Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
O currículo da materia de Física e Química persegue que o alumnado se atope en disposición de desenvolver o pensamento científico, para así enfrontarse aos posibles problemas desa natureza presentes na sociedade e gozar dun coñecemento máis profundo do mundo que o rodea.
Por esta razón, os obxectivos desta materia inciden en comprender os motivos polos que ocorren os principais fenómenos fisicoquímicos da contorna e en interpretalos en termos das leis e teorías científicas, expresar en forma de preguntas as observacións realizadas, formular hipóteses para explicalas e verificalas, manexar con soltura as regras e normas básicas da física e da química, utilizar de forma crítica e eficiente plataformas tecnolóxicas e recursos variados, tanto para a produción individual coma en equipo, utilizar as estratexias propias do traballo colaborativo que permitan potenciar o crecemento entre iguais como base emprendedora dunha comunidade científica crítica, ética e eficiente e entender a ciencia como unha construción colectiva en continuo cambio e evolución.
Respecto da avaliación, os criterios están orientados, con carácter prioritario, ao desempeño dos procesos cognitivos asociados ao pensamento científico competencial.
A materia estrutúrase nos que tradicionalmente foron os grandes bloques de coñecemento da física e da química: a materia, a enerxía, a interacción e o cambio. Ademais, este currículo propón a existencia dun bloque de contidos que fai referencia ás metodoloxías da ciencia e á súa importancia no desenvolvemento desta e que constitúe o eixe metodolóxico da materia, sendo necesario traballalo simultaneamente con cada un dos restantes.
Neste bloque, denominado «As destrezas científicas básicas», establécese, ademais, a relación das ciencias experimentais cunha das súas ferramentas máis importantes, as matemáticas, que ofrecen unha linguaxe de comunicación formal e que inclúen coñecementos, destrezas e actitudes previos do alumnado, xunto con outros que se adquiren ao longo desta etapa educativa. Así mesmo, tamén se incide no papel destacado da muller ao longo da historia da ciencia, como forma de poñelo en valor e de fomentar novas vocacións femininas cara ás ciencias experimentais e cara á tecnoloxía.
No bloque «A materia», englóbanse coñecementos básicos sobre a constitución interna das substancias, as propiedades macroscópicas e microscópicas da materia e a clasificación desta.
No bloque «A enerxía», o alumnado profunda en coñecementos, destrezas e actitudes que adquiriu na educación primaria, como as fontes de enerxía e os seus usos prácticos ou os conceptos básicos acerca das formas de enerxía. Inclúense, ademais, saberes relacionados co desenvolvemento social e económico do mundo real e as súas implicacións ambientais.
«A interacción» trata os efectos principais das interaccións fundamentais da natureza e o estudo básico das forzas predominantes no mundo natural, así como as súas aplicacións prácticas en campos diversos.
Por último, o bloque denominado «O cambio» aborda as principais transformacións físicas e químicas dos sistemas materiais e naturais, así como os exemplos máis frecuentes na contorna do alumnado, describindo as súas aplicacións e contribucións á mellora do noso mundo.
Os cinco bloques repártense en sete Unidades Didácticas: 1.- A actividade científica. 2.- A materia. 3.- Sistemas materiais. 4.- Cambios físicos e químicos. 5.- O movemento. 6.- As forzas. 7.- A enerxía.
A metodoloxía utilizada inscríbese no marco determinado polo modelo DUA (Deseño Universal para a Aprendizaxe). Neste sentido, se porá énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades. Tamén se potenciará o uso de distintas estratexias metodolóxicas que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promovan tanto o traballo individual coma o cooperativo e o colaborativo, sempre que sexa posible.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía utilizada inscríbese no marco determinado polo modelo DUA (Deseño Universal para a Aprendizaxe). Neste sentido e acorde coas liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe recollidas no decreto que desenvolve o currículo na Comunidade Autónoma de Galicia se porá énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades e no uso de distintas estratexias metodolóxicas que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promovan tanto o traballo individual coma o cooperativo e o colaborativo.
Así mesmo, formarán parte da metodoloxía a realización de proxectos significativos para o alumnado, de tarefas de carácter experimental así como situacións-problemas formuladas cun obxectivo concreto que o alumnado debe resolver facendo un uso axeitado dos distintos tipos de coñecementos, destrezas, actitudes e valores. Tamén terán relevancia a resolución colaborativa e cooperativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Polo tanto, o enfoque que se lle dea a esta materia debe incluír un tratamento experimental e práctico que amplíe a experiencia dos alumnos e alumnas máis alá do académico e que lles permita facer conexións coas súas situacións cotiás, o que contribuirá de forma significativa a que todos desenvolvan as destrezas características da ciencia.
Tendo en conta que a construción da ciencia e o desenvolvemento do pensamento científico durante todas as etapas da formación do alumnado debe partir da formulación de cuestións científicas baseadas na observación directa ou indirecta do mundo en situacións e en contextos habituais. A explicación a partir do coñecemento, da procura de evidencias, da indagación e da correcta interpretación da información que a diario chega ao público en diferentes formatos e a partir de diferentes fontes precisa unha adecuada adquisición das competencias correspondentes.
Polo dito, en todas as unidades didácticas incluiranse: prácticas de laboratorio, experiencias en contornos virtuais así como enunciados de coñecemento que permitan aplicar un proceso de argumentación en base ás probas dispoñibles (recóllense nas descricións das unidades didácticas). Guiados polo modelo DUA facilitarase que o alumnado poida seleccionar entre distintas actividades e distintos contornos.
Concederáselle especial importancia á presentación dos resultados obtidos que se axustará ao que é habitual nas comunicación científicas e serán compartidos co resto da aula utilizando diferentes estratexias. De esta forma se traballará transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual e a competencia dixital.
En relación coa competencia dixital indicar que a aplicación das tecnoloxías dixitais xunto aos principios do DUA permiten un elevado grao de personalización do currículo, fundamental nun ensino inclusivo que debe proporcionar a todas as persoas oportunidades equitativas para aprender.
Para dar resposta ao indicado no CA1.6 "Traballar de forma adecuada e con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas mellorando a aprendizaxe propia e colectiva" se proporán traballos de busca de información sempre que fose posible e, en todo caso, nas unidades didácticas 1 (sobre principais fitos históricos e actuais na física e química), e 7 (fontes de enerxía). Preténdese, ademais, a realización de actividades de carácter interdisciplinar que combinen saberes das diferentes ciencias, da tecnoloxía e das matemáticas, como corresponde ao carácter STEM da física e da química.
Potenciarase o traballo tanto colaborativo como cooperativo deseñando plans de equipo que permitan asegurar o correcto funcionamento do mesmo seguindo o indicado no CA1.7 "Establecer interaccións construtivas e coeducativas, emprendendo actividades de cooperación e do uso das estratexias propias do traballo colaborativo, como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia".
Sempre que sexa, posible e no caso de poder avaliarse o mesmo criterio de avaliación dentro dunha unidade didáctica de formas distintas, permitirase ao alumnado elixir entre as distintas vías de avaliación coa condición de que ao longo do curso as utilice todas. Preténdese flexibilizar o currículo para achegalo a todos os alumnos e todas as alumnas.
Promocionarase o modelo de aula invertida ou modificacións do mesmo utilizando alternativas a vídeo en consonancia co DUA co obxectivo de transformar a aula nun espazo de aprendizaxe colectiva.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Durante os primeiros días do mes de setembro, preferiblemente antes do comezo da actividade lectiva, realizarase un rexistro da información relevante sobre o alumnado matriculado na materia:
- Cualificacións do curso anterior.
- Materias pendentes ou repetición.
- Necesidades educativas especiais ou análogos.
- Outros aspectos de importancia que poden afectar ao proceso de aprendizaxe.
Nos primeiros días lectivos, poderase facer unha proba escrita ou desenvolver algunha tarefa que permita medir o nivel competencial do alumnado conforme a criterios de avaliación de cursos anteriores (relacionados coas ciencias naturais e as matemáticas). Prestarase especial atención aos resultados do alumnado de nova incorporación ao centro.
En calquera caso, durante a primeira sesión de cada unidade didáctica o profesorado avaliará a situación de partida de todo o alumnado.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Procedementos e instrumentos de avaliación:
-
Para recuperar a materia de Física e Química de 2º de ESO pendente a materia dividirase en dúas partes. Cada parte constará dunha serie de actividades e dun exame.
-
Ao principio do curso entregaranse o primeiro bloque de actividades coa metade da materia (un por cada un dos exames) baseados nos criterios de avaliación recollidos na programación. Farase entrega do segundo bloque de actividades despois do primeiro exame. Nas follas das actividades constará a data límite de entrega das mesmas. Informarase da metodoloxía, instrumentos de recuperación e criterios de cualificación ao alumnado, recollerase por escrito a recepción de dita información por parte do pai/nai ou titor legal do alumnado.
-
Os/as alumnos/as entregarán as actividades á profesora que lle dea clase en 3º de ESO para a súa corrección. Unha vez corrixidas, serán devoltas ao/a alumno/a antes do exame. As actividades deberán ser entregadas de novo polo alumnado o día do exame. Se o día do exame non son entregadas non se terá en conta a nota acadada nas mesmas. As actividades resoltas e entregadas fóra de prazo (sen xustificación acreditada) serán corrixidas pero non serán puntuadas.
-
Cada un dos exames que se realizarán basearanse nese tipo de actividades maioritariamente.
-
O alumnado poderá preguntar dúbidas sobre as actividades á profesora do curso onde están ou á xefa de Departamento.
Informarase das datas do primeiro e segundo exame ao alumnado e a través da páxina do IES no Departamento de Física e Química.
Criterios de cualificación:
-
As actividades presentadas en prazo serán valoradas cun máximo de 2 puntos.
-
Faranse dous exames un por cada unha das partes nas que se divide a materia pendente.
-
A nota de cada parte da materia farase sumando a nota das actividades e a do exame. A nota do exame será de 8 puntos, co cal a máxima puntuación será de 10.
-
Se a nota de cada parte é de 3,5 puntos ou superior e a media aritmética de cada unha das partes é de 5 ou superior o/a alumno/a terá como cualificación na convocatoria ordinaria dita media. Se en algunha das partes o alumnado ten unha puntuación menor de 3,5, ou a media é inferior a 5, considerarase que non se superou a materia.
-
No caso de que o alumnado non superase a materia segundo o plan de reforzo previsto, fará unha proba final da materia na que poderá recuperar as partes suspensas. Se ten que recuperar toda a materia a nota da avaliación ordinaria será a correspondente a esta proba. Se ten que recuperar só unha parte a nota da avaliación ordinaria será a correspondente a media desta proba e a parte que teña aprobada.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
O Decreto 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidad do alumnado dos centros docentes da Comunidad Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzass establecidas en la Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación,establece que a diversidad é unha realidade social e, polo tanto, unha realidade en cada centro docente, en cada comunidad educativa. Dito Decreto dispón que por atención a la diversidad no sistema educativo hai que entender o conxunto de medidas ye accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e preferencias de aprendizaxe, motivacións e intereses, e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.A partir da avaliación inicial, proporanse as correspondentes actuacións de seguimento e atención ao alumnado, tanto as medidas ordinarias como extraordinarias.
Con esta premisa as posibles actuacións a desenvolver poden ser entre outras:
- Espazos físico na aula, coa colocación do alumnado na mellor disposición segundo as recomendacións do equipo docente e o Departamento de orientación.
- Adecuación da presentación do currículo desta programación tendo en conta as múltiples formas de representación (percepción, linguaxe e comprensión), de acción e expresión e as formas de implicación (opcións para captar o interese, manter o esforzo, de colaboración ..)
- Utilizar instrumentos de avaliación variados, adaptaranse os tempos de ser necesario, o uso de tecnoloxía de apoio. etc.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Para o seguimento, avaliación e propostas de mellora se establece o seguinte:
• Farase unha reunión de Departamento ao mes, nela revisarase o grao de consecucción ou avance nas unidades didácticas desta programación e as incidencias relevantes da practica docente.
• Ao final de cada avaliación reflictirase nunha acta os resultados en % de aprobado es suspensos e analizaranse ditos resultados.
• Ao final do curso reflictirase na memoria final o grao de consecución no desenvolvemento das unidades didácticas de todo o curso, así como os resultados finais do curso con respecto ao número de aprobados e suspensos
da materia.Coa valoración de todos estes datos e a valoración dos indicadores de logro do proceso de ensino e a práctica docente recollidos no 8.1, proporanse as medidas de mellora para o seguinte curso académico.