Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A tecnoloxía desenvolve un papel fundamental na sociedade actual, porque proporciona un conxunto de coñecementos e de técnicas que permiten satisfacer as necesidades individuais e colectivas. Neste sentido, Tecnoloxía e Dixitalización achégalle ao currículo a capacidade de analizar e redeseñar a relación entre os dispositivos tecnolóxicos e as necesidades sociais, ámbito no que a innovación e a condición de inmediata que lle son propias dotan esta materia dunha grande relevancia educativa. Na resolución de problemas tecnolóxicos conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo ou o carácter emprendedor, que son imprescindibles para formar unha cidadanía autónoma e competente. Ademais, o coñecemento da tecnoloxía proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade sustentable, formada por unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece arredor dela.

 

A materia de Tecnoloxía e Dixitalización é necesaria para valorar a achega fundamental da tecnoloxía na sociedade actual e comprender a importancia de utilizala dun xeito crítico, responsable e sostible. Nun mundo cada vez máis dixitalizado, esta materia contribúe a mellorar a competencia dixital do alumnado tratando que utilice o gran potencial das ferramentas dixitais, pero sen deixar de lado a seguridade, a ética e o benestar.

 

Un dos principais eixos do proceso de ensino e aprendizaxe será o desenvolvemento de proxectos que resolvan problemas concretos, aplicando os contidos da materia. Así mesmo incorporaranse as tecnoloxías dixitais e potenciarase o pensamento computacional, coma bases destacables neste proceso. Trátase de que o alumnado traballe coñecementos científicos e técnicos, desenvolvendo ideas e solucións cunha actitude creativa, emprendedora e de cooperación así coma crítica e comprometida coa sostibilidade.

 

A materia de Tecnoloxía e Dixitalización I en 1º da ESO no IES Xoán Montes impártese en tres grupos no presente curso académico.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida.
OBX2 Abordar problemas tecnolóxicos con autonomía e actitude creativa, aplicando coñecementos interdisciplinarios e traballando de forma cooperativa e colaborativa, para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz, innovadora e sostible.
OBX3 Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos.
OBX4 Describir, representar e intercambiar ideas ou solucións a problemas tecnolóxicos ou dixitais, utilizando medios de representación, simboloxía e vocabulario axeitados, así como os instrumentos e os recursos dispoñibles, e valorando a utilidade das ferramentas dixitais para comunicar e difundir información e propostas.
OBX5 Desenvolver algoritmos e aplicacións informáticas en distintas contornas, aplicando os principios do pensamento computacional e incorporando as tecnoloxías emerxentes, para crear solucións a problemas concretos, automatizar procesos e aplicalos en sistemas de control ou en robótica.
OBX6 Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións habituais da súa contorna dixital de aprendizaxe, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos.
OBX7 Facer un uso responsable e ético da tecnoloxía, mostrando interese por un desenvolvemento sostible, identificando as súas repercusións e valorando a contribución das tecnoloxías emerxentes para identificar as achegas e o impacto do desenvolvemento tecnolóxico na sociedade e na contorna.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A tecnoloxía e o proceso tecnolóxico Introdución á tecnoloxía e ao proceso tecnolóxico. 5 7
2 Deseño e fabricación Conceptos básicos de debuxo técnico para o deseño de produtos. Uso básico de aplicacións CAD en 2D para a representación gráfica no deseño de produtos. Iniciación ao deseño 3D. Introdución aos procesos de fabricación. Materiais e ferramentas básicas 15 15
3 Utilización das TIC no proceso tecnolóxico Utilización de hardware e software no proceso tecnolóxico, respectando a propiedade intelectual, a etiqueta dixital. Uso da rede con seguridade para os datos, os equipos e as persoas. 12 13
4 Estruturas Conceptos básicos de estructuras. Deseño e fabricación dun proxecto cunha estrutura que resolva un problema proposto. 12 12
5 Documentación de proxectos Documentar e presentar os proxectos técnicos creados utilizando ferramentas dixitais. 10 12
6 Mecanismos Conceptos básicos e identificación dos principais mecanismos. Deseño e fabricación dun proxecto que conte cun sistema mecánico e que resolva un problema proposto. 12 12
7 Electricidade Conceptos básicos de electricidade e circuitos eléctricos. Deseño e montaxe dun sistema no que, mediante circuítos eléctricos se resolva un problema proposto. 20 20
8 Programación Resolución de problemas mediante algoritmos. Desenvolvemento de aplicacións sinxelas para ordenador ou outros dispositivos. 6 6
9 Sistemas de control e robots Deseño, montaxe e programación dun sistema de control ou robot sinxelos. 8 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. O proxecto tecnolóxico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
CA1.2 - Comprender e examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos de uso habitual a través da análise de obxectos e sistemas, empregando o método científico e utilizando ferramentas de simulación na construción de coñecemento.
CA1.3 - Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sostibilidade ambiental identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sostible.
CA1.4 - Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético destas.
Contidos
C1.1 - Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.
C1.2 - Estratexias de procura crítica de información durante a investigación e a definición dos problemas expostos.
C1.3 - Análise de produtos e de sistemas tecnolóxicos sinxelos para a construción de coñecemento desde distintos enfoques e ámbitos.
C1.4 - Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
C1.5 - Desenvolvemento tecnolóxico: creatividade, innovación, investigación, obsolescencia e impacto social e ambiental.
C1.6 - Ética e aplicacións das tecnoloxías emerxentes.
C1.7 - Tecnoloxía sostible. Valoración crítica da contribución da tecnoloxía á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).
Bloque B2. Deseño e fabricación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
CA2.2 - Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
CA2.3 - Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
CA2.4 - Deseñar e construír, mediante ferramentas de fabricación dixital, obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
Contidos
C2.1 - Técnicas de representación gráfica para deseño de pezas utilizadas nos proxectos. Acoutamento e escalas.
C2.2 - Aplicacións CAD en 2D para a representación de esquemas, circuítos e planos sinxelos.
C2.3 - Iniciación ao deseño 3D.
C2.4 - Uso de materiais tecnolóxicos para a fabricación de obxectos ou modelos nun proxecto tecnolóxico e o seu impacto ambiental.
C2.5 - Uso e manipulación de ferramentas básicas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.
C2.6 - Respecto das normas de seguridade e hixiene.
C2.7 - Introdución á fabricación dixital. Deseño e construción de pezas sinxelas con impresión 3D e/ou corte.
Bloque B3. Elementos de máquinas, sistemas e robots
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema, resolvendo os problemas propostos.
CA3.2 - Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
Contidos
C3.1 - Estruturas para a construción de modelos.
C3.2 - Identificación de sistemas mecánicos básicos de transmisión e transformación do movemento: montaxes físicas e/ou uso de simuladores.
C3.3 - Electricidade básica para a montaxe de circuítos físicos ou simulados. Montaxe e/ou simulación de circuítos sinxelos con operadores eléctricos: xeradores, elementos de manobra ou control e receptores. Compoñentes básicos e simboloxía.
C3.4 - Deseño de sistemas que incorporen estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos para a resolución de problemas técnicos. Interpretación, deseño e aplicación en proxecto.
C3.5 - Compoñentes básicos e funcionamento dun sistema de control ou robot sinxelo: sensores, actuadores e controladores.
C3.6 - Montaxe de sistemas de control ou robots sinxelos para a resolución de problemas técnicos.
Bloque B4. Programación, control e robótica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.
CA4.2 - Programar aplicacións sinxelas empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición.
CA4.3 - Automatizar procesos, máquinas e obxectos sinxelos, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.
Contidos
C4.1 - Algorítmica e diagramas de fluxo.
C4.2 - Aplicacións informáticas sinxelas para ordenador.
C4.3 - Sistemas de control programado: uso de simuladores e programación sinxela de dispositivos.
C4.4 - Fundamentos da robótica: control programado de robots sinxelos de maneira física ou por medio de simuladores.
C4.5 - Autoconfianza e iniciativa: o erro, a reavaliación e a depuración de erros como parte do proceso de aprendizaxe.
Bloque B5. Documentación e comunicación dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA5.1 - Representar e comunicar o proceso de creación dun produto desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais, empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto.
CA5.2 - Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.
CA5.3 - Crear contidos e elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixi- tais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.
CA5.4 - Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
CA5.5 - Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.
Contidos
C5.1 - Vocabulario técnico apropiado.
C5.2 - Habilidades básicas de comunicación interpersoal. Pautas de conduta propias da contorna virtual, etiqueta dixital.
C5.3 - Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.
C5.4 - Dispositivos dixitais. Elementos do hardware e do software. Identificación e resolución de problemas técnicos sinxelos.
C5.5 - Ferramentas e plataformas de aprendizaxe: configuración, mantemento e uso crítico.
C5.6 - Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.
C5.7 - Propiedade intelectual e etiqueta dixital.
C5.8 - Técnicas de tratamento, organización e almacenamento seguro da información. Copias de seguridade.
C5.9 - Seguridade na rede: riscos, ameazas e ataques.
C5.10 - Medidas de protección de datos e información. Benestar dixital: prácticas seguras e riscos (ciberacoso, sextorsión, vulneración da propia imaxe e da intimidade, acceso a contidos inadecuados, adiccións...).

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A tecnoloxía e o proceso tecnolóxico
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Comprender e examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos de uso habitual a través da análise de obxectos e sistemas, empregando o método científico e utilizando ferramentas de simulación na construción de coñecemento.
Táboa de indicadores
Comprender obxectos tecnolóxicos sinxelos. 40
CA1.3 Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sostibilidade ambiental identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sostible.
Proba escrita
Recoñecer a influencia da tecnoloxía na sociedade. Comprender a importancia dun desenvolvemento sostible. 30
CA1.4 Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético destas.
Proba escrita
Identificar as tecnoloxías emerxentes e a súa influencia na sociedade. 30

2 Deseño e fabricación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.4 Deseñar e construír, mediante ferramentas de fabricación dixital, obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
CA2.4.1. Comprender e utilizar conceptos básicos de debuxo técnico para construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos.
Proba escrita
Comprender e utilizar conceptos de debuxo técnico. 60
CA2.4.2. Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Deseñar un obxecto sinxelo que se poida construír mediante ferramentas de fabricación dixital, respectando as normas de seguridade e saúde. 40

3 Utilización das TIC no proceso tecnolóxico
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.2 Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.
Táboa de indicadores
Utilizar de xeito eficiente e seguro distintos dispositivos dixitais para resolver problemas. 60
CA5.4 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
Organizar a información de maneira estruturada e segura. 20
CA5.5 Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.
Táboa de indicadores
Protexer os dispositivos e datos utilizados no desenvolvemento do taballo. Evitar os riscos para a súa saúde derivados do mal uso da tecnoloxía. 20

4 Estruturas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. 3
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. 5
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 5
CA3.1 Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema, resolvendo os problemas propostos.
CA3.1.1. Coñecer os conceptos básicos sobre estruturas, para deseñar e fabricar sistemas empregando estruturas, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os conceptos básicos sobre estruturas. 60
CA3.1.2. Deseñar e fabricar sistemas empregando estruturas, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar unha estrutura que resolva un problema proposto. 25

5 Documentación de proxectos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Representar e comunicar o proceso de creación dun produto desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais, empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto.
Táboa de indicadores
Elaborar documentos técnicos con ferramentas dixitais, para representar o proceso de creación dun produto. Proporcionar formato axeitado á documentación creada. Empregar vocabulario técnico axeitado. 50
CA5.3 Crear contidos e elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixi- tais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.
Táboa de indicadores
Crear contidos configurando correctamente as ferramentas dixitais utilizadas. Respectar os dereitos de autor e a etiqueta dixital. 50

6 Mecanismos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. 3
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. 5
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 5
CA3.1 Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema, resolvendo os problemas propostos.
CA3.1.3. Coñecer os operadores mecánicos básicos, para deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando mecanismos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os conceptos básicos sobre mecanismos. 60
CA3.1.4. Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando mecanismos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar un sistema empregando mecanismos que resolva un problema proposto. 25

7 Electricidade
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións que resolvan un problema proposto. 3
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. 5
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 5
CA3.1 Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema, resolvendo os problemas propostos.
CA3.1.5. Coñecer os operadores eléctricos básicos, para deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando circuítos eléctricos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os operadores eléctricos básicos. 60
CA3.1.6. Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando circuítos eléctricos, que cumpran unha función determinada resolvendo os problemas propostos.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar un sistema empregando circuítos eléctricos que resolva un problema proposto. 25

8 Programación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.
Táboa de indicadores
Interpretar algoritmos sinxelos. Dar solución a problemas sinxelos a través de algoritmos. 30
CA4.2 Programar aplicacións sinxelas empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición.
Táboa de indicadores
Programar aplicacións sinxelas. 70

9 Sistemas de control e robots
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
CA3.2.1. Coñecer os elementos básicos dun sistema de control ou robot, para montar sistemas de control e/ou robots sinxelos para a resolución dos problemas propostos.
Proba escrita
Coñecer os elementos básicos dun sistema de control ou robot. 40
CA3.2.2. Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
Táboa de indicadores
Montar un sistema de control ou robot sinxelo que resolva un problema proposto. 30
CA4.3 Automatizar procesos, máquinas e obxectos sinxelos, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.
Táboa de indicadores
Automatizar un proceso ou máquina sinxelos, programando un sistema de control ou robot. 30

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A área de Tecnoloxía e Dixitalización basea a sua aprendizaxe na adquisición de coñecementos e no desenvolvemento de destrezas que permitan tanto a comprensión dos obxectos técnicos coma a intervención sobre eles, ben sexa modificándoos ou creándoos. Trátase de fomentar as aptitudes innovadoras na busca de solucións ós problemas existentes, así coma a sensibilidade ante o aforro e o aproveitamento dos recursos. Do mesmo modo, os alumnos han de usa-las tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas para localizar, crear, analizar, intercambiar e presenta-la información. Esta área articúlase, en consecuencia, arredor do binomio coñecemento/acción, no que ámbolos dous deben te-lo peso específico apropiado en cada caso para facilita-lo carácter propedéutico desta disciplina.

 

A proposta didáctica na área de Tecnoloxía e Dixitalización basea o proceso de ensino-aprendizaxe nunha combinación dun soporte conceptual (principios cientiíicos e técnicos) que permita ao alumnado desenvolver as accións de análise, deseño e fabricación dun proxecto. A elaboración e fabricación de proxectos consiste en deseñar ou proxectar obxectos ou operadores tecnolóxicos partindo dun problema ou necesidade que se quere resolver, para pasar despois a construir o proxectado e avaliar ou verificar posteriormente a súa validez. Ademais, na presente proposta metodolóxica o alumnado, manexará as ferramentas dixitais e as tecnoloxías da información e da comunicación para localizar, crear, analizar, intercambiar e presenta-la información, tratando de mellorar as destrezas do alumnado no manexo destas ferramentas.

 

Por tanto, a materia debe afrontarse cunha metodoloxía eminentemente práctica e cun enfoque competencial do currículo que potencie a aprendizaxe significativa do alumnado.

O eixe vertebrador será a realización de proxectos tecnolóxicos con metodoloxías que fomenten a resolución de problemas mediante o deseño e construción de sistemas técnicos e propotipos eléctricos, mecánicos, robóticos, etc. Durante a realización dos proxectos, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo determinadas tarefas mentres explora, descobre, experimenta, aplica e reflexiona sobre o que fai, o que favorecerá a súa implicación no proceso de aprendizaxe e fará que este sexa máis significativo e duradeiro.

 

Promoverase a participación do alumnado, resaltando o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos tecnolóxicos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.

 

Empregaranse estratexias que promovan un uso eficiente, seguro e ético de diferentes aplicacións dixitais para diversas funcións como o deseño, a simulación e a comunicación e difusión de ideas ou solucións.

 

Utilizaranse distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo, guiando o alumnado desde proxectos sinxelos ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e satisfacción por parte do devandito alumnado poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.

 

 

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula-taller de tecnoloxía.
Aula de informática Xeral que conta con ordenadores con conexión a internet. Un ordenador por alumna/o.
Software de uso xeral (sistema operativo,ofimática....) e de uso específico (editores de arquivos audiovisuais, simuladores, entornos de programación...).
Dispositivos de almacenamento de información dixital: almacenamento na nube (Aula Virtual / Google Drive) ou pendrive
Ferramentas para o debuxo técnico: lápis, escuadra, cartabón e regra graduada.
Ferramentas manuais e eléctricas propias do taller de tecnoloxía.
Materiais para a fabricación, tratando de potenciar a reutilización.
Operadores e compoñentes eléctricos e electrónicos.
Dispositivos de robótica que forman parte da dotación do departamento de Tecnoloxía do centro
Aula virtual do centro cunha sección específica para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización I.
Materiais e recursos de creación propia por parte do profesorado do departamento de Tecnoloxía e recursos educativos abertos.

No curso académico 2024-2025 non se emprega libro na materia de Tecnoloxía e Dixitalización I de 1º ESO. Todo o material é de elaboración propia da profesora que imparte a materia: estará colgado na Aula Virtual, irase actualizando ao longo do curso, e entregaranse ademáis en papel as fichas de contidos especialmente relevantes para os exames.

Todo o alumnado estará matriculado na Aula Virtual, que ademáis dos contidos impartidos en clase terá material complementario para seguir, reforzar e ampliar os coñecementos.

Utilizaranse ademais, na materia de Tecnoloxía e Dixitalización en 1º da ESO, ferramentas, operadores e recursos didácticos cos que conta a aula-taller de Tecnoloxía, así como programas específicos para Tecnoloxía, simuladores e recursos TICs instalados nas aulas de Informática do centro. 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial realízase nas primeiras semanas do curso escolar, despois de explicar ao alumnado a estrutura, a metodoloxía e os instrumentos de avaliación que se empregarán na materia de Tecnoloxía e Dixitalización I.

 

Dado que, salvo repetidores, o alumnado de 1º de ESO é o primeiro ano en que cursa esta materia, a proba consiste nunha serie de preguntas de carácter xeral sobre conceptos relacionados coa tecnoloxía, materiais tecnolóxicos e as súas propiedades, operacións matermáticas e outros contidos similares, así como unha pequena redacción para avaliar a capacidade de síntese e expresión. Neste cuestionario, recolleranse, entre outras, as competencias matemática e lingüística adquiridas polo alumnado en primaria. 

 

Trátase dunha proba que ten exclusivamente un carácter orientador para o profesorado e o alumnado, que permite determinar os coñecementos básicos de determinados contidos. Se o nivel alcanzado nesta proba é con carácter xeral insuficiente, poranse en práctica unha serie de procedementos para reforzar os contidos e destrezas que se precisen.

 

Dado o carácter crítico para todas as materias do manexo de ferramentas informáticas, reforzarase na 1ª avaliación para todo o alumnado o uso da Aula Virtual, do correo electrónico, do manexo de carpetas e arquivos, do almacenamento e manexo de información online en xeral e de búsqueda da mesma. Faranse asimesmo reforzos puntuais segundo certas necesidades individuais do alumnado detectadas na avaliación inicial, no caso de que se estime oportuno.

 

A aula virtual da materia inclúe unha serie de actividades orientadas a favorecer a auto-aprendizaxe, o pensamento crítico e creativo e a investigación co fin de poñer en práctica cun carácter global todas as competencias do alumnado e o uso das novas tecnoloxías como recurso didáctico.

 

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 15.0 12.0 12.0 10.0 12.0 20.0 6.0 8.0 100.0
Proba escrita 60.0 60.0 0.0 60.0 0.0 60.0 60.0 0.0 40.0 41.6
Táboa de indicadores 40.0 40.0 100.0 40.0 100.0 40.0 40.0 100.0 60.0 58.4

CONCRECIÓN DOS PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN POR UNIDADES DIDÁCTICAS

INTRODUCCIÓN:

De todo o proceso de avaliación debe resultar unha calificación final para o alumno. Esta califación calcularase en función dos obxectivos avaliados e da súa ponderación.

Con carácter xeral a ponderación por avaliación será función dos procedementos de avaliación:

60%: Proba ou probas obxectivas escritas. Realizarase como mínimo unha proba obxectiva escrita por trimestre. Nesta proba escrita obxectiva plantexaranse preguntas relativas ás unidades didácticas tratadas en cada avaliación. É necesario ter un mínimo dun 4 nas probas obxectivas para facer media. Só se a profesora o considera oportuno pola dificultade dos contidos fará media a partir de 3. Antes dunha proba obxectiva escrita, adicaremos unha sesión de clase para resolver as dúbidas e preguntas que teña o alumnado sobre os temas, cuestións e prácticas que son materia de exame. Despois de cada exame, cada alumno/a poderá revisar o seu, e o xeito de corrección e de calificación. Nesta sesión, o alumnado poderá contrastar a nota obtida co seu exercicio.

10%: Prácticas de informática e/ou Tests de Autoavaliación na Aula Virtual feitos en clase. Revisaranse as prácticas de informática e os traballos realizados coas ferramentas TIC cada trimestre (táboa de indicadores) e faranse tests de autoavaliación na Aula Virtual en clase de repaso de contidos (con nota numérica).

30%: Valoración do deseño e construcción dun obxecto na aula-taller. Valórase o proxecto, o traballo individual, o traballo en grupo e a Memoria Técnica. Táboa de indicadores.

Ademáis, revisarase o material e o traballo realizado na clase polo alumnado. Así, olvidar o material (as fichas) ou non traballar baixará a media especificada previamente (negativos de 0'25 puntos por olvidar o material ou por mal comportamento, que restaranse da media final obtida pola ponderación indicada). 

O alumnado que non supere calquera das probas escritas poderá realizar unha proba de recuperación.

 

CONCRETANDO OS PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN POR UNIDADES DIDÁCTICAS:

 

UD 1. A TECNOLOXÍA E O PROCESO TECNOLÓXICO

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.2, CA1.3, CA1.4

 

UD 2. DESEÑO E FABRICACIÓN

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 60% Criterios de Avaliación Avaliados: CA2.4.1

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 40% Criterios de Avaliación Avaliados: CA2.4.2

 

UD 3. UTILIZACIÓN DAS TIC NO PROCESO TECNOLÓXICO

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase realizadas utilizando as ferramentas TIC. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA5.2, CA5.5, CA5.5

 

UD 4. ESTRUTURAS

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase escritas e realizadas coas ferramentas TIC. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 15% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.1

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 60% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.1

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 25% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1 , CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA3.1.2

 

UD 5. DOCUMENTACIÓN DE PROXECTOS

Procedemento de Avaliación: creación e comunicación de documentación técnica. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 100% Criterios de Avaliación Avaliados: CA5.1, CA5.3

Esta unidade didáctica desenvolverase de xeito transversal nas tres avaliacións, outorgando o peso proporcional correspondente a cada unha delas.

 

UD 6. MECANISMOS

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase escritas e realizadas coas ferramentas TIC Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 15% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.3

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 60% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.3

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 25% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1 , CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA3.1.4

 

UD 7. ELECTRICIDADE

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase escritas e realizadas coas ferramentas TIC (simuladores...). Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 15% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.5

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 60% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.1.5

Procedemento de Avaliación: proxecto técnico. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 25% Criterios de Avaliación Avaliados: CA1.1 , CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA3.1.6

 

UD 8. PROGRAMACIÓN

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase realizadas coas ferramentas TIC . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 30% Criterios de Avaliación Avaliados: CA4.1

Procedemento de Avaliación: proxecto . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 70% Criterios de Avaliación Avaliados: CA4.2

 

UD 9. SISTEMAS DE CONTROL E ROBOTS

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliación: proba escrita. Peso no total da UD: 40% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.2.1

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase utilizando as ferramentas TIC e proxecto . Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 60% Criterios de Avaliación Avaliados: CA3.2.2, CA4.3

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A cualificación de cada unha das 3 avaliacións do curso, virá dada pola media ponderada das cualificacións das unidades didácticas desenvolvidas na avaliación. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

 

A cualificación final do curso virá dada pola media ponderada das cualificacións de cada unha das 3 avaliacións do curso. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

 

 

Para superar a materia o alumno deberá realizar e presentar os traballos solicitados e deberá obter unha valoración positiva na maioría dos apartados anteriores ao longo do curso, o profesorado concretará aqueles traballos e tarefas que o alumnado poderá entregar de novo dentro dun prazo establecido para recuperalos.

Aqueles alumnos que non superen calquera das probas escritas poderán realizar unha proba de recuperación das mesmas. De maneira que de cada proba escrita obxectiva realizarase unha proba de recuperación. A realización da proba de recuperación será obrigatoria para o alumnado que obteña unha cualificación inferior ao 40% do máximo na primeira proba. En caso de recuperación, farase unha distinción entre a nota dun control e a da recuperación, dando maior valor á nota do exame realizado por primeira vez e menor peso á nota do exame de recuperación.

A recuperación realizarase por cada avaliación. A nota final calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas e seguindo o procedemento establecido.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


De darse o caso, o alumno ou alumna coa materia de Tecnoloxía e Dixitalización I de 1º da ESO pendente de cursos anteriores deberá realizar as seguintes actividades :

- Realización dun plan de recuperación coa entrega periódica de actividades relativas ás unidades didácticas do curso de 1º da ESO. Estableceranse uns prazos axeitados para a sua entrega por parte do alumnado, que contará co apoio e seguimento do profesorado do Departamento de Tecnoloxía.

- Realización como mínimo dunha proba obxectiva, onde se recollerán os contidos mínimos relativos ao curriculum da materia. Esta  proba será cualificada sobre un baremo de dez puntos.

- No caso de que o alumnado coa materia pendente non realice as actividades recollidas no Plan de Recuperación, ou non supere o citado plan de recuperación, deberá realizar a anterior proba obxectiva.

- O alumnado que supere as actividades recollidas no Plan de recuperación, poderá non realizar a proba obxectiva para superar a materia, se así o estima oportuno o profesorado do departamento.

O alumnado que aprobe a Tecnoloxía e Dixitalización II de 2º de ESO aprobará automáticamente a materia do primeiro curso.

 

 

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Na materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º da ESO, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade en función das necesidades do alumnado:

- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.

- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado.

- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación

- Desdobramento de grupos

- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento

- Programas de enriquecemento curricular (a.a.c.c.)

- Adaptacións curriculares

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguiranse o establecido no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do profesorado titor.

O traballo con grupos moi heteroxéneos é unha característica da ensinanza secundaria obrigatoria. A diversidade de situacións de todo tipo no alumnado esixe unha variedade de estratexias e a variedade de actividades e métodos didácticos, por exemplo, contribúe a implicar na aprendizaxe a alumnos/as con diferentes estilos de aprendizaxe.

Un aspecto para destacar é a motivación que as actividades da materia de Tecnoloxía e Dixitalización provocan nos/nas alumnos/as, incluso en moitos/as que noutras áreas se amosan pasivos. Este feito pódese aproveitar para reafirma-la confianza deste alumnado nas súas potencialidades e tamén para lograr unha mellor integración no grupo.

Nas actividades programadas débense prever axudas como poden ser:

- Contacto persoal con axudas puntuais do profesorado.

- Modificación da composición dos grupos de traballo para conseguir una maior colaboración entre os/as compañeiros/as. No caso de traballos individuais, pode suxerirse o traballo cun compañeiro ou compañeira.

- Información escrita e/ou gráfica complementaria á disposición do alumnado. Poden ser unhas fichas de axuda que lle permitan superar algunhas fases do traballo ou ben que posibiliten o ensaio de solucións máis complexas.

- Modificación das actividades cambiando requisitos ou condicións, ben para simplificalas ben para complicalas. Especialmente importante é o tempo dedicado, que nalgúns casos debe ampliarse aínda que iso supoña a non realización doutras actividades.

- Actividades complementarias de recuperación ou ampliación que poden realizar individualmente. Nesta liña son moi aproveitables os recursos audiovisuais ou informáticos.

Ademais neste apartado contémplase a posiblidade de realizar adaptacións curriculares na área de Tecnoloxía e Dixitalización para aqueles alumnos e alumnas que non teñan capacidade para alcanzar os obxectivos mñínimos na área.

En resumo, unha vez detectadas as necesidades educativas específicas, estableceranse as medidas apropiadas:

Atención individual intensiva na realización de prácticas

Subministración de material de apoio na aula

Ampliación de tempo na realización de probas

Apoios en pequeno grupo

Titorías durante os recreos

Realización de tarefas en grupo

Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.

Adaptación curricular intensiva de ser o caso.

 

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Comprensión de lectura.
2 Expresión oral e escrita.
3 Comunicación audiovisual.
4 Competencia dixital.
5 Emprendemento social e empresarial.
6 Fomento do espírito crítico e científico.
7 Educación emocional e en valores.
8 Igualdade de xénero.
9 Creatividade.
10 Educación para a saúde.
11 Formación estética.
12 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable.
13 Respecto mutuo e cooperación entre iguais.

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos. Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e coa elaboración de documentación técnica. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica. Comunicación audiovisual: presentación de resultados de prácticas e proxectos mediante creacións audiovisuais. Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia. Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos tecnolóxicos. Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos fomentará o traballo en equipo. A igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico é unha necesidade na sociedade actual, que tratará de cubrirse mediante un axeitado reparto de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos. Creatividade: Desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Educación para a saúde: importancia do respecto polas normas de seguridade e hixiene no taller. Contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade. Formación estética: procesos de deseño e acabado nos proxectos tecnolóxicos. Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade nos proxectos tecnolóxicos, sobre todo na elección de materiais e fontes de enerxía. Respecto mutuo: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Posibilidade de charla sobre uso das TIC e/ou participación en actividade de Seguridade Online Está prevista a solicitude dunha charla sobre uso seguro das TIC e/ou a participación nunha actividade online sobre Seguridade en Red.

ACTIVIDADE:

Está prevista a solicitude dunha charla sobre uso seguro das TIC e/ou a participación nunha actividade online sobre Seguridade en Red. Aínda sen confirmar nos dous casos.

Se xurde durante o curso algunha outra actividade que sexa considerada de interese para o alumnado da materia de Tecnoloxía e Dixitalización en 1º da ESO, será solicitada e organizada.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Medidas de atención á diversidade Facilitáronse ao alumnado estratexias de aprendizaxe: lectura comprensiva, búsqueda de información crítica, redacción de documentación técnica....
Clima de traballo na aula O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
Metodoloxía empregada As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
Medidas de atención á diversidade As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de avaliación e calificación foron claros e permitiron un seguemento do progreso do alumnado.
Metodoloxía empregada Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e calificacións.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.

Nas reunións de departamento, realizarase un seguimento da programación e de todos aqueles aspectos que se consideren relevantes para a boa marcha do curso.

 

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento.

Para cada UD comprobarase o grado de cumprimento do programado para a unidade.

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.

No caso de que se estime oportuno, realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver