitamos a auxiliar de conversa de lingua inglesa, como un apoio e recurso persoal para fomentar a escoita e a fala en lingua inglesa así como para contribuír ao enriquecemento cultural do alumnado e do centro. As persoas especialistas en lingua estranxeira inglesa introducen a lingua estranxeira en diferentes espazos do centro como o menú do comedor escolar, a música do inicio do día ou algunha celebración da cultura anglosaxón.

  • STEM-Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría.

Contribuímos a esta competencia en actividades onde aplicamos o método científico, realizando diferentes experimentos e actividades nas que desenvolven a curiosidade e a capacidade de observar, formular preguntas, deseñar experimentos, realizalos e extraer conclusións acerca da súa contorna natural e social. Contamos con un espazo maker e coa aula de Polos creativos no que se poden levar a cabo metodoloxías activas nas que se emprega o razoamento lóxico-matemático en situacións da vida cotiá (experimentos, medicións de elementos da contorna...) ou propostas realizadas coa robótica e a informática.

  • CD-Competencia dixital.

O noso centro pertence a rede de centros E-DIXGAL, isto implica que o terceiro ciclo traballa diariamente con ferramentas TIC. Ademais, todas as aulas contan con recursos dixitais como ordenadores ou pantallas dixitais interactivas. O alumnado realiza actividades onde buscan información de forma segura e efectiva, usan os procesadores de textos para elaborar traballos, deseñan e realizan presentacións, empregan as ferramentas institucionais para o proceso de ensino-aprendizaxe, na realización de proxectos audiovisuais, etc. Ademais dende o curso 2022-2023 contamos coa aula de Polos creativos ten unha dotación específica, entre a que destaca: impresora 3D, plotter de corte, robots, sets de circuítos...

  • CPSAA-Competencia persoal, social e de aprender a aprender.

No centro contamos cun Plan de convivencia no que desenvolvemos actividades que fomentan aprender a identificar, xestionar e expresar as nosas emocións de forma saudable, solucionar conflitos de forma dialogada, desenvolver a súa autonomía e identidade, valorar e respectar as diferenzas... Para iso créanse, no patio do recreo,  as figuras de mediadoras e mediadores de conflitos, arbitraxe dos deportes de pista, responsables de carriños de material. Por último, tamén participamos en actividades intercentros dentro do programa Xogade.

  • CC-Competencia cidadá.

O alumnado vive en comunidade, e interactua con iguais e adultos. Contribuímos a esta competencia a través do Consello da Infancia no que participan activamente na vida do centro, formando parte de decisións democráticas, tendo canles nas que poder expresarse libremente, participando en debates sociais, realizando tarefas de aplicación práctica para a vida en sociedade, fomentando o respecto polas diferentes realidades...

  • CE-Competencia emprendedora.

Neste senso, realizamos actividades como o alumnado axudante da biblioteca, os acompañamentos lectores, os recreos de taletos ou as exposicións dos produtos finais do PDI, nas que aprenden a planificar (comprender a situación en detalle, buscar estratexias e tomar decisións), xestionar os recursos dispoñibles e a valorar os resultados obtidos para adquirir novas aprendizaxes.

  • CCEC-Competencia en conciencia e expresión culturais.

Realizamos propostas como as exposicións no centro, os programas de radio en directo ou concursos do centro, nos que fomentamos a apreciación e a valoración da cultura a través da música, literatura, artes plásticas... de xeito que as sintan como enriquecedoras e fontes de pracer.


c) Os criterios para desenvolver os principios pedagóxicos e incorporar os elementos transversais (Elaborado)


c.1 Na Educación Infantil

O artigo 15 do Decreto 150/2022, establece os contidos de carácter transversal. Tendo como punto de partida o currículo, os criterios para incorporar os elementos transversais son os seguintes:

  • Fomentar situacións nas que sexa preciso iniciarse no coñecemento e na xestión emocional.  
  • Desenvolver dinámicas para a resolución dos conflitos entre iguais a través do diálogo e promovendo así a autonomía.
  • Promover a adquisición dunha imaxe positiva de si mesmos, fomentando o reforzo positivo, e a autonomía e responsabilidade das súas actuacións.
  • Favorecer a linguaxe non sexista e o diálogo nas asambleas, atendendo á diversidade familiar.
  • Potenciar o consumo responsable e sostible  nas diferentes dinámicas de traballo que se deseñen na aula.
  • Levar a cabo actividades en contacto coa natureza, que permitan desenvolver a empatía e respecto cos diferentes seres vivos e elementos da contorna natural.
  • Incorporar hábitos de alimentación saudable e hixiene en dinámicas diarias como poden ser as merendas.
  • Ter en conta a coeducación en tódalas dinámicas e tarefas que se planifiquen na aula.

c.2 Na Educación Primaria

O artigo 11 do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, establece os contidos de carácter transversal. Tendo como punto de partida o currículo, os criterios para incorporar os elementos transversais son os seguintes:

  • Tratar de dar resposta a certas demandas sociais conectadas co entorno da nosa Comunidade Educativa.
  • O punto de partida será a experiencia vital e global do alumnado, tendo especial importancia as problemáticas da nosa sociedade como o uso das pantallas, unha alimentación equilibrada, a igualdade, o respecto, o medioambiente...
  • Conlevar unha metodoloxía activa, participativa e cooperativa favorecendo a comprensión lectora e a expresión oral e escrita.
  • Promover o desenvolvemento persoal e social a través da xestión das emocións, relacionarse cos outros de maneira positiva e satisfactoria, podendo expresar o que se sente de maneira natural.
  • Potenciar as competencias e habilidades necesarias para a convivencia, non so¿ na contorna escolar, senón tamén en sociedade para desenvolverse como cidadáns incorporando accións que traballen, a súa vez, a seguridade viaria e a prevención de accidentes.
  • Afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
  • Evitar calquera actitude discriminatoria por razón de sexo, identidade sexual ou de xénero, discapacidade, sociocultural, económica, etc.
  • Desenvolver dinámicas para a resolución dos conflitos entre iguais a través do diálogo, promovendo valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento de calquera tipo de violencia.

d) Os criterios de carácter xeral sobre a metodoloxía (Elaborado)


d.1 No 2º ciclo de Educación Infantil

Atendendo á normativa vixente Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 30 de maio de 2023 que o desenvolve levaremos a cabo concrecións metodolóxicas que se reflicten a continuación.

A práctica educativa buscará o máximo desenvolvemento de cada neno e nena nun ambiente de afecto e confianza que supoña o establecemento dun apego seguro para potenciar a súa autoestima.

Dita práctica estará baseada en experiencias activas de xogo, manipulación e experimentación coa contorna buscando unha aprendizaxe significativa que teña en conta as súas vivencias previas. Neste sentido entendemos as áreas como ámbitos de experiencia que interaccionan entre si, buscando propostas globalizadas que potencien aprendizaxes funcionais.

O xogo simbólico será clave no día a día da aula como medio de expresión de sentimentos e ideas, regulador de emocións e conductas e como medio de creación de vínculos de interacción social.

Temos en conta a necesidade dunha relación familia escola, que facilite un apego seguro para os nenos e nenas.

Buscamos o desenvolvemento das capacidades de todos os nenos e nenas tendo en conta as diferentes linguaxes afectiva, corporal, social, verbal, artística e tecnolóxica. Ademais facilitaremos unha primeira aproximación á lectoescritura desde un prisma motivador e unha iniciación temperá nas habilidades lóxicas e numérico básicas.

O principio de igualdade terá como base propostas planeadas co fin de eliminar contido sexista ou estereotipos que supoñan algún tipo de discriminación. Desenvolvemos a nosa labor partindo da idea de que a diversidade é un aspecto positivo da sociedade, promovendo a interacción social con todo tipo de persoas. Somos conscientes de que o ámbito educativo é un lugar que propicia a detección de xeito temperá de posibles factores de risco e axuda a previr posibles dificultades.

Atenderemos progresivamente ao desenvolvemento afectivo, á xestión emocional, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e da linguaxe, e ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento da contorna, dos seres vivos que nela conviven e das características físicas e sociais do medio en que viven.

O fomento da autonomía a través das rutinas e actividades cotiás será un piar fundamental na nosa acción educativa, fomentando unha imaxe positiva de si mesmos, xerando autoconfianza e tamén respecto polas diferenzas.

Prestaremos atención á flexibilidade de tempos e espazos. Creamos ambientes de aprendizaxe que parten dos intereses dos nenos e nenas,  deseñados para poder medrar sen presas, seleccionando coidadosamente o material manipulativo da aula, permitindo a accesibilidade de todo o alumnado, respectando diferentes ritmos, características e necesidades.

O traballo das competencias clave é esencial para  potenciar o desenvolvemento dende os primeiros anos de vida, plantexadas como un conxunto de habilidades e destrezas básicas para a aprendizaxe permanente.

Buscamos poder ofrecer unha atención educativa individualizada adaptando a práctica pedagóxica en cada momento, adaptándonos a cada circunstancia e aplicando propostas de mellora que nos permitan corrixir no día a día as dificultades que poidan xurdir.

d.2 No 1º ciclo de Educación Primaria

A metodoloxía a utilizar basearase nunha aprendizaxe competencial, que permita conectar contidos das distintas materias curriculares ademais de abordar os diferentes elementos transversais.

Esta caracterizarase por:

  • Establecer unha rutina para desenvolver no alumnado a automatización nalgunhas cuestións básicas, o fomento do logro dos descritores a acadar e a aclimatación desde o comezo de cada sesión. Esta rutina necesitará uns 5 minutos ao inicio da sesión para lembrar o traballado na/s sesión/s anterior/es mediante preguntas sinxelas.
  • Potenciaranse dinámicas de expresión oral.
  • Partirase dos coñecementos previos do alumnado, do contexto máis próximo e do seu nivel evolutivo, cognitivo e emocional.
  • A metodoloxía axudaralle ao alumnado a organizar o seu pensamento favorecendo “aprender a aprender”.
  • Será comunicativa, inclusiva, activa, participativa e desenvolveranse tarefas relacionadas coa resolución de problemas en contextos da vida real.
  • Terá un enfoque motivador, globalizador e interdisciplinario.
  • Na metodoloxía tamén se terá en conta a aprendizaxe cooperativa, que posibilitará a resolución conxunta de tarefas, proxectos e investigacións, fomentará a resolución pacífica de conflitos e potenciará a inclusión do alumnado e a axeitada atención á diversidade.
  • Ofrecerémoslles ao alumnado actividades de reforzo e ampliación.
  • Non haberá deberes para facer na casa; aínda que si poderán repasar lecturas ou facer algunha tarefa de repaso na casa; en todo caso, estas lecturas ou actividades de repaso non se calificarán pero si se valorarán positivamente ao alumnado que as realice.
  • As explicacións do docente irán acompañadas de apoio visual con imaxes, vídeos e a elaboración de esquemas.

d.3 No 2º ciclo de Educación Primaria

Os principios metodolóxicos que se terán en conta no 2º ciclo de Educación Primaria para a elaboración das programacións son:

  • A motivación do alumnado. Entendemos que o alumnado debe ter un papel activo e unha actitude favorable de cara ás aprendizaxes, por iso trataremos de partir dos seus centros de interese e plantexaremos actividades dinámicas, variadas, significativas e manipulativas.
  • Se fose necesario porque a dinámica da aula non funciona ou porque a actividade así o require, gardaremos un tempo dentro do horario lectivo para realizar asambleas e así ter un espazo aberto de participación e decisión democrática.
  • Seleccionaremos e secuenciaremos os contidos e competencias, agrupándoos por Unidades Didácticas.
  • O ensino fomentará a autonomía e estará centrado no alumnado. As primeiras horas utilizaranse para actividades de tipo máis académico e tradicional (actividades nos libros de texto), as horas de despois do recreo serán utilizadas para outros tipos de aprendizaxes, proxectos, tarefas, recantos preparados con materiais manipulativos. Esta organización será flexible e dependerá tamén das horas de apoio dos mestres con dispoñibilidade horaria e AL ou PT.
  • Teremos en conta a progresión en dificultade e o reforzo das aprendizaxes espaciadas no tempo para favorecer a súa integración e memorización.
  • Contaremos cun amplo e variado conxunto de materiais e recursos didácticos organizados para favorecer a súa localización, orde e autonomía.
  • Co obxectivo de dotar ao alumno/a dos coñecementos e as competencias necesarias para desenvolver as súas propias aprendizaxes de forma autónoma, traballaranse diferentes técnicas de estudo, organizadores visuais e estratexias para desenvolver hábitos de pensamento organizado.
  • Usaranse diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa e colaborativa. Os equipos serán heteroxéneos e seguirase a senda da aprendizaxe entre iguais e a corresponsabilidade.
  • Nas linguas traballaremos por tipoloxías textuais xa que a Educación Primaria debe ensinar a utilizar a lingua, manipulala, creala e recreala. Os textos seleccionados para traballar tratarán sobre temas que motiven aos alumnos e alumnas; serán de uso social, variados e de calidade. Darémoslle moita importancia á educación literaria e á lectura por pracer.
  • Traballo por proxectos e tarefas. Para levar a cabo o PDI do centro, usaremos a aprendizaxe baseada en proxectos e integraremos os diferentes saberes que aprendemos durante o curso para levalo a cabo durante a 3ª avaliación máis en profundidade combinando as linguas, as matemáticas, naturais, sociais e educación artística.
  • Usaremos o reforzo positivo e a despenalización do erro. Levaremos a cabo estratexias de mediación prestando atención ao desenvolvemento da intelixencia emocional.
  • Usaremos as TIC, como un recurso máis que favorece a aprendizaxe e a implicación do alumnado.

d.4 No 3º ciclo de Educación Primaria

  • Promoverase a posta en marcha de proxectos significativos para o alumnado co fin de traballar as competencias clave, así como tarefas de aprendizaxe integradas, a resolución de problemas, a busca de información e a observación e investigación como parte do método científico.
  • Partirase dos coñecementos previos do alumnado para amplialos de cara ás novas aprendizaxes.
  • Favorecerase a creación dun ambiente de traballo cómodo, seguro e tranquilo que favoreza as aprendizaxes.
  • Consideraranse os erros como parte da aprendizaxe.
  • Farase fincapé na atención á diversidade, con actividades variadas e contextualizadas e apoios visuais para as explicacións. Poñerase especial atención á prevención das dificultades.
  • Haberá un tempo diario de dedicación á lectura en diferentes formatos e soportes e fomentarase a  práctica da oratoria a través de exposicións orais individuais e en grupos, así como mediante o traballo na radio escolar.
  • Realizarase un tratamento integral dende todas as áreas dos elementos transversais e da educación en valores, a través de lecturas, debates, reflexións conxuntas, etc.
  • Potenciarase a exposición de ideas colectivas ou individuais, o que requirirá un desenvolvemento competencial no manexo de ferramentas TIC con texto, gráficos, imaxes, etc. favorecendo así o desenvolvemento das competencias ALFIN e AMI.
  • A metodoloxía será activa, comunicativa, manipulativa, participativa, inclusiva e contextualizada; con actividades de traballo individual e en equipo e posta en marcha de estruturas de aprendizaxe cooperativo que permitan ao alumnado traballar xuntos para acadar un obxectivo común.

d.5 Na área de Música e Danza

Na clase de música trabállase cunha metodoloxía que fomenta a participación activa, a colaboración e a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos. Como a propia área ten carácter interdisciplinar, repercutirá positivamente no desenvolvemento do resto das áreas. Por outra banda, as posibilidades que ofrece a música, permite que o reforzo, a ampliación ou a adaptación están implícitos na mesma.

d.6 Na área de Lingua estranxeira: inglés

Nas clases de lingua estranxeira seguirase unha metodoloxía maiormente comunicativa, activa, participativas e inclusiva.

Traballaranse principalmente as destrezas orais e progresivamente, a medida que o alumnado avanza de curso,  iranse introducindo as escritas.

Buscarase que o alumnado estea exposto á lingua inglesa a través de diversos formatos, polo que se empregarán cancións, rimas, curtametraxes, historias con imaxes, xogos orais, actividades de role play e dramatización, textos informativos breves… Promoverase o traballo cooperativo.

d.7 Na área de Educación física

A metodoloxía didáctica neste ciclo, ao igual que no resto, será fundamentalmente lúdica, activa, participativa, integradora e flexible.

A metodoloxía está dirixida a lograr os obxectivos da área, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa a través da selección de contidos e as metodoloxías activas e contextualizadas.

Partirase de estilos que favorezan a procura, a indagación e a investigación implicando aspectos cognitivos nas execucións motrices, dende unha perspectiva global, e tendo en conta as características individuais.

No terceiro ciclo, comézase coa iniciación predeportiva, polo que a metodoloxía gañará en aspectos técnico-tácticos mínimos para dita iniciación a este tipo de actividades.

As estruturas de aprendizaxe cooperativo posibilitarán a resolución conxunta das tarefas e dos problemas, e potenciarán a inclusión do alumnado, favoreceremos metodoloxías non directivas que teñan a súa base no descubrimento guiado, a resolución de problemas e libre exploración, o traballo por retos ou a cooperación reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Todo isto levarase a cabo mediante propostas cun carácter eminentemente global e lúdico, ata o punto de converter o xogo nun importante recurso metodolóxico e no contexto fundamental para a maioría das aprendizaxes.

Terase en conta as características do alumnado e os diferentes ritmos de aprendizaxe partindo das capacidades individuais valorando non só o resultado senón tamén a progresión e o proceso favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos.

Utilizaranse diferentes tipos de agrupamentos en gran grupo, pequeno grupo, parellas, individual en función do tipo de actividade.


e) Os criterios de carácter xeral sobre os materiais e recursos didácticos (Elaborado)


e.1 No 2º ciclo de Educación Infantil

O material que empregaremos será seleccionado atendendo ás necesidades do alumnado, do centro de interese, rutina ou situación de aprendizaxe de cada momento. É importante planificar de antemán para cada proposta o tipo de material necesario para poder planificar de xeito adecuado, evitando caer na improvisación. Así empregaremos material didáctico, de tipo manipulativo, audiovisual, impreso...

O espazo que se utiliza cumpre coas dimensións necesarias para facilitar o movemento do alumnado pero sen embargo, non permite unha organización real para levar a cabo rincóns.

Estableceremos diversos espazos para posibilitar que o alumnado desenvolva ao mesmo tempo tarefas diferentes: zonas da biblioteca, das construcións, de xogo simbólico, etcétera, como espazos confortables que inviten a desenvolver actividades neles, e contando con material axeitado e ao seu alcance. Se asegurará a flexibilidade na organización dos espazos e se preverá que o alumnado dispoña de lugares propios e de uso común para compartir, para estar sos ou para xogar e relacionarse cos demais, espazos para actividades que requiren unha certa concentración e espazos amplos que faciliten o movemento. Para dinamizar os tempos de falar e as conversas en grupo preveremos un espazo onde o alumnado poida ver as expresións faciais e os xestos de todas as persoas mentres se dialoga.

Nestas zonas de actividade (xogo e traballo) estarán organizados os recursos materiais, propiciando a estimulación dos nenos e nenas. O material funxible será de fácil acceso e manexo por parte do alumnado servindo de respaldo para as actividades. Estarán ben organizados e ao seu alcance o que favorecerá a súa autonomía. Hai que destacar que na medida do posible utilizaranse materiais reciclados para o uso diario. Para a clasificación e elección destes materiais tivéronse en conta criterios pedagóxicos, de seguridade e accesibilidade.

Na aula dispoñemos de diferentes recursos:

  • Lingüísticos como contos, libros de información, xogos de imaxes, paneis...
  • Recursos lóxico-matemáticos como crebacabezas, dominós, pezas, bloques, construcións, xogos de lóxica...
  • Materiais de xogo simbólico como títeres, coches, camións, cociña, supermercado, carriños, bebés, accesorios, vaixela...
  • Material de tipo artístico como lapis, gomas, rotuladores, témperas, pinceis, brochas, esponxas, ceras, acuarelas, xices, encerado branco...
  • Recursos tecnolóxicos como PDI, ordenador, cámara...

Ademais, contamos con recursos a nivel centro en diferentes espazos como:

  • A aula de psicomotricidade que ten moito material manipulativo como: almofadas, conos, aros, rulos...
  • A aula de música instrumentos de percusión, recursos musicais.
  • Parque con areeiro, tobogán, randeeiras, cubos, palas, rastrelo...
  • Xoguetes para o tempo de lecer no patio cuberto: bloques de madeira, aros, pelotas...
  • A biblioteca con recursos de tipo bibliográfico e doutras tipoloxías como: a mesa de luz, xogos interactivos, radio, pantalla verde.
  • A aula de Polos Creativos, que conta con recursos tecnolóxicos como robots, impresora 3D, exposicións mensuais temáticas con obxectos relacionados e retos mensuais..
  • Zonas de lectura repartidas polo centro.
  • Recunchos con materiais para a estimulación da linguaxe oral.

e.2 No 1º ciclo de Educación Primaria

Os recursos estarán adaptados aos diferentes niveis e distintos estilos e ritmos de aprendizaxe do alumnado, coa finalidade de atender á diversidade na aula; ademais, serán variados e motivadores.

  • RECURSOS PERSOAIS: Formado polos profesionais do centro educativo, como son o profesorado titor, persoal especialista en AL e PT, departamento de orientación, mestres especialistas, etc. Ademais, hai que destacar os recursos persoais externos nos cales nos podemos apoiar, como son as familias, o EOE e todas aquelas organizacións institucionais que nos axuden na nosa labor como docentes.
  • RECURSOS MATERIAIS: Son a base para a aprendizaxe vivencial. Entre os materiais pódense destacar: material funxible (caderno, fichas, lapis, cores, folios, cartolinas...), plastilina e outras pastas para modelar, poleas, balanzas, maquetas, láminas de apoio visual, libros de consulta, murais, ...
  • RECURSOS TECNOLÓXICOS: ordenador, pantalla dixital, proxector,...
  • RECURSOS DIXITAIS: posibilidade de utilizar a Aula Virtual (AV) onde o alumnado poderá acceder a recursos dixitais empregados na clase e ligazóns de interese relacionados coa materia. Estes recursos poden ser de utilidade para facilitar a adquisición de contidos e reforzar a aprendizaxe.
  • RECURSOS ESPACIAIS: a aula ordinaria, a biblioteca de aula e do centro, o patio de recreo, Polos Creativos, Espazo Maker, así como os diversos espazos da contorna serán utilizados para mellorar o aprendizaxe competencial.

e.3 No 2º ciclo de Educación Primaria

Os criterios que se terán en conta no 2º ciclo de Educación Primaria para escoller os materiais e os recursos didácticos son:

  • Os contidos dos libros de texto adáptanse ao currículo.
  • Os contidos son visuais e facilitan a aprendizaxe do alumnado.
  • Parte dos coñecementos previos do alumnado.
  • Asegura a realización de aprendizaxes significativas.
  • As informacións son exactas, actuais e cientificamente rigorosas.
  • Permiten a atención á diversidade.

e.4 No 3º ciclo de Educación Primaria

Os materiais e recursos empregados no 3º ciclo da Educación Primaria serán os seguintes:

  • Recursos persoais: profesorado do centro, persoal do Plan Director, persoal do programa “Educando en Valores” do Concello de Carral, persoal das actividades ofertadas dende a Reserva Biosfera, obradoiro con Dores Tembrás e persoal do programa de Educación viaria ofertado polo Concello de Carral.
  • Materiais: empregaranse materiais funxibles, materiais plásticos, material de laboratorio, xogos e ferramentas manuais para diversos usos.
  • Recursos tecnolóxicos: empregarase a PDI da aula, os ordenadores Abalar do centro, os recursos do proxecto E-Dixgal, materiais do espazo de Polos Creativos e a radio da biblioteca do centro.
  • Materiais dixitais: empregarase EVA E-Dixgal e diferentes aplicacións web que poidamos precisar ao longo do curso, así como software libre.
  • Recursos espaciais: farase uso dos diferentes espazos do centro educativo (aula, biblioteca, patio, espazo maker (futura biblioteca creativa), zona de convivencia, zonas verdes do centro), así como dos espazos da contorna próxima ao mesmo.

e.5 Na área de Música e Danza

No centro existe aula de música e danza. É un espazo amplio e ben iluminado. Emprégase para as clases de primaria. Para traballar Danza, ás veces será necesario baixar ao patio cuberto ou á pista para ter máis espazo. Por outra banda, as paredes da aula están insonorizadas para así illar a aula das clases veciñas. 

Para as clases de música na etapa de infantil, empregamos a aula de psicomotricidade, máis amplio e accesible ao alumnado deste nivel.

Cóntase con variados e suficientes instrumentos PAI e PAD, o cal permite que todo o alumnado poida tocar á vez sen necesidade de ter que establecer quendas rotatorias. 

Empregaremos materiais diversos para actividades no chan, de relaxación, percusión, ritmo,.... 

  • RECURSOS DIXITAIS E TECNOLÓXICOS: ordenador e altofalantes, proxector e encerado interactiva (mestra), ordenadores E-dixgal (alumnado) e diferentes aplicativos para elaboración e traballo na clase de música e danza.
  • RECURSOS MUSICAIS: encerado dobre con rodas: unha cara con pentagramas e outra branca, instrumentos PAI e PAD, frauta, teclado, outros instrumentos (cunchas, agogó, boomwackers, campás,...), outros materiais (panos, botellas, redondos,...), equipo de son (altofalante portátil, micrófonos, pés de micrófono), bibliografía específica musical.

e.6 Na área de Lingua estranxeira: inglés

Empregarase material audiovisual con cancións, historias, rimas, marionetas, realia, material manipulativo, libros de historias con imaxes, xogos de mesa, xogos interactivos.

A partir de 3º EP tamén caderno, libros de actividades,  fichas de traballo e no caso de 5º e 6º empregarase tamén a plataforma e-Dixgal e portátiles.

e.7 Na área de Educación física

Para o desenvolvemento da programación cóntase cun patio exterior con algo de zona verde, un patio semicuberto e unha pista dividida nun campo de fútbol, un campo de baloncesto e unha zona libre. Un pavillón polideportivo, cunha pista que ten campos marcados de fútbol, baloncesto, balonmán, tenis e badminton. Ten espaldeiras, un pequeno rocódromo, 2 porterías, 2 canastras e equipo de audio. O pavillón é municipal, pero de uso exclusivo do centro en horario lectivo. Tamén hai unha aula de psicomotricidade equipada con algúns materiais de Educación Física.

Tamén teremos en conta para a impartición da área os recursos que nos ofrece o contorno tanto naturais como urbanos os cales poderán ser empregados nalgunha ocasión na medida do posible.

En canto aos recursos didácticos para a organización das sesión utilizaranse baterías de xogos e actividades baseadas en recompilacións propias, publicacións didácticas publicadas por diferentes editoriais e recursos dixitais variados e cos materiais e xogos agrupados na sección de contidos educativos do portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

O material existente no centro e variado e en cantidade suficiente. Hai bastante material convencional de pequeno e gran tamaño, algo de material non convencional e informático e audiovisual.


f) Os criterios de oferta educativa, itinerarios e optatividade, de ser o caso (Elaborado)


Non aplicable nos CEIP onde a oferta educativa está establecida na normativa vixente, non cabendo opción á escoller itinerarios e/ou optativas.

O centro non ten organizados ámbitos educativos.


g) Os criterios para o deseño das actividades complementarias (Elaborado)


Por actividades complementarias entendemos aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado no horario lectivo, podendo superalo, pero diferéncianse debido ao momento, recursos ou tempo en que se levan a cabo. Estarán recollidas na PXA aínda que conlevan certa flexibilidade, dado que ao longo do curso xorden oportunidades para participar en distintas actividades que resultan de interese para a formación integral do alumnado Son actividades voluntarias e se necesita autorización familiar escrita se se levan a cabo fora da localidade.

Os criterios que se terán en conta á hora de desempeñar actividades complementarias, tanto no 2º ciclo de Educación Infantil como na Educación Primaria, son os seguintes:

  • Teñen que estar adaptadas a idade e as características do grupo.
  • Teñen que suscitar motivación ao alumnado, adquirindo coñecementos de forma vivencial.
  • As actividades deben ser educativas e estar relacionadas cos obxectivos de etapa, ciclo ou nivel favorecendo a adquisición das competencias clave.
  • Favoreceran a adquisición de valores sociais e culturais onde se lle de importancia a autonomía e responsabilidade e a práctica da dimensión lúdica do ensino.
  • Debe existir unha temporalización das mesmas, estando organizadas previamente: data na que se levará a cabo, participantes, necesidade de persoal docente, instalacións, recursos necesarios...
  • Como norma xeral o centro non programará nin participará naquelas actividades que se lle oferten nas que non poida participar o noso alumnado con discapacidade ou NEAE nin nas que teñan un elevado custo para as familias ou, aínda sendo asumibles ou gratuítas, se considere que non se axeitan aos criterios pedagóxicos do centro. Ademais, se evitarán distancias excesivas dende o centro escolar ao lugar de realización da actividade.
  • O alumnado que non asista ten o dereito e o deber de acudir a clase, polo tanto, o profesor titor deixara¿ traballo a estes alumnos/as. Dependendo do tipo de actividade e do número de nenos/as que non a realicen, decidirase entre os mestres do ciclo e o xefe de estudios o que no seu momento convén facer.
  • Programaranse polo menos tres actividades ao longo do curso, unha por cada trimestre.
  • Fomentarase o maior número de actividades conxuntas entre os distintos cursos, potenciando a inclusión e o traballo cooperativo.
  • Elaborar unha memoria final coa avaliación das actividades realizadas, incluída na memoria de centro.
  • Que unha maioría de nenos/as realicen a actividade, establecéndose como norma xeral que asistan as 2/3 partes da clase, actuando con certa flexibilidade. O alumnado que non asista ten o dereito e o deber de acudir a clase, polo tanto, o profesor titor deixara¿ traballo a estes alumnos/as. Dependendo do tipo de actividade e do número de nenos/as que non a realicen, decidirase entre os mestres do ciclo e o xefe de estudios o que no seu momento convén facer.

h) Os criterios para o deseño dos plans de reforzo ou de recuperación para o alumnado que promocione con materias, ámbitos ou módulos pendentes de cursos anteriores, de ser o caso (Elaborado)


En Educación Infantil e Educación Primaria non existe o plan de reforzo ou de recuperación para o alumnado que promocione con materias, ámbitos ou módulos pendentes de cursos anteriores, polo que non é de aplicación no noso centro educativo.


i) Os criterios para o deseño dos plans específicos de reforzo ou personalizados para o alumnado que deba permanecer un ano máis no mesmo curso, de ser o caso (Elaborado)


Segundo o art. 24 Orde do 26 de maio de 2023, que desenvolve o Decreto 155/ 2022, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación e o currículo de Educación Primaria, e se regula a avaliación nesta etapa, a permanencia dun alumno ou alumna un ano máis no curso considérase unha medida de carácter excepcional e tomarase se, tras aplicar as medidas ordinarias suficientes, adecuadas e personalizadas para atender ao desfasamento curricular ou as dificultades de aprendizaxe dun alumno ou alumna, o equipo docente considera que a permanencia un ano máis no mesmo curso é a medida máis adecuada para favorecer o seu desenvolvemento. Esta decisión só poderase adoptarse unha vez durante a etapa, oídos os pais, nais ou titores legais da alumna ou alumno.

A medida de permanencia un ano máis no mesmo curso deberá ir acompañada dun plan específico de reforzo para que, durante ese curso, a alumna ou o alumno poida superar as dificultades que levaron a esa repetición. O Plan incluirá unha serie de actuacións con este alumnado, co obxectivo de incrementar o éxito escolar actuando sobre as variables que incidiron negativamente no seu rendemento. Formará parte da programación do curso e será elaborada e desenvolta polo equipo docente que recibe ao alumno ou alumna, baixo a coordinación do profesorado titor e co asesoramento, se é o caso, da orientadora. O Plan específico de reforzo desenvolverase no marco da aula ordinaria.

O modelo a cumprimentar no noso centro encóntrase dentro dos anexos do Plan de Orientación, e inclúe o seguinte:

a) Identificación da alumna ou do alumno:

  • Nome e apelidos.
  • Data de nacemento.
  • Etapa, nivel e grupo.
  • Titor ou titora.

b) Necesidades educativas que motivaron a repetición de curso.

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior:

  • Adecuación da estrutura organizativa do centro, e da organización e a xestión da aula ás características do alumno/a.
  • Adecuación das programacións didácticas ao alumnado e ás circunstancias do seu contorno.
  • Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión.
  • Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación.
  • Aulas de atención educativa e convivencia.
  • Reforzo educativo.
  • Apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.
  • Outras (Indicar cales).

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no desenvolvemento do Plan.

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do Plan.

f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.

g) Acreditación da información á familia.

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do Plan específico de reforzo e, de ser necesario, realizaranse os axustes que procedan. Ao final de curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento.


j) Os criterios xerais para a avaliación, e de ser o caso, a promoción e a titulación (Elaborado)


j.1 No 2º ciclo de Educación Infantil

A avaliación terá como fin identificar e valorar as aprendizaxes alcanzadas, polo tanto ten carácter informativo. Esta avaliación será global, continua e formativa sendo os criterios de avaliación de cada unha das áreas do currículo os referentes para, por unha parte, coñecer en que medida o alumnado desenvolveu as capacidades enunciadas tanto nos obxectivos da etapa como nos de cada unha das áreas e, por outra, para identificar as aprendizaxes adquiridas e valorar o grao de iniciación no desenvolvemento das competencias.

No 2º ciclo de Educación Infantil levárase a cabo a avaliación do alumnado e do proceso e práctica docente, tendo en conta tres momentos:

  • Avaliación inicial: será levada a cabo ao comezo do curso, empregando a observación directa e sistemática como técnica principal e o uso de técnicas secundarias como listas de observación ou anecdotario. Terase especial atención no caso do alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro, neste caso a avaliación inicial será reflexada nos documentos oficiais prescriptivos e terán en conta as indicacións feitas pola familia na entrevista inicial.
  • Avaliacións parciais: será unha avaliación levada a cabo de maneira continua ao longo do curso. Levaremos a cabo, cando menos tres sesións parciais, sendo a derradeira destas sesións a avaliación final. Está será levada a cabo polos docentes responsables nos respectivos ámbitos de actuación, facéndolle chegar as súas aportacións a persoa titora.
  • Avaliación final: levarase a cabo ao final do período lectivo do curso coordinada pola persoa titora.

Ao remate de cada trimestre, nas respectivas sesións de avaliación, o equipo docente de cada un dos grupos, levara¿ a cabo a posta en común dos resultados obtidos da avaliación nos diferentes criterios de avaliación, sinalados no currículo, que sexan de aplicación no seu ámbito de actuación.

Estes resultados quedarán reflexados no boletín informativo para as familias, empregando os indicadores que se correspondan co avaliado en cada un dos trimestres. Estes resultados reflexaranse cos seguintes termos cualitativos: con dificultade (CD), en proceso (EP) ou sen dificultade (SD) para cada un dos mesmos, seguindo as instrucións da normativa vixente.

Ao final do curso, elaborarase, seguindo o modelo indicado na normativa, un informe de avaliación final individualizado, de cada un dos alumnos e alumnas, que reflectirá todo o observado e avaliado ao longo do proceso anteriormente sinalado

Ademais, ao finalizar o sexto curso, co fin de garantir unha atención individualizada e continuada, a persoa titora elaborara¿ un informe final de etapa sobre o progreso global de cada alumna e cada alumno. O dito informe recollerá a apreciación do grao de adquisición dos obxectivos da etapa e das competencias clave, así como as dificultades atopadas no proceso de ensino e aprendizaxe e a valoración, de ser o caso, das medidas de apoio aplicadas.

Poderá permanecer no segundo ciclo de Educación Infantil o alumnado con necesidades educativas especiais ao cal se lle autorizase a permanencia dun ano máis no citado ciclo.

j.2 Na Educación Primaria

A avaliación será global, continua e formativa debendo superar o seu carácter cualificador e incrementar o seu carácter formativo, é dicir, que permita ir reflexionando sobre a mesma e ir adoptando medidas de compensación, novas ferramentas e/ou estratexias segundo se vaian requirindo. O alumnado será participe do seu proceso de avaliación sendo informado dos procesos e dos criterios.

Nas sesións de avaliación o equipo docente estudará por separado cada caso tendo en conta a singularidade de cada alumno ou alumna e a natureza das súas dificultades. A avaliación levarase a cabo nos mesmos tres momentos que se leva a cabo no 2º ciclo de Educación Infantil: de maneira inicial, tres avaliacións parciais sendo a derradeira destas a avaliación final. A avaliación do grao de adquisición das competencias clave en cada un dos cursos da etapa debe estar integrada coa avaliación de cada unha das áreas, os criterios de avaliación de cada área están relacionados univocamente cos obxectivos da dita área, e estes están relacionados coas competencias clave a través dos correspondentes descritores operativos recollidos no perfil de saída.

Os resultados da avaliación expresaranse nos termos de Insuficiente (IN) para as cualificacións negativas, Suficiente (SU), Ben (BE), Notable (NT) ou Sobresaliente (SB) para as cualificacións positivas. A estes termos achegaráselles una cualificación numérica, sen empregar decimais, nunha escala de un a dez.

  • Criterios xerais de promoción

Segundo o artigo 13 do Decreto 105/2014 o alumno ou a alumna accederá ao curso ou á etapa seguinte sempre que se considere que logrou os obxectivos que correspondan ao curso realizado ou os obxectivos da etapa, e que alcanzou o grao de adquisición das competencias correspondentes. De non ser así, poderá repetir unha soa vez durante a etapa, cun plan específico de reforzo ou recuperación e apoio, que será organizado polos centros docentes de acordo co que estableza a Consellería competente en materia educativa.

A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase tras esgotar o resto das medidas ordinarias de reforzo e apoio para resolver as dificultades de aprendizaxe do alumnado.

O equipo de profesorado que imparte docencia en cada grupo, decidirá sobre a promoción do alumnado en 2º, 4º e 6º de Educación Primaria, tendo como referencia a lexislación antes mencionada. O alumnado acadará a promoción ao nivel educativo seguinte sempre que acade os aprendizaxes mínimos das materias, o desenvolvemento correspondente das competencias clave e un axeitado grado de madurez. Promocionará tamén cando as materias non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente as novas aprendizaxes. Neste caso, o centro adoptará as medidas precisas para que o alumnado reciba os apoios necesarios para a recuperación das ditas aprendizaxes. A decisión será adoptada de forma colexiada, primando o criterio da persoa titora. No suposto de que a decisión sexa negativa, será preceptivo o trámite de audiencia previa dos proxenitores ou titores/as legais do alumnado por parte da persoa titora para informalos.

A decisión de permanencia no mesmo nivel só poderá adoptarse unha vez ao longo da etapa. Esta medida irá acompañada dun plan específico de reforzo educativo. Excepcionalmente, pensarase nunha prórroga extraordinaria da escolarización no 2º ciclo de Educación Infantil e na etapa de Educación Primaria nos casos de NEAE graves ou nos casos moi graves de dificultades de aprendizaxe cando se faga unha valoración psicopedagóxica que conclúa a súa necesidade e conte coa aprobación da Administración Educativa.


k) Os criterios xerais do outorgamento de matrículas de honra, de ser o caso (Elaborado)


En Educación Primaria non existen as matrículas de honra.


l) As decisións e criterios xerais para a elaboración e avaliación das programacións didácticas (Elaborado)


As programacións serán realizadas no aplicativo PROENS. As programacións serán realizadas tendo en conta os seguintes criterios:

  • Atenderán as necesidades do alumnado e o seu contexto e punto de partida, tendo en conta a atención á diversidade.
  • Organización de contidos para favorecer o desenvolvemento das competencias.
  • Favorecerán un clima integrador, positivo e facilitador das aprendizaxes.
  • Incluirase o deseño de actividades partindo dos intereses do alumnado que faciliten así a participación activa do mesmo.

As programacións do 2º ciclo Educación Infantil incluirán, como mínimo, os seguintes elementos:

  • Introdución.
  • Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias.
  • Relación de unidades didácticas.
  • Distribución currículo nas unidades didácticas.
  • Avaliación das unidades didáctica.
  • Concrecións metodolóxica.
  • Materiais e recursos didácticos.
  • Procedemento para a avaliación inicial.
  • Criterios de cualificación e recuperación.
  • Medidas de atención á diversidade.
  • Concreción dos elementos transversais.
  • Actividades complementarias.
  • Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro.
  • Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora.

As programacións de Educación Primaria incluirán, como mínimo, os seguintes elementos:

  • Introdución.
  • Obxectivos da área e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias clave.
  • Relación de unidades didácticas, entendidas como a parte do currículo da área que se traballará, coa súa secuenciación e temporalización.
  • Metodoloxía.
    • Concrecións metodolóxicas.
    • Materiais e recursos didácticos.
  • Avaliación.
    • Procedemento para a avaliación inicial.
    • Criterios de cualificación con indicación do grao mínimo de consecución para a superación da área, e criterios de recuperación.
  • Medidas de atención á diversidade.
  • Transversal.
    • Concreción dos elementos transversais.
    • Actividades complementarias.
  • Práctica docente.
    • Procedemento para avaliar o proceso da ensinanza e a práctica docente cos seus indicadores de logro.
    • Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da programación.

O equipo docente realizará o seguimento das programacións didácticas de cada área, con indicación do grao de cumprimento e, en caso de desviacións, cunha xustificación razoada. Favorecendo así a reflexión conxunta sobre as necesidades e cambios feitos dando resposta ás realidades que van sucedendo no día a día da aula.

Co fin de darlle visibilidade á Comunidade Educativa, as programacións, unha vez validadas serán accesibles a través do aplicativo PROENS tendo acceso directo a esta plataforma dende a páxina web do centro.


m) Os criterios para a participación do centro en proxectos, plans e programas (Elaborado)


Tanto na etapa de Educación Infantil como na de Educación Primaria, a decisión da participación do centro en proxectos, plans e programas basearase nos seguintes criterios:

  • Acordes aos principios xerais do centro.
  • Contribúen ao desenvolvemento das competencias clave e os contidos transversais.
  • Favorecen o desenvolvemento de actitudes respectuosas coas realidades sociais e culturais, suplindo as desigualdades presentes no alumnado. 
  • Fomentan a creatividade e o pensamento diverxente.

A participación do centro en posibles proxectos, plans ou programas terá que ser informada ao Claustro e o Consello Escolar.


n) O procedemento para a revisión, avaliación e modificación da concreción curricular (Elaborado)


O presente documento será revisado e avaliado, periodicamente de xeito anual, para adaptalo ás necesidades e características da nosa comunidade educativa. De esta forma, manténdemos a Concreción Curricular actualizada coas modificacións que sexa preciso realizar. Estas faranse ao principio de curso coas propostas do Claustro.


o) Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
1. Non existen outros apartados.

Non existen outros apartados.


Volver