Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de educación dixital de 3º de ESO desenvolve un papel moi importante para os alumnos xa que lles proporciona un conxunto de coñecementos e de técnicas moi importante no mundo dixital. Neste sentido, esta materia achégalle ao alumno a capacidade de analizar e redeseñar a relación entre os dispositivos tecnolóxicos e as necesidades sociais, ámbito no que a innovación e a constante renovación que lle son propias dotan esta materia dunha gran relevancia educativa.

Na resolución de problemas con ferramentas dixitais conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo ou o carácter emprendedor, que son imprescindibles para formar unha cidadanía autónoma e competente. Ademais, o coñecemento das tecnoloxías da información proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade formada por unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece arredor dela.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Utilizar dispositivos dixitais, identificando os elementos que os compoñen e a súa función no conxunto, configurando as súas características en función das necesidades persoais e mediante diferentes medios dixitais para poder organizar a información dun xeito eficaz.
OBX2 Organizar, deseñar e producir información dixital de forma individual e colectiva utilizando as ferramentas máis adecuadas para a súa publicación e difusión facendo un uso responsable e ético das tecnoloxías aplicadas.
OBX3 Desenvolver algoritmos e aplicacións informáticas en distintas contornas, aplicando os principios do pensamento computacional para crear solucións a problemas concretos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
OBX4 Xestionar e protexer a pegada dixital aplicando medidas preventivas para identificar e reaccionar ante riscos e ameazas ao benestar persoal, facendo un uso responsable e ético da información e a comunicación dixital.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 ARQUITECTURA DE COMPUTADORES E SISTEMAS OPERATIVOS Arquitectura de computadores: elementos, montaxe e configuración. Sistemas operativos: configuración de usuario e operacións básicas de organización. Almacenamento da información: operacións básicas de organización e copias de seguridade. 18 18
2 EDICIÓN DE TEXTO E PRESENTACIÓNS Formatos de arquivos. Formatos abertos. Estándares de formato na produciónde información dixital. Procesos de produción de documentos con aplicacións ofimáticas e de deseño gráfico. Maquetación, aplicación de estilos e formatos. Índices interactivos. Importación de imaxes e gráficos. Presentacións en distintas plataformas dixitais, integrando elementos multimedia. Colaboración en rede. Ferramentas de creación de contidos e aprendizaxe colaborativa na rede 18 18
3 FOLLA DE CÁLCULO Formatos de arquivos. Formatos abertos. Estándares de formato na produciónde información dixital. Operacións básicas en follas de cálculo. Creación de gráficos. Elaboración de informes sinxelos. Colaboración en rede. Ferramentas de creación de contidos e aprendizaxe colaborativa na rede 18 18
4 TRATAMENTO DE IMAXE Formatos de arquivos. Formatos abertos. Estándares de formato na produción de información dixital. Tratamento básico da imaxe dixital. Colaboración en rede. Ferramentas de creación de contidos e aprendizaxe colaborativa na rede 18 18
5 PROGRAMACIÓN Utilización de estruturas básicas de programación. Uso de datos. Constantes e variables. Desenvolvemento de aplicacións sinxelas para computadores e/ou dispositivos móviles mediante contornas de programación gráfica. 18 18
6 ÉTICA E SEGURIDADE DIXITAL Seguridade de dispositivos. Xestión de contrasinais. Recursos para a protección da información e datos persoais, da identidade e dos contidos dixitais. Configuración en espazos virtuais de traballo . Seguridade na saúde física e mental: aplicacións ou medidas que deben adoptarse fronte aos riscos e ameazas ao benestar persoal. Opcións de resposta. Situacións de violencia e de risco na rede. Uso de recursos e contidos de dominio público ou con licenzas que permitan o seu uso 10 15

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Dispositivos dixitais e sistemas operativos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA1.1 - Utilizar equipamentos informáticos, identificando os elementos que os configuran e a súa función no conxunto.
CA1.2 - Manter sistemas operativos, configurando as súas características en función das súas necesidades persoais.
CA1.3 - Organizar a información de maneira segura, utilizando diferentes medios dixitais para a procura rápida e eficaz na súa xestión.
Contidos
C1.1 - Arquitectura de computadores: elementos, montaxe e configuración.
C1.2 - Sistemas operativos: configuración de usuario e operacións básicas de organización.
C1.3 - Almacenamento da información: operacións básicas de organización e copias de seguridade.
Bloque B2. Creación e edición de información e contidos dixitais
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA2.1 - Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.
CA2.2 - Interactuar en plataformas dixitais, compartindo e publicando información e datos, cunha actitude participativa.
Contidos
C2.1 - Formatos de arquivos. Formatos abertos. Estándares de formato na produción de información dixital.
C2.2 - Procesos de produción de documentos con aplicacións ofimáticas e de deseño gráfico. Maquetación, aplicación de estilos e formatos. Índices interactivos. Importación de imaxes e gráficos.
C2.3 - Operacións básicas en follas de cálculo. Creación de gráficos. Elaboración de informes sinxelos.
C2.4 - Tratamento básico da imaxe dixital.
C2.5 - Presentacións en distintas plataformas dixitais, integrando elementos multimedia.
C2.6 - Colaboración en rede. Ferramentas de creación de contidos e aprendizaxe colaborativa na Rede.
Bloque B3. Pensamento computacional
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA3.1 - Comprender o fundamento básico dos algoritmos e diagramas de fluxo utilizando contornas de programación gráfica.
CA3.2 - Desenvolver aplicacións sinxelas para computadores, dispositivos ou móbiles, dando solución a problemas definidos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Contidos
C3.1 - Utilización de estruturas básicas de programación.
C3.2 - Uso de datos. Constantes e variables.
C3.3 - Desenvolvemento de aplicacións sinxelas para computadores e/ou dispositivos móbiles mediante contornas de programación gráfica.
Bloque B4. Ética e seguridade dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
CA4.1 - Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet, configurando as condicións de privacidade das redes sociais e en espazos virtuais de traballo.
CA4.2 - Xestionar contrasinais nos distintos servizos e dispositivos dixitais de uso habitual.
CA4.3 - Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na rede escollendo a mellor solución entre diversas opcións e valorando o benestar persoal e colectivo.
CA4.4 - Valorar a importancia da protección dos dereitos de autoría, utilizando aplicacións, datos e creacións dixitais de terceiros de xeito ético, respectando as licenzas de utilización.
Contidos
C4.1 - Seguridade de dispositivos. Xestión de contrasinais.
C4.2 - Recursos para a protección da información e datos persoais, da identidade e dos contidos dixitais. Configuración en espazos virtuais de traballo.
C4.3 - Seguridade na saúde física e mental: aplicacións ou medidas que deben adoptarse fronte aos riscos e ameazas ao benestar persoal. Opcións de resposta. Situacións de violencia e de risco na Rede.
C4.4 - Uso de recursos e contidos de dominio público ou con licenzas que permitan o seu uso.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 ARQUITECTURA DE COMPUTADORES E SISTEMAS OPERATIVOS
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Utilizar equipamentos informáticos, identificando os elementos que os configuran e a súa función no conxunto.
Proba escrita
Utilizar equipamentos informáticos identificando os seus elementos no conxunto. 30
CA1.2 Manter sistemas operativos, configurando as súas características en función das súas necesidades persoais.
Proba escrita
Manter sistemas operativos recoñecendo as necesidades persoais. 30
CA1.3 Organizar a información de maneira segura, utilizando diferentes medios dixitais para a procura rápida e eficaz na súa xestión.
Táboa de indicadores
Organizar a información de maneira segura. 40

2 EDICIÓN DE TEXTO E PRESENTACIÓNS
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.
Proba escrita
Crear contidos dixitais de forma individual selleccionando as ferramentas máis apropiadas. 60
CA2.2 Interactuar en plataformas dixitais, compartindo e publicando información e datos, cunha actitude participativa.
Táboa de indicadores
Interactuar en plataformas dixitais de forma segura e respectuosa. 40

3 FOLLA DE CÁLCULO
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.
Proba escrita
Crear contidos dixitais de forma individual selleccionando as ferramentas máis apropiadas. 60
CA2.2 Interactuar en plataformas dixitais, compartindo e publicando información e datos, cunha actitude participativa.
Táboa de indicadores
Interactuar en plataformas dixitais de forma segura e respectuosa. 40

4 TRATAMENTO DE IMAXE
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.
Proba escrita
Crear contidos dixitais de forma individual selleccionando as ferramentas máis apropiadas. 60
CA2.2 Interactuar en plataformas dixitais, compartindo e publicando información e datos, cunha actitude participativa.
Táboa de indicadores
Interactuar en plataformas dixitais de forma segura e respectuosa. 40

5 PROGRAMACIÓN
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Comprender o fundamento básico dos algoritmos e diagramas de fluxo utilizando contornas de programación gráfica.
Proba escrita
Comprender o fundamento básico dos algoritmos. 60
CA3.2 Desenvolver aplicacións sinxelas para computadores, dispositivos ou móbiles, dando solución a problemas definidos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Desenvolver aplicacións sinxelas para computadores, dispositivos ou móbiles. 40

6 ÉTICA E SEGURIDADE DIXITAL
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet, configurando as condicións de privacidade das redes sociais e en espazos virtuais de traballo.
Proba escrita
Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada na Internet. 30
CA4.2 Xestionar contrasinais nos distintos servizos e dispositivos dixitais de uso habitual.
Táboa de indicadores
Xestionar contrasinais nos dispositivos de uso habitual. 20
CA4.3 Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na rede escollendo a mellor solución entre diversas opcións e valorando o benestar persoal e colectivo.
Proba escrita
Identificar situacións de ameaza na rede. 30
CA4.4 Valorar a importancia da protección dos dereitos de autoría, utilizando aplicacións, datos e creacións dixitais de terceiros de xeito ético, respectando as licenzas de utilización.
Táboa de indicadores
Valorar a importancia da protección de dereitos de autoría. 20

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía é o conxunto de recursos pedagóxicos, estratexias, e procedementos que usa o docente para levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos, competencias e contidos programados.

En primeiro lugar, dende unha perspectiva constructivista do ensino, onde é o alumnado quen constrúe o seu propio coñecemento, é necesario deseñar unha metodoloxía que explore as ideas previas do alumnado para promover unha aprendizaxe significativa. Trátase dunha metodoloxía activa e participativa, na que o alumnado non é un simple receptor pasivo, senón o protagonista do proceso, e o profesor é un facilitador das experiencias que levan á aprendizaxe. Para iso, é necesario un enfoque multidisciplinar do proceso educativo, implicando ás familias no seguimento do alumnado.

É necesario ter en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, xa que uns serán máis rápidos adquirindo novos contidos e outros máis lentos. Isto ten moito que ver co nivel de motivación e co estilo de aprendizaxe de cada un. É fundamental motivar ao alumnado conectando os obxectivos de aprendizaxe cos seus intereses, xerando un clima de curiosidade e relacionando a materia coa resolución de problemas do mundo real. Os estilos de aprendizaxe pódense relacionar coa Teoría das intelixencias múltiples de Gardner, que considera que cada persoa ten máis potenciada unha maneira concreta de aprender (visual, musical, lóxica, verbal, etc), polo que é moi importante combinar tarefas explicativas, con gráficas, imaxes, traballos individuais, grupais, etc.

Según estes principios, as estratexias metodolóxicas usadas nas UD son:

a) Método expositivo. Trátase da realización de exposicións orais estruturadas e sistematizadas dos contidos da materia. Será empregado tanto o alumno como polo profesor. O obxectivo é transmitir moita información en pouco tempo. Busca motivar ó grupo e presentar contidos e obxectivos formativos.

b) Traballo individual e cooperativo. É necesario o estudo persoal para o desenvolvemento da propia persoa, e o traballo en grupo, onde ademáis do enriquecemento e aprendizaxe compartido, se favorece a integración, coevaluación, adquisición de valores de respecto e tolerancia.

c) Memorización comprensiva de conceptos, fórmulas, leis, teorías, etc..., incorporando os novos coñecementos aos esquemas de pensamento previos.

d) Tarefas integradas. Actividades que traballan simultaneamente varias competencias clave como vimos no apartado de competencias.

e) Elaboración de sínteses, comentarios de textos, vídeos, exposicións orais, mapas conceptuais, para axudar a centrar a información relevante e levar a iniciativa dun aprendizaxe autónomo, así como contribuír á CCL.

f) Resolución de problemas. Exercicios nos que deben aplicar os contidos aprendidos á resolución de problemas, situacións da vida real, etc.

g) Tarefas de reforzo/ampliación tendo en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe.

Tendo en conta os principios e estratexias metodolóxicas, as UD organízanse en 5 tipos de actividades de ensino-aprendizaxe:

a) Iniciais. Actividades para explorar as ideas previas (chuvias de ideas, coloquio, test individual), espertar a curiosidade, motivar (video, animación).

b) Desenvolvemento. Para introducir os contidos do tema e afondar sobre eles: exposición do profesor (usando as TIC, encerado, applets, etc), traballos individuais/grupais, realización de redaccións sobre artigos técnicos, boletíns de problemas, tarefas de investigación, elaboración de mapas conceptuais, exposicións orais, etc...

c) Consolidación. Para reforzar a adquisición significativa dos contidos xa desenvoltos: proxecto trimestral, exposicións orais, vídeo, applets, taller, etc.

d) Avaliación. Para determinar o grao de consecución dos elementos curriculares propostos: exame, observación, exposición oral, caderno de clase.

e) Reforzo/ampliación. Mediante actividades coma as expostas arriba.

Respecto aos agrupamentos na aula, realizaranse dun xeito flexible en función da tarefa e tendo en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e características persoais, favorecendo a integración. Referente aos espazos, farase uso principalmente da aula de informática. A distribución do tempo será flexible e adaptable ás circunstancias (nivel de concentración, complexidade da tarefa, etc), tendo en conta que a capacidade máxima de concentración dun adolescente ronda os 20-30 min seguidos, polo que será preciso variar o tipo de actividade varias veces durante a sesión.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Materiais impresos
Materiais audiovisuais
Materiais informáticos
Materiais auxiliares para a exposición de contidos e ideas

Recursos materiais: Son recursos tanxibles utilizados como instrumentos de apoio na exposición de contidos. Faremos un uso específico de cada un deles en función da súa tipoloxía:

-                     Materiais impresos: tales como libros de texto, fichas de actividades, revistas técnicas,...

-                     Materiais audiovisuais: vídeos educativos, diapositivas,...

-                     Materiais informáticos: aula virtual, ordenadores, programas de software aplicables a actividades industriais ou de deseño, programas para simulación de circuítos, aula virtual...

-                     Materiais auxiliares para exposición de contidos e ideas: como o encerado, murais ou paneis,...


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


É un dos piares da pedagoxía constructivista da educación. Sirve para facer un diagnóstico do alumnado, explorar os seus coñecementos previos e circunstancias persoais, e coñecer así as posibilidades de aprendizaxe para axustar mellor o proceso de ensino. Realízase unha avaliación inicial nas primeiras semanas recollendo información específica de cada alumno (dpto. orientación, profesor do curso anterior, expediente académico), e a través dun test realizado nunha sesión de aula con preguntas tipo para avaliar se o alumnado posúe un grao mínimo nas competencias clave máis relacionadas coa materia.

Ademais, realizarase unha avaliación inicial na primeira sesión de cada UD mediante as actividades xa descritas (chuvia de ideas, comentario de imaxes, tests, etc) en grupo grande, pequenos, ou de xeito individual. O obxectivo é aflorar os coñecementos adquiridos noutros cursos académicas, na familia, ideas erróneas, etc para reaxustar o proceso ou facer un repaso se é preciso. Non se utiliza esta avaliación inicial para a cualificación das unidades.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 18.0 18.0 18.0 18.0 18.0 10.0 100.0
Proba escrita 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0
Táboa de indicadores 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0

- O 60% da nota da unidade corresponderase co exame, o cal constará de 20 preguntas tipo test en formato multiple choice (ningunha correcta, todas correctas, unha correcta, dúas, etc...) con catro posibilidades. Cada pregunta puntuará 0,5 e a corrección será ben ou mal, é dicir, se nunha pregunta a resposta correcta son todas, o alumno que poña tres nada máis, non obterá ningún punto. 

- O 40% da nota corresponderá coas actividades de aula, as cales serán subidas a moodle (aula virtual do centro). As actividades terán a seguinte guía de corrección:

20% da nota para a entrega .

20% da nota para a presentación.

60% da nota para a corrección da actividade en sí.

- Haberá dous exames por trimestre. 

- As recuperacións dos exames realizaranse o trimestre seguinte, agás na última avaliación. 

No caso de que un alumno/a supere o grao mínimo en tódolos criterios de tódalas UD dun trimestre, pero a media das UD segundo o seu peso non supere o 5, poderá realizar unha proba escrita de recuperación á fin do trimestre daquelas UD suspensas (con calificación menor de 5) que versará sobre a materia non superada d2) Do mesmo xeito, calquera alumno que queira subir nota nalgunha UD poderá realizar a proba escrita de toda a unidade (conservando finalmente a maior calificación). d3) No caso de non ter superado o grao mínimo dalgún criterio, o alumno/a deberá realizar unha proba á fin do trimestre nun día indicado para esto, que incluirá só os criterios suspensos. A continuación recalcularíase a nota da UD correspondente. Para superar a avaliación é preciso acadar o grao mínimo en tódolos criterios. d4) Se un alumno/a non supera a avaliación dun trimestre, ou ben por grao mínimo dalgún criterio, ou ben por non acadar o 5 coa media das UD do trimestre, realizarase ao inicio do seguinte trimestre (paralelamente ao ritmo normal da clase) outra nova proba similar ou adaptada segundo as características da persoa (traballo, exposición, etc). d5) Finalmente, á fin do curso se poderá realizar a recuperación do último trimestre e dalgún outro todavía pendente nun día específico para elo.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Correspóndelle ó departamento de Tecnoloxía a elaboración dun programa de reforzo destinado a que os alumnos recuperen as aprendizaxes non adquiridas e deberán superar a avaliación correspondente ó devandito plan.

A avaliación do programa de reforzo terase en conta para os efectos de cualificación das materias non superadas. Cada profesor desenvolverá no curso no que imparte docencia.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Partindo da aula como reflexo da sociedade, a diversidade é unha realidade social. Unha realidade derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumna e cada alumno. A resposta educativa a esa diversidade debe concretarse en cada un dos proxectos educativos, realizando medidas e accións apropiadas ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. O obxectivo educativo, é conseguir que todas as persoas alcancen o máximo desenvolvemento persoal e social.

Como se comentou anteriormente, entre o alumnado existen diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe. Ademais, na aula conviven variedade de situacións persoais, físicas, psicolóxicas, sexuais (orientación e identidade), familiares (niveis culturais, de motivación, interese polo rendemento,), sociais (nivel económico, facilidades para estudiar, internet na casa), intereses culturais, motivación, etc.

A educación debe ser flexible para adecuarse á diversidade, e garantir a equidade compensando as desigualdades mediante os medios necesarios. Polo tanto, forma parte da tarefa diaria do profesor, adaptar o ensino e a metodoloxía ordinaria segundo as características concretas de cada alumno/a mediante traballos en grupo que fomentan a integración, materiais que atendan os múltiples tipos de intelixencias (visuais, orais, textos, esquemas...), tarefas de reforzo/ampliación para os diferentes ritmos de aprendizaxe, etc.

Pero, dentro desta diversidade, existen casos que requiren unha atención diferente da ordinaria, é o alumnado con NEAE. Traballaremos conxuntamente co Departamento de Orientación por se detectaramos calquer comportamento que nos indique que podamos atoparnos ante un caso incluíble neste epígrafe.

As medidas que se tomarán responden aos principios de “normalización e inclusión”, tentando aplicar en primeiro lugar medidas ordinarias coma reforzos en vez de adaptacións curriculares, e sempre orientadas á integración do alumnado.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual e TIC
4 Educación emocional e en valores
5 Fomento da creatividade e do espíritu científico
6 Educación para la saúde

A sociedade e a forma de vida actual demandan a necesidade de incorporar ó currículo unha serie de contidos transversais. Estes contidos favorecen o desenvolvemento integral da persoa permitindo que o alumnado adopte unha perspectiva crítica, preocupándose por problemas sociais actuais, participando activamente nunha sociedade moi dinámica, na que os avances tecnolóxicos, sociais e económicos xogan un papel esencial.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita a unha industria da contorna Iremos visitar unha industria cercana ó municipio de Lugo.

Dentro do Departamento de Tecnoloxía, á cal está adscrita esta materia, realizaránse as actividades complementarias extraescolares recollidas na Programación Xeral Anual (PXA) para este curso 2023/24

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adaptación correcta da temporalidade das unidades ós contidos.
Calificacións dos alumnos.
Adecuación das entregas de actividades ós enunciados e exemplos dados.
Superación da materia por parte de alumnos con dificultades.

Resulta evidente a necesidade de avaliar a práctica docente e o proceso de ensino, así como a programación feita do mesmo. ¿Cando? A PD avalíase antes do inicio de curso, mensualmente no dpto., á fin de cada trimestre, e á fin do curso. Este seguimento da PD vai parello á avaliación da propia práctica docente. A finalidade é a de corrixir desviacións coma: adecuar mellor o nivel, facer máis uso das TIC, promover máis a participación na aula, modificar o número de sesións dalgunha UD, modificar o grao mínimo dalgúns estándares, etc. ¿Como? Os instrumentos de avaliación usados serán: as actas das reunións de dpto. e da C. de Coordinación Pedagóxica, anotacións no caderno do profesor, listas de control numéricas ou escalas completadas polo propio profesor (autoavaliación), e buzón de queixas/suxerencias para os alumnos (heteroavaliación). ¿Que?. Os criterios de avaliación concrétanse en indicadores de logro que constitúen os ítems destas listas de control.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento desta PD terá lugar nas reunións mensuais de departamento onde se verán as incidencias e se plantexarán as correccións e adaptacións oportunas.

Ao remate do curso, realízase unha Memoria onde se recollen os resultados das avaliacións, xuízos de valor, e propostas de mellora, que servirá como punto de partida para o curso seguinte.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver