Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Na sociedade actual na que vivimos xorde a necesidade dunha alfabetización dixital que nos permita dominar tanto a linguaxe propia destas tecnoloxías coma o manexo seguro das mesmas. A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación debe ir máis alá tratando que o alumnado desenvolva as competencias necesarias que lle permitan acceder con autonomía, capacidade de adaptación e autoaprendizaxe permanente no uso das tecnoloxías da información e da comunicación, de xeito que consiga estar preparado para atender ás demandas deste campo de tan rápida evolución. A materia procurará educar ao alumnado na interacción co entorno dixital, cada vez máis presente na nosa sociedade, dun xeito cítico, ético e respectuoso cos demais. Non se poden esquecer os riscos derivados desta interacción, polo que o alumnado desenvolverá técnicas para preservar tanto a súa seguridade, coma a dos equipos e datos cos que traballa.

A proposta da materia contribuirá a desenvolver as competencias do alumnado, facendo que se enfronte a casos e situacións prácticas o máis semellantes posibles á vida cotiá. Deste xeito, potenciaranse as competencias relacionadas coa comprensión e a expresión utilizando ferramentas dixitais para procurar e analizar información, así como para elaborar documentación e presentar os logros conqueridos. A resolución de problemas concretos utilizando a programación permitirá fortalecer as competencias matemática e en ciencia, tecnoloxía e enxeñería. O alumnado profundizará nas técnicas de comunicación audiovisual, imprescindible na sociedade actual, e mellorando a competencia en conciencia e expresión culturais.

As tecnoloxías da información e da comunicación están directamente vencelladas ás destrezas e habilidades esenciais relacionadas coa competencia emprendedora. A metodoloxía activa proposta, vai permitir transformar as ideas en produtos finais, de modo que, a través da aplicación das aprendizaxes traballadas e de estratexias persoais e grupais se consiga a resolución, con éxito, dos problemas e situacións propostas. A materia dota ao alumnado, ademais, de habilidades que están moi recoñecidas e valoradas no mundo laboral actual, nun campo, o das tecnoloxías da información e da comunicación, que supón unha das liñas profesionais con máis perspectivas de futuro.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Entender o papel principal das tecnoloxías da información e da comunicación na sociedade actual e o seu impacto nos ámbitos social, económico e cultural para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz e innovadora.
OBX2 Seleccionar, usar e combinar múltiples aplicacións informáticas para crear producións dixitais que cumpran uns obxectivos complexos, incluíndo a recollida, a análise, a avaliación e a presentación de datos e información, así como o cumprimento duns requisitos de persoa usuaria.
OBX3 Desenvolver e depurar aplicacións informáticas, analizando e aplicando os principios da programación para crear solucións a problemas concretos de maneira creativa.
OBX4 Crear proxectos audiovisuais de maneira creativa utilizando os recursos técnicos necesarios e aplicando os principios da linguaxe audiovisual.
OBX5 Usar os sistemas informáticos e de comunicacións de forma segura, responsable e respectuosa, protexendo a identidade en liña e a privacidade, recoñecendo contido, contactos ou condutas incorrectas e sabendo como informar ao respecto.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Desenvolvemento de proxectos dixitais con ferramentas online Deseñar, desenvolver, documentar e comunicar proxectos online con Padlet, Mural.ly/Genial.ly, Tiki-Toki, Canva, Blogger, Befunky, ferramentas de Google (Google My Maps, Google Forms, Google Keep, Google Drive), e outras aplicacións online. Deseño de proxectos multiplataforma. 25 35
2 Creación, maquetación e presentación da información e dos datos Creación, maquetación e presentación da información e datos empregando ferramentas de Office / LibreOffice e ferramentas de Google (Google Docs/Sheets/...). Presentacións en Canva. Maquetación de proxectos creados combinando múltiples plataformas de edición. 25 35
3 Creación e edición de contidos audiovisuais Tratamento dixital de imaxe e son. Deseño gráfico/Edición de imaxe (Gimp). Fotomontaxes. Conceptos e recursos de edición de materiais audiovisuais. Edición de vídeo. CAD-3D: SweetHome 3D/SketchUp/TinkerCAD. 20 30
4 Seguridade na rede, benestar e cidadanía dixital Seguridade e prácticas saudables na rede. Pegada dixital. Sociedade da información e sociedade do coñecemento. Cidadanía dixital. Intelixencia Artificial (IA). Realidade Aumentada, Virtual e Esteganografía. Metaversos. Trámites online. Internet de las Cosas (IoT). Propiedade Intelectual e Licencias de Uso. 20 30
5 Programación Fundamentos de Informática. Sistemas Operativos. Tipos de conexión a Internet. Algoritmos e Diagramas de Fluxo. Desenvolvemento e programación de aplicacións. 10 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Desenvolvemento de proxectos dixitais
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5
CA1.1 - Definir problemas ou necesidades expostas para o desenvolvemento dun proxecto dixital, buscando e contrastando información de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade.
CA1.2 - Deseñar e desenvolver proxectos dixitais que resolvan un problema ou que cubran unha necesidade real.
CA1.3 - Documentar un proxecto dixital empregando as ferramentas axeitadas.
CA1.4 - Comunicar de maneira eficaz e organizada un proxecto dixital empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.
CA1.5 - Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, fomentando o traballo en equipo e aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a súa ideación máis eficaz, accesible e innovadora posible.
Contidos
C1.1 - Deseño creativo de proxectos.
C1.2 - Estratexias de procura crítica de información.
C1.3 - Estratexias, técnicas e marcos de desenvolvemento dun proxecto en diferentes contextos e as súas fases.
C1.4 - Documentación de proxectos.
C1.5 - Comunicación de información e de contidos dixitais en diferentes plataformas.
Bloque B2. Creación, tratamento e presentación da información e os datos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5
CA2.1 - Elixir e utilizar aplicacións informáticas de escritorio ou web para crear, editar e expor documentos de texto e presentacións dixitais.
CA2.2 - Elixir e utilizar aplicacións informáticas de escritorio ou web para realizar o tratamento de datos mediante a creación e xestión de follas de cálculo e bases de datos.
CA2.3 - Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Contidos
C2.1 - Creación e edición de documentos de texto e de presentacións dixitais aplicados á documentación de proxectos dixitais: maquetación, formatado, modelos e integración de multimedia.
C2.2 - Tratamento de datos con folla de cálculo: formato de datos, uso de fórmulas e funcións, filtrado da información e creación de gráficos.
C2.3 - Tratamento de datos a través de bases de datos: almacenaxe, consulta e presentación da información.
C2.4 - Colaboración en rede. Ferramentas de creación de contidos e aprendizaxe colaborativa na rede.
Bloque B3. Programación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5
CA3.1 - Identificar e analizar problemas desenvolvendo algoritmos que os resolvan.
CA3.2 - Desenvolver e programar aplicacións para ordenadores e/ou dispositivos móbiles, e dar solución a problemas definidos.
Contidos
C3.1 - Diagramas de fluxo: elementos e símbolos e o seu significado.
C3.2 - Utilización de estruturas de programación: secuenciais, de selección e iterativas.
C3.3 - Utilización de operadores.
C3.4 - Uso de datos. Tipos de datos primitivos e compostos.
C3.5 - Utilización de funcións. Parámetros, código e retorno.
C3.6 - Utilización de librarías.
C3.7 - Desenvolvemento e programación de aplicacións para ordenadores e/ou dispositivos móbiles. Utilización da programación orientada a obxectos.
C3.8 - Execución, proba, depuración e documentación de programas.
Bloque B4. Creación e edición de contidos audiovisuais
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5
CA4.1 - Realizar o tratamento dixital de imaxes fixas empregando técnicas de xeración, procesamento e retoque.
CA4.2 - Analizar e utilizar os recursos expresivos propios das producións audiovisuais, como os encadramentos, ángulos e movementos de cámara, e efectos sonoros, mantendo a continuidade narrativa.
CA4.3 - Gravar pezas audiovisuais aplicando técnicas de captación de imaxes fotográficas, de vídeo e son, mediante os recursos e medios técnicos da linguaxe audiovisual.
CA4.4 - Editar pezas audiovisuais aplicando técnicas de creación de secuencias dinámicas de gráficos e imaxes fixas, e de montaxe audiovisual, integrando e axustando a súa banda sonora e tendo en conta os recursos expresivos da linguaxe audiovisual.
CA4.5 - Exportar un proxecto audiovisual a un ficheiro co formato necesario para a súa posterior reprodución e difusión a través da rede.
Contidos
C4.1 - Edición dixital da imaxe fixa: retoques e montaxes fotográficas.
C4.2 - Resolución da imaxe e almacenamento.
C4.3 - Encadramento e ángulo de cámara. Tipos de plano: uso e funcionalidade.
C4.4 - Aplicación dos conceptos de plano, toma, exposición, enfoque, punto de vista e ángulo de encadramento. Escenas e secuencias.
C4.5 - Raccord e ritmo na edición.
C4.6 - Proceso de posprodución: selección de tomas, aplicación dos conceptos de ritmo e continuidade narrativa.
C4.7 - Recursos técnicos da montaxe e a edición: corte, fundido e encadeamento.
C4.8 - Banda sonora da produción audiovisual: diálogos, efectos de son e música.
C4.9 - Formatos de arquivo empregados no tratamento dixital de imaxe, audio e vídeo na produción multimedia.
Bloque B5. Seguridade, benestar e cidadanía dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5
CA5.1 - Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na rede, escollendo a mellor solución entre diversas opcións.
CA5.2 - Desenvolver prácticas saudables e seguras no uso das tecnoloxías da información e da comunicación, valorando o benestar físico e mental, tanto persoal coma colectivo.
CA5.3 - Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada na internet, configurando as condicións de privacidade das redes sociais e dos espazos virtuais de traballo.
CA5.4 - Utilizar recursos dixitais de acordo coas leis de propiedade intelectual, recoñecendo e respectando as licenzas e os dereitos de autoría.
CA5.5 - Facer un uso ético dos datos e das ferramentas dixitais aplicando as normas de etiqueta dixital e respectando a privacidade na comunicación, colaboración e participación activa na rede.
Contidos
C5.1 - A seguridade da información: principios de integridade, dispoñibilidade, confidencialidade e autenticación.
C5.2 - Estratexias saudables e seguras no uso de dispositivos e na interacción na rede.
C5.3 - Identificación de software malicioso.
C5.4 - Condutas de seguridade activa e pasiva na protección dos equipamentos informáticos fronte a ataques externos.
C5.5 - Propiedade intelectual: respecto e aplicación de licenzas de software e dereitos de autoría.
C5.6 - Pegada dixital e protección de datos persoais na rede.
C5.7 - Etiqueta dixital.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Desenvolvemento de proxectos dixitais con ferramentas online
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas para o desenvolvemento dun proxecto dixital, buscando e contrastando información de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade.
Táboa de indicadores
Definir problemas ou necesidades expostas para o desenvolvemento dun proxecto dixital. 10
CA1.2 Deseñar e desenvolver proxectos dixitais que resolvan un problema ou que cubran unha necesidade real.
Táboa de indicadores
Deseñar e desenvolver proxectos dixitais que resolvan un problema. Elaboración de traballos. 10
CA1.3 Documentar un proxecto dixital empregando as ferramentas axeitadas.
Táboa de indicadores
Documentar un proxecto dixital. Elaboración de traballos. 30
CA1.4 Comunicar de maneira eficaz e organizada un proxecto dixital empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.
Táboa de indicadores
Comunicar de maneira eficaz e organizada un proxecto dixital. Presentacións na aula. 10
CA1.5 Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, fomentando o traballo en equipo e aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a súa ideación máis eficaz, accesible e innovadora posible.
Táboa de indicadores
Creatividade, traballo en equipo e uso de métodos de investigación. 10
CA2.1 Elixir e utilizar aplicacións informáticas de escritorio ou web para crear, editar e expor documentos de texto e presentacións dixitais.
Táboa de indicadores
Elaboración de traballos na aula coas distintas ferramentas. 10
CA2.2 Elixir e utilizar aplicacións informáticas de escritorio ou web para realizar o tratamento de datos mediante a creación e xestión de follas de cálculo e bases de datos.
Táboa de indicadores
Elaboración de traballos na aula coas distintas ferramentas. 10
CA2.3 Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Táboa de indicadores
Traballo en equipo, interacción e presentacións dos traballos en grupo. 10

2 Creación, maquetación e presentación da información e dos datos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Elixir e utilizar aplicacións informáticas de escritorio ou web para crear, editar e expor documentos de texto e presentacións dixitais.
Táboa de indicadores
Realización de traballos monográficos coas aplicacións informáticas do paquete Office/LibreOffice, ferramentas de Google e outras ferramentas online. 40
CA2.2 Elixir e utilizar aplicacións informáticas de escritorio ou web para realizar o tratamento de datos mediante a creación e xestión de follas de cálculo e bases de datos.
Táboa de indicadores
Realización de traballos monográficos coas aplicacións informáticas do paquete Office/LibreOffice, ferramentas de Google e outras ferramentas online. 40
CA2.3 Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.
Táboa de indicadores
Colaboración na realización de traballos monográficos coas aplicacións informáticas do paquete Office/LibreOffice, ferramentas de Google e outras ferramentas online. 20

3 Creación e edición de contidos audiovisuais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas para o desenvolvemento dun proxecto dixital, buscando e contrastando información de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade.
Táboa de indicadores
Analizar os recursos expresivos propios das producións audiovisuais, como os encadramentos, ángulos e movementos de cámara e efectos sonoros. 5
CA1.2 Deseñar e desenvolver proxectos dixitais que resolvan un problema ou que cubran unha necesidade real.
Táboa de indicadores
Deseño e edición de proxectos audiovisuais aplicando técnicas de montaxe audiovisual. 30
CA1.3 Documentar un proxecto dixital empregando as ferramentas axeitadas.
Táboa de indicadores
Traballos na aula con software multimedia. Documentación e de contidos audiovisuais. 10
CA1.4 Comunicar de maneira eficaz e organizada un proxecto dixital empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.
Táboa de indicadores
Comunicar os traballos audiovisuais desenvolvidos na aula. 5
CA1.5 Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, fomentando o traballo en equipo e aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a súa ideación máis eficaz, accesible e innovadora posible.
Táboa de indicadores
Creatividade, traballo en equipo e métodos de investigación empregados nos traballos elaborados. 10
CA4.1 Realizar o tratamento dixital de imaxes fixas empregando técnicas de xeración, procesamento e retoque.
Táboa de indicadores
Traballos de deseño gráfico con Gimp ou Photoshop. Prácticas de fotomontaxes e retoques fotográficos. 20
CA4.2 Analizar e utilizar os recursos expresivos propios das producións audiovisuais, como os encadramentos, ángulos e movementos de cámara, e efectos sonoros, mantendo a continuidade narrativa.
Táboa de indicadores
Fichas de contidos sobre recursos expresivos propios das producións audiovisuais. 5
CA4.3 Gravar pezas audiovisuais aplicando técnicas de captación de imaxes fotográficas, de vídeo e son, mediante os recursos e medios técnicos da linguaxe audiovisual.
Táboa de indicadores
Traballos e prácticas na aula. 5
CA4.4 Editar pezas audiovisuais aplicando técnicas de creación de secuencias dinámicas de gráficos e imaxes fixas, e de montaxe audiovisual, integrando e axustando a súa banda sonora e tendo en conta os recursos expresivos da linguaxe audiovisual.
Táboa de indicadores
Traballos e prácticas na aula. 5
CA4.5 Exportar un proxecto audiovisual a un ficheiro co formato necesario para a súa posterior reprodución e difusión a través da rede.
Táboa de indicadores
Exportar ficheiros. 5

4 Seguridade na rede, benestar e cidadanía dixital
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na rede, escollendo a mellor solución entre diversas opcións.
Táboa de indicadores
Identificar ameazas na rede 20
CA5.2 Desenvolver prácticas saudables e seguras no uso das tecnoloxías da información e da comunicación, valorando o benestar físico e mental, tanto persoal coma colectivo.
Táboa de indicadores
Desenvolver prácticas seguras no uso das tecnoloxías da información e da comunicación. 20
CA5.3 Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada na internet, configurando as condicións de privacidade das redes sociais e dos espazos virtuais de traballo.
Táboa de indicadores
Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet configurando as condicións de privacidade. 20
CA5.4 Utilizar recursos dixitais de acordo coas leis de propiedade intelectual, recoñecendo e respectando as licenzas e os dereitos de autoría.
Táboa de indicadores
Utilizar recursos dixitais de acordo coas leis de propiedade intelectual 20
CA5.5 Facer un uso ético dos datos e das ferramentas dixitais aplicando as normas de etiqueta dixital e respectando a privacidade na comunicación, colaboración e participación activa na rede.
Táboa de indicadores
Facer un uso ético dos datos e das ferramentas dixitais 20

5 Programación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Identificar e analizar problemas desenvolvendo algoritmos que os resolvan.
Táboa de indicadores
Identificar problemas desenvolvendo algoritmos que os resolvan. 30
CA3.2 Desenvolver e programar aplicacións para ordenadores e/ou dispositivos móbiles, e dar solución a problemas definidos.
Táboa de indicadores
Programar aplicacións para ordenadores e/ou dispositivos móbiles, dando solución a un problema definido. 70

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia debe afrontarse cunha metodoloxía a base de traballos prácticos e cun enfoque competencial do currículo que potencie a aprendizaxe significativa do alumnado.

Os traballos prácticos permitirán ao alumnado coñecer e configurar os distintos dispositivos dixitais de uso cotián. Estas actividades prácticas facilitirán mellorar as destrezas para escoller e utilizar as ferramentas máis axeitadas para producir materiais dixitais de diversos tipos, así como crear aplicacións que resolvan problemas concretos.

Os traballos prácticos estarán deseñados para favorecer a capacidade de aprender por si mesmos e promoverán o traballo en equipo. O profesor/a servirá de guía desde tarefas sinxelas ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e a satisfacción do alumnado.

Na realización de todos os traballos prácticos farase fincapé no respecto polas licenzas e dereitos de autor.

A difusión dos contidos dixitais creados en plataformas dixitais promoverá a liberdade de expresión e o respecto polos demais aplicando as normas da etiqueta dixital.

En todo momento do curso o alumnado implicarase no mantemento da seguridade, tanto da súa persona como da información e dos equipos cos que traballa.

Realizarán proxectos baseados na creación de contidos. Estas actividades permiten que a materia sexa flexible e adaptable aos diferentes intereses e motivacións do alumnado, de xeito que podan ter un enfoque máis técnico ou más artístico-creativo segundo o grupo de alumnado.

Os métodos de traballo utilizados terán en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades. Así mesmo estes métodos favorecerán a capacidade de aprender por si mesmos e promoverán o traballo en equipo.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Ordenador persoal - dispositivos dixitais
Software de uso xeral (sistema operativo, ofimática, aplicacións online,....) e de uso específico (programas de deseño gráfico, editores de arquivos audiovisuais, simuladores, entornos de programación...).
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Aula virtual do centro.
Cada alumno e alumna terá acceso en todas as clases a un ordenador no que se atopen instalados todos os programas informáticos necesarios e terá tamén conexión de Internet. Tamén terá acceso aos dispositivos dixitais necesarios para o seguimento das unidades didácticas propostas.
Non se rexistrou texto

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Realizarase unha ficha inicial para coñecer o perfil TIC do alumnado coa finalidade de analizar os coñecementos básicos relacionados coa materia, así como un test online de avaliación de coñecementos previos.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 25.0 25.0 20.0 20.0 10.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total en cada UD: 100%

A cualificación de cada unha das 3 avaliacións do curso, virá dada pola media ponderada das cualificacións das unidades didácticas desenvolvidas na avaliación. Traballarase con fichas de actividades ponderadas en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

A cualificación final do curso virá dada pola media ponderada das cualificacións de cada unha das 3 avaliacións do curso. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

Cálculo da cualificación final da avaliación ordinaria do curso: 40% 1ªaval + 30% 2ªaval + 30% 3ªaval

Cálculo da cualificación final da avaliación extraordinaria do curso: nota obtida na proba obxectiva de recuperación extraordinaria, realizada no ordenador, e/ou da entrega dos traballos pendentes.

Ao longo do curso, o profesorado concretará aqueles traballos e tarefas que o alumnado poderá entregar de novo dentro dun prazo establecido para recuperalos.

A recuperación realizarase por cada unidade didáctica. A nota final calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas e seguindo o procedemento establecido.

O alumnado que non acade unha cualificación final de 5 ou máis de 5 na avaliación ordinaria do curso, terá que realizar unha proba obxectiva de recuperación extraordinaria no ordenador (que en todo caso tratará sobre todas as unidades didácticas do curso) e/ou entregar os traballos pendentes.

Nas sesións de clase que teñan lugar no período comprendido entre a avaliación ordinaria e a extraordinaria, o alumnado que teña que realizar a proba extraordinaria ou entregar traballos pendentes realizará tarefas para preparar dita proba ou facer os traballos. Neste período, o alumnado que teña superada a materia na avaliación ordinaria realizará tarefas de reforzo e ampliación.

 

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


O alumnado que curse 2º de Bacharelato pero teña a materia de TIC I de 1º de Bacharelato pendente de superar, ó non tela superado en anos anteriores deberán realizar as seguintes actividades :

- Realización e entrega periódica de actividades relativas ás unidades didácticas do curso.

- No caso de non superar as actividades, realizaranse probas obxectivas no ordenador ao final de cada trimestre, e unha proba obxectiva final no caso de que o alumnado non supere a materia por actividades ou por probas parciais.

- Distribúese a materia do curso en tres partes, unha para cada grupo de actividades e/ou proba parcial.

- Todas as probas serán cualificadas sobre un baremo de dez puntos.

- Para o cálculo da cualificación da materia pendente, terase a seguinte consideración:

Actividades realizadas ao longo do curso 100% da cualificación.

De non entregar ou non superar as actividades: proba parcial (100% da cualificación por trimestre).

De non superar as actividades ou algunha proba parcial: proba final* (100% da cualificación extraordinaria).

*(No caso de que o alumno ou alumna non supere a materia deste xeito poderá realizar unha proba obxectiva final no ordenador en data por definir. Esta proba abranguerá os contidos de toda a materia. En tal caso, darase por superada a materia nesta proba cando a cualificación sexa igual ou superior a 5).

- A recuperación será coordinada pola xefatura de departamento. O profesor/a que lle imparte clase no curso onde estea matriculado fará un seguimento do traballo do alumno/a. No caso de que non estea a cursar ningunha materia do departamento, será o xefe ou xefa de departamento quen faga o seguimento.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


O alumnado que curse en 2º de Bacharelato a materia de TIC II, pero non cursara a materia de TIC I en 1º de Bacharelato, deberán de realizar as seguintes actividades :

- Realización e entrega periódica de actividades relativas ás unidades didácticas do curso.

- No caso de non superar as actividades, realizaranse probas obxectivas no ordenador ao final de cada trimestre, e unha proba obxectiva final no caso de que o alumnado non supere a materia por actividades ou por probas parciais.

- Distribúese a materia do curso en tres partes, unha para cada grupo de actividades e/ou proba parcial.

- Todas as probas serán cualificadas sobre un baremo de dez puntos.

- Para o cálculo da cualificación da materia pendente, terase a seguinte consideración:

Actividades realizadas ao longo do curso 100% da cualificación.

De non entregar ou non superar as actividades: proba parcial (100% da cualificación por trimestre).

De non superar as actividades ou algunha proba parcial: proba final* (100% da cualificación extraordinaria).

*(No caso de que o alumno ou alumna non supere a materia deste xeito poderá realizar unha proba obxectiva final no ordenador en data por definir. Esta proba abranguerá os contidos de toda a materia. En tal caso, darase por superada a materia nesta proba cando a cualificación sexa igual ou superior a 5).

- A recuperación será coordinada pola xefatura de departamento. O profesor/a que lle imparte clase no curso onde estea matriculado fará un seguimento do traballo do alumno/a. No caso de que non estea a cursar ningunha materia do departamento, será o xefe ou xefa de departamento quen faga o seguimento.

 

 

 


6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:

- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira

- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado

- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación

- Desdobramento de grupos

- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento

- Programas de enriquecemento curricular (a.a.c.c.)

- Adaptacións curriculares

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguirase o establecido no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do profesorado titor.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5
1 Comprensión de lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade
10 Educación para a saúde
11 Formación estética
12 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable
13 Respecto mutuo e cooperación entre iguais

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos.

Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e elaboración de documentación. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica, tamén traballarase técnicas de comunicación de ideas.

Comunicación audiovisual: presentación de proxectos mediante creacións audiovisuais.

Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia.

Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos.

Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos.

Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos fomentará o traballo en equipo.

Igualdade de xénero: buscarase o reparto axeitado de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos, evitando nos proxectos os nesgos de xénero, e aplicando criterios de igualdade.

Creatividade: desenvolvemento de proxectos.

Educación para a saúde: contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade.

Formación estética: procesos de deseño e acabado nos proxectos.

Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade.

Respecto mutuo e cooperación entre iguais: serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Actividades opcionais no Moodle do centro Actividades opcionais no Moodle do centro
Lecturas Lecturas complementarias sobre os contidos do curso
Colaboración con outros departamentos e co centro Colaboración con outros departamentos e co centro na elaboración de materiais dixitais

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos desdenvolvidos nas distintas unidades didácticas do curso.

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

- Obxectivos.

- Profesorado responsable.

- Alumnado participante.

- Datas e lugar de celebración.

- Repercusións económicas.

 

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Metodoloxía empregada Facilitáronse ao alumnado estratexias de aprendizaxe: lectura comprensiva, búsqueda de información crítica, redacción de documentación técnica....
Clima de traballo na aula O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
Metodoloxía empregada As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
Medidas de atención á diversidade As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Metodoloxía empregada Os criterios de avaliación e calificación foron claros e rigurosos e permitiron un seguemento do progreso do alumnado.
Metodoloxía empregada Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e calificacións.
Metodoloxía empregada Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.

Nas reunións de departamento, utilizaranse táboas de cotexo baseadas nos indicadores de logro para obter a información.

A retroalimentación co alumnado será continua ao longo de todo o curso coas distintas actividades e traballos.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de contexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver