Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


O IES do Milladoiro, centro da periferia de Santiago de Compostela onde existe unha gran diversidade de alumnado, comeza o seu octavo curso de vida académica, esta particularidade é sumamente importante e vai a condicionar a programación do centro que pouco a pouco vaise afianzando a través dos diversos plans e protocolos que se foron creando e que rexen e orientan a vida del, ase coma das programacións dos departamentos, mellorando día a día e con modificacións constantes en función das circunstancias cambiantes o longo dos anos. A programación desenrolase no curso primeiro de bacherelato o cal consta de tres sesións semanas.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Interiorizar o desenvolvemento dun estilo de vida activo e saudable, planificando responsable e conscientemente a súa actividade física a partir da autoavaliación persoal con base en parámetros científicos e avaliables, e axustando as prácticas motrices ás súas necesidades e motivacións persoais para satisfacer as súas demandas de lecer activo e de benestar persoal, así como coñecer posibles saídas profesionais asociadas á actividade física.
OBX2 Adaptar autonomamente as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e destrezas motrices específicas das modalidades practicadas, a diferentes situacións con distintos niveis de dificultade, aplicando eficientemente procesos de percepción, decisión e execución adecuados á súa lóxica interna para resolver situacións motrices vinculadas con distintas actividades físicas funcionais, deportivas, expresivas e recreativas, e consolidar actitudes de superación, crecemento e resiliencia ao enfrontarse a desafíos físicos.
OBX3 Difundir e promover novas prácticas motrices, compartindo espazos de actividade físico-deportiva con independencia das diferenzas culturais, sociais, de xénero e de habilidade, priorizando o respecto cara aos participantes e ás regras sobre os resultados, adoptando unha actitude crítica e proactiva ante comportamentos antideportivos ou contrarios á convivencia e desenvolvendo procesos de autorregulación emocional que canalicen o fracaso e o éxito nestas situacións, para contribuír autonomamente ao entendemento social e ao compromiso ético nos diferentes espazos nos que se participa, fomentando a detección precoz e o coñecemento das estratexias para abordar calquera forma de discriminación ou violencia.
OBX4 Analizar criticamente, e investigar, sobre as prácticas e manifestacións culturais vinculadas coa motricidade segundo a súa orixe e evolución, desde a perspectiva de xénero e desde os intereses económicos, políticos e sociais que condicionasen o seu desenvolvemento, practicándoas e fomentando a súa conservación para ser capaz de defender, desde unha postura ética e contextualizada, os valores que transmiten.
OBX5 Implementar un estilo de vida sustentable e comprometido coa conservación e mellora da contorna, organizando e desenvolvendo accións de servizo á comunidade vinculadas á actividade física e ao deporte, asumindo responsabilidades na seguridade das prácticas, para contribuír activamente ao mantemento e coidado do medio natural e urbano e dar a coñecer o seu potencial entre os membros da comunidade.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Acondicionamento físico saudable: O meu adestrador persoal Traballamos a condición física 36 30
2 Eleximos o noso deporte de equipo Traballamos diversos deportes c¡¡olectivos 14 14
3 Bailamos todos xuntos Traballamos o ritmo e a expresión 10 13
4 Nos enfrontamos cas raquetas Traballamos cas palas e similares 10 13
5 A Educación Física para todos Traballamos con materiais variados 10 13
6 Organizamos nosa propia competición deportiva Facemos diversos torneos dos deportes 20 22

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Vida activa e saudable
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA1.1 - Planificar, elaborar e poñer en práctica de maneira autónoma un programa persoal de actividade física dirixido á mellora ou ao mantemento da saúde, aplicando os diferentes sistemas de desenvolvemento das capacidades físicas implicadas, segundo as necesidades e intereses individuais e respectando a propia realidade e identidade corporal, avaliando os resultados obtidos.
CA1.2 - Incorporar de forma autónoma, e segundo as súas preferencias persoais, os procesos de activación corporal, autorregulación e dosificación do esforzo, alimentación saudable, educación postural e relaxación e hixiene durante a práctica de actividades motrices, reflexionando sobre a súa relación con posibles estudos posteriores ou futuros desempeños profesionais.
CA1.3 - Actuar de forma crítica, comprometida e responsable ante os estereotipos sociais asociados ao ámbito do corporal e os comportamentos que poñan en risco a saúde, aplicando con autonomía e independencia criterios científicos de validez, fiabilidade e obxectividade á información recibida.
CA1.4 - Empregar de maneira autónoma aplicacións e dispositivos dixitais relacionados coa xestión da actividade física, respectando a privacidade e as medidas básicas de seguridade vinculadas á difusión pública de datos persoais.
Contidos
C1.1 - Saúde física.
C1.1.1 - Programa persoal de actividade física atendendo á frecuencia, volume, intensidade e tipo de actividade.
C1.1.2 - Autoavaliación das capacidades físicas e coordinativas como requisito previo á planificación: técnicas, estratexias e probas de valoración.
C1.1.3 - Identificación de obxectivos motrices, saudables, de actividade ou similares a alcanzar cun programa de actividade física persoal.
C1.1.4 - Avaliación do logro dos obxectivos do programa e reorientación de actividades a partir dos resultados.
C1.1.5 - Planificación para o desenvolvemento das capacidades físicas básicas: forza e resistencia.
C1.1.6 - Sistemas de adestramento.
C1.1.7 - Profesións vinculadas á actividade física e á saúde.
C1.1.8 - Dietas equilibradas segundo as características físicas e persoais.
C1.1.9 - Ferramentas dixitais para a xestión da actividade física.
C1.1.10 - Técnicas básicas de descarga postural e relaxación.
C1.1.11 - Exercicios compensatorios da musculatura segundo a actividade física.
C1.1.12 - Musculatura lumbo-pélvica para adestramento da forza.
C1.1.13 - Identificación de problemas posturais básicos e planificación preventiva da saúde postural en actividades específicas.
C1.2 - Saúde social.
C1.2.1 - Beneficios e regras da práctica de actividade física para a saúde individual ou colectiva.
C1.2.2 - Hábitos sociais e os seus efectos na condición física e a saúde.
C1.2.3 - Vantaxes e inconvenientes do deporte profesional.
C1.3 - Saúde mental.
C1.3.1 - Técnicas de respiración, visualización e relaxación para liberar tensión e os seus beneficios na atención e concentración.
C1.3.2 - Trastornos vinculados coa imaxe corporal.
C1.3.3 - Tipoloxías corporais predominantes na sociedade e análise crítica da súa presenza en publicidade, e medios de comunicación e redes sociais.
Bloque B2. Organización e xestión da actividade física
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA2.1 - Coñecer e implementar de maneira responsable e autónoma medidas específicas para a prevención de lesións antes, durante e despois da actividade física, así como para a aplicación de primeiros auxilios ante situacións de emerxencia ou accidente, poñendo en práctica normas de seguridade individuais e colectivas, identificando as posibles transferencias que estes coñecementos teñen ao ámbito profesional e ocupacional.
CA2.2 - Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xestionando autonomamente calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso de forma eficiente, creativa e axustada aos obxectivos que se pretendan alcanzar.
CA2.3 - Colaborar mostrando iniciativa durante o desenvolvemento de proxectos e producións motrices, liquidando de forma coordinada calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso.
Contidos
C2.1 - Xestión das medidas relacionadas coa planificación da actividade física e deportiva (tipo de deporte, material necesario, obxectivos da preparación, actividades e similares).
C2.2 - Selección responsable e sustentable do material deportivo.
C2.3 - Análise crítica de estratexias publicitarias.
C2.4 - Autoxestión de proxectos persoais de carácter motor.
C2.5 - Prevención de accidentes nas prácticas motrices.
C2.5.1 - Xestión do risco propio e do dos demais: planificación de factores de risco en actividades físicas, medidas colectivas de seguridade.
C2.5.2 - Protocolos ante alertas escolares.
C2.6 - Actuacións críticas ante accidentes.
C2.6.1 - Conduta PAS: protexer, avisar, socorrer.
C2.6.2 - Desprazamentos e transporte de accidentados.
C2.6.3 - Reanimación mediante desfibrilador automático (DEA) ou semiautomático (DESA).
C2.6.4 - Protocolo RCP (reanimación cardiopulmonar).
C2.6.5 - Técnicas específicas e indicios de accidentes cardiovasculares (manobra de Heimlich, sinais de ictus e similares).
C2.6.6 - Contido básico de caixa de primeiros auxilios.
Bloque B3. Resolución de problemas en situacións motrices
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA3.1 - Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xestionando autonomamente calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso de forma eficiente, creativa e axustada aos obxectivos que se pretendan alcanzar.
CA3.2 - Solucionar de forma autónoma situacións de oposición, colaboración ou colaboración-oposición en contextos deportivos ou recreativos con fluidez, precisión e control, aplicando de maneira automática procesos de percepción, decisión e execución en contextos reais ou simulados de actuación e adaptando as estratexias ás condicións cambiantes que se producen na práctica.
CA3.3 - Identificar, analizar e comprender os factores clave que condicionan a intervención dos compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade na realización de xestos técnicos ou situacións motrices variadas, identificando erros comúns e propoñendo solucións para estes.
CA3.4 - Colaborar mostrando iniciativa durante o desenvolvemento de proxectos e producións motrices, liquidando de forma coordinada calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso.
Contidos
C3.1 - Toma de decisións.
C3.1.1 - Resolución de situacións motrices variadas axustando eficientemente os compoñentes da motricidade en actividades individuais.
C3.1.2 - Análise colectiva de resultados e reaxuste de actuacións para conseguir o éxito en actividades cooperativas.
C3.1.3 - Accións que provocan situacións de vantaxe con respecto ao adversario nas actividades de oposición.
C3.1.4 - Oportunidade, pertinencia e risco das accións nas actividades físico-deportivas de contacto a partir da análise dos puntos fortes e débiles propios e do rival.
C3.1.5 - Desempeño de roles variados en procedementos ou sistemas tácticos postos en práctica para conseguir os obxectivos do equipo.
C3.2 - Capacidades perceptivo-motrices en contexto de práctica: integración do esquema corporal; toma de decisións previas á realización dunha actividade motriz sobre os mecanismos coordinativos, espaciais e temporais, así como reaxuste da propia intervención para resolvela adecuadamente respecto a si mesmo, aos participantes e ao espazo no que se desenvolve a práctica.
C3.3 - Perfeccionamento das habilidades específicas dos deportes ou actividades físicas.
C3.4 - Creatividade motriz: creación de retos e situacións-problema coa resolución máis eficiente de acordo cos recursos dispoñibles.
Bloque B4. Autorregulación emocional e interacción social en situacións motrices
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA4.1 - Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
CA4.2 - Establecer mecanismos de relación e entendemento co resto de participantes durante o desenvolvemento de diversas prácticas motrices con autonomía e facendo uso efectivo de habilidades sociais de diálogo na resolución de conflitos e respecto ante a diversidade de competencia motriz, e situándose activa, reflexiva e criticamente fronte aos estereotipos, as actuacións discriminatorias e a violencia, así como coñecer as estratexias para a súa prevención, detección precoz e abordaxe.
CA4.3 - Comprender e contextualizar a influencia cultural e social das manifestacións motrices máis relevantes no panorama actual, analizando as súas orixes e a súa evolución ata a actualidade e rexeitando aqueles compoñentes que non se axusten aos valores dunha sociedade aberta, inclusiva, diversa e igualitaria.
Contidos
C4.1 - Xestión do éxito e da fama en contextos físico-deportivos: exemplos, dificultades e estratexias.
C4.2 - Habilidades sociais: estratexias de inclusión doutras persoas nas actividades de grupo, animando á súa participación e respectando as diferenzas.
C4.3 - Medidas para fomentar a igualdade no deporte.
C4.4 - Desempeño de roles e funcións relacionados co deporte: arbitraxe, persoal técnico, participante, público e outros.
C4.5 - Identificación e rexeitamento de condutas contrarias á convivencia en situacións motrices.
C4.6 - Deporte e perspectiva de xénero: estereotipos de xénero en contextos físico-deportivos, presenza en medios de comunicación e redes sociais.
Bloque B5. Manifestacións da cultura motriz
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA5.1 - Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
CA5.2 - Comprender e contextualizar a influencia cultural e social das manifestacións motrices máis relevantes no panorama actual, analizando as súas orixes e a súa evolución ata a actualidade e rexeitando aqueles compoñentes que non se axusten aos valores dunha sociedade aberta, inclusiva, diversa e igualitaria.
CA5.3 - Crear e representar composicións corporais individuais ou colectivas, con e sen base musical, aplicando con precisión, idoneidade e coordinación escénica as técnicas expresivas máis apropiadas a cada composición para representalas ante as súas compañeiras e compañeiros ou outros membros da comunidade.
Contidos
C5.1 - Os xogos e deportes tradicionais e autóctonos e o seu vínculo cultural: orixe, evolución, preservación e factores condicionantes.
C5.2 - Técnicas específicas de expresión corporal.
C5.3 - Práctica de actividades rítmico-musicais con intencionalidade estética ou artístico-expresiva.
C5.4 - Historias de vida significativas de deportistas profesionais de ambos os xéneros, exemplos de boas prácticas profesionais no deporte.
C5.5 - Deporte: análise crítica da súa influencia na sociedade.
C5.6 - Mercado, consumismo e deporte.
C5.7 - Saídas profesionais no ámbito deportivo.
Bloque B6. Interacción eficiente e sustentable coa contorna
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA6.1 - Promover e participar en actividades físico-deportivas en contornas urbanas e naturais terrestres ou acuáticas, interactuando con elas de maneira sustentable, minimizando o impacto ambiental que estas poidan producir reducindo ao máximo a súa pegada ecolóxica e desenvolvendo actuacións dirixidas á conservación e mellora das condicións dos espazos nos que se desenvolvan.
CA6.2 - Practicar e organizar actividades físico-deportivas no medio natural e urbano, asumindo responsabilidades e aplicando normas de seguridade individuais e colectivas para previr e controlar os riscos intrínsecos á propia actividade derivados da utilización dos equipamentos, a contorna ou a propia actuación dos participantes.
Contidos
C6.1 - Fomento da mobilidade activa, segura, saudable e sustentable en actividades cotiás. A aprendizaxe da práctica ciclista urbana segura.
C6.2 - Análise das posibilidades da contorna natural e urbana e actuacións para a súa mellora desde o punto de vista da motricidade, para a práctica de actividade física e deporte: equipamentos, accesibilidade, usos e necesidades.
C6.3 - Prevención de riscos asociados ás actividades e os derivados da propia actuación e da do grupo.
C6.4 - Materiais e equipamentos: manexo segundo as súas especificacións técnicas.
C6.5 - Uso sustentable e conservación de recursos urbanos e naturais para a práctica de actividade física.
C6.6 - Promoción e usos creativos da contorna desde a motricidade.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Acondicionamento físico saudable: O meu adestrador persoal
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Planificar, elaborar e poñer en práctica de maneira autónoma un programa persoal de actividade física dirixido á mellora ou ao mantemento da saúde, aplicando os diferentes sistemas de desenvolvemento das capacidades físicas implicadas, segundo as necesidades e intereses individuais e respectando a propia realidade e identidade corporal, avaliando os resultados obtidos.
Táboa de indicadores
Deseña, organiza e participa en actividades físicas, como recurso de lecer activo, valorando os aspectos sociais e culturais que levan asociadas e as súas posibilidades profesionais futuras, e identificando os aspectos organizativos e os materiais necesarios. 20
CA1.2 Incorporar de forma autónoma, e segundo as súas preferencias persoais, os procesos de activación corporal, autorregulación e dosificación do esforzo, alimentación saudable, educación postural e relaxación e hixiene durante a práctica de actividades motrices, reflexionando sobre a súa relación con posibles estudos posteriores ou futuros desempeños profesionais.
Táboa de indicadores
Incorpora na súa práctica os fundamentos posturais e funcionais que promoven a saúde. 10
CA1.3 Actuar de forma crítica, comprometida e responsable ante os estereotipos sociais asociados ao ámbito do corporal e os comportamentos que poñan en risco a saúde, aplicando con autonomía e independencia criterios científicos de validez, fiabilidade e obxectividade á información recibida.
Táboa de indicadores
. Integra os coñecementos sobre nutrición e balance enerxético nos programas de actividade física para a mellora da condición física e saúde. 10
CA1.4 Empregar de maneira autónoma aplicacións e dispositivos dixitais relacionados coa xestión da actividade física, respectando a privacidade e as medidas básicas de seguridade vinculadas á difusión pública de datos persoais.
Táboa de indicadores
Usa os materiais e os equipamentos atendendo ás súas especificacións técnicas. 10
CA2.1 Coñecer e implementar de maneira responsable e autónoma medidas específicas para a prevención de lesións antes, durante e despois da actividade física, así como para a aplicación de primeiros auxilios ante situacións de emerxencia ou accidente, poñendo en práctica normas de seguridade individuais e colectivas, identificando as posibles transferencias que estes coñecementos teñen ao ámbito profesional e ocupacional.
Táboa de indicadores
Prevé os riscos asociados ás actividades e os derivados da propia actuación e da do grupo. 10
CA3.1 Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xestionando autonomamente calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso de forma eficiente, creativa e axustada aos obxectivos que se pretendan alcanzar.
Táboa de indicadores
Comproba o nivel de logro dos obxectivos do seu programa de actividade física, reorientando as actividades nos aspectos que non chegan ao esperado. 10
CA4.2 Establecer mecanismos de relación e entendemento co resto de participantes durante o desenvolvemento de diversas prácticas motrices con autonomía e facendo uso efectivo de habilidades sociais de diálogo na resolución de conflitos e respecto ante a diversidade de competencia motriz, e situándose activa, reflexiva e criticamente fronte aos estereotipos, as actuacións discriminatorias e a violencia, así como coñecer as estratexias para a súa prevención, detección precoz e abordaxe.
Táboa de indicadores
Adapta a realización das habilidades específicas aos condicionantes xerados polos compañeiros e as compañeiras, e polas persoas adversarias, nas situacións colectivas. 10
CA5.2 Comprender e contextualizar a influencia cultural e social das manifestacións motrices máis relevantes no panorama actual, analizando as súas orixes e a súa evolución ata a actualidade e rexeitando aqueles compoñentes que non se axusten aos valores dunha sociedade aberta, inclusiva, diversa e igualitaria.
Táboa de indicadores
. Avalía as súas capacidades físicas e coordinativas considerando as súas necesidades e motivacións, e como requisito previo para a planificación da súa mellora. 10
CA6.2 Practicar e organizar actividades físico-deportivas no medio natural e urbano, asumindo responsabilidades e aplicando normas de seguridade individuais e colectivas para previr e controlar os riscos intrínsecos á propia actividade derivados da utilización dos equipamentos, a contorna ou a propia actuación dos participantes.
Táboa de indicadores
Alcanza os seus obxectivos de nivel de condición física dentro das marxes saudables, asumindo a responsabilidade da posta en práctica do seu programa de actividades. 10

2 Eleximos o noso deporte de equipo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Incorporar de forma autónoma, e segundo as súas preferencias persoais, os procesos de activación corporal, autorregulación e dosificación do esforzo, alimentación saudable, educación postural e relaxación e hixiene durante a práctica de actividades motrices, reflexionando sobre a súa relación con posibles estudos posteriores ou futuros desempeños profesionais.
Táboa de indicadores
Alcanza os seus obxectivos de nivel de condición física dentro das marxes saudables, asumindo a responsabilidade da posta en práctica do seu programa de actividades. 10
CA2.2 Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xestionando autonomamente calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso de forma eficiente, creativa e axustada aos obxectivos que se pretendan alcanzar.
Táboa de indicadores
Adapta a realización das habilidades específicas aos condicionantes xerados polos compañeiros e as compañeiras, e polas persoas adversarias, nas situacións colectivas. 20
CA3.1 Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xestionando autonomamente calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso de forma eficiente, creativa e axustada aos obxectivos que se pretendan alcanzar.
Táboa de indicadores
Desempeña as funcións que lle corresponden, nos procedementos ou nos sistemas postos en práctica para conseguir os obxectivos do equipo. 20
CA3.2 Solucionar de forma autónoma situacións de oposición, colaboración ou colaboración-oposición en contextos deportivos ou recreativos con fluidez, precisión e control, aplicando de maneira automática procesos de percepción, decisión e execución en contextos reais ou simulados de actuación e adaptando as estratexias ás condicións cambiantes que se producen na práctica.
Táboa de indicadores
Formula estratexias ante as situacións de oposición ou de colaboración-oposición, adaptándoas ás características das persoas participantes. 20
CA4.1 Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
Táboa de indicadores
Concreta as melloras que pretende alcanzar co seu programa de actividade motriz 10
CA5.1 Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
Táboa de indicadores
Deseña, organiza e participa en actividades físicas, como recurso de lecer activo, valorando os aspectos sociais e culturais que levan asociadas e as súas posibilidades profesionais futuras, e identificando os aspectos organizativos e os materiais necesarios. 10
CA6.2 Practicar e organizar actividades físico-deportivas no medio natural e urbano, asumindo responsabilidades e aplicando normas de seguridade individuais e colectivas para previr e controlar os riscos intrínsecos á propia actividade derivados da utilización dos equipamentos, a contorna ou a propia actuación dos participantes.
Táboa de indicadores
Resolve con eficacia situacións motoras nun contexto da contorna 10

3 Bailamos todos xuntos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Incorporar de forma autónoma, e segundo as súas preferencias persoais, os procesos de activación corporal, autorregulación e dosificación do esforzo, alimentación saudable, educación postural e relaxación e hixiene durante a práctica de actividades motrices, reflexionando sobre a súa relación con posibles estudos posteriores ou futuros desempeños profesionais.
Táboa de indicadores
Adapta o seu movemento e esforzo as posibilidades de ritmo 10
CA2.2 Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xestionando autonomamente calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso de forma eficiente, creativa e axustada aos obxectivos que se pretendan alcanzar.
Táboa de indicadores
Fai grupos e coreografias usando o ritmo e a expresion 10
CA3.1 Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xestionando autonomamente calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso de forma eficiente, creativa e axustada aos obxectivos que se pretendan alcanzar.
Táboa de indicadores
.Colabora con participantes nas actividades físico-deportivas nas que se produce colaboración ou colaboración-oposición, e explica a achega de cadaquén. 10
CA4.1 Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
Táboa de indicadores
Desempeña as funcións que lle corresponden, nos procedementos ou nos sistemas postos en práctica para conseguir os obxectivos do equipo. 10
CA5.1 Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
Táboa de indicadores
Valora as posibilidades do traballo grupal seguindo o ritmo 10
CA5.3 Crear e representar composicións corporais individuais ou colectivas, con e sen base musical, aplicando con precisión, idoneidade e coordinación escénica as técnicas expresivas máis apropiadas a cada composición para representalas ante as súas compañeiras e compañeiros ou outros membros da comunidade.
Táboa de indicadores
Fai con base musical unha coreografia colectiva 40
CA6.1 Promover e participar en actividades físico-deportivas en contornas urbanas e naturais terrestres ou acuáticas, interactuando con elas de maneira sustentable, minimizando o impacto ambiental que estas poidan producir reducindo ao máximo a súa pegada ecolóxica e desenvolvendo actuacións dirixidas á conservación e mellora das condicións dos espazos nos que se desenvolvan.
Táboa de indicadores
Pon en práctica técnicas específicas das actividades en ámbitos non estables, analizando os aspectos organizativos necesarios. 10

4 Nos enfrontamos cas raquetas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Planificar, elaborar e poñer en práctica de maneira autónoma un programa persoal de actividade física dirixido á mellora ou ao mantemento da saúde, aplicando os diferentes sistemas de desenvolvemento das capacidades físicas implicadas, segundo as necesidades e intereses individuais e respectando a propia realidade e identidade corporal, avaliando os resultados obtidos.
Táboa de indicadores
Deseña, organiza e participa en actividades físicas, como recurso de lecer activo, valorando os aspectos sociais e culturais que levan asociadas e as súas posibilidades profesionais futuras, e identificando os aspectos organizativos e os materiais necesarios. 10
CA1.2 Incorporar de forma autónoma, e segundo as súas preferencias persoais, os procesos de activación corporal, autorregulación e dosificación do esforzo, alimentación saudable, educación postural e relaxación e hixiene durante a práctica de actividades motrices, reflexionando sobre a súa relación con posibles estudos posteriores ou futuros desempeños profesionais.
Táboa de indicadores
Alcanza os seus obxectivos de nivel de condición física dentro das marxes saudables, asumindo a responsabilidade da posta en práctica do seu programa de actividades. 10
CA2.1 Coñecer e implementar de maneira responsable e autónoma medidas específicas para a prevención de lesións antes, durante e despois da actividade física, así como para a aplicación de primeiros auxilios ante situacións de emerxencia ou accidente, poñendo en práctica normas de seguridade individuais e colectivas, identificando as posibles transferencias que estes coñecementos teñen ao ámbito profesional e ocupacional.
Táboa de indicadores
Prevé os riscos asociados ás actividades e os derivados da propia actuación e da do grupo. 5
CA2.2 Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xestionando autonomamente calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso de forma eficiente, creativa e axustada aos obxectivos que se pretendan alcanzar.
Táboa de indicadores
Avalía as súas capacidades físicas e coordinativas considerando as súas necesidades e motivacións, e como requisito previo para a planificación da súa mellora. 5
CA3.1 Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xestionando autonomamente calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso de forma eficiente, creativa e axustada aos obxectivos que se pretendan alcanzar.
Táboa de indicadores
Resolve con eficacia situacións motoras nun contexto competitivo. 10
CA3.2 Solucionar de forma autónoma situacións de oposición, colaboración ou colaboración-oposición en contextos deportivos ou recreativos con fluidez, precisión e control, aplicando de maneira automática procesos de percepción, decisión e execución en contextos reais ou simulados de actuación e adaptando as estratexias ás condicións cambiantes que se producen na práctica.
Táboa de indicadores
Desenvolve accións que conduzan a situacións de vantaxe con respecto á persoa adversaria, nas actividades de oposición 5
CA3.3 Identificar, analizar e comprender os factores clave que condicionan a intervención dos compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade na realización de xestos técnicos ou situacións motrices variadas, identificando erros comúns e propoñendo solucións para estes.
Táboa de indicadores
Usa os materiais e os equipamentos atendendo ás súas especificacións técnicas. 5
CA4.1 Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
Táboa de indicadores
Desempeña as funcións que lle corresponden, nos procedementos ou nos sistemas postos en práctica para conseguir os obxectivos do equipo. 10
CA4.2 Establecer mecanismos de relación e entendemento co resto de participantes durante o desenvolvemento de diversas prácticas motrices con autonomía e facendo uso efectivo de habilidades sociais de diálogo na resolución de conflitos e respecto ante a diversidade de competencia motriz, e situándose activa, reflexiva e criticamente fronte aos estereotipos, as actuacións discriminatorias e a violencia, así como coñecer as estratexias para a súa prevención, detección precoz e abordaxe.
Táboa de indicadores
Facilita a integración doutras persoas nas actividades de grupo, animando á súa participación e respectando as diferenzas. 10
CA5.1 Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
Táboa de indicadores
Formula estratexias ante as situacións de oposición ou de colaboración-oposición, adaptándoas ás características das persoas participantes. 10
CA5.2 Comprender e contextualizar a influencia cultural e social das manifestacións motrices máis relevantes no panorama actual, analizando as súas orixes e a súa evolución ata a actualidade e rexeitando aqueles compoñentes que non se axusten aos valores dunha sociedade aberta, inclusiva, diversa e igualitaria.
Táboa de indicadores
2. Adopta unha actitude crítica ante as prácticas de actividade física que teñen efectos negativos para a saúde individual ou colectiva, e ante os fenómenos socioculturais relacionados coa corporalidade e os derivados das manifestacións deportivas. 10
CA6.1 Promover e participar en actividades físico-deportivas en contornas urbanas e naturais terrestres ou acuáticas, interactuando con elas de maneira sustentable, minimizando o impacto ambiental que estas poidan producir reducindo ao máximo a súa pegada ecolóxica e desenvolvendo actuacións dirixidas á conservación e mellora das condicións dos espazos nos que se desenvolvan.
Táboa de indicadores
Desempeña as funcións que lle corresponden, nos procedementos ou nos sistemas postos en práctica para conseguir os obxectivos do equipo 10

5 A Educación Física para todos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Actuar de forma crítica, comprometida e responsable ante os estereotipos sociais asociados ao ámbito do corporal e os comportamentos que poñan en risco a saúde, aplicando con autonomía e independencia criterios científicos de validez, fiabilidade e obxectividade á información recibida.
Táboa de indicadores
Actua de maneira crítica ante os estereotipos con autonomia e independencia 15
CA2.3 Colaborar mostrando iniciativa durante o desenvolvemento de proxectos e producións motrices, liquidando de forma coordinada calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso.
Táboa de indicadores
. Pon en práctica técnicas específicas das actividades en ámbitos non estables, analizando os aspectos organizativos necesarios. 10
CA3.4 Colaborar mostrando iniciativa durante o desenvolvemento de proxectos e producións motrices, liquidando de forma coordinada calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso.
Táboa de indicadores
Desenvolve accións que conduzan a situacións de vantaxe con respecto á persoa adversaria, nas actividades de oposición. 10
CA4.1 Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
Táboa de indicadores
Facilita a integración doutras persoas nas actividades de grupo, animando á súa participación e respectando as diferenzas. 15
CA4.3 Comprender e contextualizar a influencia cultural e social das manifestacións motrices máis relevantes no panorama actual, analizando as súas orixes e a súa evolución ata a actualidade e rexeitando aqueles compoñentes que non se axusten aos valores dunha sociedade aberta, inclusiva, diversa e igualitaria.
Táboa de indicadores
Formula e pon en práctica iniciativas para fomentar o estilo de vida activo e para cubrir as súas expectativas. 15
CA5.2 Comprender e contextualizar a influencia cultural e social das manifestacións motrices máis relevantes no panorama actual, analizando as súas orixes e a súa evolución ata a actualidade e rexeitando aqueles compoñentes que non se axusten aos valores dunha sociedade aberta, inclusiva, diversa e igualitaria.
Táboa de indicadores
Desempeña as funcións que lle corresponden, nos procedementos ou nos sistemas postos en práctica para conseguir os obxectivos do equipo. 10
CA6.1 Promover e participar en actividades físico-deportivas en contornas urbanas e naturais terrestres ou acuáticas, interactuando con elas de maneira sustentable, minimizando o impacto ambiental que estas poidan producir reducindo ao máximo a súa pegada ecolóxica e desenvolvendo actuacións dirixidas á conservación e mellora das condicións dos espazos nos que se desenvolvan.
Táboa de indicadores
Aplica os conceptos aprendidos sobre as características que deben cumprir as actividades físicas cun enfoque saudable á elaboración de deseños de prácticas en función das súas características e dos seus intereses persoais no contorno natural 25

6 Organizamos nosa propia competición deportiva
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Empregar de maneira autónoma aplicacións e dispositivos dixitais relacionados coa xestión da actividade física, respectando a privacidade e as medidas básicas de seguridade vinculadas á difusión pública de datos persoais.
Táboa de indicadores
Usa os materiais e os equipamentos atendendo ás súas especificacións técnicas. 10
CA2.3 Colaborar mostrando iniciativa durante o desenvolvemento de proxectos e producións motrices, liquidando de forma coordinada calquera imprevisto ou situación que poida ir xurdindo ao longo do proceso.
Táboa de indicadores
Resolve con eficacia situacións motoras nun contexto competitivo 30
CA3.2 Solucionar de forma autónoma situacións de oposición, colaboración ou colaboración-oposición en contextos deportivos ou recreativos con fluidez, precisión e control, aplicando de maneira automática procesos de percepción, decisión e execución en contextos reais ou simulados de actuación e adaptando as estratexias ás condicións cambiantes que se producen na práctica.
Táboa de indicadores
2. Colabora con participantes nas actividades físico-deportivas nas que se produce colaboración ou colaboración-oposición, e explica a achega de cadaquén. 10
CA4.1 Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
Táboa de indicadores
Desempeña as funcións que lle corresponden, nos procedementos ou nos sistemas postos en práctica para conseguir os obxectivos do equipo. 30
CA5.1 Organizar e practicar diversas actividades motrices, valorando o seu potencial como posible saída profesional e analizando os seus beneficios desde a perspectiva da saúde, o gozo, a autosuperación e as posibilidades de interacción social, adoptando actitudes de interese, esforzo, liderado e empatía ao asumir e desempeñar distintos roles relacionados con elas.
Táboa de indicadores
. Desempeña as funcións que lle corresponden, nos procedementos ou nos sistemas postos en práctica para conseguir os obxectivos do equipo. 10
CA6.2 Practicar e organizar actividades físico-deportivas no medio natural e urbano, asumindo responsabilidades e aplicando normas de seguridade individuais e colectivas para previr e controlar os riscos intrínsecos á propia actividade derivados da utilización dos equipamentos, a contorna ou a propia actuación dos participantes.
Táboa de indicadores
Formula estratexias ante as situacións de oposición ou de colaboración-oposición, adaptándoas ás características das persoas participantes. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A estrutura das sesións será diferente á convencional onde só existían as tres partes propias dun adestramento: o quecemento, a parte principal de actividade física e a volta á calma.

As sesións estarán divididas en tres partes: círculo inicial, parte práctica e círculo final.

Círculo inicial: primeiro momento da clase duns 5 minutos de duración onde se explicarán os obxectivos da sesión e aqueles contidos conceptuais necesarios para a parte práctica.

 

 

¿Parte práctica: é o momento de compromiso motor, a parte máis importante da clase. Esta parte divídese a maneira convencional (quecemento, parte principal e volta á calma).

Círculo final: último momento moi breve da clase, onde se reúne a todo o grupo para reflexionar sobre algún aspecto importante da clase e despedirse.

Búscase que as sesións potencien o espíritu crítico a través de reflexións individuais e colectivas. Para isto é necesario que o alumno saiba que está a facer, como e con que obxectivo, na búsqueda dunha implicación maior nas diferentes actividades.

Quérese acadar o desenrolo integral do individuo, e que este sexa capaz de desenvolverse na sociedade dunha maneira autónoma, utilizarase para isto unha metodoloxía predominantemente global, baseada en estilos non directivos (resolución de problemas, ensinanza recíproca, descubrimento guiado) e buscando que pouco a pouco o alumno vaia adquirindo maiores responsabilidades.

As tarefas que se propoñan serán abertas ou semiabertas naqueles contidos máis axeitados para fomentar a creatividade como é o bloque de expresión corporal e de xogos cooperativos. Na de xogos e deportes as tarefas serán semiabertas. As tarefas pechadas utilizaranse nos momentos onde se queira iniciar un aprendizaxe específico ou exista risco na seguridade do alumnado.

Buscarase aproveitar o máximo todos os recursos que nos ofrece o centro e os seus arredores, xa non só no que se refire a material senón tamén as posibilidades de utilización dos diferentes espazos. Con isto pretendese facer ver ao alumnado que non son necesarios medios moi sofisticados para a práctica de actividade física.

 

 

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Materiais e recursos didácticos

Os materiais e recursos didácticos que se van a utilizar son:

 

Documentos escritos para complementar os contidos máis teóricos: en todos os cursos.

DVDs con películas onde, nun contexto de actividade física e deporte, trátase sobre prexuízos de xénero, racismo, tolerancia e deportividade.

Artigos onde se tratan temas como a violencia no deporte, a muller e o deporte, valores positivos no deporte, enfermidades asociadas a malos hábitos, etc.

Ordenador e canón de vídeo: para plantexar algúns contidos teóricos e para a visualización, por parte do alumnado, do resultado dalgúns exámes prácticos (cando esta visualización posterior favoreza a aprendizaxe).

Diferentes páxinas web para traballar contidos relacionados coa saúde (Exemplo: portal educativo da xunta, aula virtual da web do centro,...)

Música para traballar contidos de expresión corporal, ritmo, condición física,...

Material propio dun ximnasio onde se imparte E.F.

Instalacións deportivas, dúas canchas, unha delas exterior e un ximnasio.

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Comézase o curso coa avaliación inicial facendo Xogos cooperativos e que nos da información, aínda que xeral.

Durante o desenvolvemento destas sesións o profesorado avalía ao grupo a nivel xeral (información necesaria para o desenvolvemento das clases de E.F.) e a cada alumno e alumna en particular (información necesaria para ter como referencia na avaliación do PROCESO).

 

AVALIACIÓN INICIAL XOGOS COOPERATIVOS

QUE AVALIAR INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

GRUPO-CLASE - Dinámica xeral do grupo

- Grado de cohesión social

- Posibles liderazgos e tipos de liderazgo

- Posibles actitudes negativas cara alguén do grupo Planilla de observación

ESTUDANTE

- G - Grado de participación na resolución dos retos

- G -Grado de tolerancia á frustración

- N -Nivel de integración cos seus compañeiros e compañeiras

- C -Capacidade de escoita

- C -Capacidade creativa

 

Cada unidade didáctica implica unhas capacidades e habilidades diferentes, por iso necesitamos a 1ª sesión de cada U.D. para facer a avaliación inicial dunhas habilidades e capacidades máis específicas.

A primeira sesión de cada U.D. ten en común a proposta de diferentes xogos e actividades que engloban as capacidades e habilidades necesarias para o seu desenvolvemento.

O profesorado identifica os diferentes niveis que existen dentro da clase anotándoo na planilla de observación.

Esta información é fundamental para saber de que nivel motriz parten e organizar as clases tendo en conta as diferentes escalas de aprendizaxe.

¿

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 36.0 14.0 10.0 10.0 10.0 20.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 99.99999999999999

Para poder acadar a máxima calificación na materia, 10 puntos, é necesario:

 

- Acadar o 30% dos puntos polo PROCESO: ter adquirido hábitos de hixiene e seguridade, amosar actitudes de esforzo e superación persoal, participar activamente nos exercicios, xogos e deportes plantexados nas clases, cooperar cos compañeiros nas tarefas da clase e axudarse no proceso de aprendizaxe, respectar as normas de clase e as regras dos xogos e deportes practicando o ¿xogo limpo¿, respectar aos compañeiros, á profesora ase coma o material escolar.

- Acadar o 70% dos puntos polo RESULTADO: amosar dominio das habilidades motrices específicas traballadas na clase; acadar un nivel de condición física acorde coa súa idade e as súas posibilidades, corrección postural na execución de exercicios físicos. Adquirir os coñecementos teóricos traballados na clase e saber aplicalos nos acontecementos da vida diaria.

Para o alumnado lesionado ou enfermo que non poida realizar a parte práctica traballará contidos teóricos durante a clase e avaliaranse os seus coñecementos teóricos.

 

Para obter unha avaliación positiva e superar a materia é necesario sacar un 5 sobre 10 na media entre a nota do proceso e a do resultado.

 

O núcleo central da avaliación do PROCESO será a actitude de superación individual e cooperación grupal. A esta nota central sumaráselle ou restaráselle puntos en función das seguintes actitudes:

As actitudes a mellorar restarán 0,3 puntos sobre 10 na nota final do PROCESO.

Considéranse actitudes a mellorar:

Non ter adquiridos hábitos de hixiene diarios: non asearse ao final das clases; facer a actividade física sen quitar pendentes, cadeas ou calquera obxecto metálico que poña en risco a seguridade do alumnado, comer chicle, etc

Realizar accións motrices que supoñen un perigo para a súa saúde ou para a dos demais compañeiros e compañeiras.

Faltar o respecto a compañeiros ou profesora levemente

Persistir coa mesma conduta despois da chamada de atención da profesora

Non respectar as normas do xogo limpo.

Non coidar o material escolar nin utilizalo para o fin ao que foi destinado

Interromper repetida e inoportunamente á profesora ou compañeiros nas súas explicacións, etc.

As actitudes positivas sumarán 0,4 puntos sobre 10 na nota final do PROCESO.

Considéranse actitudes positivas cando de xeito habitual o alumno ou alumna manifeste as seguintes condutas:

Colocar e recoller o material necesario para as clases prácticas.

Favorecer a integración dos compañeiros no grupo e corresponsabilizarse na súa aprendizaxe.

Amosar actitudes de xogo limpo tanto no papel de espectadores como no de participantes

Respectar as decisións arbitrais

Amosar actitudes de respecto e conservación do entorno onde se desenvolven as actividades físicas.

Implicarse no traballo en equipo amosando iniciativa e creatividade.

 

As faltas graves terán repercusión na avaliación pois restarán 1 punto na nota final do PROCESO.

Considéranse faltas graves:

 

Faltar o respecto gravemente a compañeiros ou profesora (sancionado cun parte)

Causar desperfectos ou maltratar intencionadamente o material escolar (sancionado cun parte)

Non facer a clase práctica sen motivo xustificado:

Unha vestimenta deportiva axeitada (zapatillas deportivas axustadas ao nocello e chándal ou pantalón corto) é fundamental para poder participar nas clases de E.F. polo que o incumprimento desta norma será sancionada na avaliación con 0.4 puntos.

Cada vez que non se poda realizar a práctica por enfermidade ou lesión deberase traer un xustificante médico.

¿

 

Se suspenden algún trimestre teñen a posibilidade de aprobar a materia ao final de curso recuperando aquelas partes non superadas. Na parte das habilidades motrices hai que superar uns mínimos de execución para obter unha cualificación positiva no proceso, así como superar con éxito a proba de resistencia respectiva de cada nivel.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Cando se aproben as primeiras duas evaluacions considerase aprobada a asignatura pendente.

En caso contrario deberase facer a proba de resistencia dos 25 minutos e un examen global dos contidos do ano anterior

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Ao longo do curso e en todas as unidades didácticas empréganse diferentes estratexias de atención á diversidade. A diversidade enténdese como todas aquelas cualidades que fai de cada alumno un ser único e, polo tanto, diferente aos demais; tanto sexa por capacidades intelectuais e físicas como por habilidades, xénero, orixe cultural, aspecto físico, etc.

Tendo en conta este concepto de diversidade utilizamos as seguintes medidas para atender as diferenzas:

 

¿ Os agrupamentos maioritariamente serán heteroxéneos e variaranse unha ou dúas veces durante o curso. Preténdese fomentar o traballo cooperativo e comprender e valorar a diversidade. Conseguirase se son capaces de vivir a diversidade dunha forma continuada, dando tempo a que o alumnado se coñeza entre eles e sexan capaces de aproveitar as cualidades de cada un en beneficio do grupo.

¿ Unha das finalidades das clases é traballar para que o grupo clase coñeza e respecte as características individuais de cada un dos compoñentes. Para isto proporanse diferentes estratexias onde o alumnado ten que colaborar no proceso de ensinanza aprendizaxe dos seus compañeiros de grupo.

¿ En diferentes unidades didácticas promóvense experiencias nas que para conseguir un obxectivo se necesite a participación e colaboración de todos os membros do grupo.

¿ Ao final das sesións reflexionarase e analizarase a experiencia vivida na aula, aproveitando calquera situación onde a diferenza enriqueceu ao grupo para facelo explícito.

¿ A programación ten en conta a diversidade de xéneros e afinidade pois intenta alternar no mesmo trimestre unidades didácticas de habilidades e capacidades moi diferentes (condición física con xogos populares, expresión corporal ou ritmo con deportes colectivos, actividades na natureza con deportes). Búscase que o alumnado máis hábil nuns contidos síntase noutros necesitado de axuda. Desta maneira non sempre é o mesmo alumnado o necesitado da axuda dos seus compañeiros e a riqueza da diferenza faise máis explícita.

¿ As tarefas de todas as unidades didácticas organízanse buscando a integración de todo o alumnado, independentemente do seu nivel de habilidade. Fanse adaptacións individualizadas das regras ou normas dos xogos ou exercicios en función das necesidades de cada alumno ou alumna, para facilitar ou dificultar a tarefa según conveña.

 

Existen outras diferenzas máis salientables como o descoñecemento da lingua, os trastornos do comportamento, diferentes grados de autismo, etc. que se abordan utilizando as directrices que veñen na web (incluídos na programación de orientación) e os documento e información proporcionados polo equipo de orientación para cada caso en particular.

No caso dos alumnos con TDAH tomaranse entre outras as seguintes medidas:

- Supervisar frecuentemente a realización das actividades, para reforzar positivamente ou para reconducir a execución ou as distraccións.

- Antes de empezar unha actividade, explicala de xeito claro e sinxelo, e asegurarse de que a entendeu .

- Conseguir a colaboración dun compañeiro ou dunha compañeira ¿responsable¿, para que lle axude a comprender e a realizar as tarefas.

- Utilizar reforzos positivos para motivar (eloxios privados e públicos).

- Complementar os exames escritos de forma oral, cando se observa que están incompletos.

No caso dos alumnos co T. Asperger:

- Fomentar as competencias e habilidades sociais. Cobra unha gran relevancia o xogo cos iguais como ferramenta de desenvolvemento da interacción social.

- Ter en conta os intereses e preferencias do alumno-a propoñéndolle actividades atractivas, que poidan servir de reforzo para outras mais relevantes.

- Proporcionarlle unha atención individualizada cunhas estratexias claras e comúns.

- Darlle tempo suficiente para que poida emitir unha resposta.

- Axudar a que perciba as consecuencias dos seus actos, proporcionándolle criterios de éxito sempre e cando sexa posible.

Co alumnado de etnia xitana tratarase de potenciara a adquisición de habilidades, hábitos e normas que

faciliten a inclusión escolar dos alumnos.

No caso de dous alumnos cun retraso mental leve tratarase de:

- Traballar a autonomía persoal, xa que neste colectivo son moi acusados aspectos tales como a sobreprotección.

- Proporcionarlles un extra de motivación, xa que o esforzo que lles supoñen moitas tarefas fai que se incorporen ás actividades con maior dificultade.

- Axudarlles potenciar a autoestima, elemento fundamental para o equilibrio de calquera persoa.

- Asumir o seu propio corpo, xa que, en moitas ocasións, as persoas con discapacidade intelectual o ven como algo imperfecto e estenden esta visión a outros aspectos da súa personalidade.

- Traballar a autonomía persoal.

 

Nos casos de alumnos de incorporación tardía en Educación física tratarase de organizar para que participen canto antes nas responsabilidades compartidas da clase xestionando dinámicas, se fose necesario, para que os compañeiros axuden a integración e participación destes alumnos no grupo.

En alumnos con desvantaxe Socio-Educativa prestarase especial atención a que dispoñan do necesario para poder participar con normalidade nás sesións e solventar posibles carencias se fose necesario.

No caso de alumnado con discapacidade motora, despois de manter unha entrevista coa familia para obter a maior información posible e valorar as posibilidades de cada un, atendendo en primeiro lugar en relación aos recursos que necesita como adecuación de espazos (baño), facilitación de formas de expresión. A intervención independentemente da súa situación motriz, intentará:

- Potenciar a autonomía persoal desenvolvendo as destrezas motrices, hábitos hixiénicos e de auto coidado establecendo niveis de esixencia progresivos, congruentes e constantes.

- Favorecer a participación activa.

- Fomentar a capacidade de socialización.

¿

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
1 EXPRESION ORAL E ESCRITA
2 COMPRENSION DE LECTURA
3 COMUNICACION AUDIOVISUAL
4 COMPETENCIA DIXITAL
5 EMPRENDEMENTO SOCIAL E EMPRESARIAL
6 FOMENTO DO ESPIRITU CRITICO
7 EDUCACION EMOCIONAL E EN VALORES
8 IGULADADE DE XENERO
9 CREATIVIDAD

Non se rexistraron observacións

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Ultimate Colaborando co equipo de Polbo Ultimate Coruña

Farense duas sesións no terceiro trimestre

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Indicadores de logro

Avaliación da proceso de ensino e de práctica docente Escala

(Indicadores de logro)

AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO 1 2 3 4

1.- ¿O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado?

2.- ¿Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreza a aprendizaxe?

3.- ¿Conseguiuse motivar para aumentar a práctica de AF?

4.- ¿Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado?

5.- ¿Contouse co apoio e implicación das familias no traballo alumnado?

6.- ¿Mantívose un contacto periódico coa familia?

7.- ¿Tomáronse medida curricular para atender ao alumnado con NEAE?

8.- ¿Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado?

9.- ¿Usáronse distintos instrumentos de avaliación?

10.- ¿Dáse un peso real á observación do traballo na aula?

11.- ¿Valorouse adecuadamente o traballo colaborativo do alumnado?

 

AVALIACIÓN DA PRÁCTICA DOCENTE 1 2 3 4

1.- Como norma xeral fanse explicacións xerais para todo o alumnado

2.- ¿Ofrécese a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa?

3.- Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade

4.- ¿Elabóranse probas avaliación de distinta dificultade para alumnos NEAE?

5.- ¿Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas?

6.-¿Intercálase o traballo individual e en equipo?

7.- ¿Poténcianse estratexias de animación á lectura e de compresión e expresión oral?

8.- ¿Incorpóranse ás TIC aos procesos de ensino ¿ aprendizaxe

9.- ¿Préstase atención aos temas transversais vinculados a cada estándar?

10.- ¿Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os erros?

11.- ¿As medidas de reforzo establécense vinculadas aos estándares?

12.- ¿Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación¿?

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Mecanismo avaliación e modificación de programación didáctica Escala

(Indicadores de logro) 1 2 3 4

1.- ¿Deseñáronse U.D a partir dos elementos do currículo?

2.- ¿Secuenciáronse e temporalizáronse as unidades didácticas?

3.- ¿Foi necesario eliminar algún aspecto da programación prevista?

4.- ¿Secuenciáronse os EA para cada unha das U.D?

5.- ¿Fixouse un grao mínimo de consecución de cada EA para superar a materia?

6.- ¿Asignouse a cada EA o peso correspondente na cualificación?

7.- ¿Vinculouse cada EA a instrumentos para a súa avaliación?

8.- ¿Estableceuse a secuencia habitual de traballo na aula?

9.- ¿Son adecuados os materiais didácticos utilizados?

10.- Elaborouse unha proba de avaliación inicial a partir dos estándares de aprendizaxe?

11.- Establecéronse pautas xerais para a avaliación continua

12.- Establecéronse criterios para a recuperación exame, avaliación

13.- ¿Fixáronse criterios para a avaliación final?

14.- ¿Establecéronse criterios para a avaliación extraordinaria?

15.- ¿Fixáronse criterios para a avaliación de materias pendentes?

16.- ¿Definíronse programas de apoio, recuperación, etc.?

17.- ¿Informouse ás familias sobre criterios de avaliación, EA, instrumentos?

18.- ¿Informouse ás familias sobre os criterios de promoción?

19.- ¿Contribuíuse desde a materia ao plan de lectura do centro?

20.- ¿Usáronse as TIC no desenvolvemento da materia?

 

 

 

 

 

 

 

 

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver