Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Esta é a programación da asignatura de Filosofía de 4º da ESO no IES Xoan Montes de Lugo. 

A materia de filosofía é unha optativa no curso de 4º da ESO. Se presenta como unha introdución práctica aos problemas filosóficos do ser humano, e é unha primeira aproximación á materia de Filosofía que darán no seguinte curso (de cursar Bacharelato).

A materia introduce ao alumnado na radicalidade crítica da filosofía cunha perspectiva teórica, mais tamén práctica, orientada á adquisición non só de coñecementos fundamentais da disciplina filosófica, senón tamén á adquisición das competencias e habilidades ligadas ao traballo con textos, debates, xogos, traballo grupal...

Tamén se participará en iniciativas feitas polo centro como a participación en clubes de lectura, probablemente (dependendo do alumnado que participe) no Erasmus+...

O grupo está composto por 14 alumnos e alumnas, de perfil moi diverso (alumnado que vén doutras comunidades e países sen coñecemento do galego), alumnado con necesidades educativas especiais...


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Buscar, interpretar, producir e transmitir correctamente información relativa a cuestións filosóficas, a partir do emprego contrastado e seguro de fontes, o uso e análise rigorosa delas, e o emprego de procedementos elementais de investigación e comunicación, para xerar e transmitir xuízos e teses persoais, e desenvolver unha actitude indagadora, autónoma, rigorosa e creativa no ámbito da reflexión filosófica.
OBX2 Practicar o exercicio do diálogo filosófico de maneira rigorosa, crítica, tolerante e empática, interiorizando as pautas éticas e formais que este require, mediante a participación en actividades grupais e a través da formulación dialóxica das cuestións filosóficas, para promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática.
OBX3 Entender o carácter plural das diferentes concepcións, ideas e argumentos en relación cos problemas fundamentais da filosofía, mediante a análise crítica das diversas teses relevantes e dos problemas fundamentais aos que estas responden para comprender as principais e fundamentais teorías filosóficas das máis importantes pensadoras e pensadores.
OBX4 Comprender e analizar a personalidade humana, establecendo unha aproximación aos estudos da mente e da neurociencia, e vendo as implicacións da motivación, da afectividade e das emocións na súa conformación, a través da investigación e do diálogo entre a filosofía e a ciencia, para comprender e construír discursos sobre a reflexión filosófica acerca do ser humano ao longo da historia do pensamento.
OBX5 Coñecer e comprender os conceptos e estruturas básicos da cultura, a sociedade e a socialización reflexionando, en común, sobre a natureza cultural e social do ser humano, oralmente e por escrito, cunha actitude crítica, sendo empáticos, equitativos, mantendo un espírito construtivo e valorando o enriquecemento cultural que supón coñecer as achegas culturais diversas.
OBX6 Adquirir unha visión global da racionalidade humana como característica que nos distingue e nos permite situarnos e orientarnos no mundo, comprendendo e analizando as principais teses filosóficas sobre a capacidade que ten a racionalidade de fornecernos dun coñecemento axeitado do mundo, e valorando o ideal de verdade que perseguen as investigacións teóricas, e sérvelles de guía aos nosos afáns prácticos, para fortalecer no alumnado o espírito crítico e rigoroso á hora de analizar informacións, practicar o diálogo argumentado e adoptar criterios ben fundados á hora de tomar decisións individuais e colectivas.
OBX7 Tomar conciencia da centralidade das preguntas metafísicas, ao apuntar directamente á cuestión radical do sentido último da realidade e do papel do ser humano dentro dela, reflexionando de maneira dialóxica e crítica sobre o carácter perenne das preguntas sobre o universo e a natureza, sobre a vida e a morte, sobre o individuo e a historia, e o carácter histórico con que foron e seguen a ser contestadas, para que o alumnado aprecie, valore e se sinta partícipe do esforzo humano por tentar dar un sentido racional á totalidade que o rodea e á súa mesma existencia
OBX8 Reflexionar e entender a liberdade humana e a súa relación coa vontade, incluíndo o seu tratamento ao longo da historia do pensamento e recoñecendo que está determinada desde varios niveis, para comprender que é condición da creatividade, tamén colaborativa, e para desenvolver desde esta última unha aproximación ao estudo sobre o que é a arte e a beleza.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Que é a filosofía? Introdución á orixe e fundamentos da filosofía 10 15
2 A persoa: quen son eu? Identidade persoal, de xénero e socio-cultural, concepcións filosóficas do ser humano 20 25
3 A socialización: somos seres sociais? A sociabilidade do ser humano 20 20
4 Pensamento: Que significa coñecer? Introdución aos elementos esencias da teoría do coñecemento ou epistemoloxía, ciencia e información 10 20
5 Realidade e metafísica: Vivimos nun mundo real ou virtual? Introdución aos problemas filosóficos da ontoloxía e/ou metafísica. 20 10
6 Ética e estética: Como actúo no mundo? Que é o arte? Introdución aos problemas filosóficos da ética, estética e da filosofía política. 20 15

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. A filosofía
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA1.1 - Comprender a radicalidade e transcendencia dos problemas filosóficos e recoñecer as funcións da filosofía en canto a saber crítico que aspira a fundamentar, analizar e argumentar sobre os problemas últimos da realidade, desde unha vertente tanto teórica como práctica.
CA1.2 - Coñecer a orixe da filosofía occidental distinguíndoa doutros saberes, e comparándoa con distintas formas de pensamento noutras culturas.
CA1.3 - Adquirir un coñecemento significativo das máis importantes propostas filosóficas que se sucederon ao longo da historia, a través da indagación sobre elas e a identificación das cuestións a que responden.
CA1.4 - Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
CA1.5 - Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
CA1.6 - Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Contidos
C1.1 - Introdución: radicalidade, problematicidade e universalidade da filosofía.
C1.1.1 - A filosofía como saber crítico.
C1.1.2 - Características da filosofía e os seus usos teórico e práctico.
C1.2 - A función da filosofía no conxunto da cultura occidental e o pensamento noutras tradicións culturais.
C1.3 - O contexto do xurdimento da filosofía occidental en Grecia: o paso do mito ao logos e o pensamento sobre a polis.
C1.4 - Breve síntese das grandes épocas da filosofía.
C1.5 - O papel das mulleres na cultura e na filosofía.
C1.6 - O pensamento galego.
Bloque B2. A persoa
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA2.1 - Achegar unha definición do que é a personalidade, incidindo naquilo que a herdanza xenética e o adquirido teñen que ver na formación desta, recoñecendo os diferentes tipos, e explicando as teses centrais dalgunhas das teorías que a estudaron.
CA2.2 - Diferenciar e explicar, desde un punto de vista científico, en que consiste a filosofía da mente, a neurociencia e a neurofilosofía, sobre todo producindo traballos de investigación nos que se preste importancia ás TIC.
CA2.3 - Identificar e recoñecer a importancia da motivación como factor enerxético e direccional da vida humana, facendo que o alumnado poida diferenciar entre teorías cognitivas da motivación e teorías humanistas.
CA2.4 - Reflexionar sobre a importancia da motivación, das emocións e da afectividade, comprendendo, ao mesmo tempo, a relación entre estes aspectos do ser humano e a súa incidencia na conformación da personalidade e na nosa conduta.
CA2.5 - Expoñer a reflexión filosófica sobre o ser humano, analizando as posturas máis representativas da dita reflexión ao longo das diferentes épocas e momentos da historia do pensamento.
CA2.6 - Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
CA2.7 - Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
CA2.8 - Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Contidos
C2.1 - A reflexión sobre o ser humano: a tradición filosófica e a perspectiva científica.
C2.2 - A personalidade.
C2.2.1 - Teorías e tipos de personalidade.
C2.2.2 - O biolóxico e o adquirido na formación da personalidade.
C2.3 - Teorías da motivación: o cognitivismo fronte á teoría humanista.
C2.4 - As emocións e a afectividade.
Bloque B3. Socialización
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA3.1 - Comprender e apreciar dous elementos esenciais que constitúen o ser humano, a natureza e a cultura, identificando o papel do biolóxico e do concepto de «cultura» e os seus compoñentes, así como da diversidade cultural.
CA3.2 - Coñecer e analizar o ser humano como ser social resultado do proceso de socialización, mediante a diferenciación dos elementos e axentes que o levan a cabo, analizando a importancia de cada un deles na formación da nosa personalidade social e moral, e desenvolvendo unhas actitudes positivas e non estereotipadas respecto ao xénero.
CA3.3 - Tomar conciencia das distintas explicacións dadas sobre a aparición da sociedade e a formación do Estado, e tamén dos problemas da nosa sociedade actual mediante a discusión e a posta en común das diferentes solucións a eles.
CA3.4 - Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
CA3.5 - Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
CA3.6 - Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Contidos
C3.1 - Natureza e cultura no ser humano.
C3.2 - O ser humano como ser social.
C3.2.1 - Elementos e axentes da socialización.
C3.2.2 - O proceso de socialización de xénero.
C3.3 - Sociedade e estado.
C3.3.1 - Teorías sobre a orixe da sociedade.
C3.3.2 - Teorías sobre a formación do Estado.
C3.4 - Problemas da sociedade actual e os retos do século XXI.
Bloque B4. Pensamento
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA4.1 - Reflexionar sobre a racionalidade humana, analizando de xeito crítico a súa natureza e a súa relación coas compoñentes afectivas do noso psiquismo, e distinguindo o seu uso no coñecemento teórico do que ten como orientador das nosas accións.
CA4.2 - Abordar o problema filosófico do coñecemento, identificando de xeito crítico as ideas e teses máis importantes das distintas escolas filosóficas que reflexionaron sobre a súa natureza, os seus límites e posibilidades, a súa validez e o papel das distintas facultades humanas na súa consecución.
CA4.3 - Tomar conciencia da importancia de manter e reforzar o valor da verdade como principio que debe orientar o pensamento e a acción individual e as interaccións sociais, analizando as principais teorías filosóficas que se ocuparon dela, valorando o erro como momento necesario na súa busca e rexeitando a asimilación acrítica de informacións.
CA4.4 - Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
CA4.5 - Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
CA4.6 - Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Contidos
C4.1 - A racionalidade humana. Coñecemento e acción.
C4.2 - Teorías do coñecemento.
C4.2.1 - A posibilidade do coñecemento e as críticas escépticas e relativistas.
C4.2.2 - O papel das facultades cognoscitivas: racionalismo, empirismo e criticismo.
C4.3 - A verdade. Características e valor da verdade.
C4.4 - Teorías da verdade.
Bloque B5. Realidade e metafísica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA5.1 - Coñecer o significado do termo «metafísica», comprendendo que é a principal disciplina das que compoñen a filosofía, identificando o seu obxectivo fundamental, consistente en realizar preguntas radicais sobre a realidade, e entendendo en que consiste o «preguntar radical».
CA5.2 - Comprender e coñecer algunhas das grandes preguntas metafísicas acerca da natureza: a orixe e a finalidade do Universo, a orde que rexe a natureza ou a oposición entre as visións determinista e indeterminista da natureza e as consecuencias que derivan de cada unha delas, a través da comparación, análise e contraposición de distintas respostas que se lle deron a estas cuestións ao longo da historia.
CA5.3 - Reflexionar sobre a interrogación polo sentido da existencia, explicando as teses centrais dalgunhas teorías filosóficas sobre a vida, por medio de disertacións razoadas sobre a vida e a morte, o devir histórico e o lugar do individuo na realidade, entre outras cuestións metafísicas.
CA5.4 - Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
CA5.5 - Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
CA5.6 - Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Contidos
C5.1 - A metafísica e a pregunta polo ser das cousas.
C5.2 - Cosmoloxía e filosofía da natureza.
C5.2.1 - A natureza e o cosmos. Respostas ás preguntas pola orixe e a finalidade do cosmos.
C5.2.2 - Determinismo e indeterminismo físicos.
C5.3 - O sentido da existencia humana.
C5.3.1 - A vida e a morte como problemas metafísicos.
C5.3.1 - O lugar do ser humano no mundo.
C5.4 - O sentido da historia.
Bloque B6. Liberdade e creatividade
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA6.1 - Comprender, dentro do marco xeral da liberdade, que é o libre albedrío, ou a liberdade interior, en relación coa facultade da vontade, coa autonomía e coa responsabilidade persoais, reflexionando ao mesmo tempo sobre a existencia do determinismo e analizando a posibilidade que ten o ser humano de ser libre.
CA6.2 - Recoñecer e ser quen de expoñer e de explicar diferentes posturas filosóficas sobre a liberdade da acción ao longo das diferentes épocas e momentos da historia do pensamento.
CA6.3 - Coñecer a estética como a parte da filosofía que estuda a beleza, o proceso creativo e a produción artística.
CA6.4 - Valorar a liberdade como condición básica para a creatividade humana.
CA6.5 - Entender a capacidade humana da creatividade como un proceso de innovación e de asunción de riscos, en relación coa imaxinación, estudando as fases do proceso creativo e as técnicas de desenvolvemento da creatividade, e apreciando a importancia da colaboración creativa.
CA6.6 - Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
CA6.7 - Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
CA6.8 - Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Contidos
C6.1 - A liberdade e o libre arbitrio: vontade, autonomía e responsabilidade. Posturas filosóficas sobre a liberdade de acción.
C6.2 - Determinismo e liberdade.
C6.3 - Liberdade e creatividade: a liberdade como condición da creatividade.
C6.4 - A arte e a procura da beleza.
C6.5 - A creatividade humana: imaxinación, innovación e asunción de riscos.
C6.5.1 - Técnicas e fases do proceso creativo.
C6.5.1 - Creación colaborativa.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Que é a filosofía?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Comprender a radicalidade e transcendencia dos problemas filosóficos e recoñecer as funcións da filosofía en canto a saber crítico que aspira a fundamentar, analizar e argumentar sobre os problemas últimos da realidade, desde unha vertente tanto teórica como práctica.
Proba escrita
Expresa de xeito oral / escrito o caracter radical da filosofía 20
CA1.2 Coñecer a orixe da filosofía occidental distinguíndoa doutros saberes, e comparándoa con distintas formas de pensamento noutras culturas.
Proba escrita
Describe por escrito ou/e oralmente os rascos distitntivos da orixe da filosofía 20
CA1.3 Adquirir un coñecemento significativo das máis importantes propostas filosóficas que se sucederon ao longo da historia, a través da indagación sobre elas e a identificación das cuestións a que responden.
Táboa de indicadores
Articula un ensaio crítico empregando e comparando conceptos filosóficos 20
CA1.4 Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
Táboa de indicadores
Busca, analiza e expón de xeito correcto a información e fontes de información tanto dixital como medios máis tradicionais 20
CA1.5 Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
Táboa de indicadores
Busca e comparte información no producto final presentado na aula 10
CA1.6 Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta puntos de vista de xeito constructivo, respectuoso e democrático 10

2 A persoa: quen son eu?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Achegar unha definición do que é a personalidade, incidindo naquilo que a herdanza xenética e o adquirido teñen que ver na formación desta, recoñecendo os diferentes tipos, e explicando as teses centrais dalgunhas das teorías que a estudaron.
Táboa de indicadores
Articula un ensaio crítico empregando e analizando ao menos dúas das teorías da personalidade 15
CA2.2 Diferenciar e explicar, desde un punto de vista científico, en que consiste a filosofía da mente, a neurociencia e a neurofilosofía, sobre todo producindo traballos de investigación nos que se preste importancia ás TIC.
Proba escrita
Explicarde xeito oral / escrito os dilemas fundamentais da filosofía da mente 15
CA2.3 Identificar e recoñecer a importancia da motivación como factor enerxético e direccional da vida humana, facendo que o alumnado poida diferenciar entre teorías cognitivas da motivación e teorías humanistas.
Proba escrita
Recoñecer os elementos e teorías da motivación humana 15
CA2.4 Reflexionar sobre a importancia da motivación, das emocións e da afectividade, comprendendo, ao mesmo tempo, a relación entre estes aspectos do ser humano e a súa incidencia na conformación da personalidade e na nosa conduta.
Proba escrita
Describir oral ou por escrito os factores determinantes da personalidade humana 10
CA2.5 Expoñer a reflexión filosófica sobre o ser humano, analizando as posturas máis representativas da dita reflexión ao longo das diferentes épocas e momentos da historia do pensamento.
Táboa de indicadores
Debate con argumentos sobre as diversas posturas filosóficas sobre o ser humano 15
CA2.6 Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
Táboa de indicadores
Busca, analiza e expón de xeito correcto a información e as fontes de información que emprega nas tarefas individuais e en grupo 15
CA2.7 Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito construtivo e argumenta de xeito oral e por escrito ás súas aportacións. 5
CA2.8 Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Táboa de indicadores
Dialoga e expón de xeito escrito as diferentes posturas dun xeito repectuaoso e argumentativo 10

3 A socialización: somos seres sociais?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Comprender e apreciar dous elementos esenciais que constitúen o ser humano, a natureza e a cultura, identificando o papel do biolóxico e do concepto de «cultura» e os seus compoñentes, así como da diversidade cultural.
Táboa de indicadores
Articula un ensaio crítico empregando conceptos filosóficos (natureza ou cultura) 20
CA3.2 Coñecer e analizar o ser humano como ser social resultado do proceso de socialización, mediante a diferenciación dos elementos e axentes que o levan a cabo, analizando a importancia de cada un deles na formación da nosa personalidade social e moral, e desenvolvendo unhas actitudes positivas e non estereotipadas respecto ao xénero.
Proba escrita
Comprender e reformular textos sobre o proceso de socialización nun comentario crítico 20
CA3.3 Tomar conciencia das distintas explicacións dadas sobre a aparición da sociedade e a formación do Estado, e tamén dos problemas da nosa sociedade actual mediante a discusión e a posta en común das diferentes solucións a eles.
Proba escrita
Articula un comentario crítico comparando teorías contrapuestas sobre a orixe do estado 20
CA3.4 Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
Táboa de indicadores
Busca, analiza e expón de xeito correcto a información e as fontes de información que emprega nas tarefas de aula 20
CA3.5 Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
Táboa de indicadores
Expón oral ou por escrito unha reflexión filosófica 10
CA3.6 Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito constructivo e argumenta oralmente e/ou por escrito as súas aportacións 10

4 Pensamento: Que significa coñecer?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Reflexionar sobre a racionalidade humana, analizando de xeito crítico a súa natureza e a súa relación coas compoñentes afectivas do noso psiquismo, e distinguindo o seu uso no coñecemento teórico do que ten como orientador das nosas accións.
Proba escrita
Articula un ensaio crítico empregando conceptos filosóficos (racionalidade / irracionalidade) 20
CA4.2 Abordar o problema filosófico do coñecemento, identificando de xeito crítico as ideas e teses máis importantes das distintas escolas filosóficas que reflexionaron sobre a súa natureza, os seus límites e posibilidades, a súa validez e o papel das distintas facultades humanas na súa consecución.
Táboa de indicadores
Comprender e reformular textos sobre o problema e o proceso do coñecemento nun comentario crítico 20
CA4.3 Tomar conciencia da importancia de manter e reforzar o valor da verdade como principio que debe orientar o pensamento e a acción individual e as interaccións sociais, analizando as principais teorías filosóficas que se ocuparon dela, valorando o erro como momento necesario na súa busca e rexeitando a asimilación acrítica de informacións.
Proba escrita
Elabora un comentario de texto analizando comparativa, argumentativa e críticamente teorías sobre a verdade 20
CA4.4 Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
Táboa de indicadores
Busca, analiza e expón de xeito correcto a información e as fontes de información que emprega nas tarefas de aula 20
CA4.5 Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
Táboa de indicadores
Busca, analiza e expón de xeito correcto a información e as fontes de información que emprega nas tarefas de aula 10
CA4.6 Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito constructivo e argumenta oralmente e por escrito as súas aportacións 10

5 Realidade e metafísica: Vivimos nun mundo real ou virtual?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Coñecer o significado do termo «metafísica», comprendendo que é a principal disciplina das que compoñen a filosofía, identificando o seu obxectivo fundamental, consistente en realizar preguntas radicais sobre a realidade, e entendendo en que consiste o «preguntar radical».
Proba escrita
Articula un ensaio crítico empregando conceptos filosóficos (realidade / nada) 20
CA5.2 Comprender e coñecer algunhas das grandes preguntas metafísicas acerca da natureza: a orixe e a finalidade do Universo, a orde que rexe a natureza ou a oposición entre as visións determinista e indeterminista da natureza e as consecuencias que derivan de cada unha delas, a través da comparación, análise e contraposición de distintas respostas que se lle deron a estas cuestións ao longo da historia.
Proba escrita
Comprender e reformular textos sobre a orixe e finalidade da realidade nun comentario crítico 20
CA5.3 Reflexionar sobre a interrogación polo sentido da existencia, explicando as teses centrais dalgunhas teorías filosóficas sobre a vida, por medio de disertacións razoadas sobre a vida e a morte, o devir histórico e o lugar do individuo na realidade, entre outras cuestións metafísicas.
Táboa de indicadores
Expoñer oralmente ou por escrito teorias contrapostas sobre o sentido da existencia 20
CA5.4 Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
Táboa de indicadores
Busca, analiza e expón de xeito correcto a información e as fontes de información que emprega nas tarefas de aula 20
CA5.5 Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
Táboa de indicadores
Elaborar individualmente e/ou en grupo unha presentación dun traballo seguindo as indicacións da taboo de indicadores 10
CA5.6 Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito constructivo e argumenta oralmente e por escrito as súas aportacións 10

6 Ética e estética: Como actúo no mundo? Que é o arte?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA6.1 Comprender, dentro do marco xeral da liberdade, que é o libre albedrío, ou a liberdade interior, en relación coa facultade da vontade, coa autonomía e coa responsabilidade persoais, reflexionando ao mesmo tempo sobre a existencia do determinismo e analizando a posibilidade que ten o ser humano de ser libre.
Táboa de indicadores
Articula un ensaio crítico empregando conceptos filosóficos (liberdade / determinismo) 15
CA6.2 Recoñecer e ser quen de expoñer e de explicar diferentes posturas filosóficas sobre a liberdade da acción ao longo das diferentes épocas e momentos da historia do pensamento.
Proba escrita
Comprender e reformular textos sobre a liberdade nun comentario crítico 15
CA6.3 Coñecer a estética como a parte da filosofía que estuda a beleza, o proceso creativo e a produción artística.
Proba escrita
Comprender e reformular textos sobre a beleza e a arte nun comentario crítico 15
CA6.4 Valorar a liberdade como condición básica para a creatividade humana.
Táboa de indicadores
Analiza oralmente ou/e por escrito os factores da creatividade artística 15
CA6.5 Entender a capacidade humana da creatividade como un proceso de innovación e de asunción de riscos, en relación coa imaxinación, estudando as fases do proceso creativo e as técnicas de desenvolvemento da creatividade, e apreciando a importancia da colaboración creativa.
Táboa de indicadores
Investigar e presentar oralmente ou/e por escrito o proceso creativo dalgún ou alunha artista galega 15
CA6.6 Demostrar un coñecemento práctico dos procedementos elementais da investigación filosófica a través de tarefas como a identificación de fontes fiables, a procura eficiente e segura de información, e a correcta organización, análise, interpretación, avaliación, produción e comunicación desta, tanto dixitalmente como a través de medios máis tradicionais.
Táboa de indicadores
Busca, analiza e expón de xeito correcto a información e as fontes de información que emprega nas tarefas de aula 15
CA6.7 Desenvolver unha actitude indagadora, autónoma e activa no ámbito da reflexión filosófica, mediante o deseño, elaboración e comunicación pública de produtos orixinais, tales como traballos de investigación, disertacións, comentarios de texto ou outros.
Táboa de indicadores
Elabora oralmente ou/e por escrito unha presentación seguindo as pautas da taboa de indicadores 5
CA6.8 Promover o contraste e intercambio de ideas e o exercicio dunha cidadanía activa e democrática a través do exercicio da participación en actividades grupais e do diálogo racional, respectuoso, aberto, construtivo e comprometido coa verdade, acerca de cuestións e problemas filosoficamente relevantes.
Táboa de indicadores
Nos traballos en grupo intercambia ideas, aporta de xeito constructivo e argumenta oralmente ou/e por escrito as súas aportacións 5

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia de filosofía en 4º da ESO ten un carácter teórico, práctico e crítico. Teórico xa que se traballarán e afianzarán os distintos contidos da materia, preparando ao alumnado ao uso dun vocabulario e terminoloxía novos; práctico xa que se farán actividades e traballos en grupo nos que porán en práctica distintas técnicas e métodos da filosofía, e crítico, xa que se traballará polo desenvolvemento do pensamento autónomo do alumnado.

Neste sentido a metodoloxía oriéntase ao traballo con:

- Exames escritos, traballando tanto con textos como con conceptos dos temas. 

- Traballos escritos individuais, nos que se reflicte tanto a adquisición de competencias como a interiorización dos conceptos.

- Traballos grupais con metodoloxías activas. 

As orientacións metodolóxicas propostas a continuación apuntan á potenciación e consolidación de competencias traballadas xa en cursos anteriores. De acordo con este criterio, as metodoloxías concretas empregadas polo profesorado nesta materia se orientarán a:

-Potenciar unha autonomía progresiva, por parte do alumnado, na obtención, análise e procesamento da información referida ás cuestións e problemas propostos.

-Promover o diálogo e o debate horizontal entre iguais como un medio para desenvolver estratexias de conceptualización, información e comunicación intelectual. Por iso se fomentará o traballo en grupo, o emprego de "protocolos" para actuar cando teñan debates (nomeando a unha persoa como a que "apunta os turnos" e outra como moderadora). 

-Promover a lectura e análise de textos, así como a composición de textos propios e exposicións orais e escritas, mediante clubes de lectura, realización de análise e comentarios de texto, de producións escritas...

-Normalizar o uso de vocabulario técnico específico e esixir uns niveis de rigor lóxico e de coherencia argumentativa tanto nas producións orais coma nas escritas. Por iso se fomentará a creación dun "glosario" común na Aula Virtual.

-Manter unha perspectiva histórica que permita rastrexar as orixes das cuestións sometidas a elaboración, análise ou debate.

-Actuar seguindo pautas de estándares profesionais na esixencia do traballo individual e colectivo: puntualidade, dedicación, actitude, rendementos, seguimento das instruccións de traballo, resultados materiais e formais, etc. Se repartirán documentos que teñan instruccións sobre como realizar os traballos. 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Apuntamentos da profesora
Portfolio do alumnado
Libros e materias de lectura
Ordenador, proxector, son e conexión internet
Aula virtual da materia.
Recursos TIC

Cada sesión terá lugar nun aula no centro cun ordenador conectado a internet e unha pantalla con proxector e sonido, Os pupitres individuais serviran tanto para o traballo individual como para conformar diversos grupos segundo as necesidades de cada UD ou actividade. En cada aula usaranse os apuntamentos, folios para escribir e diversos documentos impresos entregados ao longo do curso: textos, mapas conceptuais, fotocopias con actividades diversas...

 

Os apuntamentos da profesora servirán de base ao traballo da materia. Os libros e materiais de lectura se utilizarán para afianzar conceptos, ofrecer exemplos e ofertar lecturas adicionais ou voluntarias. O portfolio servirá de repositorio que irá elaborando o alumnado ao longo do curso. Tamén se empregarán recursos TIC como Padlet, documentos colaborativos, Moodle, intelixencia artificial...


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Proba escrita inicial que consistirá na lectura dun texto básico de filosofía con cuestións e un comentario crítico. Buscarase determinar tanto a comprensión lectora, expresión escrita como o grao de familiaridade cos conceptos filosóficos.

Servirá para avaliar tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa capacidade na expresión escrita clara e rigurosa. Permirá adaptar os procesos de ensino aprendizaxe aos rascos específicos e individuais do alumnado. 

O texto está extraido do libro "¿Hay filosofía en tu nevera?" de Enric F.Gel, no que traballaremos tamén as cuestións relativas á primeira unidade da programación. 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 20.0 20.0 10.0 20.0 20.0 100.0
Proba escrita 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 30.0 38.0
Táboa de indicadores 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 70.0 62.0

Os criterios de cualificación serán os seguintes:

1. Exame escrito, que suporá un 40% da nota na cualificación. Este exame conterá un texto (haberá que facer un pequeno comentario) e diversas preguntas sobre o contido.

2. Entregas escritas, que suporán un 40% da cualificación. Estas poden ser: comentarios de texto, ensaios, traballos escritos...

3. Traballos grupais, que suporán un 20% da cualificación. Nestes traballos se porán en práctica metodoloxías activas. 

Todos estes procedimentos serán avaliados mediante rúbrica con indicadores claros diferenciados e comprensibles, que se mostrarán ao alumnado.

A nota da avaliación final será calculada como a media aritmética das notas das tres avaliacións parciais.

Á nota de cada avaliación se lle aplicarn as seguintas regras de redondeo: (1) Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5 (un 4.5 ou un 4.6 se redondean ao 5). (2) Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5 (un 4.4 ou un 4.3 se redondean ao 4) .

 

Entenderase superada a avaliación cando o alumnado obteña unha cualificación igual ou superior ao 5, unha vez aplicados os criterios anteriores.

O procedemento de recuperación será por trimestre a través da posibilidade refacer traballos non superados ou unha proba, a determinar polo profesorado do departamento no caso de ter que ter en conta algunha cuestión concreta para favorecer a adaptación do alumnado.

Cando un alumno/a teña dúas ou tres avaliacións suspensas, terá a oportunidade de facer unha proba extraordinaria baseada criterios mínimos de aceptación das unidades correspondentes. A avaliación será superada cando a súa nota sexa igual ou superior a 5.

Logo da avaliación final do período ordinario ata o remate do período lectivo o alumnado terá dereito a preparar e realizar unha proba extraordinaria en xuño no caso de non ter superada algunha das avaliación ou todas suspensas.

O alumnado que si teña superada a materia nese mesmo período fará actividades de apoio, reforzo, recuperación ou ampliación.

A cualificación da avaliación extraordinaria estará composta exclusivamente polo resultado dunha proba escrita diseñada polo departamento de Filosofía (aplicarase ao resultado final o redondeo detallado na programación). O

alumnado supera a materia cando acada una cualificación igual ou superior a 5, unha vez aplicado o redondeo.

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Non se pode fomentar un proceso de aprendixaze ensinanza da filosofía sen individualizalo a cada alumnado. Neste sentido as medidas de atención a diversidade son actuacións, estratexias e / ou programas destinadas a proporcionar resposta ás necesidade educativas do alumnado (artigo 7 decreto 229/2011, da lei orgánica 2/2006 de 3 maio). Será tamén en conta o Decreto 229/2011.

Na avaliación previa e en coordinación coa xunta de avaliación e o departamento de orientación se desenvolveran as seguintes medidas no caso de ser precisas. O profesorado ten a súa disposición un dossier con información das necesidades educativas ou situacións de diversidade nas que se encontra o alumnado. 

ORDINARIAS: Facilitan a adecuación do curriculum sen alteracións significativas dos obxectivos, contidos nin dos Criterios de avaliación Dan resposta as diferenzas en competencias, motivación, estratexias , estilos e ritmos de aprendizase. Sinalamos as seguintes:

1) Adapatción da xestión da aula as características concretas da aula, favorenzo o acceso aos recursos e a convicencia.

2) Adecuación da programación ao alumnado e circunstancias da súa contorna. Logo de identificadas as barreiras (accesibilidade física, sensorial, cognitiva e emocional) deseñaranse actividades partindo dos principios do deseño universal de aprendizaxe para que as aprendizaxes sexan accesibles.

3) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxes por proxectos. Os grupos dos traballos os fará a profesora para que sexan o máis homoxéneos posíbles.

4) Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación ás circunstancias do alumnado, tales como, forma de comunicación co alumnado, secuenciación de tarefas, verificación da comprensión das tarefas, dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, concesión do tempo necesario. Aplicaranse as propostas recollidas nos plans, proxectos, programas, guías e protocolos elaborados pola Consellería.

5) Aulas de atención educativa e convivencia. No caso de ser preciso derivar alumnado, o profesorado proporcionará as tarefas que debe realizar, que serán corrixidas e avaliadas.

6) Reforzo educativo. Posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades no progreso do alumnado.

7) Programas de enriquecemento curricular para o alumnado que presenta altas capacidades intelectuais.

EXTRAORDINARIAS. Diseñadas para atender necesidade específicas de apoio que reguiran modificacións significativas do curriculum ou supoñan unhamodificaión organizativa ou ben do xeito de acceder ao curriculum ou da modalidade de escolarización. Serán aplicadas cando as ordinarias sexan insuficientes ou se demostren esgotadas. Son casos nos que ai barreiras singificativas para conseguir os obxectivos da aprendixase axeitadas ao seu desenvolvemento (atraso madurativo, transtornos do desenvolvemento relacionados coa linguaxe e/ou comunicación, descoñecemento da (s) lingua(s) de aprendizaxe, vulnerabilidade socio educativa ou polas altas capacidades entre outras).

(1) Flexibilización da duración do período de escolarización na etapa de bacharelato. Dirixido a alumnado con altas capacidades intelectuais ou alumnado con necesidades educativas especiais.

(2) Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada ao centro.

O docente coordinado polo profesorado titor e co asesoramento da xefatura do departamento de orientación, elaborará unha proposta de actividades educativas empregando medios telemáticos para a entrega, seguimiento e avaliación e adoptará medidas que promovan a súa inclusión. En colaboración co titor e o departamento de orientación se fara unha planificación e desenvolvemento de actuacións destinadas ao axuste dos procesos de ensino e aprendizaxe. Na avaliación inicial permitirá adaptar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a debida progresión na súa aprendizaxe.

Neste sentido para os alumnos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo serán deseñadas de xeito específico actividades en cada unha das unidades didácticas (enunciados curtos, unir, completar, ordenar, sinalar...), así como probas escritas adaptadas ás súas características específicas. Estas probas, se ben presentarán os mesmos contidos en concordancia cos criterios de avaliación, estarán formuladas de xeito máis directo e compostas por cuestións análogas ás anteriormente comentadas. Sempre coa finalidade de potenciar o espirto critico, a autonomía do alumnado propios da filosofía. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audivisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Educacion emocional e en valores
7 Igualdade de xénero
8 Creatividade
9 Fomento do espírto crítico e científico

A materia de filosofía é un instrumentos clave na consecución dos elementos tranversais recollidos na lexislación. Ao provover o espíritu crítico para adquirir ferramentas teóricas e prácticas no uso autónomo da razón do alumnado contribúe explícitamente, como se ven espeficando en tódolos apartados da programación, nesta transversalidade.

A educación emocional en valores democáticos, respectusos coa diversidades e consciente da discriminacións (eurocentrismo, machismo, racismo...) cunha metodoloxía de traballo en grupos e por proxectos será a clave.

A filosofía se fundamenta en textos e nas ferramentas de lectura e comentario crítico dos mesmos. O uso de ferramentas dixitaiis e alfabetización no uso de buscadores en internet sern outro dos pilares da materia.

No deseño de actividades á hora de traballar en grupo:

- Fomentaranse a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

- Promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

- Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita a un medio de comunicación Visita a un medio de comunicación para traballar o tratamento da información, a veracidade das noticias e as fake news

Na UD de Epistemoloxía se traballarán cuestións relativas á verdade, a veracidade dos feitos, o contraste das informacións... Por iso se fará unha actividade extraescolar que consistirá en visitar un medio de comunicación local (radio, prensa, televisión...)

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 1. Adecuación do deseño das unidades didácticas, temas a partir dos elementos do currículo.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 2. Adecuación da secuenciación e da temporalización das unidades didácticas
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 3. O desenvolvemento da programación respondeu á secuenciación e a temporalización previstas.
Metodoloxía empregada 4. Adecuación da secuencia de traballo na aula.
Metodoloxía empregada 5. Adecuación dos materiais didácticos utilizados
Metodoloxía empregada 6. Adecuación do plan de avaliación inicial deseñado, incluídas as consecuencias da proba.
Metodoloxía empregada 7. Adecuación das pautas xerais establecidas para a avaliación continua: probas, traballos, etc.
Medidas de atención á diversidade 8. Adecuación dos criterios establecidos para a recuperación
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 9. Adecuación dos criterios establecidos para a avaliación final
Medidas de atención á diversidade 10. Adecuación do desenvovlementos dos contidos ao ritmo de aprendizaxe do alumnado

Cada indicador valorarase nunha escala do 1 ao 4, indicando o 1 a menor consecución e o 4 a maior.

Os resultado desta avaliación recolleranse na memoria final de curso e poñerase en coñecemento na reunión do Departamento para poder incorporar melloras en vindeiros cursos.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


Ao final do curso se fará un seguimento da programación: se se cumpriu a temporización  das sesións, os obxectivos da materia, se se solventaron as necesidades especiais do alumnado, se os criterios de calificación foron axeitados...


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver