Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
As ensinanzas de Física e Química en bacharelato aumentan a formación científica que o alumnado adquiriu ao longo da educación secundaria obrigatoria e contribúen de forma activa á adquisición dunha base cultural científica rica e de calidade que lles permitirá desenvolverse con autonomía nunha sociedade que demanda perfís científicos e técnicos, tanto no ámbito da investigación coma no mundo laboral.O enfoque STEM que se lle pretende outorgar á materia de Física e Química en todo o ensino secundario e no bacharelato prepara o alumnado de forma integrada nas ciencias para afrontar un avance que se orienta á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible.
En primeiro de Bacharelato esta materia ten un carácter esencialmente formal, e está enfocada a dotar ao alumnado de capacidades específicas asociadas a esta disciplina.
O estudo da Física e a Química está secuenciado en sete bloques: establécese un bloque específico sobre destrezas científicas básicas que deben ser consideradas de maneira transversal ao longo do curso. Os contidos propios do bloque desenvólvense de forma transversal ao longo do curso, utilizando a elaboración de hipótese e toma de datos como pasos imprescindibles para a resolución de calquera tipo de problema. Trabállase a presentación dos resultados obtidos mediante gráficos e táboas, a extracción de conclusións e a súa confrontación con fontes bibliográficas. O segundo bloque adicado a aspectos da química descritiptiva, o enlace e a estructura da materia, os aspectos cuantitativos de química.O seguinte bloque o de reaccións químicas, proporciona máis ferramentas para a realización de cálculos estequiométricos, por exemplo os relacionados co exceso reactivos, e cálculos en xeral con sistemas fisicoquímicos como as disolucións e os gases ideais. O bloque de química orgánica, química do carbono, aborda agora con máis detalle as propiedades xerais dos compostos do carbono e amplia a formulación e nomenclatura, e desta maneira deixar o alumnado en de acceder a novos contidos da materia de Química, en segundo curso de bacharelato.
O estudo da Física consolida o enfoque secuencial (cinemática, dinámica, enerxía) esbozado no segundo ciclo de ESO. Para alcanzar un nivel de significación maior na aprendizaxe con respecto á etapa anterior, neste curso traballarase desde un enfoque vectorial de modo que a carga matemática desta unidade se vaia adecuando aos requirimentos do desenvolvemento madurativo do alumnado. Abordarase o estudo de movementos compostos ampliando os coñecementos da mecánica.
Aproveitando o enfoque vectorial do bloque anterior, o alumnado aplica esas ferramentas á descrición dos efectos das forzas sobre partículas e sobre sólidos ríxidos, que inclúe o estudo do momento resultante dun conxunto de forzas estudando tanto a estática como a dinámica. O bloque de enerxía pretende dar continuidade e ampliar os saberes da etapa anterior, afondando máis nos conceptos de traballo, potencia e enerxía mecánica e a súa conservación e tamén nos aspectos básicos da termodinámica que lles permitan ao alumnado entender o comportamento de sistemas termodinámicos simples e as súas aplicacións máis sinxelas.
O aparello matemático da Física cobra, unha maior relevancia neste nivel polo que se comezará o estudo polos bloques de Química, co fin de que o alumnado poida adquirir as ferramentas necesarias proporcionadas pola materia de Matemáticas.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía que se empregará ten como fin, motivar ao alumnado para que se impliquen e sexan capaces de construír a súa propia aprendizaxe.
A Física e a Química son materias fundamentalmente experimentais, por iso, presentaremos estas disciplinas como unhas ciencias teórico-experimentais. Isto debe reflectirse nunha serie de actividades que permita que o alumnado incorporen a súa formación conceptos e a aplicación dos mesmo a distintas situacións tanto físicas como químicas. Introduciranse no estudo numerosos exemplos prácticos e, principalmente, cotiáns, onde o alumnado poida comprobar por si mesmo a veracidade e utilidade das explicacións.
En cada unidade didáctica, o criterio a seguir na aula farase en función do fin que se pretenda alcanzar, de modo xeral, será:
Presentación dun tema e motivación do mesmo. Procurarase, na medida do posible, partir de situacións experimentais do contorno no que se move o alumno e que susciten nel un interese. Globalizaranse e organizaranse os contidos. Neste proceso a profesora actuará como guía e mediadora, facilitando a construción de aprendizaxes significativos.
Realizaranse cuestións e problemas que permitan completar e afianzar os conceptos teóricos vistos no tema.
Realizaranse experiencias de laboratorio sempre que se poida, relacionadas co contido do tema. Tamén poderanse realizar algunhas experiencias de cátedra, con axuda do alumnado en calquera das sesións restantes.Aplicaranse as tecnoloxías da información e da comunicación ao traballo da aula, tanto para a propia presentación e exposición do tema como para aclarar conceptos, buscar respostas, elaborar pequenas biografías de científicas e científicos, ou para facer pequenos traballos de investigación.
Para poder atender a diversidade, propoñeranse actividades de reforzo para aqueles alumnos cuxos ritmos de aprendizaxe sexan máis lentos, e actividades de ampliación para aqueles cuxos ritmos de aprendizaxe sexan máis rápidos, terase en conta a disposición na aula que mellor se adecue á atención do alumnado ou a clarificación na presentación de probas escritas.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Nos primeiros días do curso realizarase un rexistro da información relevante do alumnado.
Cualificación da materia no curso anterior, materias pendentes, necesidades educativas especiais ou análogos.
Nos primeiros días realizarase unha proba escrita (avaliación inicial). A súa finalidade é coñecer o nivel competencial do alumnado conforme aos criterios de avaliación de 4º de ESO.
A proba será de Física e Química, con cuestións teóricas e/ou cálculos matemáticos. A proba non terá valor académico para puntuar ao alumno, so terá carácter informativo para o profesorado. Prestarase especial atención aos resultados do alumnado de nova incorporación ao centro.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
O alumnado coa materia pendente será convocado a unha reunión a principio de curso para informarlle sobre os procedementos para a superación de dita materia pendente. Faráselle entrega a cada alumno/a dos instrumentos de avaliación e criterios de cualificación. Os criteiros de avaliación son os recollidos na programación. Recollerase por escrito a recepción de dita información por parte do pai/nai ou titor legal do alumnado.
Tamén se entregarán unha serie de actividades encamiñadas á preparación da materia. Poderán preguntar dúbidas á Xefa de departamento no caso de que non cursen a materia en 2º de BAC ou á profesora da materia tanto de Física como de Química de 2º de BAC do curso actual.
Para recuperar a materia pendente de cursos anteriores faranse dous exames parciais. As datas do primeiro e segundo exame publicaranse na páxina do IES no Departemento de Física e Química.
Para recuperar a materia, a media das cualificacións dos dous exames ten que ser igual ou superior o 5 e a de cada un deles non debe ser inferior ao 3,5. No caso de non aprobar a materia por parciais deberán presentarse a unha proba final coa parte ou partes non superadas previamente.
Se ten que recuperar toda a materia a nota da avaliación ordinaria será a correspondente a esta proba.
Se ten que recuperar só unha parte a nota da avaliación ordinaria será a correspondente a media desta proba e a parte que teña aprobada.
De non superar a materia o alumnado deberá presentarse a unha proba extraordinaria de toda a materia.
Aquel alumnado que empregue métodos ilícitos para realizar as distintas probas terá unha cualificación de cero nas mesmas.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
Segundo se recolle no decreto 157/2022, de 15 de setembro de ordenación e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. :
"A superación das materias de segundo curso que se indican no anexo III deste decreto estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso indicadas no devandito anexo, por implicar continuidade. Non obstante, dentro dunha mesma modalidade ou vía, o alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que a alumna ou o alumno cumpre as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo, nos termos que estableza a consellería con competencias en materia de educación.En caso contrario, deberá cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración de materia pendente, aínda que non será computable para os efectos de modificar as condicións en que acadou a promoción a segundo."
O anexo ao que fai referencia este artigo indica as relacións de continuidade entre materias de bacharelato. Para o caso concreto do noso departamento, aparece a relación de continuidade entre Física e Química de 1º de bacharelato e as materias de Física e de Química de segundo. Polo tanto, será preciso acreditar os coñecementos previos nas materias de Física e de Química de segundo. Esta acreditación poderá realizarse cursando e aprobando a materia correspondente de primeiro ou a través do procedemento establecido para tal efecto polo departamento didáctico.
O procedemento establecido por este departaramento é o seguinte:
Para a acreditación de coñecementos previos de 1º de BAC o/a alumno/a terá que realizar unha proba escrita a comezo do curso. Dita proba constará dunha serie de problemas e cuestións de física e química da materia de primeiro curso de bacharelato que terá como referencia na súa avaliación os mínimos de consecución establecidos nesta programación. Consideraranse acreditados os coñecementos necesarios en caso de obter nesa proba unha cualificación igual ou maior que 5,0.
No caso de non ser superada a materia quedará pendente.
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
A atención á diversidade enténdese conforme ao artigo 3 do Decreto 229/2011, de 7 de decembro como o conxunto de medidas e accións que teñen como fin adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e preferencias de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo alumnado.
Con esta premisa as posibles actuacións a desenvolver poden ser entre outras:
- Espazos físico na aula, coa colocación do alumnado na mellor disposición segundo as recomendacións do equipo docente e o Departamento de orientación.
- Adecuación da presentación do currículo desta programación tendo en conta as múltiples formas de representación (percepción, linguaxe e comprensión), de acción e expresión e as formas de implicación (opcións para captar o interese, manter o esforzo, de colaboración ..)
- Utilizar instrumentos de avaliación variados, adaptaranse os tempos de ser necesario, o uso de tecnoloxía de apoio. etc.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Para o seguimento, avaliación e propostas de mellora se establece o seguinte:
- Farase unha reunión de Departamento ao mes, nela revisarase o grao de consecucción ou avance nas unidades didácticas desta programación e as incidencias relevantes da práctica docente.
- Ao final de cada avaliación reflictirase nunha acta os resultados en % de aprobado es suspensos e analizaranse ditos resultados.
- Ao final do curso reflictirase na memoria final o grao de consecución no desenvolvemento das unidades didácticas de todo o curso, así como os resultadso finais do curso con respecto ao número de aprobados e suspensos da materia en cada grupo.Coa valoración de todos estes datos e a valoración dos indicadores de logro do proceso de ensino e a práctica docente recollidos no 8.1, proporanse as medidas de mellora para o seguinte curso académico.