Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A finalidade da materia de Lingua Galega e Literatura na educación secundaria obrigatoria oriéntase tanto á eficacia comunicativa como a favorecer un uso ético da linguaxe que poña as palabras ao servizo da convivencia democrática, a resolución dialogada dos conflitos e a construción de vínculos persoais e sociais baseados no respecto e na igualdade de dereitos de todas as persoas. Desta maneira, a materia contribúe ao desenvolvemento de todas as competencias recollidas no perfil de saída do alumnado ao remate do ensino básico. Estes obxectivos supoñen unha progresión respecto dos formulados na educación primaria, dos que haberá que partir, para pasar dun acompañamento guiado a outro progresivamente autónomo.

O currículo da materia de Lingua Galega e Literatura de ESO establece os obxectivos, os criterios de avaliación e os contidos que se deben abordar no nivel, que parecen distribuídos en catro bloques: o primeiro bloque, «As linguas e os seus falantes» incide no recoñecemento da diversidade lingüística do alumnado, de Galicia, de España e do mundo, en especial do ámbito lusófono. O segundo bloque, «Comunicación», integra os contidos implicados na comunicación oral e escrita e na alfabetización mediática e informacional. O terceiro bloque, «Educación literaria», recolle as experiencias e os contidos necesarios para consolidar o hábito lector, conformar a propia identidade lectora e desenvolver habilidades de interpretación de textos literarios. O cuarto bloque, «Reflexión sobre a lingua», propón a construción guiada de conclusións sobre o sistema lingüístico usando unha metalinguaxe específica.

Estes catro bloques conformarán catro unidades didácticas transversais: textosescritos, expresión e comprensión escrita (UD 1); textos orais, expresión e comprensión oral (UD 2);  educación literaria (UD 3) e reflexión sobre a lingua e sociolingüística (UD 4).

Para traballar as dúas primeiras unidades estudaranse os seguintes contidos lingüísticos:

  • Elementos da comunicación, o substantivo e o adxectivo, os determinantes, o pronome, os verbos regulares e irregulares, o adverbio e a preposición.
  • O suxeito, o predicado, o complemento directo, indirecto e circunstancial.
  • O alfabeto, a sílaba, as regras de acentuación e a acentuación diacrítica, uso das letras c,z, qu, ct, cc, b, v, h, o punto, coma, punto e coma, dous puntos, puntos suspensivos.
  • O léxico do instituto, os animais, os oficios e profesións, o corpo humano, a vestimenta, as novas tecoloxías, os medios de transporte, o medio e o deporte. 
  • Os seguintes tipos de textos literarios e non literarios: a banda deseñada, o texto narrativo, os textos xornalísticos, a descrición, a reportaxe, a poesía e a canción, o texto teatral e normas  e instrucions de uso. 

Para traballar a UD3 proporanse,obras de lectura por trimestre.

Para traballar a UD4 estudaranse os seguintes contidos: a diversidade lingüística, Europa e España plurilingüe, características básicas do éuscaro, catalán e portugués, e as variedades xeográficas do galego.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Describir e apreciar a diversidade lingüística da Península Ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e éuscaro) e as características dialectais do galego para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras, e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social e cultural da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Unidade 1: textos escritos, expresión e comprensión escrita. Lecturas, actividades e contidos gramaticais que favorezan que o alumnado produza textos escritos con coherencia e co rexistro adecuado e comprenda e interprete textos escritos recollendo o sentido xeral e información relevante. Actividades para que o alumnado aprenda a seleccionar, contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual. 50 55
2 Unidade 2: textos orais, expresión e comprensión oral. Actividades e contidos gramaticais que favorezan que o alumnado produza textos orais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, así como aprenda a participar en interaccións orais de xeito respetuoso, e comprenda e interprete textos orais recollendo o sentido xeral e información relevante. 30 30
3 Unidade 3: educación literaria. Lecturas e actividades para que o alumnado interprete e valore obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando os coñecementos literarios e culturais para establecer vínculos e ampliar o coñecemento. Tamén ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector. 15 10
4 Unidade 4: as linguas e reflexión sobre a lingua. Actividades que lle permitan ao alumnado coñecer e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e a realidade plurilingüe e pluricultural da Península Ibérica, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, a do portugués, catalán e éuscaro), e as características das principais variedades dialectais do galego, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos e valorar a devandita diversidade como fonte de riqueza cultural. 5 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4
CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
CA1.2 - Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e de valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.
Contidos
C1.1 - Observación da propia biografía lingüística e da diversidade lingüística da aula. As familias lingüísticas e as lin-guas do mundo. Sistemas de escritura. Nocións básicas: fórmulas de saúdo e despedida, agradecemento e des-culpa.
C1.2 - Recoñecemento das linguas da Península Ibérica, especialmente do portugués, do éuscaro e do catalán.
C1.3 - Os países lusófonos: localización, poboación, costumes... Coñecemento das primeiras nocións de lingua portu-guesa. A ortografía. Semellanzas e diferenzas existentes cos sistemas ortográficos galegos. Iniciación ao coñe-cemento do léxico.
C1.4 - Iniciación á reflexión interlingüística.
C1.5 - Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos do galego e exploración das formas de os evitar.
Bloque B2. Comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4
CA2.1 - Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.2 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA2.3 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA2.4 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
CA2.5 - Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
CA2.6 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
CA2.7 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
CA2.8 - Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e retocar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA2.9 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
CA2.10 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Contidos
C2.1 - Contexto vinculado ás estratexias de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimo-dais de diferentes ámbitos.
C2.1.1 - Compoñentes do feito comunicativo: grao de formalidade da situación e carácter público ou privado, distancia social entre os interlocutores, propósitos comunicativos e interpretación de intencións, canle de comunicación e elementos non verbais da comunicación.
C2.2 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.2.1 - Aproximación ás secuencias textuais básicas, con especial atención ás narrativas, descritivas, dialogadas e expositivas.
C2.2.2 - Xéneros discursivos propios do ámbito persoal: a conversa.
C2.2.3 - Xéneros discursivos propios do ámbito educativo.
C2.2.4 - Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital. Riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na rede. Análise da imaxe e elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
C2.3 - Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 - Interacción oral e escrita de carácter informal: tomar e ceder a palabra. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
C2.3.2 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da informa-ción relevante. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal, dos abusos a través da pa-labra e dos usos manipuladores da linguaxe.
C2.3.3 - Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audien-cia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal.
C2.3.4 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. Os abusos de poder e a manipulación a través da linguaxe.
C2.3.5 - Produción escrita: planificación, textualización, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramati-cal e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, resumos etc.
C2.4 - Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.4.1 - Uso coherente das formas verbais nos textos. Correlación temporal no discurso relatado.
C2.4.2 - Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consul-ta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C2.4.3 - Os signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
C2.4.4 - Promoción dun modelo lingüístico afastado da castelanización e da deturpación para conseguir un modelo de lingua de calidade.
Bloque B3. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA3.3 - Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
CA3.4 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
CA3.5 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
CA3.6 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Contidos
C3.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de maneira progresivamente autónoma a partir dunha preselección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica de lectura.
C3.1.1 - Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de maneira orientada a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.
C3.1.2 - Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
C3.1.3 - Toma de conciencia progresiva dos propios gustos e identidade lectora.
C3.1.4 - Expresión da experiencia lectora, con apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
C3.1.5 - Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
C3.1.6 - Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados ou ben oralmente entre iguais.
C3.2 - Lectura guiada. Lectura de obras relevantes da literatura xuvenil contemporánea galega e do patrimonio literario lusófono, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e movemen-tos artísticos.
C3.2.1 - Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través de conversas literarias, coa in-corporación progresiva da metalinguaxe específica.
C3.2.2 - Relación e comparación dos textos lidos con outros textos, con outras manifestacións artísticas e coas novas formas de ficción en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes.
C3.2.3 - Expresión pautada a través de procesos e soportes diversificados, da interpretación e da valoración persoal de obras e fragmentos literarios.
C3.2.4 - Lectura con perspectiva de xénero.
C3.2.5 - Lectura con perspectiva ambiental e ecolóxica, con especial incidencia na mudanza climática e na protección e benestar dos animais.
C3.2.6 - Lectura expresiva, dramatización e recitación de textos sinxelos atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
C3.2.7 - Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque B4. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4
CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
CA4.2 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.
CA4.3 - Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA4.4 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
CA4.5 - Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.
Contidos
C4.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C4.1.1 - Diferenzas relevantes e interseccións entre a lingua oral e a lingua escrita atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos.
C4.1.2 - Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas tendo en conta os diferentes niveis: o son e sistema de escritura, as palabras (forma e significado) e a súa organización no discurso (orde das palabras, compoñentes das oracións ou conexión entre os significados).
C4.1.3 - Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria. Orde das palabras e concordancia.
C4.1.4 - Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Unidade 1: textos escritos, expresión e comprensión escrita.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
Valorar a forma de textos de diferente tipo, avaliando calidade e idoneidade. 6
CA2.4 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
Comprender o sentido global, a estructura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos sinxelos. 30
CA2.5 Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Proba escrita
Redactar pequenos textos atendendo á situación, ao destinatario, ao propósito e á canle. 30
CA2.6 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Proba escrita
Localizar, seleccionar e contrastar información de diferentes fontes valorando a súa fiabilidade. 6
CA2.7 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
Proba escrita
Facer un uso crítico das tecnoloxías na procura de información detectando posibles manipulacións. 16
CA2.8 Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e retocar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Facer revisión guiada de textos e propostas de mellora. 6
CA2.9 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
Proba escrita
Explicar a interrelación entre o propósito da comunicación e a lingua empregada. 6

2 Unidade 2: textos orais, expresión e comprensión oral.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
Valorar a forma de textos orais de diferente tipo, avaliando calidade e idoneidade. 30
CA2.2 Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Táboa de indicadores
Facer exposicións orais de diferentes xéneros con fluidez, coherencia e empregando recursos verbais e non verbais. 35
CA2.3 Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
Participar en interaccións orais informais con cortesía e esoita activa. 35

3 Unidade 3: educación literaria.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
Proba escrita
O alumnado Interpreta o sentido global dun texto literario, as ideas máis importante e a itnención. 20
CA3.2 Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
Valorar e interpretar a forma e o contido de textos sinxelos e avaliar a súa fiabilidade e eficacia comunicativa. 10
CA3.3 Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.
Proba escrita
Ler como mínimo tres obras literarias de narrativa xuvenil. 15
CA3.4 Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
Identificar algunhas das principais características do xénero narrativo nas obras de lectura de narrativa xuvenil literarias do seu itinerario. 40
CA3.5 Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Proba escrita
Recoñecer vínculos entre distintos textos lidos, así como con outras manifestacóns artísticas. 10
CA3.6 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Proba escrita
Crear textos sinxelos con intención literaria e estilo. 5

4 Unidade 4: as linguas e reflexión sobre a lingua.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
Coñecer algúns elementos básicos do catalán, éuscaro e portugués, así como variedades dialectais do galego. 10
CA1.2 Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e de valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.
Proba escrita
Identificar prexuizos e estereotipos lingüísticos con actitude de respecto. 15
CA2.10 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Proba escrita
Identificar e desterrar usos discriminatorios da lingua. 15
CA4.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.
Proba escrita
Utilizar axeitadamente dicionarios, manuais de gramática e correctores ortográficos para emendar erros lingüísticos básicos. 15
CA4.2 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.
Proba escrita
Seleccionar e contrastar información de distintas fontes con valor crítico e respectando a propiedade intelectual. 10
CA4.3 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Proba escrita
Revisar os textos propios e facer propostas de mellora. 15
CA4.4 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.
Proba escrita
Empregar a lingua para explicar o proceso comunicativo e a súa eficacia. 10
CA4.5 Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.
Proba escrita
Comparar e transformar enunciados segundo a intención comunicativa. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Estes son os principios metodolóxicos que van seguirse:

1.-Na introdución dun novo contido partirase dos coñecementos previos do alumnado e daqueles que se estean traballando en materias afíns como Lingua Castelá e desenvolveranse os contidos dun xeito gradual e progresivo, de maneira que, ademais de incrementar a dificultade dos procesos e situacións comunicativas, tamén se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma.

2.-Procuraranse evitar as clases maxistrais e favorecerase a progresiva autonomía do alumnado na construción da súa aprendizaxe. Así, a metodoloxía será o máis activa posible e favorecerá o traballo individual. Potenciarase a aprendizaxe dos erros propios  e alleos coa revisión de erros propios e a coavaliación. O alumnado deberá ter sempre enriba da mesa unha ficha actualizada cos erros propios máis comúns. Faranse traballos cooperativos que melloren os vínculos e favorezan a aprendizaxe. En todo caso terase en conta que cada alumno ten un ritmo diferente de aprendizaxe. Favorecerase a realización dalgún proxecto que resulte motivador para o alumnado e conseguir así reforzar a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade, por exemplo, un xornal de aula. 

3.-Poranse en marcha mecanismos de reforzo no momento en que se detecten dificultades non puntuais na aprendizaxe. 

4.-Favorecerase o traballo interdisciplinar con outros departamentos, especialmente co Equipo de Dinamización da Lingua Galega; nesta liña animarase á colaboración activa na revista Á Sombra da Muralla e a outras actividades como pode ser a semana das letras Galegas investigando sobre o autor ou autora á que se lle adiquen as Letras e preparando información para compartir, ben na revista, ben nalgunha conferencia para outros compañeiros.  Esta última actividade está na liña prioritaria de buscar estratexias que fomenten a oralidade coa fin de que o alumnado adquira as habilidades necesarias para expresarse correctamente nunha ampla variedade de situacións comunicativas (espontáneas ou planificadas) e de contextos (formais e informais). Nesta liña faranse dramatizacións e representacións teatrais, co que tamén se incorporan contidos literarios. 

5.- Empregaranse recursos dixitais en lingua galega que faciliten a busca de información, a revisión dos textos e a súa posterior divulgación, sempre con respecto aos dereitos de propiedade intelectual. Ademais de consultar datos e de ampliar contidos, o alumnado debe familiarizarse co manexo de tradutores, correctores ortográficos e dicionarios ou manuais de estilo que lle axuden a mellorar a redacción dos seus escritos.

6.-E, por suposto, loitarase pola erradicación dos prexuízos lingüísticos derivados da situación sociolingüística de Galicia nos últimos séculos, particularmente os que teñen que ver cos usos diglósicos do galego en determinados ámbitos. E tamén a detección e eliminación dos usos discriminatorios e ofensivos da lingua, de modo que se propicie a reflexión sobre os principios democráticos e se favoreza a análise crítica dos conflitos, tanto no centro educativo coma noutros ámbitos. Fomentarase un uso ético da linguaxe, a resolución dialogada dos conflitos e a construción de vínculos persoais e sociais baseados no respecto e na igualdade de dereitos de todas as persoas.

7.- A proposta de obras liberarias faise antendendo a valores socioculturais e éticos.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Libro de texto do alumnado: Lingua e literatura galega, Edicións Xerais de Galicia
Beltrán Carballeira, Ramón X. (2019). Manual práctico de galego. A Coruña: Baía Edicións.
Dicionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos (2007) Xerais. Vigo
Dosil, Benxamín (2015). Escrita doada: consellos para redactar ben. Vigo: Xerais.
Dosil, Benxamín (2021). Manual de uso da lingua galega. Vigo: Xerais.
Feixó Cid, Xosé G. (2021). Gramática da lingua galega. Síntese práctica (6ª Edición). Vigo: Xerais.
Fernández Fernández, Isaac (2010). Diccionario galego-euscaro, euskara-galiziera. Vigo: Universidade de Vigo.
Fernández Salgado, Benigno (Dir.) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da Lingua Galega. Vigo. Galaxia.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2013). Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais de Galicia
Gran Dicionario Xerais da lingua (2009), VV AA, 2 tomos. Xerais. Vigo
Méndez Álvarez, Mª Xesús (2004). Ortografía da Lingua Galega. Vigo: Xerais de Galicia.
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 2003 (edición revisada) RAG/ILG
Novo Folgueira, Paulino (1999). Dicionario de uso para a comunicación. Vigo: Xerais de Galicia
Regueira, Xosé Luís (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega.
Rosales Cereijo, Manuel (2002). A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual. Vigo: Xerais de Galicia

Ademais do libro de texto, Lingua e Literatura de Edicións Xerais, ns aulas e na biblioteca  o alumnado ten ao seu alcance a maioría dos recursos e materiais do centro. A biblioteca ofrece, ademais, obras de lectura, libros de texto, mapas, revistas, xornais e recursos dixitais para consultar información, realizar traballos de investigación etc. En resumo, dispoñemos de:

- Medios audiovisuais: ordenadores, pantallas dixitais, canón, impresoras, tablets...

- Recursos dixitais: dicionarios en liña, xornais dixitais e acceso a diversos portais da lingua (Portal da Lingua Galega, Portal das Palabras), blogs, aplicacións etc.

- Material bibliográfico: libros de lectura, libros de texto e de consulta, dicionarios en papel, xornais, revistas, mapas etc.

Tamén se debe contemplar, tal como se especifica no artigo 78 da Orde do 8 de setembro de 2021, a necesidade de materiais axeitados para a atención á diversidade. O centro dispón dunha equipación adecuada para todo o alumnado, mesmo para aquel que teña dificultades de accesibilidade ás súas instalacións (cadeiras de rodas, elevadores, escada rolante, muletas etc.)

Se se precisa algún outro material complementario adaptado a este tipo de alumnado, será solicitado á Consellería a través dos informes correspondentes.

Alén dos materiais citados tamén se recomendan outros recursos en formato dixital:

- Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/category/linguas/galego/

- Dicionario castelán-galego, Rinoceronte Editora: https://rinoceronte.gal/dicionario/

- Dicionario da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

- Dicionario de pronuncia da lingua galega: http://ilg.usc.es/pronuncia/

- Dicionario visual interactivo: www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/dicionario.html

- O Portal das Palabras, Real Academia Galega e Fundación Barrié: http://www.portaldaspalabras.org/

- Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG), RAG / ILG, Galaxia: http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial, cuxo fin é diagnosticar e valorar o nivel de coñecementos previos do alumnado, efectuarase nas primeiras sesións do curso. Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico do alumno ou alumna no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

Alén diso, a avaliación inicial constitúe un factor preventivo esencial na atención á diversidade, especialmente cando se trata de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Os resultados da avaliación inicial servirán como referente para adoptar as decisións de tipo educativo que correspondan e, nos casos en que for necesario, para demandar da xefatura do Departamento de Orientación a realización dunha avaliación psicopedagóxica.

Esta proba, que poderá partir dun texto literario, xornalístico... constará das seguintes partes:

- Comprensión oral. O alumnado deberá responder, a partir da escoita ou visionado dun audio ou vídeo, preguntas sobre o seu contido.

- Comprensión escrita. O alumnado deberá contestar preguntas fechadas sobre o contido dun texto escrito.

- Produción oral. O alumnado realizará intervencións orais a respecto dos contidos e/ou temática do audio ou vídeo proposto.

- Produción escrita. O alumnado realizará unha pequena composición escrita sobre o contido e/ou temática do audio ou vídeo proposto.

Á parte disto, a proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua, sociolingüística, literatura e hábitos lectores referidos ao aprendido no nivel ou etapa anterior.

Se fose posible, poderíase pasar un test sociométrico cuxos resultados nos servirán á hora de facer os agrupamentos para as diferentes actividades do curso.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 50.0 30.0 15.0 5.0 100.0
Proba escrita 100.0 30.0 100.0 100.0 79.0
Táboa de indicadores 0.0 70.0 0.0 0.0 21.0

Criterios de cualificación

O alumnado será avaliado polo profesor correspondente ao longo do curso, dividido en tres avaliacións parciais máis a final.

Á hora de cualificar cada un dos trimestres teranse en conta, ademais das probas de avaliación e da proba da obra de lectura trimestral, todas as actividades feitas polo alumnado, a súa atención na clase, a participación nos traballos que se lles encomenden, o interese e o esforzo persoal. Obteranse, deste modo, moitos puntos de referencia para as cualificacións finais, non só circunscritas aos resultados dos exames. Para isto, teranse en conta as seguintes porcentaxes:

  • Probas escritas ou orais teórico-prácticas (unha ou varias): 80%. No caso de haber varias probas, a nota para aplicar esta porcentaxe será a media das cualificacións obtidas en cada unha delas.

  • Actividades realizadas na aula ou na casa e actitude cara á materia: 10%

  • Proba escrita ou oral da obra de lectura trimestral: 10%

A cualificación final da materia obterase a partir da media aritmética dos tres trimestres. O alumnado que, unha vez feita a media aritmética dos tres trimestres, non acade unha cualificación positiva terá que realizar unha proba de recuperación final de toda a materia do curso que terá unha ponderación do 100%.

 

O alumnado desenvolverá, tal como corresponde a unha materia lingüística, todas as respostas ás probas en lingua galega. De non ser así, as probas poderán ser consideradas como non superadas e ser cualificadas cun 0.

A valoración dos exercicios das distintas probas, farase de acordo cos criterios que figuren nas mesmas. Así mesmo, aplicarase unha penalización de nota por incorreccións lingüísticas: faltas leves (-0,05)- O desconto total por faltas non superará os 2 puntos.

Na valoración dos traballos, ademais do dito anteriormente, terase en conta a presentación, a redacción e a puntualidade (non se recollerán os traballos entregados fóra de prazo).

Cando o resultado da cualificación global sobrepase a unidade en 50 décimas ou menos redondearase á unidade anterior e cando sobrepase as 50 décimas, a cualificación será a unidade superior.

Calquera proba de avaliación poderá considerarse suspensa (e nese caso terá unha cualificación de 0 puntos) se hai constancia de que o alumno/a copiou, permitiu que outros/as copiasen o seu traballo ou participou en calquera actividade ou estratexia para mellorar os resultados (propios ou alleos) mediante métodos fraudulentos. As ausencias ás probas terán que xustificarse documentalmente. En caso contrario, non poderán realizarse outro día e a cualificación nesa proba será 0.

Finalmente, o profesor/a poderá rexeitar un exame ou exercicio se a súa presentación ou caligrafía o fan ilexible; neste caso quedará ao seu criterio a repetición da proba ou a substitución por unha proba oral.

 

 

O alumnado que, unha vez feita a media aritmética dos tres trimestres, non acade unha cualificación
positiva, terá que realizar unha proba de recuperación final de toda a materia do curso que terá unha
ponderación do 100%. Aplicaranse os mesmos criterios que se estableceron para o
resto do alumnado respecto do redondeo da nota, lingua empregada, descontos por incorreccións
lingüísticas, ausencias, posible fraude e presentación (apartado 5.2 desta programación)..

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan de reforzo e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirán sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberán obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación.

Para a avaliación do alumnado que ten materias pendentes débense ter en conta os contidos impartidos na materia no curso anterior. Polo tanto, o plan de reforzo de materias pendentes deberá elaborarse considerando esas aprendizaxes e competencias non adquiridas.

Ao comezar as clases, o profesor/a que imparta a materia no curso actual do alumno/a coa materia pendente de 1º ESO daralle as indicacións necesarias para planificar o traballo: calendario coas distintas probas, reparto de materia por avaliacións, orientacións para o estudo dos temas. Así mesmo, estará á disposición do alumnado para solucionar as dúbidas que se poidan presentar.

Coa finalidade de que as familias teñan información sobre o proceso de recuperación, durante o curso realizaranse dúas probas escritas nas que se avaliarán os contidos asociados aos catro bloques do currículo e que terán unha ponderación do 100%. Dado que os contidos que se traballan ao longo do curso teñen un desenvolvemento continuo, nas distintas probas poderán entrar contidos traballados con anterioridade ás mesmas. 

A cualificación final da materia obterase a partir da media aritmética das dúas probas. O alumnado que, unha vez feita a media aritmética das dúas probas, non acade unha cualificación positiva, terá que realizar unha proba final de toda a materia do curso que terá unha ponderación do 100%. 

 

Na corrección destas probas aplicaremos os mesmos criterios que establecemos para o resto do alumnado respecto da lingua empregada, descontos por faltas, ausencias, posible fraude e presentación (apartado 5.2 desta programación).

A cualificación mínima para considerar superada a materia é un cinco.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade enténdese como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a alcanzar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

Segundo o artigo 49 da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, as administracións educativas asegurarán os recursos necesarios para que os alumnos e alumnas que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por atoparse en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado».

 

A partir da avaliación inicial do alumnado, proporanse as correspondentes actuacións de seguimento e atención ao alumnado, tanto as medidas ordinarias como extraordinarias. Faranse actividades especificamente deseñadas para cada caso.

Así, en concreto, o plan específico personalizado para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, obrigado polo artigo 52 da Orde do 8 setembro de 2021 de atención á diversidade incluirá os seguintes apartados:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

f) Se for o caso, oferta de medidas extraordinarias.

g) Acreditación da información á familia.

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, se for necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento.

Débese ter en conta o establecido no artigo 41 da citada Orde que, de conformidade co artigo 7 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, define as medidas de atención á diversidade como as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado.

Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e deberán estar recollidas no Plan xeral de atención á diversidade e nas concrecións anuais do dito plan.

Nas medidas ordinarias, por exemplo, teranse en conta os reforzos educativos (RE) e nas extraordinarias as adaptacións curriculares (ACS)

No caso dos RE, se for necesaria a súa aplicación, elaborarase, un informe individual final de curso sobre as medidas de reforzo educativo onde consten os datos do alumno ou alumna e os datos do reforzo educativo en que se inclúa a data de comezo e de remate e a descrición das medidas desenvolvidas (o motivo, descrición das medidas, temporalización, axuda do profesorado, corrección, e valoración final e coa previsión para o seguinte curso se ten que continuar ou non o RE.

Aínda que no momento da elaboración desta PD non se coñece a natureza dos alumnos e alumnas que cursarán esta materia, e aínda pendentes da avaliación inicial, logo de analizar os informes do centro de procedencia e da información facilitada polo/a orientador/a, espérase contar cun alumno con TDAH e dous que, con toda probabilidade, van ter que ser propostos para unha ACS. Alén diso, en 2º áchase un alumno coa materia de 1º sen superar. A este alumno aplicaráselle o plan de reforzo que aparece descrito no apartado 5.3 desta programación.

 

Ante esta situación as medidas concretas que se van aplicar son as seguintes:

-Alumno con TDAH: aplicación do Protocolo de Consenso sobre TDAH na Infancia e na Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario.

Entre as pautas e as estratexias que deben estar presentes no contorno da aula aplicaranse as seguintes actuacións:

O alumno con TDAH debe estar nunha aula con bo clima de traballo e, se for posible, na que non coincida con alumnado con problemáticas semellantes. Estará sentado cerca da mesa do profesorado e ao lado de compañeiras ou compañeiros que lle sirvan de modelo de tranquilidade, de orde e de axuda. Contará cunha axenda que o axudará na súa organización. Evitarase a proximidade a portas, xanelas, papeleiras e lugares de maior tránsito, así como estímulos sonoros ou visuais.

Implementaranse outras medidas como:

-Alternar actividades teóricas con traballo práctico.

-Antes de empezar unha actividade, explicarase en que consiste de xeito claro e sinxelo, e asegurarase de que a entendeu todo o alumnado.

-Empregar estratexias para captar a atención inicial, como mudanzas de entoación, xesticulación e dramatización.

-Segmentar as actividades longas e limitar o número destas.

-Supervisar frecuentemente a realización, para reforzar positivamente ou para reconducir a execución ou as distraccións.

-Usar reforzos e apoios visuais na instrución oral.

-Combinar actividades máis estimulantes con outras menos motivadoras.

-Propor exercicios variados.

-Conseguir a colaboración dun compañeiro ou dunha compañeira para que o axude a comprender e a realizar as tarefas; o que á súa vez contribuirá a potenciar a súa zona de desenvolvemento próximo, segundo a teoría de Vygotsky.

-Utilizar reforzos positivos para motivar (eloxios privados e públicos, colocar os seus traballos no taboleiro da clase, levar os traballos á casa cunha felicitación, utilizar un sistema de puntos ou economía de fichas etc.)

En canto ás tarefas ou deberes que se lle proporán terase presente o seguinte:

-Reducir e fragmentar as actividades.

-Supervisar os exercicios e asegurarse de que entendeu o que ten que facer.

-Utilizar reforzos e apoios visuais na instrución oral.

-Non sobrecargar de tarefas para a casa, cómpre que o profesorado do curso se coordine e seleccione aquelas que se consideren máis importantes.

En canto ás probas escritas e, co fin de as mellorar, será necesario:

-Fixar as datas dos exames con suficiente antelación.

-Traballar con mostras de formato de exames. Serve de gran axuda para todos poder adestrarse con exercicios e formatos tipo do que van atopar no día sinalado.

-Utilizar diferentes formas e instrumentos de avaliación.

-Acurtar os exames escritos e formular preguntas breves, pechadas, claras e con vocabulario sinxelo. En ningún caso se formularán preguntas que poidan resultar ambiguas ou que teñan unha dobre interpretación.

-Complementar os exames escritos de forma oral, cando se observa que están incompletos.

-Alternar a forma de presentación das cuestións que ten que responder o alumnado (de forma oral, escrita ou coas novas tecnoloxías).

-Pactar a fórmula máis idónea para realizar os exames (oralmente ou utilizando o computador).

-Dar máis tempo para realizar as probas ou os exames escritos, inclusive dividilos en dúas sesións, e ser flexibles na súa duración.

-Presentar escrito o texto dos exames, salientando en letra negra as partes máis importantes de cada cuestión e, no caso de preguntas complexas, diferenciando ben cada tarefa. Na media do posible, utilizar un tipo de letra de maior tamaño.

-Deixar suficiente espazo entre as preguntas (dobre espazo e, preferiblemente, un exercicio por páxina), e supervisar a súa comprensión e execución durante o tempo no que se desenvolva o exame.

-Posibilitar que o alumnado poida recuperar, durante a avaliación, os exames suspensos.

-Pedir que se revisen os traballos e os exames antes de entregalos.

-Supervisar que a/o alumna/o respondeu a todas as cuestións antes de entregar o exame.

 

Para os alumnos con previsión de necesidade de AC, que terá que ser autorizada pola inspección educativa, o procedemento para a súa elaboración (Orde do 8 de setembro de 2021), será o seguinte:

a) Realización da avaliación psicopedagóxica e posterior elaboración do informe psicopedagóxico por parte da xefatura do Departamento de Orientación en que conste o seu nivel de competencia curricular. Ese nivel de competencia será o punto de partida para o axuste do currículo. Os referentes para determinar o currículo adaptado serán a competencia curricular e a zona de desenvolvemento próximo da alumna ou do alumno, determinadas, ambas, no informe psicopedagóxico.

b) Convocatoria e coordinación, por parte da xefatura de estudos, dunha reunión á cal deben asistir o equipo docente do alumno e a xefatura do Departamento de Orientación. Nesta reunión analizaranse os resultados da avaliación psicopedagóxica e decidirase a pertinencia ou non de realizar a adaptación do currículo e a materia para adaptar. A xefa ou o xefe do Departamento de Orientación redactará e custodiará a acta desta reunión.

c) Elaboración da proposta de adaptación da materia por parte do profesorado que a imparte e no modelo que o centro teña establecido no seu Plan xeral de atención á diversidade. Igualmente, ese profesorado será o responsable do desenvolvemento e da avaliación da adaptación curricular, en colaboración, se for o caso, co profesorado de apoio ao alumnado con NEAE. En todo ese proceso o profesorado contará co asesoramento da xefatura do Departamento de Orientación.

A xefatura do Departamento de Orientación conformará o expediente da adaptación, que se axustará ao modelo que figura no anexo II da citada Orde, e xuntaráselle copia da acta da reunión en que se decidiu realizar a adaptación curricular. A dirección do centro docente enviará o expediente da adaptación curricular ao servizo territorial de Inspección Educativa, a quen lle compete a autorización. Con carácter xeral, a solicitude da dirección do centro docente farase antes da finalización do mes de novembro, excepto no caso das adaptacións curriculares que forman parte dos expedientes de flexibilización da duración do período de escolarización. Formarán parte do expediente da alumna ou do alumno unha copia da adaptación curricular e a súa autorización polo servizo territorial de Inspección Educativa.

O desenvolvemento das adaptacións curriculares realizarase, na medida do posible, no contexto da aula ordinaria da alumna ou do alumno, coordinado polo profesorado titor, quen convocará as reunións de seguimento que se consideren necesarias ou, cando menos, as que figuren no expediente da adaptación curricular.

A avaliación do alumnado nas áreas ou materias adaptadas será realizada polo profesorado que as imparte, coas achegas do profesorado de apoio, de ser o caso, e conforme os criterios de avaliación establecidos na adaptación curricular. As cualificacións expresaranse nos mesmos termos que os establecidos na normativa xeral que regula a avaliación na ESO. Os referentes da avaliación do alumnado con adaptación curricular serán os incluídos na dita adaptación, sen que isto poida impedirlle a promoción ou titulación.

A información sobre as avaliacións que se lles facilite ás familias reflectirá as cualificacións obtidas, segundo os criterios de avaliación que constan nas correspondentes adaptacións curriculares. Nesta información contemplarase tamén unha valoración cualitativa do progreso da alumna ou do alumno.

O profesorado titor será o responsable, coa colaboración do equipo docente e da xefatura do Departamento de Orientación, de elaborar e trasladar esa información.

As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado teñen dereito, logo de remitir a solicitude correspondente, a que o centro lles facilite unha copia da adaptación curricular autorizada.

Ás ACs destes alumnos adaptaránselles os contidos e os criterios de avaliación. No primeiro caso, reduciranse os contidos aos establecidos nos mínimos de consecución e nos criterios de avaliación serán avaliados tendo en conta a redución das porcentaxes indicadas nos criterios de avaliación da PD e na non aplicación de todos eles.

Aos alumnos con algún destes diagnósticos: dislexia, discapacidade auditiva, TEA, altas capacidades, Down ou discapacidade intelectual ou TDAH seguiranse os protocolos establecidos pola Consellería.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4
1 A comunicación audivisual
2 A competencia dixital
3 O fomento do espírito crítico e científico
4 A educación emocional e en valores
5 A igualdade de xénero
6 A creatividade
7 Educación para a sustentabilidade e o consumo responsable
8 O emprendemento social e empresarial
9 A comprensión lectora
10 A expresión oral e escrita

O Decreto do currículo de ESO establece que en todas as materias e, polo tanto, en Lingua Galega e Literatura de 1º de ESO, se traballarán os seguintes elementos transversais:

- a comprensión lectora

- a expresión oral e escrita

- a comunicación audiovisual

- a competencia dixital

- o emprendemento social e empresarial

- o fomento do espírito crítico e científico

- a educación emocional e en valores

- a igualdade de xénero

- a creatividade

Alén diso, pola peculiaridade da materia de Lingua Galega e Literatura, a comprensión lectora e a comunicación oral e escrita, ao formar parte do currículo, serán elementos tratados dunha ou doutra maneira en todas as unidades didácticas, polo que non aparecen singularizados en ningunha delas.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita ao museo etnográfico e outrosSaídas didácticas Coñecemento de oficios e xogos tradicionais

Cómpre ter en conta que todas estas actividades teñen relación directa coa materia, polo que non se considerarán nin se inclúen aquí as actividades complementarias organizadas polo centro.

O número de actividades complementarias programadas non excederá das tres por curso, unha por trimestre. As que se desenvolven fóra do centro, contarán co permiso por escrito da nai, do pai ou dos titores legais e deberán figurar na PXA do centro.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Clima de traballo na aula 1. Propiciouse un ambiente motivador na aula.
Clima de traballo na aula 2. Respectouse o alumnado e demostrouse sensibilidade ante os seus problemas e as súas diferenzas tanto culturais, como de procedencia.
Medidas de atención á diversidade 3. Atendeuse adecuadamente a diversidade do alumnado e aplicáronse os protocolos correspondentes.
Medidas de atención á diversidade 4. Logo de realizarse a avaliación inicial e de recibir a información transmitida polo Departamento de Orientación, mantívose o seguimento personalizado de todo o alumnado ao longo do curso.
Outros 5. O alumnado foi informado detalladamente dos criterios e instrumentos de avaliación, cualificación e puntuación establecidos.
Metodoloxía empregada 6. As explicacións foron claras e amenas e as exemplificacións sinxelas e comprensibles.
Clima de traballo na aula 7. Respectouse a puntualidade á hora de entrar na aula e mostrouse unha actitude entusiasta e dinámica.
Outros 8. O profesorado mantívose actualizado tanto no que se refire a aspectos didácticos xerais e específicos da súa materia como no ámbito das novas tecnoloxías.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 9. Existiu un seguimento continuo da programación didáctica ao longo do curso e realizáronse as modificacións e adaptacións necesarias.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 10. Estableceuse unha comunicación fluída e constante con outros departamentos, equipos e grupos de traballo específicos (EDLG, Biblioteca, Club de Ciencia etc.).
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 14. Os procedementos, criterios e instrumentos de avaliación utilizados foron os adecuados.
Outros 11. Estableceuse unha comunicación continuada co alumnado imposibilitado para asistir temporalmente ao centro: atención domiciliaria, hospitalización etc., a través da aula virtual ou doutras comunicacións telemáticas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 12. Conseguíronse adecuar as unidades didácticas á temporalización indicada e desenvolvéronse as actividades propostas de acordo á súa temporalización.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 13. Mantívose a coherencia entre obxectivos, contidos, criterios de avaliación e niveis de desempeño mínimos.
Metodoloxía empregada 15. Empregouse unha metodoloxía precisa e variada, con uso de materiais diversos.
Medidas de atención á diversidade 16. Propuxéronse e concretáronse actividades de seguimento para atender a diversidade do alumnado: NEAE, repetidores/as, ACS, reforzos.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 17. Participouse no Plan lector do centro e en actividades programadas por outros grupos ou equipos docentes (EDLG, Equipo de Biblioteca etc.).
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 18. Asistiuse ás reunións de departamento achegando ideas, información e modificacións á PD, avaliando os resultados das avaliacións do alumnado e propondo estratexias de mellora.
Outros 19. Analizouse a cualificación do alumnado e valoráronse as porcentaxes de alumnado que superou e non superou a materia.
Clima de traballo na aula 20. Potenciouse a participación, o diálogo e a reflexión dentro da aula.
Outros 21. As probas de avaliación foron corrixidas no prazo establecido, entregadas ao alumnado para analizalas e comentalas na clase.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 22. Mantívose contacto regular coas familias para seren informadas de todo o proceso de ensino-aprendizaxe das filla ou fillos.
Outros 23. Pasóuselle ao alumnado un cuestionario-enquisa a respecto da práctica docente do profesor ou profesora.
Metodoloxía empregada 24. Fomentouse que o alumnado utilizase a lingua galega habitualmente na clase co profesor ou profesora e cos seus compañeiros e compañeiras.

Resulta fundamental que o profesorado posúa ferramentas e empregue procedementos útiles para avaliar o proceso do ensino e a súa práctica docente. Esta valoración efectúase, tal e como indica a normativa vixente, a través duns indicadores de logro "o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes".

Estes indicadores xiran arredor de tres aspectos: o referente á actitude profesional dentro da aula, ao coñecemento e á actitude a respecto do alumnado e ao cumprimento do establecido na programación didáctica.

Os ditos indicadores de logro valoraranse nunha escala de 0 a 10, e os seus resultados deben ser inseridos dentro da memoria final.

Para recompilar información e elaborar os indicadores de logro poderanse utilizar os cuestionarios que lle foron proporcionados ao alumnado, mesmo ao final de cada trimestre e ao remate do curso.

Todos estes datos formarán parte de memoria final e deben terse en conta para que se poidan corrixir as deficiencias detectadas na PD do próximo curso.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Alén diso, tivéronse en conta as propostas de mellora existentes na memoria do curso anterior.

A estrutura da PD inclúe os apartados que recolle a Resolución do 26 de maio de 2022 que se expresan a seguir:

-Introdución

-Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias

-Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, e que conteñen a parte do currículo da materia que se traballou e a relación dos instrumentos de avaliación.

-Metodoloxía, coas concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos

-A avaliación, que refire o procedemento para a avaliación inicial, os criterios de cualificación coa indicación do mínimo de consecución para superar a materia

-Medidas de atención á diversidade

-A concreción dos elementos transversais

-As actividades complementarias

-A práctica docente, que inclúe o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro e o procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da propia programación didáctica

Rematado o curso, para proceder a unha avaliación, revisión e propostas de mellora da PD, débense considerar os seguintes apartados:

-A programación entregouse no prazo establecido normativamente.

-O desenvolvemento da programación didáctica foi analizado e revisado na última reunión de departamento de cada trimestre.

-Valorouse o grao de cumprimento da secuenciación e temporalización das respectivas unidades didácticas, e se o seu deseño se axustou aos distintos elementos do currículo.

-Valorouse a metodoloxía seguida e se os materiais e recursos didácticos empregados deron os resultados previstos.

-En canto á avaliación, analizouse se o deseño das probas de avaliación inicial e os mecanismos para a súa realización foron os adecuados.

-Así mesmo, valorouse se os criterios de avaliación, tanto os establecidos para as distintas recuperacións de probas ou avaliacións como os seguidos para a avaliación final foron os axeitados.

-Revisáronse as medidas adoptadas a respecto do alumnado NEAE presente nas aulas.

-Valorouse a pertinencia dos distintos elementos transversais e o grao de cumprimento e participación en actividades complementarias.

-Analizouse se os mecanismos de información ás familias estaban dando os resultados previstos e se foron útiles e axeitados.

-Incluíuse a avaliación da práctica docente e da propia PD.

-Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Tamén se tiveron en conta en conta as propostas existentes na memoria do curso anterior.

Para levar a cabo esta análise e comprobación da adecuada aplicación da PD, elaboráronse os seguintes indicadores de logro, que deberán ir acompañados das correspondentes puntuacións nunha táboa de 1 a 5.

1. Conseguise acadar o grao de cumprimento dos obxectivos didácticos propostos, co correspondente desenvolvemento das competencias clave.

2. A secuenciación das UD propostas foi a axeitada, así como o número delas e a súa distribución cronolóxica.

3. As concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos utilizados axustáronse aos fins perseguidos.

4. Os criterios de avaliación foron ben aplicados.

5. Os instrumentos de avaliación foron os adecuados.

6. Os mínimos de consecución para cada criterio de avaliación estiveron ben establecidos.

7. Atendeuse debidamente a diversidade do alumnado (seguindo os protocolos de actuación correspondentes).

8. Atendéronse suficientemente os contidos transversais e as actividades complementarias.

9. A materia contribuíu aos distintos plans do centro: PLC, Plan lector, TIC, Convivencia....

10. Realizouse un seguimento regular da PD por parte do departamento.

11. Avaliouse o cumprimento da PD aplicando unha escala de 1 a 5 .

12. Establecéronse propostas para emendar as deficiencias observadas na aplicación da PD.

13. Estas propostas foron incluídas na memoria final do departamento.

 

Na acta da última reunión do departamento recolleranse todas as modificacións ou adaptacións feitas ao longo do curso e as propostas de mellora suxeridas. Todos estes datos incluiranse, ademais, na memoria final do departamento para seren tidas en conta na PD do próximo curso; tamén serán transmitidas e expostas, se for o caso, na primeira reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

 

Por último, convén sinalar que todos os membros do departamento didáctico realizarán a necesaria actualización para poderen elaborar e facer o correspondente seguimento da PD a través da aplicación PROENS.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver