Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia; ten como referencia tamén as características do alumnado o do centro en xeral onde se vai a implementar. 

O IES do Milladoiro é un centro creado no curso 2013/2014. O nivel sociocultural das familias do noso alumnado é extremadamente variado. A porcentaxe de alumnado procedente do estranxeiro é do 10%, aproximadamente, e a súa procedencia moi dispar, a maioría de sudamérica.  O noso centro caracterízase por recibir, xa iniciado o curso escolar, alumnado de diversos países, chegando nalgúns casos a incorporarse incluso durante a 3ª avaliación. Aínda que non ofrece dificultades de integración, nos últimos cursos apréciase a chegada de alumnado que non coñece ningunha das dúas linguas oficiais. Xeograficamente é un centro peri-urbano-rural, situado no Concello de Ames, e moi perto de Santiago de Compostela. É o seu undécimo curso dende a inauguración e conta cunha oferta educativa de ESO e BACH. 

En terceiro da ESO o alumno xa coñece os fundamentos musicais máis básicos, polo que está en condicións de afondar neles incidindo nos seguintes aspectos: a escoita silenciosa e análise dos distintos parámetros que interveñen na composición, a interpretación musical, tanto solista como en grupo e tanto de música instrumental como vocal e danza; a creación musical improvisada e guiada utilizando programas informáticos, e o estudio dos contextos musicais, a través da análise de audicións de distintas épocas e autores.

Neste curso 2024 - 2025 hai catro grupos de 3º ESO cunha ratio de 23 ou 24 alumnos e alumnas. En xeral son alumnos e alumnas con bastante nivel musical, participativos e con ganas de aprender. Tamén cabe sinalar que hai un gran número de alumnado con NEE e NEAE que require atención individualizada. Destacar o grupo formado polo alumnado de Diversificación que adoita ter bastantes dificultades. Así pois, a atención á diversidade é outro dos puntos fortes a ter en conta para mellorar a convivencia positiva no centro.

Nesta programación para 3º curso de ESO concrétanse uns obxectivos, contidos e criterios de avaliación articulados en tres bloques que integran os coñecementos, destrezas e actitudes que se pretenden alcanzar sempre desde a súa interiorización a través da práctica, para pasar despois a teorización.

Os contidos articúlanse en tres bloques:

-   "Escoita e percepción", contidos indispensables para desenvolver o concepto de identidade cultural, a través da exposición a diferentes propostas audiovisuais que permitan o achegamento do patrimonio musical e dancístico como fonte de inspiración e coñecemento das posibilidades da arte e como medio de expresión de sentimentos e emocións.

-   «Interpretación, improvisación e creación escénica», co que se pretende a aprendizaxe de conceptos clave da linguaxe musical desde o entendemento da aula como un espazo dinámico no que o alumnado se sinta cómodo expresando as súas ideas, tanto a través da utilización meditada do seu corpo e dos instrumentos musicais, como do uso libre de distintas linguaxes. Aprender a música a través da experiencia de ser músico, baseándonos no traballo por proxectos grupais.

-  «Contextos e culturas», aproximación aos diferentes xéneros e estilos musicais máis representativos do patrimonio musical. Con isto proponse un achegamento de maneira global e ordenada ás diferentes manifestacións musicais producidas ao longo da historia, tanto por mulleres como por homes, e que ofreza unha visión da importancia da arte como medio de expresión.

Os obxectivos propostos para toda a ESO pretenden desenvolver a identidade e a recepción cultural, contribuír a autoexpresión a través  da creación e da interpretación, centrarse na produción artística e estudar, entender e coñecer o patrimonio musical e dancístico de Galicia así como o de outras culturas, sempre traballados desde unha aprendizaxe baseada na práctica que lle permita ao alumnado experimentar a música e máis a danza.

Os criterios de avaliación son ferramentas para medir o nivel de adquisición das competencias segundo os seus compoñentes cognitivos, procedimentais e actitudinais.

Esta proposta didáctica está pensada para seguir traballando moitos dos contidos non só na unidade na que se presentan por primeira vez, senón para que estes contidos sigan aparecendo nas seguintes unidades e sexan manexados, afianzados e ampliados de forma continua ao longo de todo o curso, xa que a música ao igual que o resto das linguaxes, é unha materia onde os contidos son acumulativos, e imos construindo a sintaxe musical manexando os conceptos previos dos que partimos e construindo sobre estes novas estruturas máis complexas a través do aprendizaxe en espiral.

A nosa proposta integra o traballo musical, lingúístico, escénico e actitudinal, desde un punto de vista que entende a música como unha actividade social e comunicativa que pretende ser unha actividade altamente significativa para o alumnado, desde a perspectiva de “actividade social”, das relacións sociais, fomentando o carácter lúdico da experiencia de aprendizaxe e a participación directa, protagonista , do propio alumnado.

Queremos recalcar como principal obxectivo desta programación e unidades didácticas, a creación dun público crítico que saiba valorar a calidade das músicas que escoita e os medios de comunicación que escolle para a súa reprodución, e isto articulado a través da experiencia de ser músico ou bailarín, de comprender o oficio, e de saber poñerse no lugar de traballo dos artistas. Soamente a través de experiencia podemos comprender o mundo en sí da música, os contidos, o traballo en equipo, de perseveranza, de autonomía e de compromiso cos demáis, que supón subirse a un escenario a estrenar un proxecto, e a esa experiencia é a que pretendemos chegar co traballo realizado ao longo do curso.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Analizar obras de diferentes épocas e culturas identificando as súas principais características estilísticas e establecendo relacións co seu contexto, para valorar o patrimonio musical e dancístico como fonte de gozo e de enriquecemento persoal.
OBX2 Explorar as posibilidades expresivas de diferentes técnicas musicais e dancísticas, a través de actividades de improvisación, para incorporalas ao repertorio persoal de recursos e desenvolver un criterio de selección das técnicas máis adecuadas á intención expresiva.
OBX3 Interpretar pezas musicais e dancísticas xestionando adecuadamente as emocións e empregando diversas estratexias e técnicas vocais, corporais ou instrumentais, para ampliar as posibilidades de expresión persoal.
OBX4 Crear propostas artístico-musicais, de xeito individual ou grupal, empregando a voz, o corpo, instrumentos musicais e ferramentas tecnolóxicas para potenciar a creatividade e identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
OBX5 Coñecer, valorar e respectar o patrimonio artístico e musical de Galicia e da contorna, a través das achegas relevantes na cultura e na sociedade galegas, para apreciar a importancia do noso acervo dentro dos procesos de globalización.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Antigúedade e Idade Media Estudo da música occidental desde o período homérico ata finais do século XIV, tomando en consideración os principais fitos constitutivos ¿estrutural, estilística e funcionalmente¿ do feito musical neste lapso de tempo. 15 10
2 Renacemento O Renacemento é un movemento cultura nacido en Italia no século XV. Rapidamente alcanzou case toda Europa durante os séculos XV e XVI. Estaba baseado en recuperar os valores grecolatinos. Dentro da arte renacentista, a música sufriu importantes cambios nas súas características. 15 10
3 Barroco Durante o barroco apareceron algunhas das máis importantes formas musicais da historia musical como son a sonata, o concerto ou a xa mencionada ópera, ademais de dar lugar a músicos barrocos considerados moitos deles como os máis destacados da historia da música clásica, como veremos máis adiante. Doutra banda, cabe destacar que o barroco non só tivo influencia no ámbito musical, senón no resto de campos artísticos como a literatura, a pintura, a arquitectura, a escultura, o teatro, etc 15 10
4 Clasicismo O século XVIII foi un século de soterradas transformacións sociais. Baixo o controlado inmobilismo imposto polos réximes absolutistas europeos -baseados nunha desigual repartición de obrigacións e privilexios entre a nobreza, o clero e o terceiro estado¿ a sociedade experimentou o irresistible ascenso dunhas clases medias urbanas portadoras de novos valores e ideas baseados na razón, o mérito e a xustiza. A burguesía non foi só o principal motor do movemento ilustrado, os avances científicos ou a secularización da sociedade durante o século das luces, senón que desenvolveu novos códigos culturais que exerceron unha decisiva influencia na evolución dos estilos musicais e que a historiografía musical englobou dentro do concepto Clasicismo. Nesta unidade repasaremos a consolidación do estilo Clásico en relación con tres ámbitos socio-musicais: A música de cámara, as sociedades filarmónicas, e a ópera popular. 15 10
5 Romanticismo A medida que a humanidade avanza na historia, os seus acontecementos bríndannos revelacións, puntos de reflexión, aprendizaxes que adquirimos ao interpretar o que nos sucedeu como sociedade e como individuos. A arte é un produto que reflicte os sentimentos e pensamentos de cada época e é por iso que podemos aprender moito da historia ao analizar os seus puntos de importancia e expresión. Nesta unidade, aprenderemos achega do romanticismo musical e as súas características. 15 10
6 Século XX A música, cuxos recursos tradicionais foran explotados ata a saciedade polos autores románticos, busca abrirse novos camiños e romper co pasado. Gran cantidade de estilos vangardistas musicais iranse xustapoñendo no transcurso do século en busca da novidade e a experimentación, a través dun cambio estético que dará lugar ás composicións máis variadas. A aparición de novos xéneros como o jazz ou o rock e os seus derivados arrebatará á música culta o protagonismo, case exclusivo, do que gozara durante séculos. Aos poucos irase convertendo nunha música de minorías, allea ao éxito e aos intereses comerciais. Na segunda metade de século, a chegada da tecnoloxía alterará a forma de compoñer e interpretar a música. Por primeira vez na historia os medios electrónicos e informáticos terán unha función importante dentro do fenómeno musical. 15 10
7 Outras músicas Música de España, Galicia e outras culturas. 10 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Escoita e percepción
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA1.1 - Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
CA1.2 - Establecer conexións entre manifestacións musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, valorando a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
CA1.3 - Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
CA1.4 - Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
CA1.5 - Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
CA1.6 - Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Contidos
C1.1 - Obras musicais e dancísticas: análise, descrición e valoración das súas características básicas. Xéneros da música e da danza.
C1.2 - Voces e instrumentos: clasificación xeral dos instrumentos por familias e características. Agrupacións.
C1.3 - Compositores e compositoras, artistas, intérpretes e agrupacións internacionais, nacionais, rexionais e locais, con especial atención á Comunidade Autónoma de Galicia.
C1.4 - Concertos, actuacións musicais e outras manifestacións artístico-musicais en vivo e rexistradas.
C1.5 - Mitos, estereotipos e roles de xénero transmitidos a través da música e da danza.
C1.6 - Normas de comportamento básicas na recepción musical e escénica: respecto e valoración.
C1.7 - Ferramentas dixitais para a recepción musical: diferentes soportes audiovisuais.
C1.8 - Estratexias de procura, selección e reelaboración de información fiable, pertinente e de calidade.
Bloque B2. Interpretación, improvisación e creación escénica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA2.1 - Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas básicas, por medio de improvisacións pautadas, individuais ou grupais, nas cales se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
CA2.2 - Expresar ideas, sentimentos e emocións en actividades pautadas de improvisación, seleccionando as técnicas máis adecuadas de entre as que conforman o repertorio persoal de recursos.
CA2.3 - Relacionar manifestacións musicais e dancísticas de distintos contextos e momentos históricos, recoñecendo a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
CA2.4 - Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
CA2.5 - Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
CA2.6 - Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
CA2.7 - Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais.
CA2.8 - Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
Contidos
C2.1 - A partitura. Identificación e aplicación de grafías, lectura e escritura musical.
C2.2 - Elementos básicos da linguaxe musical: parámetros do son, intervalos. Tonalidade: escalas musicais, a armadura e os acordes básicos. Texturas. Formas musicais ao longo dos períodos históricos e na actualidade.
C2.3 - Principais xéneros musicais e escénicos do patrimonio cultural, con especial atención á Comunidade Autónoma de Galicia.
C2.4 - Repertorio vocal, instrumental ou corporal individual ou grupal de distintos tipos de música do patrimonio musical propio e doutras culturas.
C2.5 - Técnicas básicas para a interpretación: técnicas vocais, instrumentais e corporais, técnicas de estudo e de control de emocións.
C2.6 - Técnicas de improvisación guiada e libre.
C2.7 - Proxectos musicais e audiovisuais: emprego da voz, do corpo, dos instrumentos musicais, dos medios e das aplicacións tecnolóxicas.
C2.8 - A propiedade intelectual e cultural: formulacións éticas e responsables. Hábitos de consumo musical responsable.
C2.9 - Normas de comportamento e participación en actividades musicais e escénicas.
C2.10 - Ferramentas dixitais para a creación musical. Secuenciadores e editores de partituras.
Bloque B3. Contextos e culturas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA3.1 - Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
CA3.2 - Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
CA3.3 - Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
CA3.4 - Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Contidos
C3.1 - Historia da música e da danza occidental: períodos, características, xéneros, voces, instrumentos e agrupacións.
C3.2 - Compositoras e compositores de cada período da historia da música desde unha perspectiva igualitaria e aberta, atendendo á composición na Comunidade Autónoma de Galicia.
C3.3 - Principais composicións musicais de cada período histórico.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Antigúedade e Idade Media
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza da época traballada. 15
CA1.3 Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Identificar os feitos históricos que inflúen nas manifestacións musicais. 15
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Interpretar as adaptación de pezas de este periodo 10
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Proba escrita
Cometario de audicións. 15
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Participar con acerto nas interpretacións propostas para esta unidade 10
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza da época traballada. 10
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Proba escrita
Recoñecer as características principais do período. 10
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Táboa de indicadores
Identificar os feitos históricos e culturais que inflúen nas manifestacións musicais. 15

2 Renacemento
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza da época. 15
CA1.3 Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Identificar os feitos históricos e culturais que inflúen nas manifestacións musicais. 15
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Interpretar as adaptacións das obras propostas deste período. 10
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Táboa de indicadores
Comentar as propostas musicais traballadas no período. 15
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Interpretar as adaptacións das obras propostas deste período. 15
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Táboa de indicadores
Recoñecer as funcións da música relacionándoas coas características principais. 10
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Táboa de indicadores
Recoñecer as funcións da música relacionándoas coas características principais do momento histórico correspondente. 10
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Recoñecer as funcións da música relacionándoas coas características principais. 10

3 Barroco
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza da época. 15
CA1.3 Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Recoñecer as funcións da música relacionándoas coas características principais. 15
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Interpretar as adaptacións das obras propostas deste período. 15
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Proba escrita
Comentar con vocabulario axeitado as propostas da unidade. 10
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Participar con acerto nas interpretacións propostas para esta unidade. 15
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Relacionar as características da epoca proposta coa actualidade. 10
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Táboa de indicadores
Identificar os feitos históricos que inflúen nas manifestacións musicais. 10
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Táboa de indicadores
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza da época. 10

4 Clasicismo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza da época. 15
CA1.3 Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Recoñecer as funcións da música relacionándoas coas características principais. 15
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler con fludez partituras sinxelas e adaptadas ao nivel. 15
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Táboa de indicadores
Comentar as propostas da unidade cun vocabulario axeitado. 10
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Participar con acerto nas interpretacións propostas para esta unidade. 10
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Recoñecer as funcións da música relacionándoas coas características principais e a época actual. 15
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Táboa de indicadores
Amosar actitude respetuosa no visionado ou escoita das porpostas da unidade. 10
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Táboa de indicadores
Establecer vínculos das características máis importantes e os feitos históricos principais. 10

5 Romanticismo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza da época. 15
CA1.3 Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
Proba escrita
Establecer vínculos das características máis importantes e os feitos históricos principais. 15
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler partituras adaptadas ao nivel de xeito fluido. 15
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Táboa de indicadores
Comentar con vocabulario axeitado as propostas da unidade. 10
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Interpretar as adaptacións das obras propostas deste período. 15
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Proba escrita
Recoñecer as funcións da música relacionándoas coas características principais. 10
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Táboa de indicadores
Amosar actitude respetuasa no escoita das propostas da unidade. 10
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Táboa de indicadores
Establecer vínculos das características máis importantes e os feitos históricos principais. 10

6 Século XX
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar os principais trazos estilísticos de obras musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa escoita ou no seu visionamento.
Proba escrita
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza da época traballada. 15
CA1.3 Explicar, con actitude aberta e respectuosa, as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural.
Táboa de indicadores
Establecer vínculos das características máis importantes e os feitos históricos principais. 15
CA1.4 Ler partituras sinxelas identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Ler partituras adaptadas con fluidez. 15
CA1.5 Comentar cun vocabulario apropiado as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas musicais estudadas, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.
Proba escrita
Comentar cun vocabulario axeitado as propostas da unidade. 10
CA2.5 Interpretar música a través da lectura de partituras do nivel adecuado, recoñecendo a través de guías cada elemento da linguaxe musical, con ou sen apoio da audición.
Táboa de indicadores
Participar con acerto nas interpretacións propostas para esta unidade. 15
CA3.1 Recoñecer os aspectos comúns de expresións musicais e dancísticas de épocas e culturas anteriores, valorando a súa proxección sobre a música e a danza actuais.
Táboa de indicadores
Establecer vínculos entre outras épocas e a actualidade. 10
CA3.2 Observar positivamente os aspectos estilísticos básicos de obras musicais e dancísticas en diferentes contextos e momentos históricos, mostrando unha actitude de consideración, atención e apertura na súa recepción, mediante a escoita ou o visionamento destas.
Táboa de indicadores
Amosar unha actitude respectuosa na escoita ou visionado das propostas musicais da unidade. 10
CA3.3 Expoñer, de forma atenta e respectuosa, as funcións asignadas a determinadas producións musicais e dancísticas, recoñecendo a súa conexión cos aspectos máis importantes do seu contexto histórico, social e cultural.
Táboa de indicadores
Recoñecer as funcións da música relacionándoas coas características principais. 10

7 Outras músicas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Establecer conexións entre manifestacións musicais e dancísticas de diferentes épocas e culturas, valorando a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Táboa de indicadores
Establecer vínculos das características máis importantes e os feitos históricos principais. 10
CA1.6 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Táboa de indicadores
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza do patrimonio galiego. 10
CA2.1 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de técnicas musicais e dancísticas básicas, por medio de improvisacións pautadas, individuais ou grupais, nas cales se empreguen a voz, o corpo, instrumentos musicais ou ferramentas tecnolóxicas.
Táboa de indicadores
Participar con acerto nas interpretacións propostas para esta unidade. 10
CA2.2 Expresar ideas, sentimentos e emocións en actividades pautadas de improvisación, seleccionando as técnicas máis adecuadas de entre as que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Participar con acerto nas propostas para esta unidade. 10
CA2.3 Relacionar manifestacións musicais e dancísticas de distintos contextos e momentos históricos, recoñecendo a súa influencia sobre a música e a danza actuais.
Táboa de indicadores
Establecer vínculos das características máis importantes e os feitos históricos principais. 10
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Participar con acerto nas propostas para esta unidade. 10
CA2.6 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración.
Táboa de indicadores
Interpretar as adaptacións das obras propostas deste período. 10
CA2.7 Planificar e desenvolver, con creatividade, propostas artístico-musicais, tanto individuais como colaborativas, empregando medios musicais e dancísticos, así como ferramentas analóxicas e dixitais.
Táboa de indicadores
Desenvolver con creatividade propostas artístico musicais. 10
CA2.8 Participar activamente na planificación e na execución de propostas artístico-musicais colaborativas, valorando as achegas do resto dos integrantes do grupo e descubrindo oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional.
Táboa de indicadores
Participar con acerto nas propostas da unidade. 10
CA3.4 Identificar as características culturais e sociais, así como os elementos propios da linguaxe musical das obras propostas que constitúen o patrimonio artístico musical galego e da nosa contorna, con actitude de respecto.
Táboa de indicadores
Recoñecer os trazos estilísticos máis importantes da música e danza da época traballada. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Partindo dos coñecementos do alumnado, a materia require unha metodoloxía maiormente práctica mesturada coa aprendizaxe teórica. Para traballar a parte práctica e produción musical usaremos metodoloxías cooperativas e colaborativas principalmente, xa que se fará interpretación en conxunto de pezas musicais, tanto vocais como instrumentais, danzas e coreografías de percusión corporal e en mesas.

Proporase ao alumnado a creación de coreografías, proxectos audiovisuais e outros traballos individuais e grupais co obxectivo de estimular a imaxinación, a creatividade e a aplicación das súas propias experiencias.

No tratamento dos contidos teóricos da materia buscarase un aprendizaxe a base de observar e rexistrar información de forma sistemática. Non se trata de proporcionar directamente os coñecementos, senón de ensinarlles a manexar os que xa saben, para que descubran, coa axuda do profesorado outras cousas.

 

Ademáis do anterior, as directrices metodolóxicas a seguir nesta programación son as seguintes:

- A asimilación dos distintos bloques de contidos, partirá sempre da práctica para logo pasar á teorización, é dicir, a base desta programación é aprender facendo.

- A planificación do ensino faise sempre en base a vivir a experiencia da música a través da interpretación, da creación e da escoita activa de distintas propostas artísticas.

- Os criterios de avaliación están directamente relacionados cos obxectivos propostos, é dicir, superar con éxito os criterios de avaliación amosa o grao de adquisición destes obxectivos por parte do alumnado.

-  Diseñaranse diferentes situacións de aprendizaxe que incluirán procedementos diversos para traballar os contidos, e sempre partindo dunha visión global, onde os novos coñecementos aprendidos completen e conecten cos coñecementos previos do alumnado e teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe que coexisten no contexto da aula, así como a atención á diversidade, propoñendo sempre mecanismos de reforzo para as dificultades que se detecten.

- Terase en conta e farase destacable a través dos contidos transversais a importancia da relación entre a materia de Música e outras materias. Aínda que a priori a relación máis directa se dá con Educación Plástica, Visual e Audiovisual, por compartir competencias de índole artística, tamén é posible establecer relacións coas Matemáticas, por exemplo a través das proporcións do ritmo, da estrutura musical, das calidades físicas do son; coas linguas, a través da simbiose entre texto, idioma e melodía; coa Historia para entender os contextos de creación das diferentes obras e expresións musicais universais e coa Tecnoloxía, a través do manexo de diferentes ferramentas dixitais para escribir, manipular o son e compoñer etc.

 - Promoverase nas distintas unidades o traballo en equipo e a capacidade emprendedora, dada a natureza grupal e creativa desta materia, realizando proxectos colaborativos entre o alumnado, onde se poidan aplicar técnicas de reforzo da autoestima, da autonomía, da reflexión e da meditación sobre o grao de responsabilidade de cada un no conxunto do proxecto.

- Utilizaranse distintos tipos de actividades segundo a natureza das unidades: actividades introductorias ou de presentación dos contidos para descubrir os coñecementos previos do alumnado, actividades de motivación ou descubrimento, de desenvolvemento e consolidación, de avaliación, de reforzo e recuperación e de ampliación dos contidos nos casos que sexa necesario.

- Por último destacar os principios metodolóxicos nos que se basea esta programación como son a práctica e a motivación, a interrelación entre contidos e materias, a aprendizaxe significativa e funcional, a creatividade, a atención personalizada, a actitude analítica e a socialización.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Instrumentos dotación de aula
Aula virtual: no que colgaremos material didáctico, cuestionarios de repaso, ademais de utilizalo como medio de comunicación profesor - alumno para a resolución de dúbidas
Programa de edición de partituras: en concreto o programa gratuito MuseScore
Materiais do Repositorio Abalar
Programa edición de audio: en concreto utilizaremos o programa gratuito Audacity
Bibliografía específica sobre a materia

1. Para a interpretación instrumental utilizaremos a frauta dulce como instrumento melódico de uso personal, ademáis dos instrumentos Orff habituais nas dotacións de aula: xilófonos, metalófonos, e carillóns, pequena percusión de altura indeterminada, guitarras e teclado.

2. Aula virtual: todos os recusos e actividades que pon á disposición a aula virtual do centro.

3. Programas de edición de partituras e audio: que se poderán utilizar no caso de poder usar as aulas de informática, que adoitan estar moi solicitadas.

4. Material do Repositorio Abalar que se pode descargar e utilizar na Aula Virtual

5. Ordenador e canón de vídeo: vídeos e presentacións de diapositivas que ilustren os distintos temas a traballar.

6. Caderno de actividades do alumnado

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial no 3º curso de ESO realizarase a mediados de outubro co obxectivo averiguar os coñecementos musicais e dancísticos previos que aprendeu e lembra o alumnado do curso anterior.. Mediante a observación valorarase o feito de que teñan e traian o material de traballo e a súa actitude e participación nas actividades de clase, así como a súa destreza nas distintas actividades que se realicen en clase ata a data da avaliación inicial (coreografías rítmicas, lectura musical, interpretación, tarefas relacionadas coas tecnoloxías, etc.) Terase en conta ademais a información que teñamos do curso pasado.

1. Realizaranse exercicios de danza e movemento. Con esta tarefa comprobaremos as destrezas motrices aplicadas á rítmica, ao sentido do pulso ou á capacidade de escoita para adecuarse ao conxunto.

2. Realizaranse exercicios de lectura rítmica e melódica, e interpretación de pequenas partituras (4/8 compases). Con esta actividade avaliaremos o grao de interiorización rítmico-melódico e a capacidade de interpretación dos códigos da linguaxe musical. Para a interpretación usaranse os instrumentos de placas ou a frauta doce.

3. Proba escrita de análise de partitura (8 compases). O alumnado identificará e describirá todos os símbolos que recoñece nela e realizará unha análise melódico-rítmica da mesma

4. Proba escrita de respostas breves dos contidos básicos da música en relación á linguaxe musical e á historia da música.

Poderanse utilizar táboas de indicadores para rexistrar as capacidades observadas nas actividades prácticas. Á luz dos resultados da avaliación inicial decidiremos aplicar a programación tal e como foi deseñada ou realizar as correspondentes e necesarias adaptacións.

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 15.0 15.0 15.0 15.0 15.0 15.0 10.0 100.0
Proba escrita 65.0 40.0 50.0 45.0 40.0 25.0 0.0 39.75
Táboa de indicadores 35.0 60.0 50.0 55.0 60.0 75.0 100.0 60.25

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Parte teórica: o alumnado realizará unha proba escrita por trimestre, que se puntuará sobre 6.

Parte práctica: puntuarase con 3 puntos e consta dos seguintes traballos e controis:

  • Lectura e interpretacion coa frauta ou con outro instrumento melódico de dous partituras sinxelas traballadas na clase

  • Control de danza, canto ou percusión corporal. Un destos controis poderá substituirse por traballos realizados na aula de informática (como edición con museScore ou una presentación de diapositivas), ou por outro traballo individual ou grupal.

 O punto restante ata o 10 aportaráo a actitude e o traballo de clase.


 

PROCEDEMENTOS DE RECUPERACIÓN

Parte teórica: non se farán exames de recuperación despois de cada trimestre, excepto no terceiro, xa que os contidos son progresivos.

Parte práctica: o alumnado que non entregou algún traballo ou non fixo algún dos controis prácticos dun trimestre suspenso debe entregalo obrigatoriamente no seguinte.


 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  • Para aprobar cada trimestre é necesario alcanzar unha puntuación de 3 na proba escrita, e de 0.5 en cada unha das actividades prácticas propostas, que serán polo menos tres. O aprobado alcanzarase cando a suma sexa un 5.

  • Suspenderase o trimestre de non presentarse o alumno ao exame escrito ou a algún dos controis, a non ser que a falta sexa xustificable por unha causa de forza maior e no posible, documentalmente (xustificante médico, citación do xulgado, etc.)

  • É imprescindible a asistencia regular a clase, a puntualidade, traer o material de traballo (caderno, frauta e bolígrafo), así como un comportamento correcto e unha boa actitude cara á materia.


 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

  • A nota da avaliación será a suma das cualificacións do exame escrito e dos controis da parte práctica propostos. O redondeo cara arriba ou cara baixo será a criterio da profesora tendo en conta sobre todo a actitude do alumnado cara a materia.

  • A avalición final será o resultado da aplicación do seguinte criterio: unha vez aprobado o terceiro trimestre, a nota final do curso será la nota media das cualificacións dos tres trimestres. Unha vez feita a media, redondearase cara arriba a partires da sexta décima. O aprobado da materia acádase cunha puntuación de 5 puntos.

 

 

PROCEDEMENTOS DE RECUPERACIÓN 

- Parte teórica: non se farán exames de recuperación despois de cada trimestre, excepto no terceiro. Xa que os contidos son progresivos, a parte teórica do primeiro trimestre recupérase superando o teórico do segundo e leste superando o exame teórico do terceiro trimestre.

- Parte práctica: o alumnado que non entregou algún traballo ou non fixo algún dos controis prácticos dun trimestre suspenso debe realizalo obrigatoriamente no seguinte.

A profesora estará a disposición deste alumnado no primeiro recreo do luns e no segundo recreo dos mércores. O alumnado que acade unha cualificación inferior a 5 na primeira e segunda avaliación realizará actividades de recuperación dos contidos teóricos e/ou prácticos da materia non superados. Ao final do terceiro trimestre, o alumnado que non acade o aprobado na materia deberá repetir as probas suspensas. 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Se se pasa de curso coa materia pendente de cursos anteriores, dende a xefatura de departamento farase un seguimento do alumnado desde o primeiro trimestre. En cada un cada un deles, o alumnado deberá realizar as seguintes actividades:

  • Lectura e interpretación coa frauta dunha partitura sinxela
  • Análise dos elementos da linguaxe musical dunha canción elixida polo alumno.
  • Escoita musical activa: o alumno deberá recoñecer pezas emblemáticas de distintas épocas
  • Resolución de cuestionarios a través da aula virtual que versarán sobre os contidos que deben coñecer

 

O alumno ou alumna aprobará a materia se entrega todos os traballos antes mencionados ben feitos e nos prazos estipulados. A nota final do curso será a media das tres avaliacións. 

Valoración dos traballos:

  • Peza de frauta: 2 puntos
  • Análise musical: 2 puntos
  • Recoñecemento de audicións: 2 puntos
  • Cuestionarios: 4 puntos

Para solventar as posibles dúbidas e realizar o seguimento, a profesora estará a disposición do alumnado dous recreos á semana, e a través da Aula Virtual. Ademais informará aos pais nas avaliacións sobre o progreso do alumno.

No caso de que o alumno ou alumna non curse a materia de música este curso, a información aos pais farase a través do titor ou titora.

 

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Prestarase especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, ofrecendo diferentes formas de organización dos espazos e tempos da clase, e metodoloxías variadas que permitan a todo o alumnado seguir as explicacións e actividades propostas.

O obxectivo fundamental é asegurar a normalización, inclusión e non-discriminación deste alumnado coa fin de que poida acceder a unha educación de calidade con igualdade de condicións. Estudiaranse as circunstancias concretas de cada caso, con especial atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, tendo en conta os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, establecendo as liñas educativas a seguir e garantindo así os apoios necesarios.

Poderanse realizar adaptacións curriculares e organizativas ofrecendo entre outros, programas de reforzo ademáis de medidas de apoio personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, e para aqueles que permanezan un ano máis no mesmo curso, coa fin de permitir a todo o alumnado o desenvolvemento das competencias clave previsto no perfil de saída e a consecución dos obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria, así como alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais.

Con todo, para a atención á diversidade do alumnado de educación secundaria obrigatoria estarase ao disposto na lexislación vixente na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Algunhas posibles ferramentas para organizar a atención á diversidade serían:

1. Organizar ao alumnado en diferentes agrupamentos nas actividades segundo os seus intereses e motivacións.

2. Utilizar materiais variados en ditas actividades: escritos, audiovisuais, etc.

3. Aplicar diversas técnicas e metodoloxías para explicar un mesmo contido.

4. Manter o contacto permanente con este alumnado a través de entrevista persoal para saber que parte da asignatura cóstalles máis seguir.

5. Ofrecerlle tempo extra para asimilar as explicacións (por exemplo algún recreo a semana para consultar dúbidas) e para resolver probas específicas. A profesora estará a disposición do alumnado tres recreos á semana, e través da Aula Virtual.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
1 Comprensión lectora
2 Creatividade
3 Autonomía
4 Traballo en equipo, emprendemento social e empresarial
5 Igualdade entre sexos
6 Consumo responsable: fomento do espírito crítico
7 Respeto mutuo: educación emocional e en valores
8 Expresión oral e escrita
9 Competencia dixital e comunicación audiovisual

- Comprensión lectora: Traballarase principalmente través dos textos para aprender os contidos teóricos.

- Creatividade: traballarase a través da composición de exercicios e pezas propias de percusión corporal, uso de tecnoloxías, creación de letras, improvisación...

- Autonomía: traballarase de actividades de improvisación, creación de contidos e proxectos propios tanto a nivel individual como grupal.

- Traballo en equipo, emprendemento social e empresarial: Actividades que implican creación de proxectos grupais.

- Igualdade entre sexos:Utilización de obras de diversos estilos e épocas compostas tanto por homes como por mulleres, fomentando especialmente o repertorio composto por mulleres e intérpretes femininas.

- Consumo responsable: fomento do espírito crítico. A través da comprensión dos elementos que conforman a música e dos distintos estilos e xéneros musicais o alumnado conformará unha opinión obxectiva e crítica e isto contribuirá a fomentar un consumo musical responsable

- Respecto mutuo: educación emocional e en valores. Actividades musicais grupais nas que é primordial respectar as producións musicais dos demáis e axudarse mutuamente para conseguir un son de conxunto.

- Expresión oral e escrita: A través da redacción de textos explicativos e traballos de exposición oral como por exemplo explicar os parámetros que conforman o son, a forma dunha canción, a importancia do silencio na nosa saúde e nas nosas vidas, etc.

- Competencia dixital e comunicación audiovisual:a través da creación de músicas con ferramentas dixitais e de eventos musicais que engloben non so música e danza, senón tamén propostas audiovisuais que as acompañen, creando así unha performance global.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Actuacións públicas en Nadal, Antroido ou final de curso As pezas musicais traballadas ao longo do curso poderanse executar en público en Nadal ou a final de curso.
Asistencia como público a un concerto didáctico Propiciarase a asistencia do grupo a un concerto didáctico, para poñer en práctica as normas de comportamento aprendidas na clase, así como vivr a experiencia de escoitar música en directo.

  • Solicitarase o concerto didáctico da Real Filharmonía "Preguntas sen resposta", que se realizará en febreiro de 2025. Está sen confirmar. 
  • As pezas musicais interpretaranse en público no caso de que podan ser preparadas axeitadamente na aula.
  • O alumnado de 3º ESO que integra o "Colectivo Euterpe" colaborará coa Biblioteca ou ca ENDL en celebracións e conmemoracións de centro.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Ben ou acadado
Mal ou non acadado
Regular ou mellorable

A programación é un documento aberto e susceptible de cambios segundo observemos os procedementos que funcionan e os que non. Debe revisarse cada ano coa fin de adaptala mellor á realidade das aulas. A posta en práctica de dita programación é o que nos permite mellorala, recollendo a través dos procedementos de avaliación da propia programación e da práctica docente, a información necesaria para reformala. O proceso de avaliación da propia programación e da práctica docente realízase dentro do Departamento coa información recollida polos docentes sobre diferentes aspectos do desenvolvemento da mesma, que debería incluír unha valoración/avaliación dos estudantes, do seu propio proceso de ensino-aprendizaxe, que pode realizarse a través dun cuestionario ou unha entrevista con cada alumno a final e curso. Algúns dos ítems a contemplar para avaliar a propia programación e a práctica docente mediante rúbrica son os seguintes:

- Comprobarción dos obxectivos propostos: se estes se adaptan ao curso correspondente, se se poden acadar coas unidades propostas, a porcentaxe de alumnado que consegue ditos obxectivos, etc.

- Idoneidade das unidades didácticas propostas: se hai correlación entre obxectivos, contidos e criterios de cualificación nestas, a correción da temporalización. e se contribúen realmente a acadar as competencias clave.

- Utilidade materiais didácticos empregados: comprobar se o alumnado os entende, se son variados, se están adaptados para o alumnado con necesidades educativas específicas e de apoio educativo, se inclúen TIC, etc.

- Valoración dos criterios e instrumentos de avaliación e cualificación: se son útis e precisos, se os instrumentos de avaliación inclúen métodos cualitativod e cuantitativos, se se inclúen procedementos de recuperación, etc.

- Grao de implicación dos estudantes no proceso de ensino-aprendizaxe: coñecen os obxectivos propostos, o repertorio e actividades parécenlles adecuados, coñecen os criterios de avaliación e cualificación, etc.

- Tido en conta o anterior, elaboración de propostas de mellora.

Os ítems anteriores avaliaranse mediante os indicadores ben ou acadado, mal ou non acadado e regular ou mellorable no caso de que sexa acadado pero que se poida revisar e mellorar.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Para o seguimento da programación, avaliación desta e propostas de melloras utilizaremos unha táboa de indicadores considerando os ítems expostos no punto anterior: "Avaliación do proceso de ensino e práctica docente" , valorando para cada un deses ítems o grao de consecución e facendo propostas de mellora naqueles puntos que se observen carencias. 

A partir da análise dos datos extraídos destes procedementos de seguimento, faranse as correspondentes propostas de mellora.

Dito seguimento farase trimestralmente acordando en reunión de departamento os cambios a introducir na programación a través da aplicación proens en cada trimestre e a final de curso de cara ao ano seguinte.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver