Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


As nosas decisións programáticas obedecen ao grande obxectivo educativo e social de conseguir e consolidar falantes para o galego. Neste sentido, a materia de Lingua Galega en 4º de ESO continúa as liñas dos cursos anteriores na etapa coa continuidade do achegamento á literatura galega e ten a responsabilidade engadida de ser, para moito do noso alumnado, o último contacto co ensino regrado da nosa lingua e literatura. Preténdese mellorar a eficacia comunicativa do alumnado na produción, recepción e interacción oral, escrita e multimodal e pola outra, favorecer un uso ético da linguaxe.

Tendo en conta que a aprendizaxe da lingua progresa en espiral, os contidos deste nivel non son significativamente diferentes aos de cursos anteriores, senón que a diferenza radica no grao de profundidade coa que son tratados.

Os criterios de avaliación e os contidos distribúense en catro bloques.

En primeiro lugar, «As linguas e os seus falantes» recolle diferentes aspectos sociolingüísticos, facendo fincapé na diversidade lingüística e no desenvolvemento dunha actitude de respecto e aprecio pola lingua, carente de prexuízos de índole idiomática.

O segundo bloque, «Comunicación» abarca os saberes implicados na comunicación oral e escrita e a alfabetización informacional e mediática.

O terceiro bloque, «Educación literaria» procura consolidar o hábito lector do alumnado, incrementar a súa capacidade para interpretar textos literarios e realizar un achegamento ao contexto histórico-cultural nos séculos XX e XXI.

O cuarto e último bloque, «Reflexión sobre a lingua», pretende acometer a aprendizaxe sistemática da gramática a través de procesos de indagación.

Alén dos contidos lingüísticos, sociolingüísticos e literarios que inclúe a programación cómpre tamén salientar a incorporación de nocións básicas doutras linguas como o éuscaro e o portugués, especialmente este último. Este fomento do ensino/aprendizaxe do portugués está en consonancia coa Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, e coas directrices da Unión Europea relativas ao coñecemento das variedades lingüísticas próximas e, de modo especial, ás transfronteirizas que presentan vínculos históricos e estruturais tan evidentes como acontece co galego e o portugués. A coñecida tamén como Lei Valentín Paz Andrade incide nesta idea ao establecer que «a lingua propia de Galicia, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outórgalle unha valiosa vantaxe competitiva á cidadanía galega» e prosegue, «por iso debemos dotarnos de métodos formativos e comunicativos que nos permitan desenvolvernos con naturalidade nunha lingua que nos é moi próxima e nos concede unha grande proxección internacional».

A proposta didáctica que se presenta para 4º de ESO está articulada arredor de tres unidades didácticas nas que se abordan os catro bloques de contidos mencionados anteriormenete.  Convén sinalar que en cada unidade se desenvolve algunha lectura, elemento de gran relevancia para nós ao permitirnos, ademais doutros aspectos, tratar diferentes elementos transversais. Ademais destas lecturas, en cada trimestre propoñerase unha obra de lectura. 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Describir e apreciar a diversidade lingüística da Península Ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e éuscaro) e as características dialectais do galego para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega.
OBX2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras, e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social e cultural da lectura.
OBX8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Reflexión sobre a lingua A morfoloxía. A sintaxe A semántica O léxico galego O texto: unidade comunicativa, propiedades textuais, tipoloxía e comprensión textual 60 55
2 A lingua e os seus falantes A diversidade lingüística. A variación lingüística. A lusofonía. Os prexuízos e os esterotipos lingüísticos. 10 10
3 A literatura A poesía e a prosa do primeiro terzo do s. XX. A poesía e a prosa entre 1936 e 1976. A poesía e a prosa de 1976 á actualidade. O teatro de 1916 á actualidade. 30 40

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA1.1 - Recoñecer e valorar, a partir da explicación da orixe común do galego e do portugués e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, as semellanzas e diferenzas entre as dúas linguas, identificando e contrastando os trazos lingüísticos máis salientables e ampliando o repertorio léxico en lingua portuguesa.
CA1.2 - Recoñecer e valorar as variantes dialectais do galego, identificando os trazos fónicos, gramaticais e léxicos máis característicos dos bloques e das principais áreas lingüísticas, establecendo as diferenzas respecto da norma e distinguindo estes trazos dos sociolectais e de rexistro en manifestacións orais, escritas e multimodais.
CA1.3 - Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística da contorna escolar e social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.
CA1.4 - Valorar a lingua éuscara, analizando as súas características máis salientables para coñecer e comprender a realidade lingüística de España.
CA1.5 - Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.
Contidos
C1.1 - Ampliación do coñecemento do portugués. Semellanzas e diferenzas léxicas entre o galego e o portugués (falsos amigos).
C1.2 - Fenómenos dialectais fónicos, gramaticais e léxicos dos bloques e das áreas lingüísticas do galego. Comparación entre a norma e as variedades dialectais.
C1.3 - Diferenzas entre os trazos dialectais, os sociolectos e os rexistros.
C1.4 - Desenvolvemento da reflexión sociolingüística. Exploración e rexeitamento de prexuízos e estereotipos lingüísticos. Os fenómenos do contacto entre linguas: bilingüismo, diglosia, préstamos e interferencias.
C1.5 - Indagación sobre os dereitos lingüísticos e a súa expresión en leis e declaracións institucionais.
C1.6 - Valoración e comprensión das principais características do éuscaro.
C1.7 - Elaboración de traballos de investigación relacionados con temas de interese académico, persoal ou social.
Bloque B2. Comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA2.1 - Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
CA2.2 - Realizar exposicións e argumentacións orais e escritas de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
CA2.3 - Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
CA2.4 - Comprender, valorar e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA2.5 - Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
CA2.6 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
CA2.7 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
CA2.8 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA2.9 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
CA2.10 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos, procurando consensos, tanto no ámbito persoal como no educativo e no social.
Contidos
C2.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.1.1 - Secuencias textuais básicas, con especial atención ás argumentativas.
C2.1.2 - Propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
C2.1.3 - Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital e riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na rede. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
C2.1.4 - Xéneros discursivos propios do ámbito profesional: o currículo, a carta de motivación e a entrevista de traballo.
C2.2 - Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
C2.2.1 - Interacción oral e escrita de carácter informal e formal: cooperación conversacional e cortesía lingüística. Es-coita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
C2.2.2 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da informa-ción relevante. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal, dos abusos a través da palabra e dos uso
C2.2.3 - Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audien-cia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. A deliberación oral argumentada. A ex
C2.2.4 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Os abusos de poder e a manipulación a través da linguaxe. As noticias falsas. Valoración da forma e do contido do texto.
C2.2.5 - Produción escrita: planificación, textualización, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramati-cal e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, definici
C2.2.6 - Alfabetización mediática e informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, cali-dade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e trans-formación en coñecemento; comunica
C2.3 - Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
C2.3.1 - Mecanismos de cohesión. Conectores textuais de causa, consecuencia, condición e hipótese. Mecanismos de referencia interna, gramaticais e léxicos (nominalizacións e hiperónimos de significado abstracto).
C2.3.2 - Correlación temporal na subordinación de oracións e no discurso relatado.
C2.3.3 - Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consul-ta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
C2.3.4 - Os signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque B3. Educación literaria
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
CA3.2 - Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
CA3.3 - Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
CA3.4 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
CA3.5 - Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
CA3.6 - Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
CA3.7 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Contidos
C3.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de forma progresivamente autónoma a partir dunha prese-lección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.
C3.1.1 - Criterios e estratexias para a selección de obras variadas que inclúan autoras e autores galegos e, en menor medida, do ámbito lusófono a partir da utilización autónoma da biblioteca escolar e pública dispoñible.
C3.1.2 - Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
C3.1.3 - Expresión da experiencia lectora utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
C3.1.4 - Toma de conciencia e verbalización dos propios gustos e identidade lectora: aclarar os propósitos, activar o coñecemento de base, atender os contidos principais, avaliar a consistencia interna entre os contidos e os co-ñecementos previos, formular e avali
C3.1.5 - Mobilización da experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos de maneira argumentada entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
C3.1.6 - Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados, respectando sempre a propiedade inte-lectual, ou ben oralmente entre iguais, enmarcando de maneira básica as obras nos xéneros e subxéneros li-terarios.
C3.2 - Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura do patrimonio literario galego e, en menor medida, do lusófono, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
C3.2.1 - Estratexias e modelos de construción compartida da interpretación das obras, como discusións, conversas literarias, debates e emisión razoada das opinións persoais coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.
C3.2.2 - Estratexias de utilización de información sociohistórica, cultural e artística básica para construír a interpreta-ción das obras literarias: achegamento ao contexto, á corrente literaria, ao autor ou autora e establecemento de parentescos literarios.
C3.2.3 - Relación e comparación dos textos lidos con outros textos orais, escritos ou multimodais, con outras manifestacións artísticas e culturais e coas novas formas de ficción, en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes. Elementos de continuidade e de ruptura.
C3.2.4 - Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios a partir da integración dos diferentes aspectos anali-zados e atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos. Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do univers
C3.2.5 - Lecturas de obras que promovan a defensa dos dereitos humanos e a conciencia ambiental.
C3.2.6 - Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos atendendo aos procesos de comprensión, apropia-ción e oralización implicados.
C3.2.7 - Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque B4. Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA4.1 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
CA4.2 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
CA4.3 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
CA4.4 - Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, a comparación e a transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Contidos
C4.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
C4.1.1 - Diferenzas relevantes e interseccións entre a lingua oral e a lingua escrita atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos.
C4.1.2 - Distinción entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras. A subordinación. A consolidación dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para a mudanza de categoría.
C4.1.3 - Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración composta (subordinada). Observación e trans-formación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria.
C4.1.4 - Procedementos de adquisición e formación de palabras. Reflexión sobre as mudanzas no seu significado, as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo.
C4.1.5 - Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica. Elaboración de glosarios, recoñecemento de distintos tipos de dicionarios, potenciación das TIC a través do emprego do dicionario d
C4.1.6 - Promoción dun modelo lingüístico afastado da castelanización e da deturpación para conseguir unha lingua de calidade.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Reflexión sobre a lingua
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística da contorna escolar e social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.
Táboa de indicadores
Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística da contorna escolar e social próxima 1
CA1.5 Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.
Táboa de indicadores
Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes 1
CA2.1 Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Proba escrita
Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos. 15
CA2.2 Realizar exposicións e argumentacións orais e escritas de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
Proba escrita
Realizar exposicións e argumentacións orais e escritas sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado. 15
CA2.3 Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
Participar de maneira axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística. 1
CA2.4 Comprender, valorar e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
Comprender, valorar e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais. 15
CA2.5 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
Táboa de indicadores
Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle. 1
CA2.6 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade. 1
CA2.7 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
Táboa de indicadores
Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información. 1
CA2.8 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora. 1
CA2.9 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe. 1
CA2.10 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos, procurando consensos, tanto no ámbito persoal como no educativo e no social.
Táboa de indicadores
Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos. 1
CA4.1 Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
Proba escrita
Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. 15
CA4.2 Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.
Táboa de indicadores
Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora. 1
CA4.3 Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
Proba escrita
Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor. 15
CA4.4 Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, a comparación e a transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.
Proba escrita
Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, a comparación e a transformación de enunciados. 15

2 A lingua e os seus falantes
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e valorar, a partir da explicación da orixe común do galego e do portugués e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, as semellanzas e diferenzas entre as dúas linguas, identificando e contrastando os trazos lingüísticos máis salientables e ampliando o repertorio léxico en lingua portuguesa.
Proba escrita
Recoñecer e valorar, a partir da explicación da orixe común do galego e do portugués e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, as semellanzas e diferenzas entre as dúas linguas, identificando e contrastando os trazos lingüísticos máis salientables. 20
CA1.2 Recoñecer e valorar as variantes dialectais do galego, identificando os trazos fónicos, gramaticais e léxicos máis característicos dos bloques e das principais áreas lingüísticas, establecendo as diferenzas respecto da norma e distinguindo estes trazos dos sociolectais e de rexistro en manifestacións orais, escritas e multimodais.
Proba escrita
Recoñecer e valorar as variantes dialectais do galego, identificando os trazos fónicos, gramaticais e léxicos máis característicos dos bloques e das principais áreas lingüísticas, establecendo as diferenzas respecto da norma. 25
CA1.3 Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística da contorna escolar e social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.
Proba escrita
Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística da contorna escolar e social próxima. 25
CA1.4 Valorar a lingua éuscara, analizando as súas características máis salientables para coñecer e comprender a realidade lingüística de España.
Proba escrita
Valorar a lingua éuscara para coñecer e comprender a realidade lingüística de España. 20
CA1.5 Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.
Táboa de indicadores
Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada. 4
CA2.3 Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita e estratexias de cortesía lingüística. 1
CA2.6 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma calibrando a súa fiabilidade e respectando os principios de propiedade intelectual. 2
CA2.7 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
Táboa de indicadores
Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información. 1
CA2.9 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua e os usos manipuladores da linguaxe partindo da análise dos elementos lingüísticos, así como dos elementos non verbais da comunicación. 1
CA2.10 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos, procurando consensos, tanto no ámbito persoal como no educativo e no social.
Táboa de indicadores
Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos. 1

3 A literatura
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.
Táboa de indicadores
Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada. 1
CA2.3 Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
Táboa de indicadores
Participar de maneira axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita e estratexias de cortesía lingüística. 1
CA2.6 Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
Táboa de indicadores
Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma calibrando a súa fiabilidade e respectando os principios de propiedade intelectual. 1
CA2.7 Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.
Táboa de indicadores
Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información 1
CA2.9 Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.
Táboa de indicadores
Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua e os usos manipuladores da linguaxe partindo da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación. 1
CA2.10 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos, procurando consensos, tanto no ámbito persoal como no educativo e no social.
Táboa de indicadores
Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos. 1
CA3.1 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
Proba escrita
Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais. 30
CA3.2 Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.
Proba escrita
Valorar o contido e a forma de textos avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados. 30
CA3.3 Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.
Táboa de indicadores
Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades . 1
CA3.4 Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.
Táboa de indicadores
Compartir a experiencia da lectura relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural. 1
CA3.5 Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.
Proba escrita
Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico. 30
CA3.6 Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Táboa de indicadores
Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais. 1
CA3.7 Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.
Táboa de indicadores
Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios. 1

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Antes de comezar cada unidade tratarase de pescudar na aula os coñecementos previos do alumnado, para relacionalos progresivamente cos novos contidos que se impartan, só así se poderá conseguir unha aprendizaxe significativa e construtiva na que os novos coñecementos e o proceso de aprendizaxe estean relacionados co desenvolvemento psicolóxico, o ritmo evolutivo e as capacidades e contidos adquiridos previamente polo alumnado.

Tamén se proporán preguntas que supoñan un revulsivo para os estudantes e que incrementen a súa atención por medio da interacción coa docente. É moi relevante para o profesorado a premisa de ensinar a aprender segundo a cal, a aprendizaxe é un proceso que se desenvolve ao longo da vida, por iso correspóndelle ao docente ir dotando o seu alumnado dunha progresiva autonomía que lle permita "aprender a aprender", a buscaren por si mesmos a información que teñen ao seu alcance para que o día de mañá saiban desenvolverse. Así mesmo, é preciso sinalar que sería moi efectivo crear unha liña metodolóxica común entre todos os membros do Departamento de Lingua Galega ao longo de toda a etapa, para evitar cambios ou desaxustes bruscos no alumno ao mudar de curso. Para iso, é indispensable a estreita cooperación de todos os compoñentes do Departamento.

LIÑAS METODOLÓXICAS

O principal propósito que se procura é mellorar a competencia comunicativa en lingua galega. Non esquezamos que a clase de lingua estivo tradicionalmente orientada, na meirande parte dos casos, á realización dunha serie de actividades pouco motivadoras, encamiñadas a conseguir uns contidos formais que dificilmente teñen relación co uso real da lingua.

Sabemos que o desenvolvemento intelectual pode ser acelerado mediante o emprego de determinadas estratexias didácticas, por iso, a metodoloxía de ensino en Lingua Galega e Literatura tratará de ser o máis activa posible e alternará traballos individuais con traballos cooperativos que melloren os vínculos entre o alumnado e mesmo favorezan as relacións interculturais, por suposto, incluíndo na mesma liña a ensinanza por competencias.

Outra cuestión a ter en conta é o traballo da oralidade, pois en boa parte dos casos o uso da lingua polos rapaces e rapazas queda relegado a unha práctica ritual forzada polas clases de Lingua Galega e as outras materias que se imparten obrigatoriamente en galego.

LIÑAS DE ACTUACIÓN NO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE

  • O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que o capaciten para acceder á formación superior ou ao futuro profesional de forma competente.  

  • A realización de tarefas complexas, de xeito que o alumnado teña que mobilizar un amplo conxunto de recursos e saberes para afrontar con éxito as diferentes situacións comunicativas e sexa quen de responder aos retos da sociedade do século XXI, que require persoas cultas, críticas e ben informadas.  

  • O traballo cooperativo, coa proposta de tarefas nas que o alumnado debe regular a súa conduta e a súa capacidade para se relacionar cos demais, estimulando o respecto crítico a outros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.  

  • A énfase na atención á diversidade, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en practica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades ou de tarefas de ampliación para aquel alumado que precise afondar máis nos contidos.  

  • Uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento. A adquisición destas destrezas pode acadarse a través da lectura de distintos tipos de textos, da súa comprensión e da reflexión arredor deles.  

  • O desenvolvemento gradual e progresivo dos obxectivos e dos contidos de maneira que, alén de incrementar a dificultade dos procesos e situacións comunicativas, tamén se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma.  

  • A potenciación da reflexión interlingüística, centrada especialmente na lingua galega e portuguesa. Buscamos a intercomunicación nos dous idiomas con actividades que favorezan a adquisición doutras habilidades que, como a mediación, poden resultar moi útiles na futura traxectoria profesional da mocidade galega.  

  • A proposta de lectura de obras que, alén de ampliar os ámbitos de coñecemento do alumnado e de melloraren o seu nivel de capacidade verbal, promovan a defensa de valores socioculturais e éticos (dereitos humanos, conciencia ambiental, benestar animal...).  

  • •A recomendación de lecturas en soportes variados, enmarcando as obras nos xéneros literarios e evitando a memorización descontextualizada dun conxunto de características, autores e títulos de obras. 

  • A énfase nas estratexias que fomenten a oralidade e as competencias activas co fin de que o alumnado adquira os recursos necesarios para se expresar correctamente nunha ampla variedade de situacións comunicativas (espontáneas ou planificadas) e de contextos (formais e informais). Entre o amplo abano de actuacións que contribúen ao desenvolvemento desta destreza, están o cinema, as dramatizacións e representacións teatrais, a radio coas súas múltiples posibilidades (informativos, publicidade, teatro radiofónico...), a música (rap, poemas musicados...) e todo tipo de iniciativas en formato audiovisual. 

  • O cultivo da sensibilidade estética e cultural do alumnado para que sexa quen de apreciar a beleza das obras literarias e para fomentar o enriquecemento do seu acervo cultural e das súas posibilidades de expresión, a través, por exemplo, da realización de exposicións, comentarios, adaptacións audiovisuais de relatos etc.  

  • O desenvolvemento da competencia dixital en lingua galega a través das TIC e o coñecemento de recursos dixitais que faciliten a procura de información, a revisión dos textos e a súa posterior divulgación, sempre respectando os dereitos da propiedade intelectual.  

En resumo, a organización e estruturación  das aulas de lingua deben ter como principal obxectivo o desenvolvemento da competencia lingüística nas súas catro facetas: comprensión oral e escrita e expresión oral e escrita; polo tanto, deben ter unha marcada orientación participativa e creativa.

ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS

Secuenciación habitual do traballo na aula:  

O traballo na aula levarase a cabo tendo en conta as seguintes orientacións metodolóxicas:

  • Os contidos desenvolveranse tendo en conta o libro de texto e realizando as actividades propostas. 

  • Tras unha breve explicación teórica dada polo profesorado, o alumnado pasará á realización das actividades e á posterior corrección. 

  • En cada unidade realizarase algunha lectura que servirá de base para comentarios, análises e tratamento de textos, así como para a elaboración por parte do alumnado dos seus propios textos, partindo do modelo dado. 

Espazos:

Aula de referencia do grupo.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Libro de texto 
Libros de lectura  
Beltrán Carballeira, Ramón X.  (2019). Manual práctico de galego. A Coruña: Baía Edicións. 
Dosil, Benxamín (2015). Escrita doada: consellos para redactar ben. Vigo: Xerais. 
Feixó Cid, Xosé G. (2021). Gramática da lingua galega. Síntese práctica (6ª Edición). Vigo: Xerais. 
López Viñas, Xoán;  Lourenço Módia, Cilha & Moreda Leirado, Marisa (2011). (2ª Ed. Corrixida). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións. 
Fernández Salgado, Benigno (Dir.) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da Lingua Galega. Vigo. Galaxia. 
Regueira, Xosé Luís (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega.  
Méndez Álvarez, Mª Xesús (2004). Ortografía da Lingua Galega. Vigo: Xerais de Galicia. 
Rosales Cereijo, Manuel (2002). A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual. Vigo: Xerais de Galicia. 
Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/category/linguas/galego/ 
Dicionario castelán-galego, Rinoceronte Editora: https://rinoceronte.gal/dicionario/ 
Dicionario da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do 
Dicionario de pronuncia da lingua galega: http://ilg.usc.es/pronuncia/ 
Dicionario visual interactivo: www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/dicionario.html 
O Portal das Palabras, Real Academia Galega e Fundación Barrié: http://www.portaldaspalabras.org/ 
Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG), RAG / ILG, Galaxia: http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg 

 

  • O alumnado empregará un caderno, que poderá ser solicitado en calquera momento para avaliar o seu traballo diario.  

  • Propoñeremos libros de lectura para cada avaliación. 

  • Cando as actividades para desenvolver os contidos da materia así o requiran, poderán utilizarse os ordenadores e o encerado dixital, así como calquera material audiovisual (películas en DVD, audicións en CD...). 

  • As aulas e a biblioteca son os lugares en que o alumnado ten ao seu alcance a maioría dos recursos e materiais do centro (pantalla dixital, canon, ordenadores, conexión a internet...). A biblioteca ofrece, ademais de obras de lectura, revistas, xornais e recursos dixitais para consultar información, realizar traballos de investigación etc.  

  • Tamén se debe contemplar, tal como se especifica no artigo 78 da Orde do 8 de setembro de 2021, a necesidade de materiais axeitados para a atención á diversidade. O centro dispón dunha equipación adecuada para todo o alumnado, mesmo para aquel que teña dificultades de accesibilidade ás súas instalacións. Se se precisa algún outro material complementario adaptado a este tipo de alumnado, será solicitado á Consellería a través dos informes correspondentes.  


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial, cuxo fin é diagnosticar e valorar o nivel de coñecementos previos do alumnado, efectuarase nas primeiras sesións do curso. Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico da alumna ou alumno no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

Alén disto, a avaliación inicial constitúe un factor preventivo esencial na atención á diversidade, especialmente cando se trata de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Así, os resultados da avaliación inicial servirán como referente para adoptar as decisións de tipo educativo que correspondan e, nos casos en que for necesario, para demandar da xefatura do Departamento de Orientación a realización dunha avaliación psicopedagóxica.

Esta avaliación levarase a cabo a través de actividades que permitan valorar o nivel de comprensión e produción oral e o nivel de comprensión e produción escrita do alumnado, así como o grao de coñecemento que posúe en  cuestións relacionadas coa reflexión sobre a  lingua, a sociolingüística e a literatura.

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 60.0 10.0 30.0 100.0
Proba escrita 90.0 90.0 90.0 90.0
Táboa de indicadores 10.0 10.0 10.0 10.000000000000002

Á hora de avaliar os contidos, competencias e obxectivos adquiridos polo alumnado en cada un dos trimestres empregaranse distintos instrumentos:

  • Probas escritas ou orais teórico-prácticas:80%. Poderanse realizar unha ou varias probas. No caso  de haber varias probas, a nota para aplicar esta porcentaxe será a media das cualificacións obtidas en cada unha delas. Dado que os contidos que se traballan ao longo do curso teñen un desenvolvemento continuo, nas distintas probas que se realicen ao longo do mesmo poderán entrar contidos traballados con anterioridade ás mesmas. 

  • Observación da actividade didáctica diaria: 10%. Valoraranse as tarefas realizadas na aula e na casa, así como as exposicións orais e os traballos individuais ou en grupo que se leven a cabo.

  • Proba escrita ou oral da obra de lectura trimestral:10%. O alumnado deberá ler en cada avaliación unha obra literaria que determinará a docente. 

A cualificación da avaliación final será o resultado das tres avaliacións anteriores. A cualificación obterase a partir da media aritmética dos tres trimestres. O alumnado que, unha vez feita a media aritmética dos tres trimestres, non acade unha cualificación positiva na materia terá que realizar unha proba de recuperación final na que entrarán os contidos traballados ao longo do curso e que terá unha ponderación do 100% na avaliación final.

O alumnado desenvolverá, tal como corresponde a unha materia lingüística, todas as respostas ás probas en lingua galega. De non ser así, as probas poderán ser consideradas como non superadas e ser cualificadas cun 0.  

En todos os traballos e probas escritas ou orais aplicarase unha penalización de nota por incorreccións lingüísticas ata un máximo de 2 puntos de acordo co seguinte:

  • Incorreccións moi graves: 0,1. Considéranse incorreccións lingüísticas moi graves o uso de tempos verbais compostos ou a incorrecta  colocación dos clíticos.
  • Resto de incorreccións: 0,05.

Na valoración dos traballos, ademais do dito anteriormente, terase en conta a presentación, a redaccióne a puntualidade (non se recollerán os traballos entregados fóra de prazo).

Cando o resultado da cualificación global sobrepase a unidade en 50 décimas ou menos redondearase á unidade anterior e cando sobrepase as 50 décimas, a cualificación será a unidade superior.

Calquera proba de avaliación poderá considerarse suspensa (e nese caso terá unha cualificación de 0 puntos) se hai constancia de que o alumno/a copiou, permitiu que outros/as copiasen o seu traballo ou participou en calquera actividade ou estratexia para mellorar os resultados (propios ou alleos) mediante métodos fraudulentos. As ausencias ás probas terán que xustificarse documentalmente. En caso contrario, non poderán realizarse outro día e a cualificación nesa proba será 0.

Finalmente,  poderá rexeitarse un exame ou exercicio se a súa presentación ou caligrafía o fan ilexible; neste caso quedará ao criterio da docente a repetición da proba ou a substitución por unha proba oral.  

O alumnado que, unha vez feita a media aritmética dos tres trimestres, non acade unha cualificación positiva na materia terá que realizar unha proba de recuperación final na que entrarán os contidos traballados ao longo do curso e que terá unha ponderación do 100% na avaliación final. Aplicaranse os mesmos criterios que se estableceron para o resto do alumnado respecto do redondeo da nota, lingua empregada, descontos por incorreccións lingüísticas, ausencias, posible fraude e presentación (apartado 5.2 desta programación).

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade enténdese como o conxunto de actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, motivacións e intereses, ritmos e estilos de aprendizaxe e situacións persoais do alumnado. Estas medidas oriéntanse a alcanzar os obxectivos e as competencias establecidas para a ESO e réxense polos principios de equidade, calidade e igualdade de oportunidades, non discriminación, integración, accesibilidade e cooperación da comunidade educativa.

 Segundo o artigo 49 da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, as administracións educativas asegurarán os recursos necesarios para que os alumnos e alumnas que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por atoparse en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado».

A partir da avaliación inicial do alumnado, proporanse as correspondentes actuacións de seguimento e atención ao alumnado. A nosa programación non desatenderá á diversidade da aula e estará adaptada ás necesidades individuais de cada alumno/a; isto implica empregar diferentes técnicas para asegurar o progreso educativo de todo o alumnado e a aplicación, sempre que se estime oportuno por parte do departamento de Orientación, dos protocolos correspondentes publicados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3
1 A comprensión lectora.
2 A expresión oral e escrita.
3 A comunicación audiovisual.
4 A competencia dixital.
5 O emprendemento social e empresarial.
6 O fomento do espírito crítico e científico.
7 A educación emocional e en valores.
8 A igualdade de xénero.
9 A creatividade.

O Decreto do currículo de ESO establece que en todas as materias e, polo tanto, en Lingua Galega e Literatura de 4º de ESO, se traballarán os seguintes elementos transversais:

  • a comprensión lectora.
  • a expresión oral e escrita.
  • a comunicación audiovisual.
  • a competencia dixital.
  • o emprendemento social e empresarial.
  • o fomento do espírito crítico e científico.
  • a educación emocional e en valores.
  • a igualdade de xénero.
  • a creatividade

Alén diso, pola peculiaridade da materia de Lingua Galega e Literatura, a comprensión lectora e a comunicación oral e escrita, ao formar parte do currículo, serán elementos tratados dunha ou doutra maneira en todas as unidades didácticas, polo que non aparecen singularizados en ningunha delas.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas. Asistencia a representacións teatrais, charlas, concertos...
Encontro con autoras/es Encontro con algún autor/a dalgunha das obras de lectura propostas.
Conmemoracións O Día de Rosalía, o Día do Libro, o Día das Letras Galegas e outras recollidas no calendario escolar, como poden ser: Día Mundial da Saúde, do Medio Ambiente, dos Dereitos do Consumidor, Día Internacional da Muller...

O departamento de Lingua Galega e Literatura colaborará, na medida do posible, nas actividades propostas pola Biblioteca do centro, por outros departamentos e centros educativos, así como diferentes institucións e organismos.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Clima de traballo na aula 1. Propiciouse un ambiente motivador na aula
Clima de traballo na aula 2. Respectouse o alumnado e demostrouse sensibilidade ante os seus problemas e as súas diferenzas tanto culturais, como de procedencia.
Medidas de atención á diversidade 3. Atendeuse adecuadamente a diversidade do alumnado e aplicáronse os protocolos correspondentes.
Medidas de atención á diversidade 4. Logo de realizarse a avaliación inicial e de recibir a información transmitida polo Departamento de Orientación, mantívose o seguimento personalizado de todo o alumnado ao longo do curso
Outros 5.  O alumnado foi informado detalladamente dos criterios e instrumentos de avaliación e cualificación establecidos.
Metodoloxía empregada 6. As explicacións foron claras e amenas e as exemplificacións sinxelas e comprensibles.
Clima de traballo na aula 7. Respectouse a puntualidade á hora de entrar na aula e mostrouse unha actitude entusiasta e dinámica.
Outros 8. O profesorado mantívose actualizado tanto no que se refire a aspectos didácticos xerais e específicos da súa materia como no ámbito das novas tecnoloxías.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 9. Existiu un seguimento continuo  da programación didáctica ao longo do curso  e as modificacións e adaptacións necesarias.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 10. Estableceuse unha comunicación fluída e constante con outros departamentos, equipos e grupos de traballo específicos (EDLG, a Biblioteca, Club de Ciencia, etc.).
Outros 11. Estableceuse unha comunicación continuada co alumnado imposibilitado para asistir temporalmente ao centro: atención domiciliaria, hospitalización etc., a través da aula virtual ou doutras comunicacións telemáticas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 12. Conseguíronse adecuar as unidades didácticas á temporalización indicada e desenvolvéronse as actividades propostas de acordo á súa temporalización.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 13. Mantívose a coherencia entre obxectivos, contidos, criterios de avaliación e mínimos de consecución.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 14. Os procedementos, criterios e instrumentos de avaliación utilizados foron os adecuados.
Metodoloxía empregada 15. Empregouse unha metodoloxía precisa e variada, con uso de materiais diversos.
Medidas de atención á diversidade 16. Propuxéronse e concretáronse actividades de seguimento para atender a diversidade do alumnado: NEAE, repetidoras/es, ACS, reforzos.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 17. Participouse no Proxecto lector do centro e en actividades programadas por outros grupos ou equipos docentes (EDLG, Equipo de Biblioteca etc.).
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 18. Asistiuse ás reunións de departamento achegando ideas, información e modificacións á PD, avaliando os resultados das avaliacións do alumnado e propondo mecanismos de mellora.
Outros 19. Analizouse a cualificación do alumnado e valoráronse as porcentaxes de alumnado que superou e non superou a materia.
Clima de traballo na aula 20. Potenciouse a participación, o diálogo e a reflexión dentro da aula.
Outros 21. As probas de avaliación foron corrixidas no prazo establecido, entregadas ao alumnado, analizadas e comentadas na clase.
Clima de traballo na aula 22. Fomentouse que o alumnado utilizase a lingua galega habitualmente na clase co profesor ou profesora e cos seus compañeiros e compañeiras.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 23. Mantívose contacto regular coas familias para seren informadas de todo o proceso de ensino-aprendizaxe das filla ou fillos.

Resulta fundamental que o profesorado posúa ferramentas e empregue procedementos útiles para avaliar o proceso do ensino e a súa práctica docente. Esta valoración efectúase, tal e como indica a normativa vixente, a través duns indicadores de logro "o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes".

Estes indicadores xiran arredor de tres aspectos: o referente á actitude profesional dentro da aula, ao coñecemento e á actitude a respecto do alumnado e ao cumprimento do establecido na programación didáctica.

Os ditos indicadores de logro valoraranse nunha escala de 0 a 10, e os seus resultados deben ser inseridos dentro da memoria final

Todos estes datos formarán parte de memoria final e deben terse en conta para que se poidan corrixir as deficiencias detectadas na PD do próximo curso.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para a elaboración da programación didáctica partiuse do seguimento das directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). Alén diso, tivéronse en conta as propostas de mellora existentes na memoria do curso anterior.

A estrutura da PD inclúe os apartados que recolle a Resolución do 26 de maio de 2022 que se expresan a seguir:

- Introdución.

- Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias.

- Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, e que conteñen a parte do currículo da materia que se traballou e a relación dos instrumentos de avaliación.

- Metodoloxía, coas concrecións metodolóxicas e os materiais e recursos didácticos.

- A avaliación, que refire o procedemento para a avaliación inicial, os criterios de cualificación coa indicación do mínimo de consecución para superar a materia.

- Medidas de atención á diversidade.

- A concreción dos elementos transversais.

- As actividades complementarias.

- A práctica docente, que inclúe o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro e o procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da propia programación didáctica.

Rematado o curso, para proceder a unha avaliación, revisión e propostas de mellora da PD, débense considerar os seguintes apartados:

- A programación entregouse no prazo establecido normativamente.

- O desenvolvemento da programación didáctica foi analizado e revisado na última reunión de departamento de cada trimestre.

- Valorouse o grao de cumprimento da secuenciación e temporalización das respectivas unidades didácticas, e se o seu deseño se axustou aos distintos elementos do currículo.

- Valorouse a metodoloxía seguida e se os materiais e recursos didácticos empregados deron os resultados previstos.

- En canto á avaliación, analizouse se o deseño das probas de avaliación inicial e os mecanismos para a súa realización foron os adecuados.

- Así mesmo, valorouse se os criterios de avaliación foron os axeitados.

- Revisáronse as medidas adoptadas a respecto do alumnado NEAE presente nas aulas.

- Valorouse a pertinencia dos distintos elementos transversais e o grao de cumprimento e participación en actividades complementarias.

- Analizouse se os mecanismos de información ás familias estaban dando os resultados previstos e se foron útiles e axeitados.

- Incluíuse a avaliación da práctica docente e da propia PD.

Na acta da última reunión do departamento recolleranse todas as modificacións ou adaptacións feitas ao longo do curso e as propostas de mellora suxeridas. Todos estes datos incluiranse, ademais, na memoria final do departamento para seren tidas en conta na PD do próximo curso; tamén serán transmitidas e expostas, se for o caso, na primeira reunión daComisión de Coordinación Pedagóxica.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver