Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Esta programación didáctica desenvolve a materia de Filosofía para o 2º curso de Bacharelato tendo como referencia o Decreto XX/2022 de 2022 onde se define o curriculum da ESO e Bacharelato na CCAA de Galicia.
Na elaboración das unidades didácticas tivose en conta en primeiro lugar a especificidade da filosofía. A introdución á reflexión filosófica nesta matería afróntase cunha perspetiva histórica. Os modelos clásicos cos que se ten respondido aos problemas filosóficos universais e fundacionais desde a reflexión crítica e racional son estudados dende o século VII a.C ata o presente. Coa intención de por un lado de promoven a madurez persoal e social do alumnado tanto teóricamente como na práctica, ao mesmo tempo que un achegamento crítico aos grandes contidos teóricos da disciplina.
Neste sentido Historia da filosofía é unha introdución a filosofía centrada en tres finalidades:
1) Ofrecer un marco conceptual e metodolóxico das inquietudes universais e fundacionais do ser humano ao longo da historia;
2) Fomentar os intrumentos de dialogo e escoita racional dunha sociedade democrática e ética coas ferramentas da argumentación racional; e
3) Adquirir as ferramentas para a reflexión crítica e creativa sobre un mesmo e sobre os problemas da sociedade contemporánea.
Esta introdución á filosofía fomenta a adquisición no alumnado de:
a) unha perspectiva holística e interdiciplinar sobre os principais problemas filosóficos ao longo da historia
b) un uso rigoroso e non dogmático da pluralidade de perspectivas filosóficas
c) o pensamento autónomo e rigoroso
d) o recoñecemento das diversas concepción e ideas sobre os problemas filosóficos.
A materia, sendo obrigatoria con 3 horas semanais, organizase cunha metodoloxía para favorecer unha aprendizaxe significativa. Nos dous primeiros trimestres traballarase coa historia da filosofía ata o século XIX, coa adquisición das ferramentas necesarias para a redación de comentarios de textos cos criterios das probas de acceso a universidade. Os criterios de avaliacion e os mínimos indicadores de logro están diseñados cos obxectivos indicados e tendo en conta os criterios destas probas de acceso. A programación desenvólvese nunha avaliación contínua
Esta programación se desenvolve nun IES do Milladoiro tendo en conta que no presente curso entra en vigor un novo modelo de EBAU, O docente ten o seu deber co curriculum da materia non coa proba de entrada na Universidade, non obstante e na medida do posible se intentará adecuar á programación as demandas desta proba. Ao longo do curso recibiremas mais información a este respecto, posiblemente adaptemos aspectos da programación a estes cambios
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
As orientacións metodolóxicas nesta materia orientanse a:
- Espertar a curiosidade e interese do alumnado polos problemas suscitados noutras etapas históricas mediante a planificación de contextos e estratexias de aprendizaxe que o acheguen ao seu contexto vivencial, establecendo similitudes con problemas actuais.
- Propiciar a autonomía na busca e procesamento da información para os temas tratados.
- Promover a lectura e análise de textos filosóficos e a elaboración de comentarios sobre eles que inclúan reflexións críticas argumentadas.
- Propoñer a planificación e elaboración, por parte das alumnas e dos alumnos, de traballos de inestigación ou creación que potencien a relación da filósofa ou filósofo con outras materias e contextos culturais.
- Mellorar as estratexias de procura de información, xestión e creación de coñecemento a través da Rede.
- Formular as diversas actividades con diferente grao de complexidade en función dos recursos cognitivos necesarios para realizalas, coa dobre finalidade de atender á diversidade dentro da aula e permitir unha autoavaliación axeitada e unha motivación progresiva cara a niveis de maior complexidade.
- Promoverase nos alumnos e nas alumnas a capacidade de determinar cales son as súas propias necesidades de información, tanto xeral coma específica e como satisfacelas ensinándolle a distinguir a información e súa calidade e pertinencia.
- Finalmente, o exercicio da composición fomentará a capacidade de determinar enfoques propios a temas tradicionais, xunto coa capacidade de establecer relacións e de argumentar, habilidades todas elas necesarias para acada-la madurez intelectual.
En cada unidade o profesorado fará unha selección de textos (tendo en conta os seleccionados para as ABAU) e exercitará a técnica de lectura, comprensión e expresión escrita e oral do alumnado tendo de referencia o vocabulario filoósfico específico.
A metodoloxía será activa e participativa, na que ao mesmo tempo se propiciará a escoita activa do alumnado entre si tamén do profesorado.
Ao inicio de cada unidade didáctica exporanse os instrumentos de avaliación a aplicar e a súa ponderación.
Deseñaranse e aplicaranse probas e tarefas axustadas ás características do alumnado, actividades de avaliación con diferentes niveis de complexidade, activando diferentes recursos cognitivos.
Avaliación continua nunha ampla variedade de situacións, avaliando tarefas individuais e grupais. Nas tarefas grupais avaliararanse, ademais dos progresos na aprendizaxe, a implicación e aportacións do alumnado participante.
A avaliación, ademais de informar dos erros cometidos e da puntuación acadada, trasladará propostas de mellora. Deseñaranse criterios de avaliación ou rúbricas para autoavaliación ou coavaliación do alumnado.
No caso de ser preciso realizar atención educativa non presencial procederase tal como se expón:
- Desenvolvemento das sesións empregando a videoconferencia como ferramenta. Sesións individuais de reforzo ao alumnado que presenta maiores dificultades (desenvoltas en sesións distintas das previstas para a materia nos horarios dos grupos).
- Foros Aula Virtual: facilitadores da comunicación colectiva.
- Mensaxería Aula Virtual: facilitadora das comunicacións individuais.
- Entrega de tarefas Aula Virtual: facilitan o envío dos exercicios propostos.
Cada unidade didáctica contará cos seguintes elementos:
1. Unha selección de textos filosóficos (referencia os propostos pola CIUG)
2. Unha explicación teórica por parte da profesora ou profesor para achegar os contidos
3. Exercitación da técnica de lectura e comprensión de textos
4. Exercitación da expresión escrita e oral en base ao vocabulario técnico e a precisión conceptual que requira cada teoría filosófica.
O tipo de actividades que se levarán a cabo, adaptarase ás características de cada alumno/a, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo/a, traballando a profundización en diversos aspectos da Historia da Filosofía.. Ademais terase en conta:
- Incorporación da dimensión práctica ás áreas.
- Fomentar o traballo en equipo.
- Fomentar a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Dase a circunstancia que todolos alumnos xa o forón o pasado curso do docente. De modo que o docente non precisa de procedementos complexos. Revisará nalguns casos en que amemoria falle documentos de avaliación do curso pasado
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Este curso na PXA, se preven cambios profundos no apartado de medidas de atención á diversidade, é un dos polos de mellora do centro. O departamento irá adaptando este apartado as novidades que durante o curso vaian oficilizandose. A programación será dinámica neste apartado.
O proceso de aprendizaxe ensinanza precisa ser inidividualizada as necesidades do alumnado. Neste sentido as medidas de atención a diversidade son actuacións, estratexias e / ou programas destinadas a proporcionar resposta ás necesidade educativas do alumnado (artigo 7 decreto 229/2011, da lei orgánica 2/2006 de 3 maio).
Na avaliación previa e en coordinación coa xunta de avaliación e o departamento de orientación se desenvolveran as seguintes medidas no caso de ser precisas.
ORDINARIAS: Facilitan a adecuación do curriculum sen alteracións significativas dos obxectivos, contidos nin dos Criterios de avaliación. Dan resposta as diferenzas en competencias, motivación, estratexias , estilos e ritmos de aprendizase. Sinalamos as seguintes:
1) Adaptación da xestión da aula as características concretas da aual, favorenzo o acceso aos recursos e a convicencia. 2) Adecuación da programación ao alumnado e circunstancias do seu contorno. Logo de identificadas as barreiras (accesibilidade física, sensorial, cognitiva e emocional) deseñaranse actividades partindo dos principios do deseño universal de aprendizaxe para que as aprendizaxes sexan accesibles. 3) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxes por proxectos. 4) Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación ás circunstancias do alumnado, tales como, forma de comunicación co alumnado, secuenciación de tarefas, verificación da comprensión das tarefas, dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, concesión do tempo necesario. Aplicaranse as propostas recollidas nos plans, proxectos, programas, guías e protocolos elaborados pola Consellería. 5) Reforzo educativo. Posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades no progreso do alumnado. 7) Programas de enriquecemento curricular para o alumnado que presenta altas capacidades intelectuais.
EXTRAORDINARIAS. Diseñadas para atender necesidade específicas de apoio que reguiran modificacións significativas do curriculum ou supoñan unhamodificaión organizativa ou ben doxeito de acceder ao curriculum ou da modalidade de escolarización. Serán aplicadas cando as ordinarias sexan insuficientes ou se demostren esgotadas. Son casos nos que ai barreiras singificativas para conseguir os obxectivos da aprendixase axeitadas ao seu desenvolvemento (atraso madurativo, transtornos do desenvolvemento relacionados coa linguaxe e/ou comunicación, descoñecemento da (s) lingua(s) de aprendizaxe, vulnerabilidade socio educativa ou polas altas capacidades entre outras). En colaboración co titor e o departamento de orientación se fara unha planificación e desenvolvemento de actuacións destinadas ao axuste dos procesos de ensino e aprendizaxe. Na avaliación inicial permitirá adaptar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a debida progresión na súa aprendizaxe.
No proceso de avaliación promoverase o uso de instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe que permitan a valoración obxectiva do alumnado e garantan que as condicións de realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Proporánse medidas de reforzo individualizadas mediante lecturas, vídeos e outros materiais complementarios para alumnado que presente dificultades coas competencias
básicas. Todos eles dispoñibles a través da aula virtual.
Neste sentido para os alumnos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo serán deseñadas de xeito específico actividades en cada unha das unidades didácticas (enunciados curtos, unir, completar, ordenar, sinalar...), así como probas escritas adaptadas ás súas características específicas. Estas probas, se ben presentarán os mesmos contidos en concordancia cos criterios de avaliación, estarán formuladas de xeito máis directo e compostas por cuestións análogas ás anteriormente comentadas. Sempre coa finalidade de potenciar o espirto critico, a autonomía do alumnado propios da filosofía. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.
Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos. Nas actividades voluntarias especificadas na metodoloxia ofreceránse este tipo de reforzos.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Farase un seguimento a través da aplicación Proens dúas veces por avaliación, correspondendo coas dúas unidades didácticas que se desenvolven en cada unha, para poder adiantarnos aos cambios no proceso de ensino aprendizaxe. Estes seguimentos faranse de xeito individual e poñeranse en común nas reunións de departamento.
Neste seguimento terase en conta:
1. Se as sesión prevista por UD foron as suficientes e datas de inicio e final de cada UD
2. O grao de cumprimento do desenvolvemento das UD.
3. Propostas de mellora
4. Concreción das propostas de mellora para materializar en cursos vindeiros.