Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)

A materia de Expresión artística constitúe a extensión da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual desenvolvida polo alumnado desta etapa en cursos anteriores, contribuíndo á adquisición das competencias da etapa. Nesta materia o alumnado poderá desenvolver a súa capacidade expresiva, seguirá a adquirir pautas e ferramentas que lle permitirá explorar e poñer en valor a súa creatividade á vez que afondará no coñecemento e apreciación do patrimonio artístico e cultural. Esta é unha materia idónea para desenvolver as fases do proceso creativo de xeito práctico ademais de fomentar o traballo colaborativo, o posicionamento crítico, o debate e a autoavaliación.

En Expresión Artística o alumnado poderá experimentar con diferentes técnicas artísticas e as súas posibilidades expresivas permitíndolle, por un lado, innovar e buscar unha visión persoal coa que afrontar os retos propostos e, por outra banda, ter un achegamento á historia da arte diferente ao teórico, máis ben baseado no entendemento do equilibrio entre as dificultades técnicas e os intereses expresivos que en diferentes momentos afrontaron as e os artístas nos diferentes campos. Isto aportará unha visión máis próxima á realidade da creación artística e menos idealizada e teórica como adoita a plantexarse noutras materias.

A materia deseñase ao redor de catro competencias específicas a partires dos obxectivos xerais da etapa e das competencias que conforman o perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico, en especial dos descritores da competencia en conciencia e expresión cultural, aos que se engaden aspectos relacionados coa comunicación verbal, a dixitalización, a convivencia democrática, a interculturalidade ou a creatividade. Estas competencias específicas poden traballarse simultaneamente mediante un desenvolvemento entrelazado e deberá de terse en conta que, por consistir na creación de producións artísticas, a última delas require da activación das tres primeiras, é dicir, da observación e valoración critica de producións artísticas e da selección e do emprego tanto de técnicas grafico-plásticas coma audiovisuais. Os criterios de avaliación, que determinan o grao de adquisición das competencias específicas, deben aplicarse nunha contorna flexible e propicia para a expresión creativa do alumnado.

A materia ten un carácter práctico e experimental e así se reflicte nos contidos seleccionados que se atopan organizados en tres bloques:

O primeiro bloque adícase ás «técnicas gráfico-plásticas» e recolle as diferentes técnicas artísticas que o alumnado deberá experimentar e aprender a seleccionar en función das intencións expresivas buscadas. Traballaranse as técnicas máis habituais no debuxo, na ilustración e na pintura, tanto secas (debuxo a carbón, lapis de grafito, lapis composto, lapis de cores, ceras, pastel, bolígrafos ou rotuladores), coma húmidas (tinta chinesa, acuarela ou pintura á augada), as técnicas alternativas e mixtas (colaxe, frottage, grattage, decalcomanía, objet trouvé, dripping, assemblage), as técnicas básicas de estampaxe e gravado (en oco e relieve) e técnicas básicas de modelado e de creación de volume.

O segundo bloque está centrado na fotografía, a linguaxe visual, audiovisual e multimedia e nel o alumnado profundizará nas aprendizaxes sobre a linguaxe narrativa e audiovisual adquiridas na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual cursada anteriormente. Incidirase no proceso de creación, no deseño de proxectos, na análise crítica da linguaxe publicitaria e da sociedade de consumo, en técnicas e formatos de fotografía e vídeo, así como nos diferentes medios de difusión das producións audiovisuais.

O terceiro bloque adícase ao papel da xeometría na configuración da forma e ao afondamento nos sistemas de representación da xeometría descritiva como ferramenta imprescindible na definición, creación e deseño da contorna e dos obxectos.

Como contidos transversais a estes tres bloques inclúense, entre outros, a prevención e xestión responsable dos residuos e a seguridade, toxicidade e impacto ambiental dos diferentes materiais artísticos, co fin de contribuír á educación ambiental do alumnado.

Dado o seu carácter práctico, a materia contribúe á asunción responsable das obrigacións, á cooperación e ao respecto ás demais persoas; desenvolve a capacidade de traballo en equipo e a autodisciplina, ademais de promover o trato igualitario e inclusivo; favorece o espírito innovador e emprendedor, fomentando a creatividade, a iniciativa persoal e a capacidade de aprendizaxe a partir dos erros cometidos e permite participar no enriquecemento do patrimonio a través da creación de producións persoais.

Tan importante como a creación é a posta en común é o debate sobre as producións xeradas polos integrantes do grupo, polo que a exposición do traballo individual e en grupos é unha das partes maís interesantes para desenvolver nesta materia. É nestas interaccións onde o alumnado sacará conclusións enriquecedoras tanto do traballo propio como do alleo, permitíndolle ampliar a súa visión de cara a futuros retos. As actividades de exposición e posta en común son unha ocasión idónea para traballar a cualidades tan importantes como a axilidade na comunicación, o respecto, a humildade, a empatía, a autoconfianza, a asertividade e madurez emocional.

O IES do Milladoiro é un centro situado no concello de Ames, na periferia de Santiago de Compostela, que experimenta un continuo aumento de alumnado dende a súa creación, en 2014. Existe unha gran diversidade de alumnado, que pertence a diferentes ámbitos socio-económicos e culturais e que supón un activo no centro pero tamén esixe un esforzo extra para a tender todas as necesidades. A incorporación de alumnado procedente do extranxeiro durante o curso é outra das cuestións que provoca nunha diversidade de niveis e ritmos de aprendizaxe nas aulas e que implica unha flexibilización da programación e condiciona a temporalización. 

Dende o departamento apostamos por unha educación en igualdade de condicións, intentando fornecer dos recursos necesarios ao noso alumnado sen que supoña para as súas familias un gran desembolso económico.

Durante este curso, o departamento de Artes Plásticas está formado por dous docentes:

Ana María Vidal Ruiz de Velasco, xefa do departamento, que imparte en catro niveis: primeiro, terceiro e cuarto da ESO, máis primeiro de bacharelato (Debuxo técnico I).

Ana Fernández Ramos, profesor do departamento de Educación Física, que imparte EPVA de 1º de ESO como materia afín en dous grupos.

Hai 15 alumnos e alumnas DE 4º de ESO matriculados nesta materia.

Esta programación baséase na lexislación estatal e autonómica vixente.

2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)

Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Analizar manifestacións artísticas, contextualizándoas, describindo os seus aspectos esenciais e valorando o proceso de creación e o resultado final, para educar a mirada, alimentar o imaxinario, reforzar a confianza e ampliar as posibilidades de gozar do patrimonio cultural e artístico.
OBX2 Explorar as posibilidades expresivas de diferentes técnicas gráfico-plásticas, empregando distintos medios, soportes, ferramentas e linguaxes, para incorporalas ao repertorio persoal de recursos e desenvolver o criterio de selección das máis adecuadas a cada necesidade ou intención.
OBX3 Explorar as posibilidades expresivas de diferentes medios, técnicas e formatos audiovisuais, descodificando as súas linguaxes, identificando as ferramentas e distinguindo os seus fins, para incorporalos ao repertorio persoal de recursos e desenvolver o criterio de selección dos máis adecuados a cada necesidade ou intención.
OBX4 Crear producións artísticas, individuais ou grupais, realizadas con diferentes técnicas e ferramentas, incluído o propio corpo, a partir dun motivo ou intención previos, adaptando o deseño e o proceso ás necesidades e indicacións de realización e tendo en conta as características do público destinatario, para compartilas e valorar as oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico ou profesional que poden derivarse desta actividade.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)

Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia

*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Elementos da linguaxe visual, percepción e composición. Repaso dos elementos básicos da linguaxe visual e as súas posibilidades expresivas. Revisión das leis perceptivas máis relevantes. As leis da composición. Cor e composición. 7 6
2 O debuxo As técnicas grafo-plásticas secas, húmidas, mixtas e alternativas empregadas en debuxo e pintura, principalmente as empregadas nas vangardas artísticas: lapis de grafito, carbón, sanguina, lapis de cores, pasteis, ceras, rotuladores, tinta, grattage, frottage, decalcomanía, etc. Toma de contacto con algunhas destas técnicas, principalmente coas menos coñecidas polo alumnado, experimentando coas posibilidades expresivas que ofrecen. Busca, selección e revisión de autores/as e obras de interese e relevancia nas artes realizadas con estas técnicas. Impacto ambiental dos materiais e tratamento dos residuos segundo o seu grao de toxicidade. Organización e seguridade no espazo de traballo. A importancia da reciclaxe na produción artística. 7 9
3 A pintura As técnicas grafo-plásticas secas, húmidas, mixtas e alternativas empregadas en debuxo e pintura, principalmente as empregadas nas vangardas artísticas: témpera, acuarela, acrílico, e óleo Toma de contacto con algunhas destas técnicas, experimentando coas posibilidades expresivas que ofrecen. Busca, selección e revisión de autores/as e obras de interese e relevancia nas artes realizadas con estas técnicas. Impacto ambiental dos materiais e tratamento dos residuos segundo o seu grao de toxicidade. Organización e seguridade no espazo de traballo. A importancia da reciclaxe na produción artística. 7 9
4 As técnicas de gravado. iferenciar os tipos de gravado segundo o tratamento da matriz (relieve, oco e plano) e coñecer as características básicas das técnicas máis habituais (xilografía, punta seca, augaforte e litografía). Recoñecer os materiais e ferramentas empregadas no taller de gravado. Aplicar procedementos directos, aditivos e sustrativos. Traballo con monotipos e experimentar coa técnica do linogravado e coa punta seca sobre acetato. Busca, selección e revisión de autores/as e obras de interese e relevancia na historia da arte, realizadas con estas técnicas. Impacto ambiental dos materiais e tratamento dos residuos segundo o seu grao de toxicidade. Organización e seguridade no espazo de traballo. A importancia da reciclaxe na produción artística. 7 9
5 Arte na natureza e arte urbano. Introdución ao Arte Ambiental ou Land Art. Principais exemplos e artistas desta corrente artística. A reciclaxe e o respecto polo patrimonio natural na produción do Land Art. Impacto ambiental das intervencións na paisaxe. Coñecemento das técnicas básicas empregadas na pintura mural. Selección de obras e autores/as relevantes ao longo da historia da arte. Os murais da contorna e artistas contemporáneos. O graffiti: estilos e aspectos técnicos na realización de murais. Selección de obras e autores/as relevantes no ámbito internacional, nacional e da contorna. Impacto ambiental dos materiais e tratamento dos residuos segundo o seu grao de toxicidade. Organización, seguridade e medios de protección no espazo de traballo dun graffiti. 7 4
6 O volume Tipoloxías na escultura. Principios e fundamentos do deseño tridimensional. Realizar un exercicio práctico de modelado. Recoñecer autores/as e obras escultótricas significativas ao longo da historia da arte. Impacto ambiental dos materiais e tratamento dos residuos segundo o seu grao de toxicidade. Organización e seguridade no espazo de traballo. A importancia da reciclaxe na produción artística. 7 9
7 Arte secuencial. O cómic. Narrativa da imaxe fixa: encadramento e planificación, puntos de vista e angulación. A imaxe secuenciada. Narrativa da banda deseñada e os seus elementos. Principios básicos da imaxe en movemento. A medios dixitais. Recoñecemento dos referentes do cómic. Realización dunha tira de banda deseñada 7 9
8 Fotografía. A fotografía analóxica. Técnicas alternativas. A fotografía dixital e 3D. A fotomontaxe. Procesos fotográficos alternativos: cianotipia e antotipia. 7 7
9 Imaxe en movemento. Animación. Imaxe fixa e secuenciada. A imaxe en movemento. Técnicas de animación. Narrativa da imaxe fixa: encadramento e planificación, puntos de vista e angulación. A imaxe secuenciada. Principios básicos da imaxe en movemento. A percepción da imaxe en movemento desde o taumatropo ata hoxe: modalidades de animación. Medios dixitais para realizar animacións. Realización dunha animación en grupos de traballo e presentación ao grupo. 7 6
10 Linguaxe audiovisual. Teoría básica e práctica sobre a creación audiovisual, os tipos (cine, publicidade, videoarte, etc), as fases de realización, a narrativa, a linguaxe e recursos dixitais para a edición. Narrativa audiovisual: fotograma, secuencia, escena, toma, plano e montaxe. O guión e o storyboard. O alumnado desenvolverá o proxecto dun produto audiovisual de videoarte pasando por todas as fases (preprodución, produción e postprodución) partindo dunha idea inicial e rematando coa montaxe e posta en común mediante a proxección e debate posterior co resto de alumnado. 7 9
11 Publicidade. A publicidade gráfica e audiovisual. Estratexias, recursos formais, lingüísticos e persuasivos. Estereotipos e sociedade de consumo. O sexismo e os canons corporais e sexuais nos medios de comunicación. 7 7
12 Xeometría plana. Construcións e procedementos básicos da xeometría plana. Representación con medios manuais e emprego de aplicacións dixitais 7 7
13 Xeometría descritiva. Representación obxectiva da realidade nun soporte bidimensional. Vistas (sistema europeo). Sistemas perspectivos. Conceptos básicos de normalización. Aplicación das construcións técnicas bidimensionais e tridimensionais nas diferentes manifestacións artísticas e no ámbito do deseño. 7 7
14 Deseño. Unidade final na que se analizan, a modo de resumo, as fases dos diferentes tipos de proxectos creativos que o alumnado foi realizando ao longo do curso. Resúmense as peculiaridades do proxecto artístico, do proxecto de deseño e o proxecto audiovisual e a súa aplicación aos proxectos traballados na aula tanto individualmente como en grupo. Farase fincapé no proceso de deseño e os diferentes campos do mesmo con seleccion de exemplos (produto, arquitectura, gráfico, etc) e de deseñadores relevantes na historia do deseño. 9 7

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)

Bloque B1. Técnicas gráfico-plásticas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA1.1 - Analizar manifestacións artísticas de diferentes épocas e culturas, contextualizándoas, describindo os seus aspectos esenciais, valorando o proceso de creación e o resultado final e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa recepción.
CA1.2 - Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de diferentes producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
CA1.3 - Participar, con iniciativa, confianza e creatividade na exploración de diferentes técnicas gráfico-plásticas, empregando ferramentas, medios, soportes e linguaxes diversas.
CA1.4 - Elaborar producións gráfico-plásticas de forma creativa, determinando as intencións expresivas e seleccionando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
CA1.5 - Crear un produto artístico individual ou grupal, de forma colaborativa e aberta, deseñando as fases do proceso e seleccionando as técnicas e ferramentas máis adecuadas para conseguir un resultado adaptado a unha intención e a un público determinados.
CA1.6 - Expoñer o resultado final da creación dun produto artístico, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Contidos
C1.1 - Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes. Calidades plásticas e efectos visuais.
C1.2 - Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas.
C1.3 - Técnicas mixtas e alternativas das vangardas artísticas. Posibilidades expresivas e contexto histórico.
C1.4 - Técnicas de estampaxe. Procedementos directos, aditivos, subtractivos e mixtos.
C1.5 - Graffiti e pintura mural.
C1.6 - Técnicas básicas de creación de volumes.
C1.7 - A arte da reciclaxe. Consumo responsable. Produtos ecolóxicos, sustentables e innovadores na práctica artística. Arte e natureza.
C1.8 - Seguridade, toxicidade e impacto ambiental dos diferentes materiais artísticos. Prevención e xestión responsable dos residuos.
C1.9 - Exemplos de aplicación de técnicas gráfico-plásticas en diferentes manifestacións artísticas e no ámbito do deseño.
Bloque B2. Fotografía, linguaxe audiovisual e multimedia
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA2.1 - Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de producións visuais, audiovisuais e multimedia, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
CA2.2 - Elaborar producións visuais, audiovisuais e multimedia de forma creativa, determinando as intencións expresivas, seleccionando e empregando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
CA2.3 - Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de diferentes medios, técnicas e formatos audiovisuais, descodificando as súas linguaxes, identificando as ferramentas e distinguindo os seus fins.
CA2.4 - Realizar producións audiovisuais, individuais ou colaborativas asumindo diferentes funcións, incorporando o uso das tecnoloxías dixitais cunha intención expresiva, buscando un resultado final axustado ao proxecto preparado previamente e seleccionando e empregando, con corrección e de forma creativa, as ferramentas e medios dispoñibles máis adecuados.
CA2.5 - Crear un produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, de forma colaborativa e aberta, deseñando as fases do proceso e seleccionando as técnicas e ferramentas máis adecuadas para conseguir un resultado adaptado a unha intención e a un público determinados.
CA2.6 - Expoñer o resultado final da creación dun produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
CA2.7 - Identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico ou profesional relacionadas co ámbito visual, audiovisual ou multimedia, comprendendo o seu valor engadido e expresando a opinión persoal de forma razoada e respectuosa.
Contidos
C2.1 - Elementos e principios básicos da linguaxe visual e da percepción. Cor e composición.
C2.2 - Narrativa da imaxe fixa: encadramento e planificación, puntos de vista e angulación. A imaxe secuenciada.
C2.3 - Fotografía analóxica: cámara escura. Fotografía sen cámara (fotogramas). Técnicas fotográficas experimentais: cianotipia ou antotipia.
C2.4 - Fotografía dixital. A fotomontaxe dixital e tradicional.
C2.5 - Seguridade, toxicidade e impacto ambiental dos diferentes materiais artísticos. Prevención e xestión responsable dos residuos.
C2.6 - Narrativa audiovisual: fotograma, secuencia, escena, toma, plano e montaxe. O guión e o storyboard.
C2.7 - O proceso de creación. Realización e seguimento: guión ou proxecto, presentación final e avaliación (autorreflexión, autoavaliación e avaliación colectiva).
C2.8 - Publicidade: recursos formais, lingüísticos e persuasivos. Estereotipos e sociedade de consumo. O sexismo e os canons corporais e sexuais nos medios de comunicación.
C2.9 - Campos e ramas do deseño: gráfico, de produto, de moda, de interiores, escenografía.
C2.10 - Técnicas básicas de animación.
C2.11 - Recursos dixitais para a creación de proxectos de videoarte.
Bloque B3. Debuxo técnico aplicado ás artes plásticas e ao deseño
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
CA3.1 - Participar con iniciativa, confianza e rigor na exploración da linguaxe gráfica de tipo técnico em-pregando distintas ferramentas.
CA3.2 - Elaborar producións gráficas de tipo técnico con interese pola corrección, determinando as intencións comunicativas e seleccionando as ferramentas, medios, soportes e linguaxes ma¿is adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
CA3.3 - Valorar o rigor do proceso de creación gráfica, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
CA3.4 - Analizar o resultado final da creación dun produto de creación gráfica de tipo técnico, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Contidos
C3.1 - Construcións xeométricas fundamentais.
C3.2 - Representación obxectiva da realidade nun soporte bidimensional. Vistas (sistema europeo). Sistemas perspectivos.
C3.3 - Conceptos básicos de normalización.
C3.4 - Aplicación das construcións técnicas bidimensionais e tridimensionais nas diferentes manifestacións artísticas e no ámbito do deseño.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)

1 Elementos da linguaxe visual, percepción e composición.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar manifestacións artísticas de diferentes épocas e culturas, contextualizándoas, describindo os seus aspectos esenciais, valorando o proceso de creación e o resultado final e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa recepción.
Táboa de indicadores
Recoñecer os aspectos básicos dunha manifestación artística relevante: xénero artístico, época e técnica empregada. 20
CA1.2 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de diferentes producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre unha produción artística dunha época determinada atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción. 10
CA1.4 Elaborar producións gráfico-plásticas de forma creativa, determinando as intencións expresivas e seleccionando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver unha produción grafo-plástica sinxela con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios idóneos para obter os resultados desexados. 40
CA1.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto artístico, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para resumir e transmitir a outros as fases do traballo realizado e as peculiaridades do proceso desenvolvido. 20
CA2.3 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de diferentes medios, técnicas e formatos audiovisuais, descodificando as súas linguaxes, identificando as ferramentas e distinguindo os seus fins.
Táboa de indicadores
Amosar interese no proceso creativo e nos medios, técnicas e formatos. 10

2 O debuxo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar manifestacións artísticas de diferentes épocas e culturas, contextualizándoas, describindo os seus aspectos esenciais, valorando o proceso de creación e o resultado final e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa recepción.
Táboa de indicadores
Recoñecer os aspectos básicos dunha manifestación artística relevante no campo do debuxo. 10
CA1.2 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de diferentes producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre unha produción artística dunha época determinada atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción 10
CA1.3 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade na exploración de diferentes técnicas gráfico-plásticas, empregando ferramentas, medios, soportes e linguaxes diversas.
Táboa de indicadores
Manifestar interese polo correcto uso dos medios e ferramentas. 10
CA1.4 Elaborar producións gráfico-plásticas de forma creativa, determinando as intencións expresivas e seleccionando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver unha produción grafo-plástica sinxela con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios idóneos para obter os resultados desexados. 30
CA1.5 Crear un produto artístico individual ou grupal, de forma colaborativa e aberta, deseñando as fases do proceso e seleccionando as técnicas e ferramentas máis adecuadas para conseguir un resultado adaptado a unha intención e a un público determinados.
Táboa de indicadores
Amosar iniciativa para desenvolver unha idea seguindo as pautas e tomando as decisións necesarias. 30
CA1.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto artístico, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico obtendo conclusións. 10

3 A pintura
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar manifestacións artísticas de diferentes épocas e culturas, contextualizándoas, describindo os seus aspectos esenciais, valorando o proceso de creación e o resultado final e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa recepción.
Táboa de indicadores
Recoñecer os aspectos básicos dunha manifestación pictórica relevante: época, temática, técnica empregada e aspectos compositivos básicos. 10
CA1.2 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de diferentes producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre unha produción artística dunha época determinada atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción 10
CA1.3 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade na exploración de diferentes técnicas gráfico-plásticas, empregando ferramentas, medios, soportes e linguaxes diversas.
Táboa de indicadores
Manifestar interese polo correcto uso dos medios e ferramentas. 10
CA1.4 Elaborar producións gráfico-plásticas de forma creativa, determinando as intencións expresivas e seleccionando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver unha produción grafo-plástica sinxela con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios idóneos para obter os resultados desexados. 30
CA1.5 Crear un produto artístico individual ou grupal, de forma colaborativa e aberta, deseñando as fases do proceso e seleccionando as técnicas e ferramentas máis adecuadas para conseguir un resultado adaptado a unha intención e a un público determinados.
Táboa de indicadores
Amosar iniciativa para desenvolver gráficamente unha idea seguindo as pautas e tomando as decisións necesarias individuamente e/ou en grupo. 30
CA1.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto artístico, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico, obtendo conclusións. 10

4 As técnicas de gravado.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar manifestacións artísticas de diferentes épocas e culturas, contextualizándoas, describindo os seus aspectos esenciais, valorando o proceso de creación e o resultado final e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa recepción.
Táboa de indicadores
Recoñecer os aspectos básicos dunha manifestación artística relevante: xénero artístico, época e técnica empregada. 10

Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico e obtendo conclusións. 10

5 Arte na natureza e arte urbano.

Amosar iniciativa para desenvolver gráficamente unha idea sobre unha intervención na natureza ou o entorno urbano, seguindo as pautas e tomando as decisións necesarias individuamente e/ou en grupo. 30
CA1.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto artístico, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico, obtendo conclusións. 10

6 O volume
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar manifestacións artísticas de diferentes épocas e culturas, contextualizándoas, describindo os seus aspectos esenciais, valorando o proceso de creación e o resultado final e evidenciando unha actitude de apertura, interese e respecto na súa recepción.
Táboa de indicadores
Recoñecer os aspectos básicos dunha manifestación artística relevante: xénero artístico, época e técnica empregada. 10
CA1.2 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de diferentes producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre unha produción artística dunha época determinada atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción. 10
CA1.3 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade na exploración de diferentes técnicas gráfico-plásticas, empregando ferramentas, medios, soportes e linguaxes diversas.
Táboa de indicadores
Manifestar interese polo correcto uso dos medios e ferramentas. 30
CA1.4 Elaborar producións gráfico-plásticas de forma creativa, determinando as intencións expresivas e seleccionando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver unha produción grafo-plástica sinxela con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios idóneos para obter os resultados desexados. 30
CA1.5 Crear un produto artístico individual ou grupal, de forma colaborativa e aberta, deseñando as fases do proceso e seleccionando as técnicas e ferramentas máis adecuadas para conseguir un resultado adaptado a unha intención e a un público determinados.
Táboa de indicadores
Amosar iniciativa para desenvolver gráficamente unha idea seguindo as pautas e tomando as decisións necesarias individuamente e/ou en grupo. 10
CA1.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto artístico, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico, obtendo conclusións. 10

7 Arte secuencial. O cómic.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de producións visuais, audiovisuais e multimedia, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre unha produción artística dunha época determinada atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción. 10
CA2.2 Elaborar producións visuais, audiovisuais e multimedia de forma creativa, determinando as intencións expresivas, seleccionando e empregando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver unha banda deseñada sinxela con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios idóneos para obter os resultados desexados. 70
CA2.3 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de diferentes medios, técnicas e formatos audiovisuais, descodificando as súas linguaxes, identificando as ferramentas e distinguindo os seus fins.
Táboa de indicadores
Amosar interese no proceso creativo e nos medios, técnicas e formatos. 10
CA2.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico, obtendo conclusións. 10

8 Fotografía.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de producións visuais, audiovisuais e multimedia, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre imaxes fotográficas icónicas dunha época determinada atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción. 10
CA2.2 Elaborar producións visuais, audiovisuais e multimedia de forma creativa, determinando as intencións expresivas, seleccionando e empregando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para imaxes fotográficas con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os parámetros axeitados e a composición idónea para obter os resultados desexados. 10
CA2.3 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de diferentes medios, técnicas e formatos audiovisuais, descodificando as súas linguaxes, identificando as ferramentas e distinguindo os seus fins.
Táboa de indicadores
Amosar interese no proceso creativo e nos medios, técnicas e formatos. 30
CA2.5 Crear un produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, de forma colaborativa e aberta, deseñando as fases do proceso e seleccionando as técnicas e ferramentas máis adecuadas para conseguir un resultado adaptado a unha intención e a un público determinados.
Táboa de indicadores
Amosar iniciativa para desenvolver gráficamente unha idea seguindo as pautas e tomando as decisións necesarias individuamente e/ou en grupo. 30
CA2.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico, obtendo conclusións. 10
CA2.7 Identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico ou profesional relacionadas co ámbito visual, audiovisual ou multimedia, comprendendo o seu valor engadido e expresando a opinión persoal de forma razoada e respectuosa.
Táboa de indicadores
Amosar interese polo feito audiovisual e pola fotografía. Comprender o seu valor como elemento expresivo e de comunicación. 10

9 Imaxe en movemento. Animación.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de producións visuais, audiovisuais e multimedia, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre unha produción de imaxe en movemento dunha época determinada atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción. 5
CA2.2 Elaborar producións visuais, audiovisuais e multimedia de forma creativa, determinando as intencións expresivas, seleccionando e empregando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver unha animación sinxela con intencións expresivas e comunicativas. Capacidade de seleccionar os medios idóneos para obter os resultados desexados. 20
CA2.3 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de diferentes medios, técnicas e formatos audiovisuais, descodificando as súas linguaxes, identificando as ferramentas e distinguindo os seus fins.
Táboa de indicadores
Amosar interese no proceso creativo e nos medios, técnicas e formatos. 20
CA2.4 Realizar producións audiovisuais, individuais ou colaborativas asumindo diferentes funcións, incorporando o uso das tecnoloxías dixitais cunha intención expresiva, buscando un resultado final axustado ao proxecto preparado previamente e seleccionando e empregando, con corrección e de forma creativa, as ferramentas e medios dispoñibles máis adecuados.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver unha narrativa de imaxe en movemento sinxela con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios dixitais idóneos para obter os resultados desexados. 20
CA2.5 Crear un produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, de forma colaborativa e aberta, deseñando as fases do proceso e seleccionando as técnicas e ferramentas máis adecuadas para conseguir un resultado adaptado a unha intención e a un público determinados.
Táboa de indicadores
Amosar iniciativa para desenvolver unha idea de animación, seguindo as pautas e tomando as decisións necesarias individuamente e/ou en grupo. 20
CA2.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico, obtendo conclusións. 10
CA2.7 Identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico ou profesional relacionadas co ámbito visual, audiovisual ou multimedia, comprendendo o seu valor engadido e expresando a opinión persoal de forma razoada e respectuosa.
Táboa de indicadores
Amosar interese pola imaxe en movemento. Comprender o seu valor como elemento expresivo e de comunicación. 5

10 Linguaxe audiovisual.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de producións visuais, audiovisuais e multimedia, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre unha produción audiovisual relevante, dunha época determinada, atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción. 5
CA2.2 Elaborar producións visuais, audiovisuais e multimedia de forma creativa, determinando as intencións expresivas, seleccionando e empregando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver unha realización audiovisual sinxela con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios idóneos para obter os resultados desexados. 20
CA2.3 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de diferentes medios, técnicas e formatos audiovisuais, descodificando as súas linguaxes, identificando as ferramentas e distinguindo os seus fins.
Táboa de indicadores
Amosar interese no proceso creativo e nos medios, técnicas e formatos. 20
CA2.4 Realizar producións audiovisuais, individuais ou colaborativas asumindo diferentes funcións, incorporando o uso das tecnoloxías dixitais cunha intención expresiva, buscando un resultado final axustado ao proxecto preparado previamente e seleccionando e empregando, con corrección e de forma creativa, as ferramentas e medios dispoñibles máis adecuados.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver un pequeno proxecto audiovisual con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios dixitais idóneos para obter os resultados desexados. 20
CA2.5 Crear un produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, de forma colaborativa e aberta, deseñando as fases do proceso e seleccionando as técnicas e ferramentas máis adecuadas para conseguir un resultado adaptado a unha intención e a un público determinados.
Táboa de indicadores
Amosar iniciativa para desenvolver unha idea desenvolvendo as fases de preprodución, produción e postprodución, respetando os roles dos membros do equipo e tomando as decisións necesarias individuamente e/ou en grupo. 20
CA2.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico, obtendo conclusións. 10
CA2.7 Identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico ou profesional relacionadas co ámbito visual, audiovisual ou multimedia, comprendendo o seu valor engadido e expresando a opinión persoal de forma razoada e respectuosa.
Táboa de indicadores
Amosar interese polo feito audiovisual. Comprender o seu valor como elemento expresivo e de comunicación. 5

11 Publicidade.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de producións visuais, audiovisuais e multimedia, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre unha produción publicitaria dunha época determinada atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción. 5
CA2.2 Elaborar producións visuais, audiovisuais e multimedia de forma creativa, determinando as intencións expresivas, seleccionando e empregando con corrección as ferramentas, medios, soportes e linguaxes máis adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver un exemplo de publicidade sinxela con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios idóneos para obter os resultados desexados. 20
CA2.3 Participar, con iniciativa, confianza e creatividade, na exploración de diferentes medios, técnicas e formatos audiovisuais, descodificando as súas linguaxes, identificando as ferramentas e distinguindo os seus fins.
Táboa de indicadores
Amosar interese no proceso creativo e nos medios, técnicas e formatos. 20
CA2.4 Realizar producións audiovisuais, individuais ou colaborativas asumindo diferentes funcións, incorporando o uso das tecnoloxías dixitais cunha intención expresiva, buscando un resultado final axustado ao proxecto preparado previamente e seleccionando e empregando, con corrección e de forma creativa, as ferramentas e medios dispoñibles máis adecuados.
Táboa de indicadores
Capacidade para desenvolver unha publicidade audiovisual sinxela con intencións expresivas e capacidade de seleccionar os medios dixitais idóneos para obter os resultados desexados. 20
CA2.5 Crear un produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, de forma colaborativa e aberta, deseñando as fases do proceso e seleccionando as técnicas e ferramentas máis adecuadas para conseguir un resultado adaptado a unha intención e a un público determinados.
Táboa de indicadores
Amosar iniciativa para desenvolver gráficamente unha idea seguindo as pautas e tomando as decisións necesarias individuamente e/ou en grupo. 20
CA2.6 Expoñer o resultado final da creación dun produto visual, audiovisual ou multimedia, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico, obtendo conclusións. 10
CA2.7 Identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico ou profesional relacionadas co ámbito visual, audiovisual ou multimedia, comprendendo o seu valor engadido e expresando a opinión persoal de forma razoada e respectuosa.
Táboa de indicadores
Amosar interese polo campo da publicidade e as súas ferramentas. Comprender o seu valor como elemento expresivo e de comunicación. 5

12 Xeometría plana.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Participar con iniciativa, confianza e rigor na exploración da linguaxe gráfica de tipo técnico em-pregando distintas ferramentas.
Táboa de indicadores
Amosar interese polos elementos da xeometría e a súa aplicación no deseño. Ter coñecemento dos medios, técnicas e formatos elementais. 10
CA3.2 Elaborar producións gráficas de tipo técnico con interese pola corrección, determinando as intencións comunicativas e seleccionando as ferramentas, medios, soportes e linguaxes ma¿is adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para xerar formas mediante procesos da xeometría plana: formas poligonais elementais, transformacións xeométricas básicas e realización de enlaces e tanxencias entre rectas e arcos de circunferencias. 80
CA3.3 Valorar o rigor do proceso de creación gráfica, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Táboa de indicadores
Amosar claridade e precisión básicas nas realizacións. 10

13 Xeometría descritiva.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Participar con iniciativa, confianza e rigor na exploración da linguaxe gráfica de tipo técnico em-pregando distintas ferramentas.
Táboa de indicadores
Amosar interese polos diferentes sistemas de representación e a súa aplicación no deseño. Ter coñecemento dos principios básicos de cada sistema visto. 10
CA3.2 Elaborar producións gráficas de tipo técnico con interese pola corrección, determinando as intencións comunicativas e seleccionando as ferramentas, medios, soportes e linguaxes ma¿is adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Capacidade para representar volumes sinxelos nos diferentes sistemas de representación, a partires duns datos. 80
CA3.3 Valorar o rigor do proceso de creación gráfica, a claridade, a precisión e o proceso de resolución e construción gráfica.
Táboa de indicadores
Amosar unhas destrezas básicas na representación así como un nivel aceptable de precisión, claridade e limpeza nas representacións. 10

14 Deseño.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar criticamente os hábitos, os gustos e os referentes artísticos de diferentes épocas e culturas, a través de producións visuais, audiovisuais e multimedia, reflexionando sobre a súa evolución e sobre a súa relación cos do presente.
Táboa de indicadores
Capacidade para emitir unha valoración sobre produtos de deseño dunha época determinada atendendo aos condicionantes que influiron na súa produción. 10
CA3.1 Participar con iniciativa, confianza e rigor na exploración da linguaxe gráfica de tipo técnico em-pregando distintas ferramentas.
Táboa de indicadores
Capacidade básica para empregar a linguaxe técnica de representación para a definición das formas e volumes deseñados. 10
CA3.2 Elaborar producións gráficas de tipo técnico con interese pola corrección, determinando as intencións comunicativas e seleccionando as ferramentas, medios, soportes e linguaxes ma¿is adecuadas de entre os que conforman o repertorio persoal de recursos.
Táboa de indicadores
Desenvolver as fases do deseño dun obxecto sinxelo, chegando a unha definición formal, empregando medios técnicos axeitados. 70
CA3.4 Analizar o resultado final da creación dun produto de creación gráfica de tipo técnico, individual ou grupal, poñendo en común e valorando criticamente o desenvolvemento da súa elaboración, as dificultades atopadas, os progresos realizados e os logros alcanzados.
Táboa de indicadores
Capacidade para transmitir a experiencia do traballo realizado de xeito crítico, obtendo conclusións. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)

A intervención educativa na materia de Expresión Artística centrerase en desenvolver o seu currículo, tratando de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto das materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

A materia de Expresión Artística desenvólvese principalmente mediante a realización de exercicios prácticos apoiados en sesións explicativas nas que, ademais de servir de guía e dar as orientacións, promoverá o debate sobre aqueles aspectos máis interesantes para promover a participación do alumnado involucrandoo no seu propio aprendizaxe. Así mesmo, fomentarase a reflexión sobre o traballo realizado propio e alleo mediante exposicións e presentacións nas que o alumnado poderá explicar as súas creacións e entender as das/os compañeiras/os.

LIÑAS DE ACTUACIÓN NO PROCESO DE ENSNO E APRENDIZAXE:

- O deseño de proxectos multidisciplinares de carácter funcional que doten dun sentido práctico os traballos desenvolvidos, co fin de potenciar unha aprendizaxe significativa.

- O uso de diferentes metodoloxías activas que promovan o traballo en grupo na resolución colaborativa de problemas, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos de forma autónoma e sempre tendo en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe dos membros de cada equipo de traballo.

- A creación na aula dun clima apropiado para reforzar a autoestima, o desenvolvemento da creatividade, a experimentación técnica en proxectos interdisciplinares gráfico-plásticos e potenciando tamén o uso de ferramentas e programas de deseño e debuxo en 2D e 3D.

- O emprego de estratexias para traballar transversalmente a participación activa do alumnado en materia de igualdade, cun enfoque inclusivo, non sexista e de superación de estereotipos discriminatorios. Tamén empregar estratexias para superar os desafíos do século XXI que atendan ao consumo responsable, á diversidade cultural dun mundo cada vez máis globalizado, a unha actitude crítica, ética e responsable da cultura dixital e ao entendemento de que o coñecemento e o compromiso cidadán son o motor do desenvolvemento.

- A realización de traballos diferenciados que favorezan un proceso creativo autónomo, baseado na reflexión persoal, na disciplina e na responsabilidade, atendendo á individualidade de cada alumno, así como ás necesidades específicas de todos eles, á prevencións de dificultades e á posta en práctica de mecanismos para superalas a medida que aparezan.

4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)

Denominación
Mesas de debuxo
Ordenador con conexión a Internet e proxector con pantalla.
Acceso á aula de ordenadores con conexión a Internet.
Aula virtual.
Acceso á fotocopiadora ou impresora a cor.
Carboncillo, lapis conté e sanguina.
Tórculo de uso escolar.
Materiais para realizar gravado: Planchas de linóleo, planchas de acetato, papel de aluminio, xogos de gubias, xogos de punta seca, tinta de gravado (maxenta, cian, amarelo, branco e negro), espátulas, rodillos de gravado, planchas de vidro e bandexas.
Vertedoiros con conexión á rede de abastecemento de auga.
Afialapis de mesa.
Pintura aerosol (tres cores).
Materiais para modelado: bases de modelado, arxila e ferramentas de madeira ou plástico para modelado.
Cámara reflex dixital.
Trípodes para teléfono móbil.
Pintura acrílica (Maxenta, cian, amarelo, branco e negro).
Paletas de mestura.
Tinta para aguadas (cinco cores).
Bases de corte e cortadores de precisión.

O alumnado deberá aportar algún material propio:

- Lapis de diferentes durezas e goma branda.

- Lapis de cores.

- Ceras brandas.

- Rotuladores.

- Pinceis planos e redondos nº 12

- Papel para debuxo a acuarela.

- Regra (30 cm).

- Compás.

Na aula haberá dispoñibles algúns destes materiais para uso do alumnado, de ser necesario.

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)

O procedemento seleccionado para a valoración inicial do alumnado consiste en:

A - Unha proba escrita non avaliable onde se poderá valorar o nivel de coñecementos e desenvolvemento da expresión gráfica mediante a resolución duns exercicios sinxelos.

B - Unha enquisa orientada a:

* Coñecer o grao de interese do alumnado pola materia e as súas perspectivas de cara a cursos vindeiros.

* Ter unha referencia sobre as partes da materia lles interesa máis.

* Grao de desenvolvemento dixital.

* Posibilidade de acceso a ferramentas dixitais.

* Manexo da aula virtual.

Esta proba inicial só terá carácter orientativo sobre o nivel real do alumnado e a súa capacidade de expresión gráfica.

5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)

Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 7.0 9.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.00000000000009

En xeral, a materia cualificarase por trimestre mediante a valoración dos proxectos realizados tanto individualmente como en grupo. Haberá un proxecto por cada trimestre que comprenderá varias unidades didácticas. Valoraranse os seguintes aspectos:

- Actividades de realización fóra da aula: 20% da cualificación.

- Participación activa na actividade práctica proposta (individual ou grupal) e resolución da mesma: 70% da cualificación.

- Exposición e xustificación do traballo oral ou escrita: 10% da cualificación.

As actividades prácticas propostas en cada proxecto desenvolveranse na súa maior parte na aula. Haberá unha parte de investigación persoal que se realizará fóra das clases. Os traballos deberán entregarse no prazo indicado, respetando as datas e as indicacións de presentación.

Para obter as cualificacións trimestrais dos boletíns, redondearase a cualificación con decimais (de telos) a número enteiro, sendo a cualificación mínima o un e a máxima o dez.

A cualificación final será a media aritmética das notas reais dos proxectos (non da nota redondeada dos boletíns).

As cualificacións dos proxectos, actividades prácticas asociadas a estes e probas escritas, de ser o caso (nas probas finais), achegaranse individualmente a cada alumna/o a través da aula virtual ou de xeito directo en persoa.

As avaliacións recuperaranse entregando as actividades prácticas non entregadas ou re-entregando aquelas que non obtivesen a cualificación mínima. As entregas deberán realizarse dentro do prazo establecido e preferentemente dixitalizadas a través da aula virtual, aínda que tamén se poderán entregar de forma física en persoa.

No caso de non ter superada a materia tras a terceira avaliación, o alumnado poderá superar a materia re- entregando aqueles proxectos que non obtivesen a cualificación mínima. A cualificación final obterase tras realizar a media dos traballos.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)

Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)

Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)

Partimos da idea do principio de individualización do ensino e de que a aula é un conxunto de diversidades. Deberemos ser flexibles á hora de adaptar a nosa programación, especialmente a metodoloxía, adoptando medidas de carácter preventivo unha vez coñezamos as características das persoas coas que imos traballar.

A nosa materia é especialmente agradecida neste sentido, polas súas características intrínsecas e pola multitude de solucións que poden resultar de cada proposta.

A inclusión será un factor determinante no desenvolvemento das propostas de traballo das unidades didácticas, que terán lugar en ambientes de aprendizaxe centrados no alumnado, para que todos poidan demostrar o seu potencial e sexan partícipes das situacións de aprendizaxe. Isto será moi enriquecedor para eles pero tamén para o resto de alumnos e para nós como profesionais da educación.

Debemos partir dunha detallada avaliación inicial para coñecer ao noso alumnado. Cada curso podemos enfrontarnos ao reto de ter alumnado con discapacidades visuais, auditivas, motoras, así como diagnósticos de TDAH ou TEA, entre outras moitas patoloxías. Tamén atoparemos alumnado recentemente incorporado ao noso sistema educativo, procedente do estranxeiro, algúns deles sen coñecer as linguas vehiculares, estudantes que proveñen de diferentes orixes socioeconómicas, con condicións persoais difíciles, distintos xeitos de aprender, ritmos de asimilación dispares e niveis de motivación desiguais. Tampouco podemos esquecer ao alumnado de altas capacidades que son un desafío para o docente e unha gran fonte de inspiración para o resto de compañeiros.

Conscientes de que perseguimos acadar os obxectivos propostos de acordo ás capacidades e intereses do alumnado, as medidas de atención á diversidade centraranse en:

MEDIDAS CURRICULARES E METODOLÓXICAS: supoñen unha adaptación encamiñada a modificar as disfuncións, transitorias ou permanentes, detectadas en certo alumnado.

- En caso de que un alumno ou alumna non acade os obxectivos mínimos, trataremos de ofertar unha variedade de actividades de reforzo, a través de exercicios adaptados e de consolidación.

- Utilizaremos multiplicidade de procedementos e mecanismos de avaliación e de recuperación.

- É importante, tamén, favorecer a existencia dun bo clima de aprendizaxe na aula e insistir en reforzos positivos para mellorar a auto estima.

- Favoreceremos o traballo en equipo, preferiblemente en pequenos grupos para que o alumnado poida desenvolver distintos roles.

- En caso de alumnos con necesidades educativas especiais (ACNEE) realizaremos adaptacións de accesibilidade ao currículo así como recursos de apoio que o favorezan.

- O alumnado con discapacidade que poidan ser escolarizado disporán da modalidade que lles garanta unha resposta máis axeitada ás súas necesidades.

- Co alumnado que requira ser hospitalizado ou permanecer convalecente no seu domicilio, favoreceremos a continuidade na nosa materia e a comunicación a través da aula virtual ou do profesor de atención domiciliaria.

- O alumnado valorado como de altas capacidades pode ampliar o currículo ou aceleralo así como flexibilizar o período de permanencia na etapa.

MEDIDAS INTERDISCIPLINARES E COLABORATIVAS:

- Existen tarefas nas que sería interesante colaborar con profesores de materias afíns e complementarias podendo abordar proxectos conxuntos. Isto para os estudantes é unha aprendizaxe moito máis global e permítelles entender mellor a aplicación e o sentido dos saberes.

- Unha frecuente comunicación coas familias resulta crucial nos casos de alumnado con necesidades educativas especiais. Elas nos poden indicar cales son as fortalezas e a maneira máis axeitada para traballar cos seus fillos. Ás veces estas familias están asesoradas por profesionais que tamén nos poden guiar á hora de concretar procedementos instrumentais e adaptar a materia para ter máis posibilidades de éxito.

MEDIDAS ORGANIZATIVAS:

- Se a dispoñibilidade horaria permitise agrupamentos en pequenos grupos, sería moi favorecedor para á atención á diversidade e a elaboración de traballos con procesos técnicos complicados.

- Dispoñemos de plans de acollida ao alumnado estranxeiro con atención educativa específica para aqueles que se incorporen tardiamente ó sistema educativo e presente graves carencias en lingua castelá e/ou galega. Isto dependerá da dispoñibilidade horaria do centro, e tendo en conta que este alumnado se incorpora co curso xa iniciado, cando os horarios xa están pechados, é de moi difícil consecución. O alumnado que se escolarice tardiamente ao noso sistema e presente un desfase curricular de máis de dous cursos incorporaranse nun curso inferior ao que lle corresponde por idade.

- Non podemos esquecer a importancia da acción titorial e da prevención do absentismo así como a indispensable colaboración co Departamento de Orientación.

7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)

Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14
1 Comprensión lectora.
2 Expresión oral e escrita.
3 Comunicación audiovisual
4 Competemcia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade

Se ben todas as actividades propostas permiten afianzar e traballar os elementos transversais citados (Independentemente da unidade didáctica á que pertenzan) sinálanse aquelas unidades didácticas máis relevantes no fomento dos elementos transversais concretos.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)

Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visitas guiadas a exposicións de arte puntuais que se oferten durante o curso escolar na contorna Uns dos obxectivos desta materia é o de xerar o hábito de achegarse aos museos ou salas de exposicións e disfrutar das pezas artísticas promovendo a investigación previa sobre as mesmas. Rematar a visita facendo un taller de arte (gravado, pintura, debuxo, fotografía, etc) fai que o alumnado enriqueza a súa visión da produción artística
Charla con un artista plástico ou ilustrador/a. Trátase de poñer en contacto ao grupo cun artista no seu espazo de traballo para que o alumnado poda ter unha visión real de como se desenrola a actividade artística. O desenvolvemento dos medios dixitais permiten hoxe simplificar estas actividades de interacción.

A visita ao museo está suxeita á dispoñibilidade do mesmo polo que o destino podería sufrir modificacións.

O/A artísta participante na charla online está por concretar.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)

Categoría indicador de logro Indicadores de logro
(P) Consulto a programación ao longo do curso e, en caso necesario, realizo e anoto as modificacións.
(P) - Dase a coñecer a programación ao alumnado e se lle facilita o acceso ao contido da mesma por medios dixitais (aula virtual, espazo web, etc)
(P) - Fanse anotacións durante as revisións da programación para a mellora e optimización da mesma de cara a vindeiros cursos.
(M) - O alumnado entende a dinámica de traballo na aula e a segue sen problema.
(M) - O emprego da aula virtual é axeitado por parte do alumnado. Acceden regularmente aos contidos e fan as entregas seguindo as instrucións dadas.
(M) - O grao de participación durante as explicacións é axeitada? Aínda que en diferente grao, participa todo o alumnado?
(M) - Impleméntanse rúbricas nos exercicios prácticos para que o alumnado poda coñecer os aspectos que se avalían?.
(M) - Deséñase varias prácticas para facer en grupo?
(M) - O grao de participación do alumnado nos exercicios prácticos de grupo é axeitado?
(M) - Amósanse suficientes exemplos para que o alumnado teña referencias dos exercicios prácticos que debe desenvolver?
(M) - Hai un diario de clases dispoñible online para o alumnado onde se indica a materia/o traballo realizado en cada sesión.
(AD) - A programación contempla a atención á diversidade?
(AD) - Disponse de toda a información relativa ao alumnado antes do comezo do curso?
(AD) - Tense en conta a AD na organización da aula e na creación de grupos para os traballos?
(AD) - Coñécense e aplícanse os protocolos pertinentes no caso de ser necesario?
(AD) - Adáptanse as probas escritas e os exercicios prácticos ao alumnado que o precise, seguindo criterios e recomendacións obxectivos?
(AV) - Os instrumentos de avaliación empregados, así como o seu peso, correspóndense co previsto na programación didáctica.
(AV) - Tras a realización dun exercicio práctico, valórase a idoneidade do mesmo e o grao de resposta dado polo alumnado?
(AV) - O alumnado coñece os criterios de avaliación e o peso na cualificación das probas escritas e exercicios prácticos.
(AV) - Unha vez rematado un trimestre, deseñase un plan de recuperación para o alumnado que precise recuperar a materia?
(AV) - No deseño das probas e exercicios prácticos téñense en conta as competencias clave?

Para levar a cabo unha adecuada avaliación da práctica docente, é necesario ter en conta:

- Establecer indicadores de logro que servirán para comprobar o funcionamento da programación e valorar a actuación propia como docente.

- Deseñar un procedemento adecuado para recoller os datos correspondentes que permitan valorar a situación.

- Analizar os resultados obtidos.

- Propoñer e incorporar as medidas de mellora que sexan necesarias.

Os indicadores de logro organízanse en torno a catro apartados:

- (P) Programación.

- (M) Metodoloxía.

- (AD) Atención á diversidade.

- (A) Avaliación.

8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)

A programación de Expresión Artística de 4º de ESO realizarase con anterioridade ao comezo do curso académico. Para a súa realización terase en conta:

- Os cambios ou axustes normativosa que puideran terse producido con aplicación no novo curso.

- As anotacións e propostas de mellora do curso anterior que se fixeron constar na correspondente memoria do departamento.

A avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe realizarase ao remate de cada unidade didáctica para identificar carencias no alumnado, e en cada trimestre, unha vez obtidos os resultados da avaliación.

Durante o curso farase un seguimento da programación cunha periodicidade mensual. Comprobarase o grao de consecución dos obxectivos e os aspectos destacados e faranse constar nas actas das reunións de departamento.

En canto ao procedemento de seguimento, as ferramentas empregadas para analizar os indicadores de logro, entre outros, poden consistir en:

- Folla de rexistro onde ir anotando os aspectos máis cuantificables.

- Diario de aula.

- Rúbrica de autoavaliación que facilite cuantificar o grao de consecución de aspectos concretos;

- Estatísticas de resultados.

- Cuestionarios e enquisas ao alumnado.

9. Outros apartados (Elaborado)

Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver