Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A materia de Xeografía e Historia contribúe á percepción e a análise dunha realidade cada vez máis diversa e cambiante. A comprensión do devir a través do tempo e do espazo e a análise do cambio como froito da acción humana implica concibir a aprendizaxe do alumnado como unha invitación ao coñecemento de si mesmo e do mundo que o rodea.
Vivir en sociedade, interactuar na contorna e comprender como son as relacións que establecemos e as normas de funcionamento que as rexen resultan esenciais para que o alumnado poida asumir os seus dereitos e responsabilidades e exercitar a cidadanía cara un comportamento cívico.
Nesta liña, os contidos de terceiro van na dirección de comprender o territorio como o espazo humanizado, tanto desde unha perspectiva económica como física e ambiental. Entender as dinámicas internas e externas da poboación e as súas derivadas como a diversidade da poboación, a interculturalidade, as minorías e a igualdade de xénero tamén van ser obxecto de estudo neste curso. Así mesmo, valorar que todos estes asuntos van sentir os efectos do fenómeno da globalización é outro dos eixes principais a tratar.
Desde o punto de vista histórico os contidos deste curso tratan o século XVIII, unha etapa de cambios ideolóxicos, sociais e económicos de grande repercusión que asentan as bases da organización política e económica do mundo contemporáneo ata os nosos días. As revolucións burguesas entenderanse como o marco de ruptura das estruturas do pasado (servidume) para conformar novas formas de pensamento ideolóxico e político nun novo contexto de liberalismo e de democracia, é dicir, de recoñecemento da cidadanía. A globalización, o capitalismo, as formas de traballo e a economía liberal serán cuestións que se comprendan cando se aborde a Revolución Industrial; e, igual que a sociedade, a economía e a política se transforman, a arte deste época tamén responderá a ditas mutacións adaptándose a novos gustos e demandas. Porén, debido ao incremento no número de temas de 2º da ESO, e como o temario do curso pasado non puido traballar a Historia Moderna, neste curso daremos máis peso á Historia, sobre todo a partir do 2º trimestre, estudando polo tanto o período que se desenvolve entre finais do XV e o XVI. Polo tanto, farase menos fincapé na parte de xeografía económica.
Ditos contidos están estruturados en tres bloques que son "Retos do mundo actual" no que se fai fincapé nos desafíos e problemas do presente e da contorna local e global coa perspectiva de coñecer cales son os retos do futuro ao que se enfronta a sociedade en xeral e a española e galega en particular.
O segundo bloque "Sociedades e territorio" integra contidos que contribúen a explicar a evolución das sociedades ao longo do tempo e do espazo para comprender o devir actual e as consecuencias futuras. En definitiva, interpretar o presente desde a perspectiva do pasado como legado histórico.
O terceiro bloque de grande transversalidade é "Compromiso cívico local y global" no que se acentúan o sentido da responsabilidade e os valores democráticos dos/das alumnos/as deste nivel.
En definitiva, alumnado de terceiro comprenderá a través desta materia o presente como un proceso inacabado sobre o que é posible actuar desde unha perspectiva científica e cívica para modelar o futuro.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía empregada á hora de traballar no curso de terceiro os contidos da materia debe permitir que o alumnado adquira o coñecemento dos feitos e fenómenos xeográficos e históricos nun sentido amplo para que poida establecer relacións e detectar as repercusións que estes tiveron no seu momento e aínda teñen no presente. Unha vantaxe da Xeografía e Historia é que o alumando adoita a ter coñecementos previos por experiencias vividas, polo que é preciso aproveitalos para favorecer que siga construíndo a súa aprendizaxe, actuando o profesorado de guía e propiciador do progreso dos saberes.
As unidades temáticas do curso poden abordarse desde unha perspectiva cronolóxica ou transversal, en función dos obxectivos didácticos e as situacións de aprendizaxe propostas, incidindo na contextualización histórica e xeográfica desde un enfoque multicausal e desde unha perspectiva de estudo comparado. Para iso, pódense priorizar contidos e ir ao esencial co fin de traballar dun xeito operativo, práctico e comprensible.
Seguindo a máxima de que se aprende facendo é recomendable o emprego de metodoloxías abertas, flexibles e activas que poñan ao alumnado no reto de resolver as tarefas encomendadas que conduzan a aumentar o seu interese, a súa motivación e a súa autonomía. Neste aspecto é viable aplicar neste curso diversos métodos como o traballo por proxectos; a clase invertida; aprendizaxe baseada no xogo ou baseada nun problema, etc. Todos eles propician que o alumnado traballe e afonde nas súas competencias e se lle valoren os progresos e non só os resultados.
En efecto, diversificar as metodoloxías segundo a Unidade a traballar, ademais de romper coa rutina, vai axudar a que o docente teña maior perspectiva de coñecemento do alumnado nas diferentes facetas e detectar, así mesmo, as dificultades de aprendizaxe que aparezan e aplicar, en consonancia, os mecanismos de reforzo axeitados (discriminando tarefas, regulando a esixencia, propoñendo alternativas...).
Por medio de actividades como o deseño de rutas; simulacións de feitos históricos ou de personaxes; investigacións sobre temas curriculares; elaboración de xornais de época; redacción de pequenos comentarios históricos e artísticos; exposicións orais; debates; planteamentos e retos, etc., incentívase a iniciativa, a creatividade e o emprendemento do alumnado facendo que se sinta parte activa do proceso de ensinanza-aprendizaxe.
O emprego de mecanismos como a formulación de interrogantes, tormenta de ideas, debates, recreación de feitos, asembleas, poñerse "en situación de" .... facilitan o intercambio de información, o desenvolvemento crítico e a creación dun criterio persoal ou xuízo de valor que conduce á madurez e desenvolvemento dos estudantes.
Outro aspecto a ter en conta son as dinámicas de grupo (constrúe unha historia, adiviña quen son, ordena a historia, resolve e soluciona...) xa que a aprendizaxe entre iguais é moi efectiva. Poden propoñerse tarefas a desenvolver de xeito individual, pequeno grupo ou gran grupo buscando o maior rendemento do alumnado e unha maior interactuación entre eles. Posteriormente, coa posta en común do traballado estableceríase un diálogo moi enriquecedor para a comprensión dos contidos.
Por suposto, é recomendable establecer unha diversificación dos itinerarios de aprendizaxe, así como a aplicación de criterios de flexibilidade que permitan poñer en acción propostas e iniciativas educativas que favorezan a inclusión. En relación a isto, o profesorado poderá facer emprego de distintas estratexias que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado para que adquiran autonomía e aprendan por si mesmos, o que vai permitir reforzar a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.
Así pois, a innovación, o deseño, a actividade, a creatividade son características a contemplar nos métodos que se aplican na aula escapando das clases exclusivamente expositivas e unidireccionais que non permiten coñecer as capacidades reais do alumnado, as súas habilidades, destrezas e intereses.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Ao comezo de curso realizarase unha proba diagnóstica inicial co fin de detectar o nivel de competencia e a capacidade dos/das alumnos e alumnas. Así mesmo permitirá valorar as diferenzas académicas do alumnado para, en consecuencia, poder establecer as medidas oportunas para atender á diversidade que nos atopamos na aula.
Dita avaliación inicial consistirá en exercicios orais e/ou escritos de diferente índole. Por unha banda, farase unha proba escrita (de preguntas, de completar textos, de relacionar, de ordenar, etc.) na que se avaliarán contidos histórico-xeográficos; pola outra banda, desenvolverase unha avaliación máis aberta e expositiva sobre diversos temas curriculares que permita coñecer as destrezas orais.
Así mesmo é preciso unha proba diagnóstica ao comezo de cada Unidade Didáctica coa finalidade de saber os coñecementos previos que ten o alumnado sobre o tema que se vai abordar para, a partir deles, seguir construíndo os seus saberes. Dita proba inicial realizarase axustándose a cada unidade, pero en liñas xerais consistirá na elaboración de cuestionarios, test, enunciados de verdadeiro falso, tormenta de ideas, entrevistas, asembleas, redaccións, visualización comentada de pequenos audiovisuais, pescudas....
Outra das vantaxes da avaliación inicial é a de ofrecer información sobre a predisposición do alumnado cara o tema que se vai a traballar, permitindo concretar os contidos que suscitan maior interese ou que se descoñecen totalmente. Ademais dá pé a definir a didáctica e a metolodoxía para abordar a unidade.
Outro aspecto importante destas probas diagnósticas é que permiten detectar as confusións e incorreccións que os estudantes teñen sobre os contidos a tratar e que van precisar aclaración e rectificación, sendo idóneo plantearlles que sexan eles/elas mesmos/as os que, por medio de pescudas, cheguen ás conclusións exactas.
Por último, puntualizar que estas probas iniciais non teñen por que se valoradas numéricamente xa que non entran no cómputo de cálculo da cualificación do alumnado.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
O artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021 establece o Plan de reforzo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que pase de curso con materias sen superar. Nel indícase que o alumnado deberá seguir un plan de reforzo en cada unha das materias non superadas, destinado á súa recuperación e á súa superación.
Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirán sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberán obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación
O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teñan pendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios. O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte da alumna ou do alumno.
O plan de reforzo debe incluír, cando menos:
a) Identificación da alumna ou do alumno.
b) Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar.
c) Currículo para desenvolver, con especificación dos criterios de avaliación.
d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.
e) Recursos necesarios para o seu desenvolvemento.
f) Tarefas para realizar, coa debida temporalización.
g) Seguimento e avaliación.
g) Acreditación da información á familia.
Segundo o indicado, o alumnado coa materia pendente será convocado ao inicio do curso para explicarlle o plan de recuperación. Este consistirá na elaboración dun cartafol de traballo baseado en tarefas a través das cales se traballan as competencias básicas. Ademais disto vai ter que realizar exames escritos sobre as preguntas que se lle proporcionaron xunto co cartafol.
O alumno/a será guiado regularmente polo/a profesor/a, o que permitirá facer un seguimento do seu traballo e aclarar as dúbidas que se lle presenten.
A entrega do cartafol de traballo e a realización do exame será avaliado dúas veces no curso. en xaneiro e en abril/maio (en función da marcha do curso)
En virtude de todo isto a cualificación suporá o 100% da nota acadada polo traballo realizado cuxa cualificación está determinada polas rúbricas específicas, resultando a media de todas elas.
Polo tanto a nota é o resultado de:
Nota trimestral da materia pendente= Nota Traballo /2.
No caso de que o/a alumno/a non presente as probas no prazo fixado, poderá volver presentalas en xuño. Se aínda así non o presenta ou non o realiza, considerarase que a materia suspensa non está superada.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
As medidas de atención á diversidade danse en dous niveis:
Para o alumnado con dificultades de aprendizaxe levarase a cabo un traballo de reforzo e recuperación cunha proposta de material de traballo adaptado para facerlo máis comprensible. Deste xeito o alumnado con dificultades pode decatarse dos seus logros e automotivase máis.
Ao alumnado de altas capacidades proporcionaránselle tarefas de ampliación e afondamento. Ditas actividades poden ir sendo cada vez máis complexas segundo as necesidades pero sempre terán un compoñente motivador para evitar que dito alumnado decaia no seu esforzo.
As medidas ordinarias de atención á diversidade responden ás instrucións da Orde do 8 de setembro de 2021 que regula a atención á diversidade do alumnado na que se indica que, en coordinación co profesorado titor e o departamento de Orientación, deseñarase unha avaliación inicial que facilite a detección das necesidades do alumnado. As medidas de atención á diversidade poderán ser as seguintes:
1. Adaptación dos graos de consecución dos criterios de avaliación.
2. Gradación da dificultade das actividades de aprendizaxe.
3. Actividades diversas e variadas adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
4. Materiais e recursos diversificados e inclusivos (DUA) que se adapten ás necesidades individualizadas do alumnado.
5. Actividades de reforzo e consolidación.
6. Aprendizaxe por Proxectos.
7. Traballo colaborativo.
8. Procedementos e Instrumentos de avaliación variados e individualizados.
9. Flexibilidade nos tempos de realización de tarefas e probas.
10. Retroalimentación ao alumnado sobre o seu proceso de aprendizaxe.
Contémplase tamén un Plan específico personalizado para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que permaneza un ano máis no mesmo curso.
En cumprimento do artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado, o equipo docente coordinado polo profesorado titor elaborará un plan específico personalizado que ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna ou do alumno, para tratar de superar as dificultades detectadas.
O plan específico personalizado incluírá, cando menos:
a) Identificación da alumna ou do alumno.
b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.
c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.
d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.
e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.
f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.
g) Acreditación da información á familia.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
O profesorado realizará de xeito contínuo o seguimento da programación atendendo á súa temporalización, criterios establecidos de avaliación, contidos a impartir, metodoloxía, etc....todo isto coa finalidade de ir axustando e incluso modificando aqueles aspectos didácticos que crea convenientes para que dita programación resulte máis real, aplicable e operativa.
Farase un seguimento da programación e da práctica docente a través da aplicación Proens por avaliación trimestral, recolléndose datos sobre a temporalización, os axustes dos Criterios de Avaliación, os instrumentos de avaliación, a ponderación dos mesmos, etc.. Toda esta información xunto coa referida aos contidos, metodoloxía, avaliación, etc., será valorada polo docente e os/as membros do Departamento indicando, sobre todo, as posibles razóns das dificultades do desenvolvemento da programación (polo clima da aula, recursos, diversidade de alumnado, etc.). De todo isto se elaborará un informe detallado nas actas do departamento.
Para avaliar o proceso de ensino deben empregaranse os indicadores de logro establecidos na programación e comprobar o seu grao de cumprimento.
Finalmente, nas memorias de final de curso aparecerán recollidas as propostas de mellora que fosen necesarias poñer en práctica nos cursos sucesivos, procurando ir axustando a programación á temporalidade e á realidade.