Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
No duodécimo curso de funcionamento do IES do Milladoiro mantemos a tendencia de crecente aumento de alumnado, cos conseguintes problemas de espazos e recursos materiais e humanos. Este departamento está integrado por unha profesora, que imparte Latín de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato. O departamento ten asignada tamén a materia de Proxecto Competencial de 2º ESO cun total de 74 alumnos distribuídos en tres aulas.
A presente programación didáctica ten como referencia normativa a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
A proposta educativa que describiremos nesta PD está enmarcada nos programas educativos Proxecta+ da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e ten como finalidade que o alumnado da materia de Proxecto competencial en 2º ESO constrúa un espazo dixital propio onde axudar aos seus compañeiros a acceder a páxinas web fiables e dende onde difundir novas e información do seu interese. A nosa referencia, polo tanto, será a aprendizaxe-servizo ao buscar a proxección e mobilización fóra da aula das aprendizaxes realizadas, como unha forma de cooperar e participar na comunidade educativa.
Os eixes sobre os que pivotará a construción desta proposta serán dous: desenvolver habilidades sociais coas que aprendan a exercer unha cidadanía responsable e xestionar a sobrecarga informativa que caracteriza o momento no que vivimos.
(É un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que pretende contar con alumnos que actúen como antenas informativas en cada centro educativo, que se responsabilicen de recoller e xestionar a información en materia de xuventude para que chegue aos potenciais interesados).
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A proposta educativa será realizada en grupos de traballo cooperativo, nos cales cada alumna ou alumno adopta un rol concreto e asume tarefas individuais que integrarán o resultado final do proxecto.
Empregaremos unha metodoloxía activa, cooperativa e interdisplinar. Activa porque os participantes construirán a súa propia aprendizaxe ao interactuar cos materiais da http://www.xuventude.net, espertando o seu interese pola investigación cando seleccionan a información e implicándoos na súa difusión. Cooperativa porque organizaremos o traballo en grupos mixtos e heterexéneos, dado que existen diferenzas de nivel entre o alumnado, que tomarán as súas decisións e asumirán as diferentes funcións necesarias para o desenvolvemento do proxecto. A interdisciplinariedade vén dada polas diferentes actividades que se lle propoñen ao alumnado desde Xuventude. A oferta conta con propostas de voluntariado, bolsas de estudos, certames literarios, matemáticos, científicos, artísticos... permitíndonos entroncar a proposta coas titorías e con diferentes departamentos e contrubuíndo ao desenvolvemento, entre outras, das seguintes competencias clave:
- Competencia en comunicación lingüística
- Competencia dixitais
- Competencias sociais e cívicas
- Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
- Competencia en conciencia e expresións culturais
Para minimizar as diferenzas de nivel do alumnado, e para paliar as súas carencias na miña práctica docente, seguirei os principios fundamentados no Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) que ten en conta os diferentes ritmos e estilos do alumnado á hora de aprender. Así, o feito de utilizar resursos dixitais é unha forma de facilitar o acceso á información e á aprendizaxe de diferentes formas: visual, auditiva... necesarios nun estilo de ensino personalizado.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias clave. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. A dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como para a elaboración das actividades de reforzo e de ampliación no caso de ser necesarias. Os resultados da dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do departamento de orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Ao alumnado que durante este curso académico esté en terceiro ou cuarto da ESO con esta materia pendente, se lle exixirá o mesmo grao mínimo de consecución dos criterios de avaliación que ao alumnado que cursa a materia por primeira vez.
Este alumnado, deberá facer e entregar un proxecto de temática libre. De este modo:
- Na primeira avaliación entregará un dossier coa planificación e escolla de información do proxecto.
- Na segunda avaliación amosará as distintas fases de execución do proxecto.
- Na terceira avaliación presentará o proxecto final.
Como instrumentos de avaliación, empregaranse distintas listas de cotexo e rúbricas asociadas aos anteriores procedementos. Nestas rúbricas avaliaranse aspectos como a realización de tarefas encomendadas, presentación, orde, produto finais, claridade expositiva...
A nota da avaliación ordinaria en xuño virá dada pola media aritmética das notas das avaliacións parciais.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Tal e como se recolle no artigo 3 da ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, enténdese por atención á diversidade "o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e preferencias de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado".
Polo tanto, a nosa PD ten que darlle unha resposta adaptando a actuación docentes ás diferentes necesidades do alumnado. Para elo, teremos en conta os diferentes ritmos, estilos e capacidades de aprendizaxe, así como as múltiples motivacións e intereses seguindo os principios de normalizacion e inclusións, garantía de igualdade oportunidades entre o alumnado. Así para minimizar as diferenzas de nivel do alumnado, e para paliar as súas carencias na miña práctica docente, seguirei os principios fundamentados no Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) que ten en conta os diferentes ritmos e estilos dos alumnos e alumnas á hora de aprender.
As adaptacións que realizaremos non só ordinarias, tal e como aparecen no artigo 8 do D229/2011, polo que mantemos os elementos prescriptibles do currículo para todo o alumnado, sendo a metodoloxía o elemento clave a través da que se dará resposta ás diversas necesidades do noso alumnado. Por elo, e tal e como indicamos no apartado 4 desta PD, as nosas clases serán activas, propoñendo actividades de reforzo e ampliación, así como o uso de diferentes recursos que nos garantan a mellor resposta deses diferentes ritmos e aprendizaxes. Só no caso de ser necesario, valoraríanse as medidas, extraordinarias, tal e como se estipula no artigo 9 do citado decreto, seguindo os principios como o de normalización e inclusión.
Dentro do noso alumnado, podemos contar con casos de Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e con casos de Dislexia. Ambos presentan, Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) que tal e como recolle o artigo 6 da ORDE do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o D229/2011, é aquel alumnado "que require unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentaren necesidadeseducativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e da comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por se atoparen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar".
En todo momento, as accións que levemos a cabo estarán en coordinación co D.O, enmarcadas no Plan Xeral de Atención á Diversidade do noso centro educativo, así como no Plan de Acción Titorial.
Para os alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.
Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
O seguimento da programación didáctica levarase a cabo a través da aplicación Proens, cando menos, unha vez ao mes. Cómpre destacar a importancia da valoración dos datos recollidos na programación de aula de cara a comprobar o desenvolvemento da actividade lectiva (esta ferramenta permítenos comprobar se o programado inicialmente se desenvolveu sen dificultade ou hai que realizar algunha modificación).
Este procedemento terá en conta os seguintes puntos:
1. Analizarase regularmente a adecuación da programación didáctica a cada grupo, formulando propostas de mellora e realizando os axustes necesarios sempre que sexa preciso. Terase en conta, cando menos, informar sobre o seguinte:
- Reunións trimestrais do equipo docente da coordinación de ciclo.
- Unidades didácticas: datas de inicio e fin, número de sesións previstas e realizadas.
- Propostas xerais de mellora e outras observacións.
2. Analizaranse as dificultades atopadas no alumnado. Valorarase se os resultados son positivos (continuarase na mesma liña de traballo) ou negativos (realizaranse propostas de mellora).
3. Realizaranse propostas de mellora. Revisaranse as necesidades de atención educativa (apoio, reforzo, adaptación curricular etc.) tomando como referencia a información obtida de aplicar indicadores como:
- O ofrecemento ao alumnado, de forma individualizada, das explicacións que precise.
- A elaboración das actividades atendendo ás dificultades observadas.
- A proposta de probas de avaliación de distinta dificultade.
- O comentario co alumnado dos erros máis significativos dos traballos realizados.
A información que se obteña incluirase na memoria final da área, con especial relevancia nas posibles propostas de mellora para levar a cabo no seguinte curso académico. As ditas propostas de mellora reorientarán e modificarán a nova programación, se é o caso, e mesmo poderán poñerse en práctica aquelas propostas de mellora identificadas durante o seguimento susceptibles de aplicación no curso actual.