Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Latín I é de especial importancia para o alumnado porque é a materia troncal obrigatoria de modalidade que terá a súa continuidade en Latín II de 2.º de bacharelato. Para 1 alumno é troncal de opción no presente curso, podendo convertirse en troncal obrigatoria se no vinceiro curso cambian de modalidade. .
Esta programación priorizará os contidos de natureza lingüística, que representarán o 80 % do peso na cualificación final (UD 1 e 2 ), fronte aos contidos de tipo histórico, social, cultural, etc., que representarán o 20 % da cualificación final (restantes unidades). Posto que son contidos progresivos a cualificación final destas unidades será ponderada, de xeito que a nota da 1ª avaliación supón un 10%, a da segunda un 20 % e a da 3ª, 70%, no cálculo da nota final.
Os contidos das unidades 1 e 2 distribuiranse ao longo do curso. As demais estarán repartidas nos tres trimestres.
As pautas metodolóxicas que se dan nesta programación son en grande medida froito da experiencia docente particular e vinculadas a un modo de organización da materia moi determinado.
Finalmente, no que atinxe á avaliación da práctica docente, nesta programación proponse o desenvolvemento e utilización de enquisas ao alumnado para medir certos parámetros.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
O currículo de LATÍN obriga a recurrir a diferentes estratexias metodolóxicas: por unha banda, metodoloxías propias da aprendizaxe de linguas para os contidos lingüísticos; por outra banda,para os contidos de historia e cultura do mundo antigo que permitan a contextualización axeitada da produción literaria do mundo romano, outras ben distintos.
METODOLOXÍA PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS 1 e 2
Combinarase o método tradicional ou gramaticalista e o activo, con preferencia polo último.
O punto de partida serán entón textos de dificultade graduada que permitan o achegamento ás estructuras gramaticais e aprendizaxe de vocabulario. Completarase con explicacións ou aclaracións gramaticais. A morfoloxía e a sintaxe poden ser simplemente apoios puntuais pero tamén pode facerse unha análise exhaustiva e rigurosa.
Non se usarán glosarios nen dicionarios, só se fará uso do dicionario para aprender a manexalo. O alumno ten que coñecer un vocabulario ou deducir o significado do contexto ou da pervivencia da palabra nas linguas coñecidas.
METODOLOXÍA PARA AS UNIDADES CON CONTIDOS DE HISTORIA, CULTURA, LEGADO E HISTORIA DA LINGUA.
Para o tratamento destes contidos propóñense o uso das seguintes aproximacións metodolóxicas que se combinarán ao longo do curso en función das circunstancias:
1. Persoa docente emisora, alumnado receptor.
2. A aula invertida (flipped-classroom): a profesora é colaboradora e guía do alumnado no seu proceso de aprendizaxe. Este modo de traballo supón que o alumnado accede á información de modo previo á aula, na que despois procede a traballar de modo activo aplicando ese coñecemento previo adquirido ou, cando menos, coñecido.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Posto que é unha materia que non foi obrigatoria en ningún momento da ESO, é preciso partir de cero. Como, porén, moito do alumnado que a escolle pode que cursase anteriormente Cultura Clásica e/ou Latín de 4.º de ESO, un dos obxectivos principais da avaliación inicial (AI) é obter esta información.
Ademais do dito anteriormente, para facer unha AI máis efectiva sería conveniente contactar co Departamento de Orientación o antes posible, para poder acceder á información que sobre o alumnado en particular poida ter este departamento.
Ademais dos mencionados, estes son os obxectivos:
1.º Saber que alumnado cursou Cultura Clásica e/ou Latín de 4.º de ESO.
2.º Coñecer as motivacións do alumnado para escoller a materia de Latín I.
3.º Identificar o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE).
4.º Identificar o alumnado repetidor.
5.º Valorar o coñecemento que o alumnado ten do mundo e cultura romana en xeral e da lingua latina en particular.
Os instrumentos serán calquera actividade oral ou escrita que se fagan os primeiros días de curso.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Ao inicio do curso non hai alumnos de 2º de Bacharelato con LATÍN I como materia pendente. No caso de que se matriculase algún faríaselle unha proba coas seguintes características:
1.-Realizarase en horario de tarde.
2.-A data límite para a súa realización será o 30 de marzo.
Terá a seguinte estructura:
- Unidade 1-Tradución e análise morfosintáctica (debe coñecer un vocabulario ou deducilo do contexto): 3 puntos
- Unidade 1-Comprensión dun texto con preguntas e respostas sinxelas en latín: 2 puntos
- Unidade 2-Explicación da evolución dende o latín ao galego e castelán e recoñecemento de elementos de formación latinos e expresións latinas: 3
- Restantes unidades didácticas-Preguntas a desarrollar e/ou explicación de restos arqueolóxicos e/ou identificación de elementos míticos na literatura ou arte: 2 puntos
O seguimento do traballo e avaliación farase nas clases de LATÍN II e hora de reforzo, así como en horas de lecer ou tardes do martes.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
A materia LATÍN I para aqueles alumnos que cambien de modalidade figurará como materia pendente e será avaliada ao longo do curso do seguinte xeito:
O coñecemento dos bloques 1, 3, 4, 5 e 6 son imprescindibles para seguir con aproveitamento as clases de Latín II polo que serán avaliados no 1º trimestre cunha proba escrita coas seguintes características:
O coñecemento dos bloques 1, 3, 4, 5 e 6 son imprescindibles para seguir con aproveitamento as clases de Latín II polo que serán avaliados no 1º trimestre cunha proba escrita coas seguintes características:
1.-Realizarase en horario de tarde.
2.-A data límite para a súa realización será o 30 de outubro.
3.-A puntuación máxima será de 7.
4.-O exame consistirá nunha tradución e análise morfosintáctica dun texto coas características morfosintácticas que esixe o curriculum da materia. O alumno ten que coñecer un vocabulario básico e ser quen de inferir o significado de novas palabras axudándose do contexto e/ou relacionando a palabra con outras da mesma familia ou campo léxico e/ou pola pervivencia da palabra nas nosas linguas.
RÚBRICAS (todas teñen o mesmo valor)
1.-Coñece a morfoloxía.
2.-Analiza sintácticamente.
2.-Coñece o vocabulario esixido e infire novos significados. Traduce correctamente a galego ou castelán.
N.B.:O alumno que desexe mellorar a cualificación poderá facer unha segunda proba sobre os mesmos contidos e coas mesmas características antes do 30 de novembro.
Os contidos do bloque 7 serán avaliados con unha proba escrita coas seguintes características:
1.-Data límite: 30 de xaneiro
2.-Puntuación máxima: 2
3.-Terá dúas partes: un exercicio de evolución e pervivencia do léxico (PM 1) e un exercicio de latinismos de uso frecuente (PM 1)
Os contidos dos bloques 2 e 5 serán avaliados coa realización dunha proba escrita tipo test antes do 28 de febreiro. Puntuación máxima: 1 punto
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Atención á diversidade
Aplicaranse as seguintes medidas ordinarias:
- Adecuación da da organización e xestión da aula ás características do alumnado. Valorarase en cada clase a colocación do alumnado agás aquel, que polas súas características, deba ter un ubicación fixa, por exemplo os alumnos con TDA, que estarán ubicados preto da profesora.
- Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.
- Utilizaranse moitos e variados instrumentos de avaliación e adaptaranse os tempos de ser necesario.
- Programas de recuperación. A elaboración dun programa específico para recuperar as avaliacións e tamén a materia no seu conxunto debe ser unha medida a considerar no caso de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
No momento de elaboración desta programación non hai matriculado ningún alumnado repetidor. No caso de que o houber ao longo do curso será obxecto dun plan e seguimento específico no que se recollerán as circunstancias concretas que dificultan o proceso de aprendizaxe da/o alumna/o en cuestión e que as medidas se deseñen tendo en conta estas circunstancias.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Procedemento de seguimento.
Ao remate de cada unidade didáctica consignaranse no apartado de seguimento da programación da aplicación PROENS os datos que esta requira (data de inicio e final, sesións previstas e sesións realizadas, grao de cumprimento, propostas xerais de mellora e outras observacións). Ademais, unha vez ao mes, na acta da reunión de departamento, farase unha breve referencia ao seguimento da programación.
2. Procedemento de avaliación.
Para avaliar a programación a final de curso hanse ter en conta os seguintes parámetros:
a. Resultados académicos do grupo.
b. Eficacia das medidas de atención á diversidade adoptadas.
c. Grao de cumprimento da programación e, no seu caso, causas dos incumprimentos.
A valoración do grao de cumprimento destes indicadores debe dar lugar a unha serie de propostas de modificacións e mellora para o curso vindeiro, que se reflictirán na memoria de final de departamento e máis na programación do seguinte curso.