Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia; ten tamén como refeencia as características do alumnado o do centro en xeral onde se vai a implementar. 

O IES do Milladoiro é un centro creado no curso 2013/2014. O nivel sociocultural das familias do noso alumnado é extremadamente variado. A porcentaxe de alumnado procedente do estranxeiro é do 10%, aproximadamente, e a súa procedencia moi dispar, a maioría de sudamérica.  O noso centro caracterízase por recibir, xa iniciado o curso escolar, alumnado de diversos países, chegando nalgúns casos a incorporarse incluso durante a 3ª avaliación. Aínda que non ofrece dificultades de integración, nos últimos cursos apréciase a chegada de alumnado que non coñece ningunha das dúas linguas oficiais. Xeograficamente é un centro peri-urbano-rural, situado no Concello de Ames, e moi perto de Santiago de Compostela. É o seu undécimo curso dende a inauguración e conta cunha oferta educativa de ESO e BACH. 

Neste curso 24-25 o grupo de 4º ESO está formado por 15 alumnos e alumnas. Normalmente o alumnado de 4º ESO adoita ter un bo nivel xa que leva dous anos estudando música no centro; este curso observo que é así, coa excepción dun alumno que está repetindo e presenta algunhas dificultades.

A materia de 4º ESO centrarase nun coñecemento máis profundo da música a través da interpretación instrumental, vocal ou dancística de pezas de distintos estilos e épocas, así como da escoita activa e da análise crítica e reflexiva de manifestacións musicais de Galicia e de España. Centrarémonos tamén na creación musical a través da improvisación así como usando aplicacións tecnolóxicas e dixitais e no estudo da música nos contextos actuais dos medios de comunicación máis comúns. 

Os contidos do curso articúlanse en tres bloques: 

- "Escoita e percepción": contidos indispensables para desenvolver o concepto de identidade cultural a través da exposición a diferentes propostas audiovisuais que permitan o achegamento do patrimonio musical e dancístico como fonte de inspiración e coñecemento das posibilidades da arte, e como medio de expresión de sentimentos e emocións.

- «Interpretación, improvisación e creación escénica»: con este bloque de contidos preténdese a aprendizaxe de conceptos clave da linguaxe musical desde o entendemento da aula como un espazo dinámico no que o alumnado se sinta cómodo expresando as súas ideas, tanto a través da utilización meditada do seu corpo e dos instrumentos musicais, coma do uso libre de distintas linguaxes. Aprender a música a través da experiencia de ser músico, baseándonos no traballo por proxectos grupais.

- «Contextos e culturas»: aproximación aos diferentes xéneros e estilos musicais máis representativos do patrimonio musical. Con este bloque proponse un achegamento de maneira global e ordenada ás diferentes manifestacións musicais producidas ao longo da historia, tanto por mulleres como por homes; un achegamento que ofreza unha visión da importancia da arte como medio de expresión.

 

Esta proposta didáctica está pensada para seguir traballando moitos dos contidos non só na unidade na que se presentan por primeira vez, senón para que estes contidos sigan aparecendo nas seguintes unidades e sexan manexados, afianzados e ampliados de forma continua ao longo de todo o curso, xa que a música ao igual que o resto das linguaxes, é unha materia onde os contidos son acumulativos, e imos construindo a sintaxe musical manexando os conceptos previos dos que partimos e construindo sobre estes novas estruturas máis complexas a través do aprendizaxe en espiral.

A nosa proposta integra o traballo musical, lingúístico, escénico e actitudinal, desde un punto de vista que entende a música como unha actividade social e comunicativa que pretende ser unha actividade altamente significativa para o alumnado, desde a perspectiva de “actividade social”, das relacións sociais, fomentando o carácter lúdico da experiencia de aprendizaxe e a participación directa, protagonista , do propio alumnado.

Queremos recalcar como principal obxectivo desta programación e unidades didácticas, a creación dun público crítico que saiba valorar a calidade das músicas que escoita e os medios de comunicación que escolle para a súa reprodución, e isto articulado a través da experiencia de ser músico ou bailarín, de comprender o oficio, e de saber poñerse no lugar de traballo dos artistas. Soamente a través de experiencia podemos comprender o mundo en sí da música, os contidos, o traballo en equipo, de perseveranza, de autonomía e de compromiso cos demáis, que supón subirse a un escenario a estrenar un proxecto, e a esa experiencia é a que pretendemos chegar co traballo realizado ao longo do curso.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Analizar obras de diferentes épocas e culturas identificando as súas principais características estilísticas e establecendo relacións co seu contexto, para valorar o patrimonio musical e dancístico como fonte de gozo e de enriquecemento persoal.
OBX2 Explorar as posibilidades expresivas de diferentes técnicas musicais e dancísticas, a través de actividades de improvisación, para incorporalas ao repertorio persoal de recursos e desenvolver un criterio de selección das técnicas máis adecuadas á intención expresiva.
OBX3 Interpretar pezas musicais e dancísticas xestionando adecuadamente as emocións e empregando diversas estratexias e técnicas vocais, corporais ou instrumentais, para ampliar as posibilidades de expresión persoal.
OBX4 Crear propostas artístico-musicais, de xeito individual ou grupal, empregando a voz, o corpo, instrumentos musicais e ferramentas tecnolóxicas para potenciar a creatividade e identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
OBX5 Coñecer, valorar e respectar o patrimonio artístico e musical de Galicia e da contorna, a través das achegas relevantes na cultura e na sociedade galegas, para apreciar a importancia do noso acervo dentro dos procesos de globalización.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Silencio y ruido Unidade introductoria aos elementos que conforman a existencia da música: o son, o ruído e o silencio. Tamén aos contidos relacionados coa súa práctica: escoita activa e, posterior análise reflexiva dos parámetros que conforman a música e da súa práctica interpretativa. Nesta unidade, e desde unha perspectiva sensible e crítica, o alumnado reflexionará sobre a importancia do silencio, as causas da contaminación sonora e o uso indiscriminado da música. Así mesmo, retomará o contacto coa linguaxe musical, coa lectura e a interpretación instrumental ou vocal. Ademais, servirá de avaliación inicial dos coñecemetos acadados polo alumnado nos cursos anteriores 5 4
2 As mulleres na Música, os homes na Danza Con esta unidade, no inicio do curso, preténdese desmitificar os roles de xénero e romper os estereotipos tan ligados á música e á danza, e que, a día de hoxe, aínda están sumamente arraigados na sociedade. A través dunha viaxe pola historia da música ata a actualidade, saberemos da existencia de grandes compositoras e intérpretes mulleres que quedaron no esquecemento, de como o ballet nace sendo masculino, entroques hoxe en día as academias de ballet adoecen da falta de alumnos varóns, a pesar de que ao longo da historia son os que recibiron o recoñecemento como coreógrafos. Así mesmo, reflexionaremos sobre a situación actual das mulleres na música e dos homes na danza. Isto farémolo a través da investigación, do visionado, da escoita activa, da análise crítica e da interpretación musical e dancística. 5 5
3 O Jazz. Orixes e evolución Nesta unidade coñeceremos as orixes do Jazz, as súas características e a súa evolución e influencia nos estilos que deron lugar á música popular. E farémolo a partir dun coñecemento básico e xeral das súas especificidades, dunha selección de artistas, compositoras e compositores, e intérpretes máis emblemáticos de EE UU, Europa, España e Galicia; da escoita activa e da análise crítica e reflexiva de audicións representativas dos diferentes estilos, da linguaxe musical, da lectura rítmica e melódica de partituras e da interpretación e improvisación vocal e instrumental. 10 9
4 A música popular urbana Nesta unidade achegarémonos á música popular urbana desde a súa orixe ata a actualidade por medio dun coñecemento práctico tanto dos principais estilos e das súas características definitorias como dunha selección entre os diferentes grupos, compositoras e compositores, e intérpretes máis emblemáticos de EE UU, Europa, España e Galicia. A través da interpretación vocal, instrumental e coreográfica, da composición musical e coreográfica, da escoita activa e do visionado, da análise reflexiva e crítica de audicións ilustrativas e das súas linguaxes (estética, xestual e textual); e na linguaxe musical, a rítmica, a melódica, a harmónica e a organolóxica. 10 9
5 A música nos medios e produccións audiovisuais Nesta unidade coñeceremos a presenza, funcións e importancia da música nos diferentes medios audiovisuais e tecnolóxicos: cinema, radio, televisión, publicidade, vídeoxogos, videoclips, etc. Ademais, e desde unha perspectiva histórica, faremos un percorrido xeral pola historia da música no cine, e achegarémonos ás orixes da evolución, ata actualidade, dos máis importantes sistemas de gravación e reprodución de son e imaxes, e das ferramentas dixitais actuais para a recepción, gravación e edición musical. Así mesmo, coñeceremos o papel que desempeñaron e desempeñan estes medios, a industria discográfica e a internet na difusión da música. Isto farémolo a través do visionado, da escoita activa e da análise crítica de diferentes manifestacións musicais nos diversos medios. Tamén, a través da interpretación e da creación de proxectos audiovisuais onde a música sexa a protagonista. 10 9
6 As músicas do mundo A música é inherente ao ser humano. En todas as culturas do mundo, a música forma parte da vida das persoas; é un reflexo da súas tradicións, dos seus costumes, da súa propia idiosincrasia. Nesta unidade coñeceremos as tradicións, os instrumentos e as linguaxes musicais das culturas máis emblemáticas. A través do coñecemento das características definitorias de cada cultura, e con apoio do visionado, da escoita activa, da análise crítica, da improvisación e interpretación musical e dancística, coñeceremos máis o noso mundo. Ademais, tomaremos conciencia de que as diferenzas culturais son unha riqueza, e de que o que en apariencia parece separarnos, en realidade forma parte da nosa esencia. 5 5
7 A música e a danza en Galicia Nesta unidade aprenderemos a diversidade e riqueza das manifestacións musicais e dancísticas da música culta, popular e tradicional galega. A partir dun coñecemento básico dos períodos, das características principais, dos xéneros e estilos, das voces, dos instrumentos e agrupacións, das compositoras e compositores, achegarémonos ás mostras máis emblemáticas do nóso acervo musical e dancístico. A través do visionado, da audición activa, da análise de audicións e partituras, da interpretación musical e dancística, coñeceremos as formas, as harmonías, as texturas e os elementos da linguaxe musical máis presentes na música galega. 5 4
8 A música e a danza en España Nesta unidade aprenderemos a grande diversidade e riqueza das manifestacións musicais e dancísticas da música tradicional española. A partir dun coñecemento básico dos períodos, das características principais, dos xéneros e estilos, das voces, dos instrumentos e agrupacións, das compositoras e compositores, achegarémonos ás mostras máis emblemáticas do acervo musical e dancístico do noso país. A través do visionado, da audición activa, da análise de audicións e partituras, da interpretación musical ou dancística coñeceremos as formas, as harmonías, as texturas e os elementos da linguaxe musical máis presentes na música española. 25 22
9 A música nas artes escénicas Nesta unidade estudaremos as artes escénicas nas que está presente a música: a danza contemporánea, o ballet, a ópera e as súas variantes, o musical etc. A través dun coñecemento básico das súas especificidades, do visionado de exemplos ilustrativos, da interpretación vocal, instrumental, coreográfica e dancística, aprenderemos a importancia, presenza e función que desempeña a música en todas elas. Así mesmo, coa planificación, realización, participación, actuación e gravación de propostas musico-escénicas e coreográfico-dancísticas o alumnado adquirirá significativamente os contidos e tomará plena conciencia da importancia da música nestas artes. 5 9
10 Todos a escena! Esta unidade é transversal para todo o curso. O alumnado irá facendo ao longo do ano un repertorio de pezas extraído das diferentes unidades didácticas nas que a interpretación instrumental, vocal ou dancística estea presente. Este repertorio será interpretado en público cara o final do curso ou en diferentes momentos segundo as circunstancias ou evolución do alumnado. Os concertos ou as postas en escena serán produto do traballo colaborativo (formación orquestral, coral ou grupal no que aos contidos de danza se refire). A posibilidade da gravación e posterior edición de cada posta en escena servirá de peche do proceso creativo e contribuirá ao desenvolvemento persoal do alumnado. 10 20
11 A linguaxe da música Esta unidade é transversal para todo o curso, xa que está implícita na maioría das unidades didácticas. Abrangue os contidos do coñecemento práctico da linguaxe da música, da harmonía, da forma e da textura. A partir da análise, lectura e interpretación de partituras o alumnado aprenderá os contidos rítmicos, melódicos, harmónicos, etc., que lle permitirán crear, interpretar, entender e coñecer dende unha perspectiva más técnica as diferentes manifestacións musicais. 10 9

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Escoita e percepción
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA1.1 - Analizar obras ou fragmentos, musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, gravados ou en directo, identificando os seus trazos estilísticos e os seus aspectos técnicos, explicando a súa relación co contexto e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na escoita ou no visionamento destas.
CA1.2 - Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente e desmitificando os estereotipos referidos aos roles de xénero no ámbito da música e da danza.
CA1.3 - Valorar os efectos que provoca a polución sonora e o consumo indiscriminado de música, analizando os contextos en que se producen e a súa incidencia nos hábitos saudables de escoita.
CA1.4 - Coñecer a organización, os procedementos e os elementos da linguaxe musical e dancística que nos permiten analizar e encadrar unha obra artística ou un fragmento no contexto cultural e histórico a que pertence, utilizando ferramentas dixitais de recepción e de procura fidedigna de información.
CA1.5 - Coñecer, respectar e valorar os axentes que interveñen no proceso creativo e interpretativo dunha obra artística, musical, escénica e dancística, a través do patrimonio cultural propio e alleo, identificando os trazos estilísticos que os caracterizan.
CA1.6 - Identificar, analizar e valorar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical e dancística que definen o patrimonio galego.
Contidos
C1.1 - O silencio, o son, o ruído e a escoita activa. Sensibilización e actitude crítica ante a polución sonora e o consumo indiscriminado de música.
C1.2 - Obras musicais, escénicas e dancísticas: análise descritiva das súas características máis relevantes. Xéneros musicais e dancísticos.
C1.3 - Comentario razoado, crítico e respectuoso, tanto verbal como escrito -uso de vocabulario adecuado-, de eventos musicais, coreográficos e escénicos, gravados ou en directo, propios ou alleos.
C1.4 - Acción escénica e coreográfica, espazo sonoro, interpretación expresiva e técnica, acción narrativa, escenografía, iluminación, útiles, caracterización e vestiario.
C1.5 - Uso práctico a través da análise dos elementos da linguaxe musical nas obras traballadas: parámetros do son, harmonía, textura, forma.
C1.6 - Voces e instrumentos. Evolución, características e agrupacións. Relevancia nas distintas etapas.
C1.7 - Compositores e compositoras, artistas, intérpretes e agrupacións internacionais, nacionais, rexionais e locais, con especial atención á Comunidade Autónoma de Galicia.
C1.8 - Concertos, actuacións musicais e manifestacións artístico-musicais en vivo e rexistradas.
C1.9 - Mitos, estereotipos e roles de xénero transmitidos a través da música e da danza.
C1.10 - Ferramentas dixitais para a recepción musical: diferentes soportes audiovisuais.
C1.11 - Estratexias de procura, selección e reelaboración de información fiable, pertinente e de calidade.
C1.12 - Actitude de respecto e valoración na recepción musical.
Bloque B2. Interpretación, improvisación e creación escénica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA2.1 - Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas de maior complexidade, por medio da interpretación e de improvisacións libres e pautadas, individuais ou grupais, nas cales se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
CA2.2 - Elaborar pezas musicais ou dancísticas estruturadas a partir de actividades de improvisación, seleccionando as técnicas do repertorio persoal de recursos máis adecuadas á intención expresiva.
CA2.3 - Ler partituras sinxelas, identificando os elementos básicos da linguaxe musical e analizando de forma guiada as estruturas das pezas, con ou sen apoio da audición.
CA2.4 - Empregar diferentes técnicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
CA2.5 - Interpretar con corrección e expresividade un repertorio de pezas musicais e dancísticas, individuais e grupais, de diferentes xéneros e estilos, dentro e fóra da aula, xestionando a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
CA2.6 - Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, seleccionando, de entre os dispoñibles, os medios musicais e dancísticos máis oportunos, así como as ferramentas analóxicas ou dixitais máis adecuadas, respectando e valorando o consumo responsable nas diferentes plataformas e redes sociais.
CA2.7 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, asumindo diferentes funcións, valorando as achegas do resto de integrantes do grupo e identificando diversas oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
CA2.8 - Interpretar a través da danza, da voz, do corpo ou dos instrumentos en formación orquestral ou vocal, con ou sen acompañamento instrumental diferentes pezas musicais e manifestacións artísticas con elementos propios da cultura galega.
Contidos
C2.1 - A partitura: lectura rítmica e melódica. A escritura musical.
C2.2 - Coñecemento práctico dos elementos da linguaxe musical como instrumento efectivo nas actividades de creación e interpretación: signos convencionais de representación dos parámetros do son (altura, intensidade e duración).
C2.3 - Tonalidade: modulación, intervalos, acordes, funcións harmónicas, progresións harmónicas, cadencias. Escalas modais.
C2.4 - Texturas musicais. Formas musicais simples e complexas. Agóxica e dinámica.
C2.5 - Técnicas básicas para a interpretación individual e grupal: técnicas vocais, instrumentais (instrumentos orff ou outros obxectos de son), corporais con ou sen movemento e dancísticas. Técnicas de estudo e de control de emocións.
C2.6 - Técnicas de improvisación guiada e libre, individuais e grupais: improvisación rítmica e melódica, vocal, instrumental (instrumentos orff ou outros obxectos de son) e corporal con ou sen movemento e dancística.
C2.7 - Silencio, escoita activa, interiorización do pulso, atención ás indicacións da dirección e ao resto dos intérpretes, memoria, adecuación ao conxunto, empaste.
C2.8 - O ensaio: espazo de escoita activa e de aprendizaxe.
C2.9 - Planificación e execución de proxectos musicais e audiovisuais: emprego da voz, do corpo, dos instrumentos musicais, dos medios e das aplicacións tecnolóxicas.
C2.10 - Concertos en formación orquestral, vocal con ou sen acompañamento instrumental e actos escénico-dancísticos do alumnado. Xestión de emocións, ansiedade, medo escénico.
C2.11 - Repertorio vocal, instrumental (instrumentos orff ou outros obxectos de son), corporal e coreográfico tanto individual como grupal de distintos xéneros musicais e escénicos, de diferentes épocas e culturas, con especial atención á música galega.
C2.12 - Valores e hábitos de consumo responsable nas plataformas dixitais e nas redes sociais musicais.
C2.13 - Recursos para a creación e gravación de produtos musicais e audiovisuais. Ferramentas dixitais para a creación musical. Secuenciadores, editores de partituras e aplicacións informáticas.
C2.14 - Actitudes de respecto, compromiso e colaboración na participación activa en actividades musicais e durante todo o proceso, desde a planificación e a preparación ata a posta en escena.
Bloque B3. Contextos e culturas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA3.1 - Coñecer a historia da música en España, en Galicia e noutras culturas do mundo a través de obras ou fragmentos musicais e dancísticos, identificando os seus principais trazos estilísticos e características, explicando a súa relación co contexto en que foron creados e manifestando unha actitude de tolerancia, interese e respecto.
CA3.2 - Coñecer e valorar criticamente todo tipo de manifestacións musicais e escénicas do século XX ata a actualidade, tanto no cinema como na música popular urbana e noutros medios artísticos, audiovisuais e tecnolóxicos, a través da identificación das súas especificidades e reflexionando sobre a súa evolución e a súa relación cos do presente.
Contidos
C3.1 - Historia da música e da danza en España e en Galicia: períodos, características principais, xéneros, voces, instrumentos e agrupacións.
C3.2 - Tradicións musicais e dancísticas doutras culturas do mundo: funcións, pervivencia e influencias noutros estilos musicais.
C3.3 - Músicas populares, urbanas e contemporáneas. Orixe, antecedentes, evolución.
C3.4 - Blues, ragtime e jazz: inicios destes estilos, evolución e fusión. O jazz nos Estados Unidos, en Europa, en España e en Galicia.
C3.5 - O son e a música nos medios audiovisuais e nas tecnoloxías dixitais. A música ao servizo doutras artes e linguaxes.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Silencio y ruido
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Valorar os efectos que provoca a polución sonora e o consumo indiscriminado de música, analizando os contextos en que se producen e a súa incidencia nos hábitos saudables de escoita.
Proba escrita
Distinguir os efectos que o uso indiscriminado da música e da contaminación sonora provoca na saúde das persoas a partir da análise de contextos nos que se reflicte a súa incidencia 40
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando os elementos básicos da linguaxe musical e analizando de forma guiada as estruturas das pezas, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler células rítmicas básicas (negras, corcheas, semicorcheas) co sentido do pulso en clave de sol (Do4-Do5) Analizar e describir os elementos básicos dunha partitura: ritmo, melodía, símbolos musicais 30
CA2.4 Empregar diferentes técnicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Empregar as técnicas básicas da interpretación individual e grupal, instrumental (placas, frauta ou outros) e vocal (afinación) co uso da memoria rítmica e melódica, e a lectura de partituras. 30

2 As mulleres na Música, os homes na Danza
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar obras ou fragmentos, musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, gravados ou en directo, identificando os seus trazos estilísticos e os seus aspectos técnicos, explicando a súa relación co contexto e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na escoita ou no visionamento destas.
Táboa de indicadores
Analizar os aspectos técnicos e estilísticos a partir da escoita ou visionado de obras ou fragmentos traballados na unidade, nos que as mulleres na música e os homes na danza son protagonistas. 30
CA1.2 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente e desmitificando os estereotipos referidos aos roles de xénero no ámbito da música e da danza.
Proba escrita
Valorar críticamente, a partir dunha perspectiva histórica e cultural, a discriminación que sufriron e sofren mulleres e homes no mundo da música e da danza. Reflexionar sobre posibles solucións. 25
CA1.5 Coñecer, respectar e valorar os axentes que interveñen no proceso creativo e interpretativo dunha obra artística, musical, escénica e dancística, a través do patrimonio cultural propio e alleo, identificando os trazos estilísticos que os caracterizan.
Proba escrita
Recoñecer, valorar e respectar os axentes que interveñen nunha obra musical ou dancística, e os seus rasgos estilísticos básicos. 15
CA2.5 Interpretar con corrección e expresividade un repertorio de pezas musicais e dancísticas, individuais e grupais, de diferentes xéneros e estilos, dentro e fóra da aula, xestionando a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
Táboa de indicadores
Interpretar con respecto e corrección técnica en formación orquestral ou vocal unha obra ou fragmento dunha compositora, e unha danza. 30

3 O Jazz. Orixes e evolución
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar obras ou fragmentos, musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, gravados ou en directo, identificando os seus trazos estilísticos e os seus aspectos técnicos, explicando a súa relación co contexto e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na escoita ou no visionamento destas.
Proba escrita
Analizar obras ou fragmentos da música Jazz, traballados na unidade, identificando as características básicas e os rasgos estilísticos que os definen. 10
CA1.4 Coñecer a organización, os procedementos e os elementos da linguaxe musical e dancística que nos permiten analizar e encadrar unha obra artística ou un fragmento no contexto cultural e histórico a que pertence, utilizando ferramentas dixitais de recepción e de procura fidedigna de información.
Proba escrita
Coñecer os elementos da linguaxe musical que caracterizan o Jazz, impartidos na unidade, a través da análise de partituras e das ferramentas dixitais aplicadas á escoita e á investigación. 10
CA1.5 Coñecer, respectar e valorar os axentes que interveñen no proceso creativo e interpretativo dunha obra artística, musical, escénica e dancística, a través do patrimonio cultural propio e alleo, identificando os trazos estilísticos que os caracterizan.
Táboa de indicadores
Manter o silencio e o respecto nas actividades de escoita, visionado, análise e improvisación, valorando o patrimonio cultural da música Jazz través da identificación das súas especificidades. 10
CA2.1 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas de maior complexidade, por medio da interpretación e de improvisacións libres e pautadas, individuais ou grupais, nas cales se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
Táboa de indicadores
Interpretar con corrección e expresividade en formación orquestral ou vocal unha peza de Jazz. Improvisar individualmente sobre un estándar de jazz seguindo as pautas dadas. 20
CA2.2 Elaborar pezas musicais ou dancísticas estruturadas a partir de actividades de improvisación, seleccionando as técnicas do repertorio persoal de recursos máis adecuadas á intención expresiva.
Táboa de indicadores
Interpretar coreográficamente unha peza estruturada, empregando elementos improvisados pautados ou libres traballados na unidade. 15
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando os elementos básicos da linguaxe musical e analizando de forma guiada as estruturas das pezas, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler partituras ou fragmentos de melodías de jazz traballados na aula, identificando os seus elementos rítmicos, harmónicos e formáis. 15
CA3.2 Coñecer e valorar criticamente todo tipo de manifestacións musicais e escénicas do século XX ata a actualidade, tanto no cinema como na música popular urbana e noutros medios artísticos, audiovisuais e tecnolóxicos, a través da identificación das súas especificidades e reflexionando sobre a súa evolución e a súa relación cos do presente.
Proba escrita
Coñecer a orixe e evolución do Jazz nos diferentes estilos, as súas características máis representativas e as compositoras, compositores e intérpretes destacados de EE UU, Europa, España e Galicia. 20

4 A música popular urbana
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar obras ou fragmentos, musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, gravados ou en directo, identificando os seus trazos estilísticos e os seus aspectos técnicos, explicando a súa relación co contexto e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na escoita ou no visionamento destas.
Proba escrita
Analizar a partir da escoita ou visionado as características traballadas na unidade (musicais estilísticas, técnicas e estéticas dos xéneros máis emblemáticos), encadrándoos no contexto. 10
CA1.4 Coñecer a organización, os procedementos e os elementos da linguaxe musical e dancística que nos permiten analizar e encadrar unha obra artística ou un fragmento no contexto cultural e histórico a que pertence, utilizando ferramentas dixitais de recepción e de procura fidedigna de información.
Proba escrita
Coñecer os elementos básicos da linguaxe musical que caracterízan a música popular, impartidos na unidade. 10
CA1.5 Coñecer, respectar e valorar os axentes que interveñen no proceso creativo e interpretativo dunha obra artística, musical, escénica e dancística, a través do patrimonio cultural propio e alleo, identificando os trazos estilísticos que os caracterizan.
Táboa de indicadores
Manter o silencio e o respecto nas actividades de escoita, análise e visionado valorando o patrimonio cultural da música popular a través da identificación das súas especificidades. 15
CA2.1 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas de maior complexidade, por medio da interpretación e de improvisacións libres e pautadas, individuais ou grupais, nas cales se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
Táboa de indicadores
Interpretar en grupo con corrección e expresividade en formación orquestral ou vocal unha peza de música popular. 20
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando os elementos básicos da linguaxe musical e analizando de forma guiada as estruturas das pezas, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler as partituras ou os fragmentos de cancións da música popular, que fosen traballados na unidade, identificando os seus elementos rítmicos, harmónicos, e formáis. 10
CA2.4 Empregar diferentes técnicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Interpretar instrumental, vocal ou corporalmente e de memoria unha canción empregando as técnicas adecuadas. 15
CA3.2 Coñecer e valorar criticamente todo tipo de manifestacións musicais e escénicas do século XX ata a actualidade, tanto no cinema como na música popular urbana e noutros medios artísticos, audiovisuais e tecnolóxicos, a través da identificación das súas especificidades e reflexionando sobre a súa evolución e a súa relación cos do presente.
Proba escrita
Coñecer a música popular e os seus diferentes estilos/xéneros, as súas características máis representativas e os/as compositores/as e intérpretes máis salientables de EE UU, Europa, España e Galicia. 20

5 A música nos medios e produccións audiovisuais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar obras ou fragmentos, musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, gravados ou en directo, identificando os seus trazos estilísticos e os seus aspectos técnicos, explicando a súa relación co contexto e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na escoita ou no visionamento destas.
Proba escrita
Analizar e identificar a partir da escoita e visionado as características máis definitorias de exemplos musicais da historia da música no cine e nos medios audiovisuais, encadrándoos no contexto. 20
CA1.5 Coñecer, respectar e valorar os axentes que interveñen no proceso creativo e interpretativo dunha obra artística, musical, escénica e dancística, a través do patrimonio cultural propio e alleo, identificando os trazos estilísticos que os caracterizan.
Táboa de indicadores
Manter o silencio e o respecto nas actividades de escoita, visionado e análise, valorando a través da identificación das súas especificidades as produccións audiovisuais propias ou alleas. 20
CA2.6 Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, seleccionando, de entre os dispoñibles, os medios musicais e dancísticos máis oportunos, así como as ferramentas analóxicas ou dixitais máis adecuadas, respectando e valorando o consumo responsable nas diferentes plataformas e redes sociais.
Táboa de indicadores
Realizar con creatividade unha proposta audiovisual usando as ferramentas técnolóxicas e dixitais axeitadas e as interpretacións ou elementos intepretativos musicais e dancísticos, propios ou alleos. 20
CA2.7 Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, asumindo diferentes funcións, valorando as achegas do resto de integrantes do grupo e identificando diversas oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
Táboa de indicadores
Participar na realización dunha proposta audiovisual artístico-musical colaborativa, respectando as achegas e as produccións dos compañeiros. 20
CA3.2 Coñecer e valorar criticamente todo tipo de manifestacións musicais e escénicas do século XX ata a actualidade, tanto no cinema como na música popular urbana e noutros medios artísticos, audiovisuais e tecnolóxicos, a través da identificación das súas especificidades e reflexionando sobre a súa evolución e a súa relación cos do presente.
Proba escrita
Coñecer a importancia e función da música, desde unha perspectiva histórica, nos diferentes medios audiovisuais e tecnolóxicos: cinema, radio, televisión, etc., así como na actualidade. 20

6 As músicas do mundo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar obras ou fragmentos, musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, gravados ou en directo, identificando os seus trazos estilísticos e os seus aspectos técnicos, explicando a súa relación co contexto e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na escoita ou no visionamento destas.
Proba escrita
Analizar a través da escoita ou visionado obras ou fragmentos da música das culturas máis emblemáticas, identificando as súas características básicas, instrumentos e rasgos estilísticos que os definen 10
CA1.4 Coñecer a organización, os procedementos e os elementos da linguaxe musical e dancística que nos permiten analizar e encadrar unha obra artística ou un fragmento no contexto cultural e histórico a que pertence, utilizando ferramentas dixitais de recepción e de procura fidedigna de información.
Proba escrita
Coñecer a través da investigación, da análise de partituras e da escoita ou visionado, os elementos da linguaxe musical e dancística que caracterizan a música das diferentes culturas. 10
CA1.5 Coñecer, respectar e valorar os axentes que interveñen no proceso creativo e interpretativo dunha obra artística, musical, escénica e dancística, a través do patrimonio cultural propio e alleo, identificando os trazos estilísticos que os caracterizan.
Táboa de indicadores
Manter o silencio e o respecto nas actividades de escoita, análise e visionado valorando o patrimonio cultural través da identificación das súas especificidades. 10
CA2.1 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas de maior complexidade, por medio da interpretación e de improvisacións libres e pautadas, individuais ou grupais, nas cales se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
Táboa de indicadores
Interpretar instrumental ou vocalmente pezas doutras culturas e improvisar con escalas pentatónicas, a partir dunhas pautas dadas na aula, aplicando tamén ferramentas tecnolóxicas na gravación final. 15
CA2.2 Elaborar pezas musicais ou dancísticas estruturadas a partir de actividades de improvisación, seleccionando as técnicas do repertorio persoal de recursos máis adecuadas á intención expresiva.
Táboa de indicadores
Interpretar coreográficamente unha peza estruturada empregando elementos improvisados, pautados ou libres, impartidos na unidade. 10
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando os elementos básicos da linguaxe musical e analizando de forma guiada as estruturas das pezas, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler partituras ou fragmentos de melodías doutras culturas que fosen traballados na unidade, identificando os seus elementos rítmicos, harmónicos e formáis. 10
CA2.4 Empregar diferentes técnicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Interpretar instrumental, vocal ou corporalmente e de memoria unha peza musical representativa doutras culturas, aplicando as técnicas adecuadas aprendidas na aula. 15
CA3.1 Coñecer a historia da música en España, en Galicia e noutras culturas do mundo a través de obras ou fragmentos musicais e dancísticos, identificando os seus principais trazos estilísticos e características, explicando a súa relación co contexto en que foron creados e manifestando unha actitude de tolerancia, interese e respecto.
Proba escrita
Coñecer as características definitorias, dadas na unidade, en relación á linguaxe da música e da danza nas principais culturas do mundo, identificando os instrumentos e os trazos estilísticos. 20

7 A música e a danza en Galicia
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar obras ou fragmentos, musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, gravados ou en directo, identificando os seus trazos estilísticos e os seus aspectos técnicos, explicando a súa relación co contexto e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na escoita ou no visionamento destas.
Proba escrita
Analizar a través da escoita ou visionado obras ou fragmentos da música galega máis emblemática, identificando as súas características básicas, instrumentos e rasgos estilísticos que a definen. 20
CA1.4 Coñecer a organización, os procedementos e os elementos da linguaxe musical e dancística que nos permiten analizar e encadrar unha obra artística ou un fragmento no contexto cultural e histórico a que pertence, utilizando ferramentas dixitais de recepción e de procura fidedigna de información.
Táboa de indicadores
Coñecer a través da investigación, da análise de partituras, da lectura musical e da escoita ou visionado, os elementos da linguaxe musical e dancística que caracterízan a música e a danza de Galicia 10
CA1.5 Coñecer, respectar e valorar os axentes que interveñen no proceso creativo e interpretativo dunha obra artística, musical, escénica e dancística, a través do patrimonio cultural propio e alleo, identificando os trazos estilísticos que os caracterizan.
Táboa de indicadores
Manter o silencio e o respecto nas actividades de escoita, análise e visionado, valorando o patrimonio cultural través da identificación das súas especificidades. 5
CA1.6 Identificar, analizar e valorar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical e dancística que definen o patrimonio galego.
Táboa de indicadores
Coñecer e valorar a través da análise e da escoita, os elementos máis identificativos da linguaxe musical e dancística galega traballados na unidade. 10
CA2.2 Elaborar pezas musicais ou dancísticas estruturadas a partir de actividades de improvisación, seleccionando as técnicas do repertorio persoal de recursos máis adecuadas á intención expresiva.
Táboa de indicadores
Interpretar dancísticamente unha coreografía dos bailes típicos de Galicia (muiñeira e xota), con partes improvisatorias pautadas. 10
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando os elementos básicos da linguaxe musical e analizando de forma guiada as estruturas das pezas, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler partituras ou fragmentos de melodías da temática da unidade, identificando os seus elementos rítmicos, harmónicos e formáis. 10
CA2.4 Empregar diferentes técnicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Interpretar instrumental e vocalmente de memoria, cancións representativas da música tradicional galega impartidas na unidade, aplicando as técnicas adecuadas. 5
CA2.8 Interpretar a través da danza, da voz, do corpo ou dos instrumentos en formación orquestral ou vocal, con ou sen acompañamento instrumental diferentes pezas musicais e manifestacións artísticas con elementos propios da cultura galega.
Táboa de indicadores
Interpretar en agrupación vocal ou orquestral as cancións ou melodías da música galega impartidas na unidade. 10
CA3.1 Coñecer a historia da música en España, en Galicia e noutras culturas do mundo a través de obras ou fragmentos musicais e dancísticos, identificando os seus principais trazos estilísticos e características, explicando a súa relación co contexto en que foron creados e manifestando unha actitude de tolerancia, interese e respecto.
Proba escrita
Coñecer as características máis definitorias da música tradicional galega en relación á historia e á linguaxe musical e dancística identificando os instrumentos e os trazos estilísticos. 20

8 A música e a danza en España
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar obras ou fragmentos, musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, gravados ou en directo, identificando os seus trazos estilísticos e os seus aspectos técnicos, explicando a súa relación co contexto e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na escoita ou no visionamento destas.
Proba escrita
Analizar a través da escoita ou visionado as obras ou fragmentos impartidos nesta unidade, identificando as súas características básicas, instrumentos e rasgos estilísticos. 20
CA1.4 Coñecer a organización, os procedementos e os elementos da linguaxe musical e dancística que nos permiten analizar e encadrar unha obra artística ou un fragmento no contexto cultural e histórico a que pertence, utilizando ferramentas dixitais de recepción e de procura fidedigna de información.
Táboa de indicadores
Coñecer a través da investigación, da análise de partituras, da lectura musical e da escoita ou visionado, os elementos básicos da linguaxe musical e dancística das mostras impartidas na unidade. 15
CA1.5 Coñecer, respectar e valorar os axentes que interveñen no proceso creativo e interpretativo dunha obra artística, musical, escénica e dancística, a través do patrimonio cultural propio e alleo, identificando os trazos estilísticos que os caracterizan.
Táboa de indicadores
Manter o silencio e o respecto nas actividades de escoita, análise e visionado, valorando o patrimonio cultural das músicas do mundo a través da identificación das súas especificidades. 15
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando os elementos básicos da linguaxe musical e analizando de forma guiada as estruturas das pezas, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler partituras ou fragmentos das melodías traballadas na unidade, identificando os seus elementos rítmicos, harmónicos e formáis. 15
CA2.4 Empregar diferentes técnicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Interpretar instrumental, vocal ou corporalmente e de memoria as pezas representativas da música tradicional española, aplicando as técnicas adecuadas traballadas nesta unidade. 15
CA3.1 Coñecer a historia da música en España, en Galicia e noutras culturas do mundo a través de obras ou fragmentos musicais e dancísticos, identificando os seus principais trazos estilísticos e características, explicando a súa relación co contexto en que foron creados e manifestando unha actitude de tolerancia, interese e respecto.
Proba escrita
Coñecer as características, instrumentos e trazos estilísticos máis definitorias en relación á historia e á linguaxe musical e dancística, evidenciando respecto, tolerancia e interese. 20

9 A música nas artes escénicas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar obras ou fragmentos, musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, gravados ou en directo, identificando os seus trazos estilísticos e os seus aspectos técnicos, explicando a súa relación co contexto e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na escoita ou no visionamento destas.
Proba escrita
Analizar a través da escoita ou visionado, obras ou fragmentos das artes escénicas impartidos na unidade, identificando as súas características básicas e rasgos estilísticos que os definen. 10
CA1.2 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes musicais e dancísticos de diferentes épocas e culturas, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente e desmitificando os estereotipos referidos aos roles de xénero no ámbito da música e da danza.
Proba escrita
Aprender a valorar, a través do visionado, as diferentes manifestacións artísticas escénicas, sen os prexuízos dos roles de xénero. 10
CA1.4 Coñecer a organización, os procedementos e os elementos da linguaxe musical e dancística que nos permiten analizar e encadrar unha obra artística ou un fragmento no contexto cultural e histórico a que pertence, utilizando ferramentas dixitais de recepción e de procura fidedigna de información.
Táboa de indicadores
Coñecer a través da investigación, da análise de partituras, da lectura musical e da escoita ou visionado, os elementos da linguaxe musical e dancística que caracterizan as artes escénicas. 20
CA1.5 Coñecer, respectar e valorar os axentes que interveñen no proceso creativo e interpretativo dunha obra artística, musical, escénica e dancística, a través do patrimonio cultural propio e alleo, identificando os trazos estilísticos que os caracterizan.
Táboa de indicadores
Manter o silencio e o respecto nas actividades de escoita, análise e visionado, valorando o patrimonio musical escénico a través da identificación das súas especificidades. 15
CA2.5 Interpretar con corrección e expresividade un repertorio de pezas musicais e dancísticas, individuais e grupais, de diferentes xéneros e estilos, dentro e fóra da aula, xestionando a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
Táboa de indicadores
Interpretar con corrección, controlando emocións e expresividade, unha danza ou performance da temática da unidade. 25
CA3.2 Coñecer e valorar criticamente todo tipo de manifestacións musicais e escénicas do século XX ata a actualidade, tanto no cinema como na música popular urbana e noutros medios artísticos, audiovisuais e tecnolóxicos, a través da identificación das súas especificidades e reflexionando sobre a súa evolución e a súa relación cos do presente.
Proba escrita
Coñecer e valorar as artes escénicas, as súas características definitorias e a presenza e relevancia na actualidade. 20

10 Todos a escena!
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.5 Interpretar con corrección e expresividade un repertorio de pezas musicais e dancísticas, individuais e grupais, de diferentes xéneros e estilos, dentro e fóra da aula, xestionando a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
Táboa de indicadores
Interpretar o repertorio traballado no curso, de pezas musicais en formación orquestral ou dancísticas en grupo 20
CA2.6 Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, seleccionando, de entre os dispoñibles, os medios musicais e dancísticos máis oportunos, así como as ferramentas analóxicas ou dixitais máis adecuadas, respectando e valorando o consumo responsable nas diferentes plataformas e redes sociais.
Proba escrita
Presentar o deseño dun proxecto creativo a partir das propostas traballadas no curso, das ferramentas técnolóxicas e dixitais, e das interpretacións musicais e dancísticas tanto propias como alleas. 40
CA2.7 Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, asumindo diferentes funcións, valorando as achegas do resto de integrantes do grupo e identificando diversas oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
Táboa de indicadores
Participar con interese na planificación e execución dunha proposta artístico-musical colaborativa, manifestando respecto aos demais e desempeñando con corrección a función asignada. 20
CA2.8 Interpretar a través da danza, da voz, do corpo ou dos instrumentos en formación orquestral ou vocal, con ou sen acompañamento instrumental diferentes pezas musicais e manifestacións artísticas con elementos propios da cultura galega.
Táboa de indicadores
Interpretar con corrección a traves da voz, dos instrumentos musicais e da danza, as pezas musicais ou dancísticas da cultura galega traballadas no curso. 20

11 A linguaxe da música
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Coñecer a organización, os procedementos e os elementos da linguaxe musical e dancística que nos permiten analizar e encadrar unha obra artística ou un fragmento no contexto cultural e histórico a que pertence, utilizando ferramentas dixitais de recepción e de procura fidedigna de información.
Proba escrita
Analizar e investigar sobre os elementos da linguaxe musical e o contexto histórico ao que pertencen, as obras ou fragmentos das unidades do curso, usando as ferramentas dixitais. 40
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando os elementos básicos da linguaxe musical e analizando de forma guiada as estruturas das pezas, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler rítmica e melódicamente as partituras traballadas no curso, aplicando con corrección as células rítmicas, compases, escalas, matices, etc., impartidos en cada unidade. 30
CA2.5 Interpretar con corrección e expresividade un repertorio de pezas musicais e dancísticas, individuais e grupais, de diferentes xéneros e estilos, dentro e fóra da aula, xestionando a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
Táboa de indicadores
Interpretar con corrección e expresividade, vocal ou instrumentalmente, as partituras traballadas ao longo do curso, tanto na voz de melodía como de acompañamento en formación vocal ou orquestral 30

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Esta programación consta de once unidades didácticas arredor de diferentes centros de interese: o jazz, a música popular urbana, a música nos medios e produccións audiovisuais, as músicas do mundo, a música en España e Galicia, a música nas artes escénicas. Non obstante, as dúas últimas unidades desta programación, aínda que figuran no 3º trimestre, están pensadas para ser aplicadas ao longo do curso nas diferentes unidades, xa que os coñecementos da linguaxe e das destrezas musicais interpretativas son acumulativos. O mesmo sucede coas dúas primeiras unidades, xa que os seus contidos son transversais na materia de música; polo tanto, a súa aplicación non ten por qué ser lineal no tempo. Por exemplo, á vez que traballamos a unidade sobre música popular urbana, podemos engadir contidos doutras unidades relativos á música e tecnoloxía, ou preparar ao alumnado para actuar en público.

Ademáis do anterior, as directrices metodolóxicas a seguir nesta programación son as seguintes:

- A asimilación dos distintos bloques de contidos partirá sempre da práctica para logo pasar á teorización. É dicir, a base desta programación é aprender facendo.

- A planificación do ensino ten sempre como base a vivir a experiencia da música a través da interpretación, da análise crítica, da creación e da escoita activa de distintas propostas artísticas.

- Os criterios de avaliación están directamente relacionados cos obxectivos propostos. Superar con éxito os criterios de avaliación amosa o grao de adquisición destes obxectivos por parte do alumnado.

- Diseñaránse diferentes situacións de aprendizaxe, que incluirán procedementos diversos para traballar os contidos e sempre partindo dunha visión global onde os novos coñecementos aprendidos completen e conecten cos coñecementos previos do alumnado. Terán así mesmo en conta, os diferentes ritmos de aprendizaxe que coexisten no contexto da aula e a atención á diversidade, propoñendo sempre mecanismos de reforzo para as dificultades que se detecten.

- Terase en conta e farase destacable a través dos contidos transversais a importancia da relación entre a materia de Música e outras materias como a Ed. Física, a Ed. Plástica a Historia ou as Matemáticas. 

- Promoverase nas distintas unidades o traballo en equipo e a capacidade emprendedora, dada a natureza grupal e creativa desta materia, realizando proxectos colaborativos entre o alumnado onde se poidan aplicar técnicas de reforzo da autoestima, da autonomía, da reflexión e da meditación sobre o grao de responsabilidade de cada un no conxunto do proxecto.

- Utilizaranse distintos tipos de actividades segundo a natureza das unidades: actividades introductorias ou de presentación dos contidos, para descubrir os coñecementos previos do alumnado, e actividades de motivación ou descubrimento, de desenvolvemento e consolidación, de avaliación, de reforzo e recuperación e de ampliación dos contidos nos casos que sexa necesario.

- Por último, destacar os principios metodolóxicos nos que se basea esta programación, como son a práctica e a motivación, a interrelación entre contidos e materias, a aprendizaxe significativa e funcional, a creatividade, a atención personalizada, a actitude analítica e a socialización.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Caderno de exercicios e información sobre os temas a traballar
Instrumentos melódicos e rítmicos: frauta e instrumentos ORFF
Audios e vídeos sobre os temas a traballar
Apps e programas informáticos: Musescore e Audacity
Aula Virtual
Ritmogramas para facer percusión corporal ou con palillos chineses
Musicogramas para o seguimento de audicións
Non se rexistrou texto

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A Avaliación inicial no 4º curso de ESO terá por obxecto averiguar os coñecementos musicais e dancísticos previos que aprendeu e lembra o alumnado dos cursos anteriores (2º e 3º).

Na primeira unidade, ademais de coñecer, analizar e reflexionar sobre a importancia do silencio na música e das consecuencias para a nosa saúde do uso indiscriminado e da contaminación sonora, faremos un repaso dos contidos de linguaxe musical, de lectura de partituras e de práctica instrumental e vocal. Con estas actividades comprobaremos as destrezas adquiridas en anteriores cursos.

1. Interpretaranse algunhas melodías sinxelas cun instrumento melódico, como placas ou freuta dulce. Con esta tarefa comprobaremos as destrezas motrices aplicadas á rítmica, á memoria harmónica e melódica e á capacidade de escoita para adecuarse ao conxunto.

2. Realizaranse exercicios de lectura rítmica e melódica, e interpretación de pequenas partituras (4/8 compases). Con esta actividade avaliaremos o grao de interiorización rítmico-melódico e a capacidade de interpretación dos códigos da linguaxe musical. 

4. Realización dun Kahoot sobre contidos traballados en 2º e 3º ESO.

Con estas actividades de avaliación o alumnado informaranos sobre os coñecementos previos que posúe e o grao de asimilación. Para avaliar as actividades prácticas usaremos a observación e as táboas de indicadores específicas con diferentes items que reflictan as capacidades psicomotrices, rítmicas, auditivas e interpretativas do alumnado. 

Outras cuestións como as destrezas no movemento e danza ou o manexo da tecnoloxía irémolas avaliando nas sucesivas unidades.

 

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 5.0 10.0 10.0 10.0 5.0 5.0 25.0 5.0 10.0 10.0 100.0
Proba escrita 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0
Táboa de indicadores 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0

Procedementos de avaliación

- Parte teórica: farase un exame escrito de teoría por trimestre, que se valorará sobre 6.

- Parte práctica: faranse tres controles prácticos por trimestre que se valorarán cun punto cada un. Un será a lectura e interpretación instrumental coa frauta ou outro instrumento melódico dunha peza sinxela, e os outros dous controis poderán ser algún traballo realizado na aula de informática (como edición con museScore ou unha presentación de diapositivas), ou outro traballo individual ou grupal de canto, danza ou percusión corporal.

- O punto restante ata o 10 achegarao a actitude e o traballo de clase. Procedementos de recuperación
 

Criterios de avaliación

- Para aprobar cada trimestre é necesario alcanzar unha puntuación de 3 no exame escrito, e de 0.5 en cada unha das actividades prácticas propostas, que serán polo menos tres.

- Suspenderase o trimestre de non presentarse o alumno ao exame escrito ou a algún dos controis, a non ser que a falta sexa xustificable por unha causa de forza maior e no posible, documentalmente (xustificante médico, citación do xulgado etc.)

- É imprescindible a asistencia regular a clase, a puntualidade, traer o material de traballo (caderno pequeno e bolígrafo), así como un comportamento correcto en clase e unha boa actitude cara á materia.

 

Criterios de cualificación

- A nota da avaliación será a suma das cualificacións do exame escrito, dos controis da parte práctica e do traballo de clase. O aprobado alcanzarase cando a suma sexa un 5. O redondeo cara arriba ou cara baixo será a criterio da profesora tendo en conta sobre todo a actitude do alumnado cara a materia, e a participación en actividades musicais relacionadas con conmemoracións, biblioteca etc.

- Unha vez superado o terceiro trimestre, a nota final do curso será a nota media das cualificacións dos tres trimestres. Unha vez feita a media, redondearase cara arriba a partir da sexta décima.

 

 

- Parte teórica: non se farán exames de recuperación despois de cada trimestre, excepto no terceiro. Xa que os contidos son progresivos, a parte teórica do primeiro trimestre recupérase superando o teórico do segundo e leste superando o exame teórico do terceiro trimestre.

- Parte práctica: o alumnado que non entregou algún traballo ou non fixo algún dos controis prácticos dun trimestre suspenso debe entregalo obrigatoriamente no seguinte.

A profesora estará a disposición deste alumnado no primeiro recreo do luns e no segundo recreo dos mércores. O alumnado que acade unha cualificación inferior a 5 na primeira e segunda avaliación realizará actividades de recuperación dos contidos teóricos e/ou prácticos da materia non superados. Ao final do terceiro trimestre, o alumnado que non acade o aprobado na materia deberá repetir as probas suspensas. 

 

 

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Prestarase especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, ofrecendo diferentes formas de organización dos espazos e tempos da clase, así como metodoloxías variadas que permitan a todo o alumnado seguir as explicacións e actividades propostas. O obxectivo fundamental é asegurar a normalización, inclusión e non-discriminación deste alumnado coa fin de que poida acceder a unha educación de calidade con igualdade de condicións.

Debido a que o grupo de cuarto é pequeno non haberá problema real na atención do alumnado con necesidades educativas especiais. Con todo, para a atención á diversidade do alumnado de educación secundaria obrigatoria estarase ao disposto no Decreto 229/2011, de 7 de dicembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Algunhas posibles ferramentas para organizar a atención á diversidade serán:

1. Organizar ao alumnado en diferentes agrupamentos nas actividades segundo os seus intereses e motivacións.

2. Utilizar materiais variados en ditas actividades: escritos, audiovisuais, etc.

3. Aplicar diversas técnicas e metodoloxías para explicar un mesmo contido.

4. Manter o contacto permanente con este alumnado a través de entrevista persoal para saber que parte da asignatura cóstalles máis seguir.

5. Ofrecerlle tempo extra para asimilar as explicacións (por exemplo algún recreo a semana para consultar dúbidas) e para resolver probas específicas. A profesora estará a disposición do alumnado tres recreos á semana, e través da Aula Virtual.

 

 

 

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
1 Comprensión lectora
2 Creatividade
3 Autonomía
4 Traballo en equipo, emprendemento social e empresarial
5 Igualdade entre sexos
6 Consumo responsable: fomento do espírito crítico
7 Respeto mutuo: educación emocional e en valores
8 Expresión oral e escrita
9 Competencia dixital e comunicación audiovisual

- Comprensión lectora: Traballarase principalmente nas unidades 1-9 a través dos textos para analizar aprender os contidos teóricos.

- Creatividade: traballarase en todas as unidades a través da interpretación musical e dancística, a creación e uso de tecnoloxías, creación de letras, improvisación...

- Autonomía: traballarase en todas as unidades a través de actividades de improvisación, creación de contidos e proxectos propios tanto a nivel individual como grupal.

- Traballo en equipo, emprendemento social e empresarial en todas as unidades. Actividades que implican creación e interpretación de proxectos grupais.

- Igualdade entre sexos: unidades 2-10. Utilización de obras de diversos estilos e épocas compostas tanto por homes como por mulleres, fomentando especialmente o repertorio composto por mulleres e intérpretes femininas.

- Consumo responsable: fomento do espírito crítico. Unidades 1-9. A través da comprensión dos elementos que conforman a música e dos distintos estilos e xéneros musicais o alumnado conformará unha opinión obxectiva e crítica e isto contribuirá a fomentar un consumo musical responsable .

- Respecto mutuo: educación emocional e en valores. Todas as unidades. Actividades musicais grupais nas que é primordial respectar as producións musicais dos demáis e axudarse mutuamente para conseguir un son de conxunto.

- Expresión oral e escrita: unidades 1-9. A través da redacción de textos explicativos da análise de audicións ou partituras, traballos de investigación e de exposición oral.

- Competencia dixital e comunicación audiovisual: unidades 5, 9, 10 e 11 a través da creación de proxectos audiovisuais con ferramentas dixitais, gravación e edición de eventos musicais que engloben non só música e danza, senón tamén propostas audiovisuais que as acompañen, creando así unha performance global. Coa edición de partituras.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Actuacións e concertos do alumnado As pezas musicais, dancísticas ou escénicas traballadas ao longo do curso interpretaranse en público en Nadal, nas datas de conmemoracións, ou a final de curso.
Asistencia como público a concertos didácticos Propiciarase a asistencia do grupo a concerto/s didáctico/s tanto no Centro como fóra, para poñer en práctica as normas de comportamento aprendidas na clase, así como vivir a experiencia de escoitar música en directo

Temos programada a asistencia a un concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia. Será en febreiro de 2025 pero aínda está sen confirmar.

 

 

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación do nivel de dificultade ás necesidades do alumnado. Adecuación á temporalización das unidades didácticas. Utilización de distintas ferramentas de avaliación.
Participación activa de todo o alumnado. Utilización de distintas estratexias metodolóxicas en función das unidades didácticas
Adecuación dos espazos e recursos a cada actividade
Efectividade das medidas de atención a diversidade.
Cooperación entre o alumnado, calidade do traballo grupal
Apoio e implicación por parte das familias no traballo do alumnado

A programación é un documento aberto e susceptible de cambios segundo observemos os procedementos que funcionan e os que non. Debe revisarse cada ano coa fin de adaptala mellor á realidade das aulas. A posta en práctica de dita programación é o que nos permite mellorala, recollendo a través dos procedementos de avaliación da propia programación e da práctica docente a información necesaria para reformala. O proceso de avaliación da propia programación e da práctica docente realízase dentro do Departamento coa información recollida polos docentes sobre diferentes aspectos do desenvolvemento da mesma, que debería incluír unha valoración/avaliación dos estudantes, do seu propio proceso de ensino-aprendizaxe, que pode realizarse a través dun cuestionario ou unha entrevista con cada alumno a final e curso. Algúns dos ítems a contemplar para avaliar a propia programación e a práctica docente mediante rúbrica son os seguintes:

- Comprobación dos obxectivos propostos: valorar se estes se adaptan ao curso; se se poden acadar coas unidades propostas, así como a porcentaxe de alumnado que consegue ditos obxectivos, etc.

- Idoneidade das unidades didácticas propostas: se hai correlación entre obxectivos, contidos e criterios de cualificación nestas, a correción da temporalización e se contribúen realmente a acadar as competencias clave.

- Utilidade dos materiais didácticos empregados: comprobar se o alumnado os entende, se son variados, se están adaptados para o alumnado con necesidades educativas específicas e de apoio educativo, se inclúen TIC, etc.

- Valoración dos criterios e instrumentos de avaliación e cualificación: se son adecuados e precisos, se os instrumentos de avaliación inclúen métodos cualitativos e cuantitativos, se se inclúen procedementos de recuperación, etc.

- Grao de implicación dos estudantes no proceso de ensino-aprendizaxe: se coñecen os obxectivos propostos, se o repertorio e actividades lles parecen adecuados, se coñecen os criterios de avaliación e cualificación, etc.

- Tido en conta o anterior, elaboración de propostas de mellora.

 

Os ítems anteriores avaliaranse mediante os indicadores seguintes: ben ou acadado, mal ou non acadado e regular ou mellorable no caso de que sexa acadado, pero que se poida revisar e mellorar.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para o seguimento da programación, avaliación e propostas de mellora utilizaremos unha táboa de indicadores considerando os ítems expostos no punto anterior: "avaliación do proceso de ensino e práctica docente" , valorando para cada un deses ítems o grao de consecución e facendo propostas de mellora naqueles puntos que se observen carencias. Así o procedemento de seguimento e avaliación da programación e da práctica docente farase mediante táboas de indicadores, e preguntas na aula tendo en conta que son poucos alumnos.

A partir da análise dos datos extraídos destes procedementos de seguimento, faranse as correspondentes propostas de mellora.

Dito seguimento farase mensual e trimestralmente acordando en reunión de departamento os cambios a introducir na programación a través da aplicación proens en cada trimestre e a final de curso de cara ao ano seguinte.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver