Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Esta materia impártese en todos os centros de Secundaria de Galicia, xa que forma parte da etapa obrigatoria, polo que ten unha gran importancia como substrato dunha curiosidade e interese futuros polas distintas manifestacións plásticas.

 

A educación artística é unha actividade imprescindible no desenvolvemento das persoas. A experimentación coas artes plásticas, visuais e audiovisuais fomenta a exploración e coñecementos propios e promove a imaxinación así como a capacidade para crear respostas múltiples, en linguaxes propios, a diferentes necesidades. Así mesmo a actividade artística implica un grao alto de interacción co grupo onde o traballo propio e alleo, individual e en grupo, serven para fomentar o debate e aprender a aprender.

 

O estudo da imaxe nos diferentes medios (a súa historia, as tipoloxías, as técnicas de creación, etc.) convértese nun dos fíos principais da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Foméntase a experimentación e a creación de imaxes bidimensionais e tridimensionais en diferentes medios de xeito que o alumnado tome contacto con técnicas e medios tradicionais así como cos medios tecnolóxicos e dixitais, explorando as cualidades expresivas da cada un deles.

Preténdese que, partindo dunha base común de conceptos, o alumnado traballe e experimente co emprego das diferentes linguaxes visuais e audiovisuais realizando as súas propias producións plásticas e audiovisuais.

 

É imprescindible que o alumnado adquira os coñecementos e as destrezas básicas para afrontar a análise crítica da imaxe visual e audiovisual como elemento de comunicación. Esta materia colabora amplamente no fomento do espírito crítico do alumnado ante as imaxes con diferentes funcións comunicativas e moi especialmente ante a imaxe publicitaria.

 

A materia impártese nos cursos de primeiro e terceiro da ESO e dá continuidade á educación artística recibida polo alumnado nas etapas anteriores, facilitándolle ao alumnado: seguir afondando no coñecemento, interpretación e valoración crítica das imaxes en todas as súas funcións; potenciar o coñecemento e o respecto polo patrimonio cultural e artístico e a súa posta en vañlor; poñer en práctica da expresividade propia mediante a realización de producións individuais e colectivas.

 

 

A materia está deseñada a partir de oito obxectivos que saen dos obxectivos xerais da etapa e das competencias que configuran o perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico, en especial dos descritores da competencia en conciencia e expresión culturais, aos que se engaden aspectos relacionados coa comunicación verbal, a dixitalización, a convivencia democrática, a interculturalidade ou a creatividade. A materia ten un enfoque eminentemente práctico o que leva a que o alumnado se inicie na produción artística sen necesidade de dominar as técnicas nin os recursos, e que vaia adquirindo estes coñecementos en función das necesidades derivadas da súa propia produción.

 

Os criterios de avaliación e os contidos da materia articúlanse en catro bloques. O primeiro leva por título «Patrimonio artístico e cultural» e inclúe contidos relativos aos xéneros artísticos e ás manifestacións culturais máis destacadas. O segundo, denominado «Elementos formais da imaxe e da linguaxe visual. A expresión gráfica», abrangue os elementos, principios e conceptos que se poñen en práctica nas distintas manifestacións artísticas e culturais como forma de expresión. O terceiro bloque, «Expresión gráfico-plástica e técnica: fundamentos e procedementos», comprende tanto os procedementos gráfico-plásticos como as distintas operacións técnicas ademais dos factores e as etapas do proceso creativo e unha introdución aos sistemas de representación máis importantes. Inclúese tamén unha introdución á xeometría plana e aos sistemas de representación. Por último, o bloque «Imaxe e comunicación visual e audiovisual» incorpora os contidos relacionados coas linguaxes, as finalidades, os contextos, as funcións e os formatos da comunicación visual e audiovisual.

 

A metodoloxía desta materia debe estar baseada nun método creativo e práctico. Dotaremos aos alumnos dos conceptos e técnicas de traballo mediante explicacións teóricas, proxeccións audiovisuais, presentación directa de obras, obxectos ou materiais, visitas a exposicións, museos, etc. O método, fundamentalmente práctico, contemplará unha avaliación inicial que verifique o nivel inicial do grupo e de cada un dos integrantes, continuará con unha fase de motivación e estimulación que presente os obxectivos a alcanzar como un fin accesible e interesante para o alumnado e determinará as actividades necesarias para conseguilo. Finalmente a avaliación será construtiva e continua.

 

O IES do Milladoiro é un centro situado no concello de Ames, na periferia de Santiago de Compostela, que experimenta un continuo aumento de alumnado dende a súa creación, en 2014. Existe unha gran diversidade de alumnado, que pertence a diferentes ámbitos socio-económicos e culturais e que supón un activo no centro pero tamén esixe un esforzo extra para a tender todas as necesidades. A incorporación de alumnado procedente do extranxeiro durante o curso é outra das cuestións que provoca nunha diversidade de niveis e ritmos de aprendizaxe nas aulas e que implica unha flexibilización da programación e condiciona a temporalización. 

Dende o departamento apostamos por unha educación en igualdade de condicións, intentando fornecer dos recursos necesarios ao noso alumnado sen que supoña para as súas familias un gran desembolso económico.

Durante este curso, o departamento de Artes Plásticas está formado por dous docentes:

Ana María Vidal Ruiz de Velasco, xefa do departamento, que imparte en catro niveis: primeiro, terceiro e cuarto da ESO, máis primeiro de bacharelato (Debuxo técnico I).

Ana Fernández Ramos, profesor do departamento de Educación Física, que imparte EPVA de 1º de ESO como materia afín en dous grupos.

O nivel de 3º de ESO conta con 95 alumnos e alumnas divididos en 4 grupos máis un programa de diversificación curricular.

Esta programación baséase na lexislación estatal e autonómica vixente.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender a importancia que tiveron no desenvolvemento do ser humano algúns exemplos seleccionados das distintas manifestacións culturais e artísticas, amosando interese polo patrimonio como parte da propia cultura, para entender como se converten no testemuño dos valores e das conviccións de cada persoa e da sociedade no seu conxunto, e para recoñecer a necesidade da súa protección e da súa conservación.
OBX2 Explicar as producións plásticas, visuais e audiovisuais propias, comparándoas coas dos seus iguais e con algunhas das que conforman o patrimonio cultural e artístico, xustificando as opinións e tendo en conta o progreso desde a intención ata a realización, para valorar o intercambio, as experiencias compartidas e o diálogo intercultural, así como para superar estereotipos.
OBX3 Analizar diferentes propostas plásticas, visuais e audiovisuais, amosando respecto e desenvolvendo a capacidade de observación e interiorización da experiencia e da satisfacción estética, para enriquecer a cultura artística individual e alimentar o imaxinario propio.
OBX4 Explorar as técnicas, as linguaxes e as intencións de diferentes producións culturais e artísticas, analizando, de forma aberta e respectuosa tanto o proceso como o produto final, a súa recepción e o seu contexto, para descubrir as posibilidades que ofrecen como fonte xeradora de ideas e respostas.
OBX5 Realizar producións artísticas individuais ou colectivas con creatividade e imaxinación, seleccionando e aplicando ferramentas, técnicas e soportes en función da intencionalidade, para expresar a visión do mundo, as emocións e os sentimentos propios, así como para mellorar a capacidade de comunicación e desenvolver a reflexión crítica e a autoconfianza.
OBX6 Apropiarse das referencias culturais e artísticas da contorna, identificando as súas singularidades, para enriquecer as creacións propias e desenvolver a identidade persoal, cultural e social.
OBX7 Aplicar as técnicas, os recursos e as convencións principais das linguaxes artísticas, incorporando de forma creativa as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías, para as integrar e enriquecer o deseño e a realización dun proxecto artístico.
OBX8 Compartir producións e manifestacións artísticas, adaptando o proxecto á intención e ás características do público destinatario, para valorar distintas oportunidades de desenvolvemento persoal.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Os xéneros artísticos. Manifestacións culturais e artísticas. Particularidades do patrimonio artístico galego. Os distintos xéneros artísticos e as manifestacións culturais e artísticas clave ao longo da historia, incluídas as contemporáneas e as pertencentes ao patrimonio local: análise dos seus aspectos formais e do seu contexto histórico. Particularidades do patrimonio artístico galego. 5 4
2 A xeometría nos obxectos, na arte e na contorna natural. A xeometría na natureza, na arquitectura e no deseño de obxectos cotiáns. Xeometría plana. Introdución ás tanxencias e enlaces. 15 10
3 A percepción visual. Elementos de configuración visual e a súa organización compositiva. Introdución aos principios perceptivos, elementos e factores. Posibilidades expresivas e comunicativas dos elementos visuais: elementos básicos, forma, cor e textura. A composición: conceptos de equilibrio, proporción e ritmo aplicados á organización de formas no plano e no espazo. 10 4
4 O proceso creativo. Factores e etapas do proceso creativo. O esbozo. Elección de materiais e técnicas. a realización a través de operacións plásticas: manipular, reproducir, illar, transformar e asociar. 10 4
5 Técnicas básicas de expresión gráfico-plásticas en dúas dimensións. Técnicas secas e húmidas. O seu uso na arte e as súas características expresivas. Factores e etapas do proceso creativo. Elección de materiais e técnicas, realización. O esbozo. O proceso creativo a través de operacións plásticas: manipular, reproducir, illar, transformar e asociar. 15 12
6 Técnicas básicas de expresión gráfico-plásticas en tres dimensións. O volume: exemplos e características expresivas. 15 12
7 Sistema diédrico: vistas. Introdución aos sistemas de representación. Sistema diédrico: vistas. O esbozo isométrico. 15 12
8 Imaxes visuais e audiovisuais. O cine e a animación. Lectura e análise da imaxe visual e audiovisual. Imaxe en movemento. O cine e a animación: características, orixe e evolución. Técnicas básicas para a realización de producións audiovisuais sinxelas, de xeito individual ou en grupo. Experimentación en contornas virtuais de aprendizaxe. 15 12

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Patrimonio artístico e cultural
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA1.1 - Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, e describir as súas particularidades e o seu papel como transmisoras de conceptos, valores e convicións, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.
CA1.2 - Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e da análise guiada de obras de arte.
CA1.3 - Analizar diversas producións artísticas e culturais, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha ollada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
CA1.4 - Seleccionar e describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero, e incorporalas á súa cultura persoal e o seu imaxinario propio.
CA1.5 - Argumentar a satisfacción producida pola recepción da arte en todas as súas formas e vertentes, compartindo con respecto impresións e emocións, e expresar a opinión persoal de forma aberta.
CA1.6 - Explicar a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
Contidos
C1.1 - Os xéneros artísticos.
C1.2 - Manifestacións culturais e artísticas clave ao longo da historia, incluídas as contemporáneas e as pertencentes ao patrimonio local: análise dos seus aspectos formais e do seu contexto histórico. Particularidades do patrimonio artístico galego.
C1.3 - As formas xeométricas na arte e na contorna: xeometría na natureza, a arquitectura e o deseño de obxectos cotiáns.
Bloque B2. Elementos formais da imaxe e da linguaxe visual. A expresión gráfica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA2.1 - Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas, establecendo conexións entre elas, e incorporalas con creatividade nas producións propias.
CA2.2 - Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
CA2.3 - Explicar, de forma razoada, a importancia do proceso que media entre a realidade, o imaxinario e a produción, superando estereotipos e amosando un comportamento respectuoso coa diversidade cultural.
CA2.4 - Realizar un proxecto gráfico-plástico, con creatividade e de xeito consciente, axustándose ao obxectivo proposto, experimentando con distintas técnicas visuais na xeración de mensaxes propias, e amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
Contidos
C2.1 - Posibilidades expresivas e comunicativas dos elementos visuais: elementos básicos, forma, cor e textura.
C2.2 - A percepción visual. Introdución aos principios perceptivos, elementos e factores.
C2.3 - A composición. Conceptos de equilibrio, proporción e ritmo aplicados á organización de formas no plano e no espazo.
Bloque B3. Expresión gráfico-plástica e técnica: fundamentos e procedementos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA3.1 - Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes artísticas, así como os seus procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
CA3.2 - Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
CA3.3 - Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias, amosando unha visión persoal.
CA3.4 - Realizar un proxecto artístico, con creatividade e de xeito consciente, axustándose ao obxectivo proposto, experimentando con distintas técnicas visuais na xeración de mensaxes propias, e amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas de creación gráfico-plástica.
CA3.5 - Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar, e valorando as oportunidades de desenvolvemento persoal que ofrecen.
Contidos
C3.1 - Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en dúas dimensións. Técnicas secas e húmidas. O seu uso na arte e as súas características expresivas.
C3.2 - Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en tres dimensións. O seu uso na arte e as súas características expresivas.
C3.3 - O proceso creativo a través de operacións plásticas: manipular, reproducir, illar, transformar e asociar.
C3.4 - Introdución aos sistemas de representación. Sistema diédrico: vistas. O esbozo isométrico.
C3.5 - Factores e etapas do proceso creativo. Elección de materiais e técnicas, realización. O esbozo.
Bloque B4. Imaxe e comunicación visual e audiovisual
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA4.1 - Analizar de xeito guiado diversas producións visuais e audiovisuais, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha ollada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
CA4.2 - Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
CA4.3 - Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións audiovisuais propias, amosando unha visión persoal.
CA4.4 - Realizar un proxecto audiovisual con creatividade e de xeito consciente, axustándose ao obxectivo proposto, experimentando con distintas técnicas visuais ou audiovisuais na xeración de mensaxes propias, e amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
CA4.5 - Recoñecer os diferentes usos e as funcións das producións e das manifestacións visuais e audiovisuais, e argumentar de forma individual ou colectiva as súas conclusións acerca das oportunidades que poden xerar, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
CA4.6 - Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións audiovisuais, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, buscando as solucións e as estratexias máis adecuadas para melloralas, e valorando as oportunidades de desenvolvemento persoal que ofrecen.
Contidos
C4.1 - Imaxes visuais e audiovisuais: lectura e análise.
C4.2 - Imaxe en movemento. Características, orixe e evolución. O cine e a animación.
C4.3 - Técnicas básicas para a realización de producións audiovisuais sinxelas, de xeito individual ou en grupo. Experimentación en contornas virtuais de aprendizaxe.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Os xéneros artísticos. Manifestacións culturais e artísticas. Particularidades do patrimonio artístico galego.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, e describir as súas particularidades e o seu papel como transmisoras de conceptos, valores e convicións, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.
Táboa de indicadores
Ser quen de recoñecer minimamente os factores que condicionan as distintas producións plásticas así como a súa función desde unha perspectiva de xénero, con curiosidade e respecto. 15
CA1.2 Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e da análise guiada de obras de arte.
Táboa de indicadores
Valorar a importancia do patrimonio galego a través do coñecemento de obras de arte e a a súa conservación. 15
CA1.3 Analizar diversas producións artísticas e culturais, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha ollada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
Táboa de indicadores
Analizar dun xeito sinxelo as producións propias e alleas desde unha mirada estética respectando a diversidade cultural. 15
CA1.4 Seleccionar e describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero, e incorporalas á súa cultura persoal e o seu imaxinario propio.
Táboa de indicadores
Coñecer diversas proposas plásticas significativas e analizalas para incorporalas ao imaxinario propio desde unha perspectiva de xénero. 15
CA1.5 Argumentar a satisfacción producida pola recepción da arte en todas as súas formas e vertentes, compartindo con respecto impresións e emocións, e expresar a opinión persoal de forma aberta.
Táboa de indicadores
Saber expresar minimamente, dun xeito aberto e respectuoso, as emocións e a satisfacción que emanan da percepción dunha obra de arte. 20
CA1.6 Explicar a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
Táboa de indicadores
Recoñecer, dun xeito básico, a pertenza dunha obra de arte a un contexto cultural e histórico concreto a través da análise da configuración formal e dos factores sociais que a condicionan. 20

2 A xeometría nos obxectos, na arte e na contorna natural.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Argumentar a satisfacción producida pola recepción da arte en todas as súas formas e vertentes, compartindo con respecto impresións e emocións, e expresar a opinión persoal de forma aberta.
CA1.5.1. Argumentar e recoñecer os aspectos formais das obras de arte e da natureza en relación ás formas xeométricas.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer, analizar e argumentar sobre aspectos formais relacionados coa xeometría da nosa contorna. 10
CA2.4 Realizar un proxecto gráfico-plástico, con creatividade e de xeito consciente, axustándose ao obxectivo proposto, experimentando con distintas técnicas visuais na xeración de mensaxes propias, e amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
CA2.4.1. Realizar proxectos gráficos axustándose a tarefa solicitada amosando iniciativa no emprego dos principios xeométricos.
Proba escrita
Realizar tarefas prácticas e exercicios de xeometría partindo dos exemplos na natureza e na arte. 30
CA3.3 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias, amosando unha visión persoal.
CA3.3.1. Utilizar con creatividade os exemplos xeométricos presentes na contorna, tanto naturais como arquitectónicos, artísticos ou pertencentes ó ámbito do deseño.
Táboa de indicadores
Utilizar con fins creativos exemplos xeométricos da nosa contorna e aplicalos a producións novedosas propias. 20
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar, e valorando as oportunidades de desenvolvemento persoal que ofrecen.
Táboa de indicadores
Saber expoñer, dun xeito sinxelo, o proceso de elaboración propio, recoñecendo os erros e as posibilidades de mellora, valorando as posibilidades que a normalización ofrece de desenvolvemento persoal. 10
CA4.2 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Táboa de indicadores
Diferenciar mínimamente as características dos distintos sistemas de representación e da xeometría, así como os seus procedementos en relación ao resultado buscado, analizando o procedemento con interese. 15
CA4.5 Recoñecer os diferentes usos e as funcións das producións e das manifestacións visuais e audiovisuais, e argumentar de forma individual ou colectiva as súas conclusións acerca das oportunidades que poden xerar, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
Táboa de indicadores
Recoñecer os distintos usos e funcións que nos ofrece a xeometría e argumentar acerca das oportunidades que pode xerar cunha actitude aberta e con curiosidade por coñecer a súa importancia na sociedade. 15

3 A percepción visual. Elementos de configuración visual e a súa organización compositiva.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas, establecendo conexións entre elas, e incorporalas con creatividade nas producións propias.
Táboa de indicadores
Analizar, de xeito guiado, as características principais dos distintos tipos de linguaxes das diferentes producións artísticas, establecendo conexións entre elas e incorporándoas as producións propias. 25
CA2.2 Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
Táboa de indicadores
Expresar minimamente ideas e sentimentos, a través da experimentación coas distintas técnicas, desenvolvendo certa capacidade de comunicación e reflexión crítica. 20
CA2.3 Explicar, de forma razoada, a importancia do proceso que media entre a realidade, o imaxinario e a produción, superando estereotipos e amosando un comportamento respectuoso coa diversidade cultural.
Táboa de indicadores
Explicar o proceso de produción, superando estereotipos, cunha actitude respectuosa coa diversidade cultural. 20
CA2.4 Realizar un proxecto gráfico-plástico, con creatividade e de xeito consciente, axustándose ao obxectivo proposto, experimentando con distintas técnicas visuais na xeración de mensaxes propias, e amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
Táboa de indicadores
Realizar un pequeno proxecto gráfico-plástico, con certa iniciativa e creatividade, experimentando coas técnicas na xeración de mensaxes propias, axustándose ao solicitado. 35

4 O proceso creativo.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes artísticas, así como os seus procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Táboa de indicadores
Diferenciar, mínimamente, as características das distintas técnicas e linguaxes artísticas, así como os seus procedementos en relación ao resultado buscado, analizando o procedemento con interese. 10
CA3.2 Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
Táboa de indicadores
Expresar minimamente ideas e sentimentos, a través da experimentación coas distintas técnicas, desenvolvendo certa capacidade de comunicación e reflexión crítica. 20
CA3.3 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias, amosando unha visión persoal.
Táboa de indicadores
Saber utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias amosando unha visión persoal. 10
CA3.4 Realizar un proxecto artístico, con creatividade e de xeito consciente, axustándose ao obxectivo proposto, experimentando con distintas técnicas visuais na xeración de mensaxes propias, e amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas de creación gráfico-plástica.
Táboa de indicadores
Ser quen de realizar un pequeno proxecto gráfico-plástico, axustándose ao obxectivo proposto, amosando iniciativa no emprego da linguaxe, materiais, soportes e ferramentas gráfico-plásticas. 35
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar, e valorando as oportunidades de desenvolvemento persoal que ofrecen.
Táboa de indicadores
Saber expoñer, dun xeito sinxelo, o proceso de elaboración propio, recoñecendo os erros e as posibilidades de mellora, valorando as posibilidades que a normalización ofrece de desenvolvemento persoal. 25

5 Técnicas básicas de expresión gráfico-plásticas en dúas dimensións.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes artísticas, así como os seus procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Táboa de indicadores
Diferenciar, mínimamente, as características das distintas técnicas e linguaxes artísticas en dúas dimensións, secas e húmidas, así como os seus procedementos en relación ao resultado buscado, analizando o procedemento con interese. 20
CA3.2 Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
Táboa de indicadores
Explicar minimamente o proceso de produción, superando estereotipos, cunha actitude respectuosa coa diversidade cultural. 15
CA3.3 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias, amosando unha visión persoal.
Táboa de indicadores
Saber utilizar, dun xeitos sinxelo, con creatividade, referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias amosando unha visión persoal. 15
CA3.4 Realizar un proxecto artístico, con creatividade e de xeito consciente, axustándose ao obxectivo proposto, experimentando con distintas técnicas visuais na xeración de mensaxes propias, e amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas de creación gráfico-plástica.
Táboa de indicadores
Realizar un pequeno proxecto gráfico-plástico, con certa iniciativa e creatividade, experimentando coas técnicas para poder xerar mensaxes propias, axustándose ao solicitado. 30
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar, e valorando as oportunidades de desenvolvemento persoal que ofrecen.
Táboa de indicadores
Saber expoñer, dun xeito sinxelo, o proceso de elaboración propio, recoñecendo os erros e as posibilidades de mellora, valorando as posibilidades que a normalización ofrece de desenvolvemento persoal. 20

6 Técnicas básicas de expresión gráfico-plásticas en tres dimensións.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes artísticas, así como os seus procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Proba escrita
Diferenciar mínimamente as características dos distintos sistemas de representación, así como os seus procedementos en relación ao resultado buscado, analizando o procedemento con interese. 10
CA3.2 Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
Táboa de indicadores
Explicar minimamente o proceso de produción, superando estereotipos, cunha actitude respectuosa coa diversidade cultural. 20
CA3.3 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias, amosando unha visión persoal.
Táboa de indicadores
Saber utilizar con creatividade referencias artísticas e culturais da contorna na elaboración de producións propias amosando unha visión persoal. 10
CA3.4 Realizar un proxecto artístico, con creatividade e de xeito consciente, axustándose ao obxectivo proposto, experimentando con distintas técnicas visuais na xeración de mensaxes propias, e amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas de creación gráfico-plástica.
Táboa de indicadores
Realizar un proxecto gráfico-plástico, con certa iniciativa e creatividade, experimentando coas técnicas na xeración de mensaxes propias, axustándose ao solicitado. 35
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar, e valorando as oportunidades de desenvolvemento persoal que ofrecen.
Táboa de indicadores
Saber expoñer, dun xeito sinxelo, o proceso de elaboración propio, recoñecendo os erros e as posibilidades de mellora, valorando as posibilidades que a normalización ofrece de desenvolvemento persoal. 25

7 Sistema diédrico: vistas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes artísticas, así como os seus procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Proba escrita
Diferenciar mínimamente as características dos distintos sistemas de representación. Coñecer os seus procedementos en relación ao resultado buscado, analizando o procedemento con interese a través da práctica de exercicios do sistema, neste caso diédrico. 30
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar, e valorando as oportunidades de desenvolvemento persoal que ofrecen.
Táboa de indicadores
Saber expoñer, dun xeito sinxelo, o proceso de elaboración propio, recoñecendo os erros e as posibilidades de mellora, valorando as posibilidades que a normalización ofrece de desenvolvemento persoal e, nun futuro, profesional. 30
CA4.5 Recoñecer os diferentes usos e as funcións das producións e das manifestacións visuais e audiovisuais, e argumentar de forma individual ou colectiva as súas conclusións acerca das oportunidades que poden xerar, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
Táboa de indicadores
Recoñecer, dun xeito básico, os diferentes usos que pode ter os sistema diédrico e a croquización a partir das vistas. Argumentar sobre as posibilidades técnicas que poden xerar con interese por coñecer a importancia do debuxo técnico e os sistemas de representación na sociedade. 40

8 Imaxes visuais e audiovisuais. O cine e a animación.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Analizar de xeito guiado diversas producións visuais e audiovisuais, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha ollada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
Táboa de indicadores
Analizar, de xeito guiado, as características principais dos distintos tipos de linguaxes das diferentes producións artísticas, establecendo conexións entre elas e incorporándoas as producións propias. 10
CA4.2 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Táboa de indicadores
Diferenciar, minimamente, as características das distintas técnicas audiovisuais e as súas linguaxes, así como os seus procedementos en relación ao resultado buscado, analizando o procedemento con interese. 10
CA4.3 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións audiovisuais propias, amosando unha visión persoal.
Táboa de indicadores
Saber utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias amosando unha visión persoal. 10
CA4.4 Realizar un proxecto audiovisual con creatividade e de xeito consciente, axustándose ao obxectivo proposto, experimentando con distintas técnicas visuais ou audiovisuais na xeración de mensaxes propias, e amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
Táboa de indicadores
Realizar un pequeno proxecto gráfico-plástico, con certa iniciativa e creatividade, experimentando coas técnicas na xeración de mensaxes propias, axustándose ao solicitado. 35
CA4.5 Recoñecer os diferentes usos e as funcións das producións e das manifestacións visuais e audiovisuais, e argumentar de forma individual ou colectiva as súas conclusións acerca das oportunidades que poden xerar, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
Táboa de indicadores
Recoñecer os diferentes usos que pode ter as producións audiovisuais e saber argumentar cun mínimo de reflexión sobre as posibilidades que poden xerar estas, cunha actitude aberta, e amosando interese por coñecer a súa importancia na nosa sociedade. 15
CA4.6 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións audiovisuais, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, buscando as solucións e as estratexias máis adecuadas para melloralas, e valorando as oportunidades de desenvolvemento persoal que ofrecen.
Táboa de indicadores
Saber expoñer, dun xeito sinxelo, o proceso de elaboración propio, recoñecendo os erros e as posibilidades de mellora, valorando as posibilidades que a normalización ofrece de desenvolvemento persoal. 20

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual de 3º da ESO é unha continuidade e ampliación do currículo de 1º e terá algúns contidos comúns a materias como Matemáticas e Tecnoloxía especialmente nos referidos á xeometría.

 

Seguiremos introducíndonos no mundo da comunicación visual e audiovisual desde o debuxo, tanto artístico como técnico, para continuar analizando imaxes e principais técnicas de creación gráfico-plástica, repasando as obras máis representativas da historia da arte. Tamén profundizar nos mecanismos que nos permiten trasladar, desde a normalización e os sistemas de representación, os obxectos imaxinados ou reais ao papel ou á pantalla. Preténdese non só, que o alumnado sexa capaz de ver, senón que tamén sexa quen de facer, de crear imaxes pertencentes aos diferentes campos da comunicación visual e audiovisual.

 

Para iso é necesaria unha metodoloxía que trate de reforzar os aspectos prácticos, adquiríndose os obxectivos a través das actividades da aula.

 

Os bloques de contidos están organizados de xeito que cada unidade pode empregar parte dos contidos adquiridos nas anteriores. O alumnado verase obrigado, nalgunha ocasión, a utilizar o aprendido máis aquilo que debe aprender coa práctica, situándose a súa actividade entre o que sabe facer e o que pode chegar a facer coa axuda do profesorado.

 

Na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual podemos utilizar distintas metodoloxías. Velaquí algunhas suxestións:

 

1) Exposición, por parte do docente, da nova tarefa a realizar.

 

2) Avaliación inicial, se se considera necesario, co fin de coñecer as ideas previas que ten o alumnado sobre os contidos da unidade.

 

3) É moi exemplarizante e de gran axuda, amosar os traballos realizados por alumnado doutros cursos, para que vexan as múltiples posibilidades que ten unha proposta.

 

4) Exposición dos contidos que o alumnado debe entender para a realización dos exercicios onde intervirá unha metodoloxía investigadora e creadora, o traballo en grupo e, por suposto, o traballo guiado polo profesorado.

 

5) Elaboración dos exercicios durante as horas lectivas.

 

6) Reflexión persoal e conxunta sobre as resultas plásticas e sobre os coñecementos adquiridos.

 

7) Nos exercicios a realizar nas horas lectivas teranse en conta as seguintes pautas:

 

- A exposición da tarefa a realizar e aplicación dos contidos explicados.

- Os bosquexos previos e definitivos.

- A correcta organización, limpeza e presentación no proceso e no resultado.

- O aproveitamento eficaz do tempo así como o interese e a curiosidade mostrado polo alumnado.

 

O resultado será valorado en función do progreso do alumnado, na consecución da adquisición das competencias clave, a través da avaliación dos criterios establecidos mediante unha rúbrica, onde figurará unha ponderación en cada apartado.

 

O alumnado poderá participar na selección das actividades a realizar, sempre que as súas propostas respondan aos obxectivos dos bloques de contidos.

 

 

UNIDADES DIDÁCTICAS TRANSVERSAIS

 

En canto ao propio currículo deste curso, nesta materia, consideramos que as unidades didácticas referidas ó debuxo técnico e aos sistemas de representación poden darse nos tres trimestres. Deste xeito, coa alternacia de contidos, os elementos curriculares son menos monótonos e se estenden máis no tempo axudando a adquisición dos procedementos.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Mobiliario axeitado para un taller artístico escolar: vertedoiro e billas, mesas amplas, andeis para gardar materiais e expoñer traballos e poder comentalos.
Ordenador con conexión a internet e proxector con pantalla.
Aula informática do centro.
Plataforma de ensino virtual, preferentemente, a aula virtual do centro.
Materiais pictóricos funxibeis: carbón, lapis conté, sanguina, pinturas acrílicas ou témperas coas cores primarias, branca e negra.
Materiais para estampa e gravado.
Materiais para modelado.
Libros de arte para poder consultar, tanto de temas técnicos como catálogos de artistas, movementos artísticos, etc
Recursos de internet como páxinas web de museos, salas de exposicións, blogs de arte, etc.

A materia impartirase nunha aula taller con espazos diferenciados, na que se poden realizar tanto traballos prácticos, atender ás explicacións do profesorado, como compartir información co resto do alumnado, traballar en equipo, etc.

 

O alumnado deberá aportar material propio, aínda que na aula poderá estar dispoñible algúns deste material para uso do alumnado, de ser necesario:

 

- Papel para debuxo e técnicas húmidas.

- Lapis de diferentes durezas e goma branda.

- Tesoiras.

- Lapis de cores.

- Ceras brandas.

- Rotuladores.

- Pinceis planos e redondos nº 12

- Regra, escadra e cartabón.

- Compás.

 

Incentivarase no alumnado o uso de materiais reutilizados e de refugallo: distintos tipos de papeis usados, materiais procedentes do uso cotiá, etc. Poderán ser aportados polo alumnado, así como contar con eles na aula.

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


1. PROPÓSITO DA AVALIACIÓN INICIAL:

 

Para comezar, é importante definir que é o que se quere conseguir por medio da avaliación inicial. Canto máis concreta sexa esta definición, máis útil será para unha toma de decisións axustada.

 

Debe proporcionar información relevante sobre os niveis xerais do grupo e do alumnado que o integra e servir como punto de partida para a contextualización do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Pode ser moi útil para orientar a programación, a metodoloxía a utilizar e a organización da aula, así como para axustar a actuación docente ás necesidades, intereses e posibilidades do alumnado.

 

 

2. RECOLLIDA DE INFORMACIÓN:

 

A segunda fase da avaliación inicial, coincidinte coa de calquera proceso de avaliación, é a recollida de información. Tratarase de manter o equilibrio entre recoller todos aqueles datos que sexan precisos para o que se quere facer e centrarse só naqueles que sexan útiles para a decisión a tomar.

 

Os aspectos sobre os que recoller información serán:

 

- Competencia curricular: comunicación, autonomía, habilidades...

- Características do alumno/a: intereses, motivación, estilo de aprendizaxe...

- Entorno: contexto educativo (itinerario elixido, materias pendentes...), contexto familiar, contexto social.

 

O formato de recollida de información pode ir desde elaboración de cuestionarios como tarefas na Aula Virtual do centro, cuestionarios en papel, ata conversas informais, debates, etc. Tratarase de levar a cabo entre a primeira e a segunda semana do curso.

 

A reunión de avaliación inicial co equipo docente e o Departamento de Orientación, así como a información aportada polo titor do grupo, axudará a completar a información recollida e poñela en común.

 

3. TOMA DE DECISIÓNS:

 

Unha vez analizada toda a información, tomaranse decisións sobre os seguintes aspectos:

 

- Respecto ao currículo: deseñar adaptacións curriculares e reforzos nos casos necesarios.

- Respecto á forma de traballar na aula: organizar grupos, compañeiros de pupitre e lugar na aula, distribuir o material...

- Respecto a aspectos organizativos: distribución das unidades didácticas, cambios na temporalización, organización da avaliación...

 

 

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 15.0 10.0 10.0 15.0 15.0 15.0 15.0 100.0
Proba escrita 0.0 30.0 0.0 0.0 0.0 10.0 30.0 0.0 10.5
Táboa de indicadores 100.0 70.0 100.0 100.0 100.0 90.0 70.0 100.0 89.5

CUALIFICACIÓN POR AVALIACIÓN:

 

O grao de consecución dos criterios de avaliación das distintas unidades da materia establecerase do seguinte xeito:

 

a) Mediante entregas de traballos e proxectos teóricos e prácticos, dos que o alumnado coñecerá os indicadores de logro. A nota deste apartado será a media aritmética de todos os traballos, valorándose cun 0 os non presentados. A nota será menor, de entregarse a tarefa fóra de prazo, no caso de aceptarse. Peso porcentual na nota de cada avaliación: 70% no caso de ter tamén probas teorico-prácticas nesa avaliación. En caso contrario 100%.
b) A través de probas teórico-prácticas, nas unidades didácticas que así o requiran. Peso porcentual na nota de cada avaliación: 30%.


É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesorado en canto a formato, técnicas, materiais, etc., e que os traballos sexan entregados nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta na avaliación. O traballo debe facerse na aula aínda que podan rematar certas actividades na casa.

 

Os indicadores de logro corresponderanse cos criterios de avaliación e se poden aplicar en forma de rúbricas, listas de cotexo, escalas de valoración, ou outros instrumentos. Un exemplo dalgúns que se poden empregar na meirande parte das unidades didácticas sería o seguinte:

 

- Aplica correctamente as técnicas empregadas en función da mensaxe proposta, manexando os materiais e instrumentos necesarios de forma axeitada.

- Aplica correctamente os elementos formais (composición, cor, textura, forma...).

- É quen de expresar con corrección os conceptos e utilizar a terminoloxía sobre os que se traballa e o proceso seguido na realización da práctica.

- Acaba e presenta correctamente o traballo, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.

- Adecúase ás instrucións e condicións postas polo profesor e sigue un proceso de traballo correcto.

- Nos traballos realizados en grupo, leva a cabo as tarefas asignadas e a súa participación é respectuosa e colaborativa.

 

 

CUALIFICACIÓN FINAL:

 

A nota final consistirá nunha media ponderada, na que o peso da avaliación final é o maior. Isto débese a que hai contidos que se tratan só nunha avaliación e outros que se tratan de contidos progresivos, que van acadándose en maior medida segundo avanza o curso.

 

Peso de cada avaliación na ponderación final:

 

- 1ª avaliación: 25%

- 2ª avaliación: 35%

- 3ª avaliación: 40%

RECUPERACIÓN AO LONGO DO CURSO:

 

O ideal para que o alumnado poida ir superando as dificultades en canto son detectadas, é que reincida sobre os obxectivos non acadados, por medio da reelaboración de traballos. Así, para poder recuperar as notas das avaliacións non superadas, o alumnado poderá repetir os traballos con notas inferiores a 5 e os non entregados. Para o cálculo da media, a nota dos traballos repetidos substituirá á dos anteriores.

 

Ditas entregas faranse de xeito periódico, en cada trimestre, nas datas indicadas polo profesorado.

 

 

RECUPERACIÓN FINAL:

 

O alumnado que non supere a materia unha vez avaliados os tres períodos citados, pode presentarse a unha avaliación final que consistitá en:

 

a) Entrega dos traballos non realizados durante o curso ou que tiveron unha cualificación inferior a 5. Peso porcentual na nota: 40%

 

b) Proba teórico-práctica. Peso porcentual na nota: 60%

 

 

 

 

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


SEGUIMENTO PERIÓDICO:

 

O alumnado con esta materia pendente poderá recuperala seguindo un plan de reforzo ao que o alumnado terá acceso, preferiblemente, a través da aula virtual do centro. Tendo en conta as necesidades do alumnado, os materiais dixitais poden ser complementados cun caderno de actividades en formato físico.

 

O profesorado poderá realizar un seguimento continuo do plan e do alumnado a través da aula virtual, ou mediante reunións presenciais convocando ó alumnado a través da aula virtual e especialmente a través dos titores que poden servir de estímulo para non abandonar estas materias que non se cursan.

 

A avaliación levarase a cabo nas datas indicadas e feitas públicas desde o centro, a través de entregas de traballos que serán recollidos de xeito físico ou a través da aula virtual. É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesorado en canto a formato (caderno, carpeta, traballos soltos, dixital...) técnicas, materiais, etc., e que sexan entregados nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro.

 

A nota final consistirá na media das 3 entregas ou avaliacións, segundo un peso en evolución crecente, que permitirá ao alumnado unha progresividade na adquisición das competencias requiridas para superar a materia:

 

- 1ª entrega: 30%

- 2ª entrega: 30%

- 3ª entrega: 40%

 

 

PROBA FINAL:

 

De non superar a materia a través das entregas periódicas, o alumnado poderá presentarse a unha proba final, que consistirá nunha proba teórico-práctica.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Partimos da idea do principio de individualización do ensino e de que a aula é un conxunto de diversidades. Deberemos ser flexibles á hora de adaptar a nosa programación, especialmente a metodoloxía, adoptando medidas de carácter preventivo unha vez coñezamos as características das persoas coas que imos traballar.

 

A nosa materia é especialmente agradecida neste sentido, polas súas características intrínsecas e pola multitude de solucións que poden resultar de cada proposta.

 

A inclusión será un factor determinante no desenvolvemento das propostas de traballo das unidades didácticas, que terán lugar en ambientes de aprendizaxe centrados no alumnado, para que todos poidan demostrar o seu potencial e sexan partícipes das situacións de aprendizaxe. Isto será moi enriquecedor para eles pero tamén para o resto de alumnos e para nós como profesionais da educación.

 

Debemos partir dunha detallada avaliación inicial para coñecer ao noso alumnado. Cada curso podemos enfrontarnos ao reto de ter alumnado con discapacidades visuais, auditivas, motoras, así como diagnósticos de TDAH ou TEA, entre outras moitas patoloxías. Tamén atoparemos alumnado recentemente incorporado ao noso sistema educativo, procedente do estranxeiro, algúns deles sen coñecer as linguas vehiculares, estudantes que proveñen de diferentes orixes socioeconómicas, con condicións persoais difíciles, distintos xeitos de aprender, ritmos de asimilación dispares e niveis de motivación desiguais. Tampouco podemos esquecer ao alumnado de altas capacidades que son un desafío para o docente e unha gran fonte de inspiración para o resto de compañeiros.

 

Conscientes de que perseguimos acadar os obxectivos propostos de acordo ás capacidades e intereses do alumnado, as medidas de atención á diversidade centraranse en:

 

 

MEDIDAS CURRICULARES E METODOLÓXICAS: supoñen unha adaptación encamiñada a modificar as disfuncións, transitorias ou permanentes, detectadas en certo alumnado.

 

- En caso de que un alumno ou alumna non acade os obxectivos mínimos, trataremos de ofertar unha variedade de actividades de reforzo, a través de exercicios adaptados e de consolidación.

 

- Utilizaremos multiplicidade de procedementos e mecanismos de avaliación e de recuperación.

 

- É importante, tamén, favorecer a existencia dun bo clima de aprendizaxe na aula e insistir en reforzos positivos para mellorar a auto estima.

 

- Favoreceremos o traballo en equipo, preferiblemente en pequenos grupos para que o alumnado poida desenvolver distintos roles.

 

- En caso de alumnos con necesidades educativas específico de apoio educativo, seguindo as indicacións do Departemento de Orientación, realizaremos as adaptacións curriculares oportunas e estableceremos os recursos de apoio que o favorezan.

 

- O alumnado con discapacidade que poidan ser escolarizado disporán da modalidade que lles garanta unha resposta máis axeitada ás súas necesidades.

 

- Co alumnado que requira ser hospitalizado ou permanecer convalecente no seu domicilio, favoreceremos a continuidade na nosa materia e a comunicación a través da aula virtual ou do profesor de atención domiciliaria.

 

- O alumnado valorado como de altas capacidades pode ampliar o currículo ou aceleralo así como flexibilizar o período de permanencia na etapa.

 

 

MEDIDAS INTERDISCIPLINARES E COLABORATIVAS:

 

- Existen tarefas nas que sería interesante colaborar con profesores de materias afíns e complementarias podendo abordar proxectos conxuntos. Isto para os estudantes é unha aprendizaxe moito máis global e permítelles entender mellor a aplicación e o sentido dos saberes.

 

- Unha frecuente comunicación coas familias resulta crucial nos casos de alumnado con necesidades educativas especiais. Elas nos poden indicar cales son as fortalezas e a maneira máis axeitada para traballar cos seus fillos. Ás veces estas familias están asesoradas por profesionais que tamén nos poden guiar á hora de concretar procedementos instrumentais e adaptar a materia para ter máis posibilidades de éxito.

 

 

MEDIDAS ORGANIZATIVAS:

 

- Se a dispoñibilidade horaria permitise agrupamentos en pequenos grupos, sería moi favorecedor para á atención á diversidade e a elaboración de traballos con procesos técnicos complicados.

 

- Solicitamos á direción do centro plans de acollida para o alumnado estranxeiro con atención educativa específica para aqueles que se incorporen tardiamente ó sistema educativo e presente graves carencias en lingua castelá e/ou galega. Isto dependerá da dispoñibilidade horaria do centro, e tendo en conta que este alumnado se incorpora co curso xa iniciado, cando os horarios xa están pechados, é de moi difícil consecución. O alumnado que se escolarice tardiamente ao noso sistema e presente un desfase curricular de máis de dous cursos incorporaranse nun curso inferior ao que lle corresponde por idade.

 

- Non podemos esquecer a importancia da acción titorial e da prevención do absentismo así como a indispensable colaboración co Departamento de Orientación.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
1 Comprensión de lectura.
2 Expresón oral e escrita.
3 Comunicación audiovisual.
4 Competencia dixital.
5 Emprendemento social e empresarial.
6 Fomento do espírito crítico e científico.
7 Educación emocional e en valores.
8 Igualdade de xénero.
9 Creatividade.
10 Evitar os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como aqueles que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.
11 Educación para a sustentabilidade e o consumo responsable.
12 Prevención e resolución pacífica de conflitos.

Segundo se recolle no decreto que regula a implantación da Educación Secundaria Obrigatoria, os elementos transversais deberán tratarse en todas as materias do curso. Recollemos neste listado todos os que son obrigatorios e tamén os que consideramos esenciais para a materia e a formación do noso alumnado.

 

Deberemos telos en conta á hora de seleccionar os mateirais cos que se traballará, sexa en formato texto, imaxes ou contidos audiovisuais. Tamén no deseño das actividades que o alumnado porá en práctica, na organización dos equipos de traballo, na orientación dos debates que xurdan, etc.

 

Algunhas concrecións dos elementos transversais citados son as seguintes:

 

- Na educación para a igualdade de xénero, evitaranse os comportamentos, estereotipos e contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

 

- En canto ao emprendemento social e empresarial e á creatividade, trataremos de afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico, así como as entregas de tarefas en prazo e forma.

 

- Na cooperación entre iguais e a prevención e resolución de conflitos, fomentaranse os valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e polo Estado de dereito, e o rexeitamento da violencia terrorista ou calquera outro tipo de violencia.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visitas a espazos expositivos, virtuais ou presenciais da contorna. Os museos albergan, cada vez máis, coleccións e exposicións permanentes e temporais relacionadas con diferentes disciplinas artísticas que son interesantes para o noso alumnado.
Charlas informativas relacionadas con distintos intereses para o noso alumnado. Charlas impartidas por todo tipo de profesionais que teñan certo interese no noso alumnado.
Participación en premios e certames artísticos Concursos dentro e fóra do centro que lles axudan a aprender a presentar un proxecto e os animan no futuro a facelo, tamén.
Realización de proxectos do departamento e interdisciplinares. Participar nas propostas dos equipos de Normalización, Biblioteca, Actividades Extraescolares ou outros. O noso alumnado pode participar en propostas creativas como a revista do instituto, murais, a árbore de Nadal, o acto de graduación de fin de curso, Entroido, iniciativas como a arquitectura pedagóxica, os proxectos competenciais ou calquer proposta que poda enriquecer ó noso alumnado, xa parta do noso departamento ou doutros..

Tratarase de planificar as actividades complementarias do departamento antes do inicio do curso, na medida do posible. Non sempre pode ser xa que hai eventos que son ofertados ao longo deste, hai cambios nas programacións das institucións artísticas da comunidade ou non sempre as coñecemos ao inicio do curso académico.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
(P) Consulto a programación ao longo do curso e, en caso necesario, realizo e anoto as modificacións e propostas de mellora.
(P) Ao confecionar a programación teño en conta as oportunidades que me ofrece o contexto e adáptome.
(P) Dou a coñecer ao alumnado os elementos básicos da programación especialmente os criterios de avaliación.
(M) Os exercicios que propoño son do seguinte tipo: pechados, dirixidos... / abertos, procedimentais, proxectuais, diversos, etc. / facilitan o traballo cooperativo. / impulsan a comunicación: buscar información, interpretala, tomar decisións, crear, razoar, explicar aos demais, etc.
(M) Na metodoloxía que aplico: emprego todo tipo de recursos e materiais para a aprendizaxe: material manipulativo, audiovisual, impreso, etc. / propoño actividades para facilitar a aprendizaxe autónoma / baséome nas explicacións teóricas e no libro/apuntes.
(M) Como paso as horas lectivas: Intentando conseguir silencio / impartindo teoría e explicacións / respondendo a preguntas, fomentando a participación, desenvolvendo prácticas, etc. / observando / corrixindo ao alumnado de xeito individual.
(M) Motivo o meu alumnado partindo dos seus coñecementos previos, relacionando os contidos con situacións reais, informándolles da utilidade das actividades e creando expectativas.
(AD) Teño en conta a diversidade á hora de organizar a clase, de crear os grupos, etc.
(M) Ao comezo de cada unidade o alumnado coñece os obxectivos e competencias que queremos desenvolver, as actividades que realizarán, como se lles avaliará...
(AD) Que fago para coñecer a composición da clase? Pasar unha proba ao comezo do curso escolar / ler os informes anteriores / ver os resultados da avaliación / facilítama o titor/a, o Xefe/a de Estudos, o Orientador/a / facilítanma nas reunións de grupo (reunións de avaliación, de titores, de nivel...)
(AD) A miña programación ten en conta a diversidade.
(A) Utilizo diferentes tipos de probas: Exames escritos / Exames orais / Traballo individual / Traballo en equipo.
(A) Que teño en conta para medir os resultados?: A nota final / O avance, tendo en conta a situación de partida.
(A) Entre avaliacións, programo un ou varios plans de recuperación dependendo dos resultados obtidos polo alumnado.
(A) Na avaliación teño en conta diferentes competencias.
(M) O alumnado traballa do seguinte xeito: Individualmente / Por parellas / En grupos reducidos / En grupos grandes.
(AD) Dou ao alumnado a explicación que precisa: No grupo grande / No grupo pequeno / De xeito individual.
(A) Unha vez rematada a unidade ou o proxecto didáctico, avalío a idoneidade dos recursos e das actividades empregadas no proceso de aprendizaxe: non / de xeito individual / en grupo (con membros do departamento, o equipo de avaliación...) / co alumnado.
(AD) Propoño tarefas de diferente nivel en cada unidade e exame.
(A) Antes de comezar unha unidade, explico ao alumnado "que", "con que frecuencia" e "en base a que" avaliarei.

Para levar a cabo unha adecuada avaliación da práctica docente, é necesario ter en conta:

 

- Establecer indicadores de logro que servirán para comprobar o funcionamento da programación e valorar a actuación propia como docente.

- Deseñar un procedemento adecuado para recoller os datos correspondentes que permitan valorar a situación.

- Analizar os resultados obtidos.

- Propoñer e incorporar as medidas de mellora que sexan necesarias.

 

Os indicadores de logro organízanse en torno a catro apartados:

 

- (P) Programación.

- (M) Metodoloxía.

- (AD) Atención á diversidade.

- (A) Avaliación.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A programación revisarase ao empezar o curso, a partir das propostas de mellora do curso anterior que se fixeron constar na correspondente memoria do departamento. Unha vez analizados os resultados do curso pasado debemos revisar os criterios de avaliación para confirmar que se adaptan ás recomendacións pedagóxicas.

 

Durante o curso, farase un seguimento da programación cunha periodicidade mensual. Comprobarase o grao de consecución dos obxectivos e faranse constar os aspectos destacados en torno ao discorrer do curso nas correspondentes actas de reunións de departamento e na aplicación PROENS.

A avaliación do proceso de ensino pode realizarse nestes dous momentos:

 

1) ao remate de cada unidade didáctica, para identificar carencias no alumnado;

2) ao rematar cada trimestre, unha vez obtidos os resultados da avaliación.

 

En canto ao procedemento de seguimento, as ferramentas empregadas para analizar os indicadores de logro poden consistir en:

 

- folla de rexistro onde ir anotando os aspectos máis cuantificables;

- diario de aula;

- rúbrica de autoavaliación que facilite cuantificar o grao de consecución de aspectos concretos;

- estatísticas de resultados;

- cuestionarios e enquisas ao alumnado...

 

 

Non debemos esquecer que a nosa programación debe poder ser consultada polo alumnado e, especialmente, os criterios de avaliación deberán estar accesíbeis na aula virtual, no taboleiro da aula, no blog, ou entregados en papel.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver