Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A materia proporcionalle ao alumnado unha visión útil e funcional da historia contemporánea, orientada a promover a observación, análise e interpretación da súa contorna real e a exercer unha cidadanía activa e implicada na vida social. O pensamento histórico, con estratexias e métodos que orientan o estudo do pasado, ponse ao servizo da comprensión do presente para afrontar así os retos que nos formula o século XXI. Porque é desde a observación do mundo actual de onde xorde a necesidade de dirixir a nosa mirada á historia, máis ou menos recente, para obter as claves, coas que entender e mellorar o mundo no que vivimos.
Os problemas e retos que nos formula a realidade globalizada que configura a nosa contorna son múltiples e ineludibles, e non é posible atendelos sen os recursos que nos ofrece a historia contemporánea, que desde hai algo máis de dous séculos trata de lle dar resposta a boa parte destes mesmos desafíos. A materia proporciona ao alumnado experiencias acumuladas polas xeracións que nos precederon, no que xunto aos grandes logros, tamén cabe atopar erros, fracasos e feitos dolorosos que é preciso afrontar para aprender a evitar situacións semellantes.
Doutra banda, a aproximación á metodoloxía histórica obriga ao alumnado ao uso rigoroso e crítico das fontes, á utilización precisa dos conceptos e a historiografía, e ao coñecemento das principais teorías e correntes académicas que foron desenvolvéndose no ámbito da historia e doutras ciencias sociais afíns. Así mesmo, a metodoloxía histórica promove o exercicio de procesos indutivos e de indagación relacionados con estratexias de utilización de documentos e probas, así como á procura e ao tratamento de información e fontes textuais, gráficas, audiovisuais, artísticas, literarias, hemerográficas e sonoras, accesibles en moitos casos grazas a plataformas dixitais.
O alumnado debe adquirir o exercicio do pensamento crítico, fundamentado e razoado, do mesmo xeito que a transferencia de información e do coñecemento elaborado, que ademais de supoñer o uso avanzado de medios dixitais implica tamén o desenvolvemento de estratexias comunicativas eficaces.
Trátanse na materia de Historia do Mundo Contemporáneo os temas e acontecementos fundamentais que marcaron o transcurso da historia contemporánea ata o mundo actual, así como os retos que é necesario afrontar no presente para encarar o século XXI.
Precisamente os retos do mundo actual incide na necesidade de ver a historia como un instrumento non só para a análise do presente, senón tamén para a adopción de compromisos ante os retos do século XXI.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía didáctica empregada para desenvolver esta materia debe favorecer o pensamento autónomo, crítico e rigoroso, o uso de técnicas e hábitos de investigación, a capacidade do alumnado de aprender por si mesmo e a transferencia e a aplicación do aprendido. Ademais, preténdese exercitar ao alumnado nos procedementos habituais do historiador: natureza e importancia das distintas clases de fontes, análise e utilización crítica das mesmas, contraste de interpretacións historiográficas e utilización de información procedente dos medios de comunicación de masas para achegarse ao coñecemento da realidade actual.
A natureza específica da historia -multiplicidade de factores que interveñen nunha realidade humana, cambio permanente mais non uniforme nin no tempo nin no espazo e irrepetibilidade dos feitos) conduce a que nesta disciplina, en canto materia de ensinanza-aprendizaxe, se teñan en conta as seguintes consideracións didácticas:
1 A forma de acceder ao coñecemento histórico non é uniforme dentro da propia disciplina. Inflúen a parcela espacial e cronolóxica que se considere. Non nos acercamos cos mesmos medios ao coñecemento histórico máis afastado no tempo e no espazo que a unha época próxima.
2 Na clase de Historia fanse comentarios sobre valores e sobre actitudes e ao facelo transmítense mensaxes. Isto fai o seu estudio vulnerable a interferencias políticas e a que, con frecuencia, se confundan consideracións de orde política e ideolóxica con consideracións de tipo educativo. Polo que se procurará tratar os temas de estudio con obxectividade e non emitir xuízos de valor.
2 A motivación é un aspecto importante para acadar unha ensinanza eficaz. Para promover que sexa positiva, é necesario que os temas de estudio conecten directamente cos intereses do alumnado. O emprego de medios audiovisuais ou o achegamento a problemas da súa contorna constitúen estratexias motivadoras e atractivas.
3 Partindo destas consideracións as distintas Unidades Didácticas deben enfocarse non como un conxunto de feitos illados, senón como un conxunto de procesos e de problemas nos que se analicen as súas causas e as súas consecuencias e as relacións existentes entre elas. Para isto, os medios non son só materiais (fontes e instrumentos), senón tamén conceptuais e de léxico propio desta disciplina que hai que adquirir comprensivamente
4 Na ensinanza da Historia, e en función dos contidos a tratar, empregaremos distintas estratexias metodolóxicas. A exposición do profesor/a será necesaria, sobre todo, ao tratar contidos conceptuais de maior complexidade porque lle permitirá ao alumnado un mellor acceso a eles. Para outros contidos, as estratexias de descubrimento ou de indagación, mediante materiais que se lle proporcionen e/ou suxiran, tamén serán necesarias porque o alumnado, ao indagar en diversas fontes, constrúen ao seu propio coñecemento en lugar de recibir a información xa elaborada.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial realizarase nos primeiros días de clase, destinada a comprobar a capacidade de expresión, corrección formal, análise, coherencia expositiva e coñecementos previos.
A proba inicial ou diagnóstica realizarase ao comezo de cada Unidade Didáctica coa finalidade de descubrir os coñecementos previos que ten o alumnado sobre o tema que se vai abordar para, a partir deles, seguir construíndo os seus saberes.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Non procede ao ser unha materia de 1º de Bcharelato
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
As medidas de atención á diversidade danse en dous niveis:
Para o alumnado con dificultades de aprendizaxe levarase a cabo un traballo de reforzo e recuperación cunha proposta de material de traballo adaptado para facerlo máis comprensible. Deste xeito o alumnado con dificultades pode decatarse dos seus logros e automotivase máis.
Ao alumnado de altas capacidades proporcionaránselle tarefas de ampliación e afondamento. Ditas actividades poden ir sendo cada vez máis complexas segundo as necesidades pero sempre terán un compoñente motivador para evitar que dito alumnado decaia no seu esforzo.
As medidas ordinarias de atención á diversidade responden ás instrucións da Orde do 8 de setembro de 2021 que regula a atención á diversidade do alumnado na que se indica que, en coordinación co profesorado titor e o departamento de Orientación, deseñarase unha avaliación inicial que facilite a detección das necesidades do alumnado. As medidas de atención á diversidade serán as seguintes:
1. Adaptación dos graos de consecución dos criterios de avaliación.
2. Gradación da dificultade das actividades de aprendizaxe.
3. Actividades diversas e variadas adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
4. Materiais e recursos diversificados e inclusivos (DUA) que se adapten ás necesidades individualizadas do alumnado.
5. Actividades de reforzo e consolidación.
6. Aprendizaxe por Proxectos.
7. Traballo colaborativo.
8. Procedementos e Instrumentos de avaliación variados e individualizados.
9. Flexibilidade nos tempos de realización de tarefas e probas.
10. Retroalimentación ao alumnado sobre o seu proceso de aprendizaxe.
O profesorado, facendo uso da súa autonomía, adaptará as propostas dos protocolos sobre atención á diversidade elaborados pola Consellería de Educación á realidade e necesidade do alumnado e do centro.
O tipo de necesidades que, en xeral, presenta o noso alumnado e as pautas e protocolos xerais, legais e organizativos existentes para dar resposta educativa son:
Sobredotación intelectual¿
http://www.edu.xunta.es/portal/node/3700
Orientacións e respostas educativas: Alumnado con sobredotación intelectual
http://www.edu.xunta.es/portal/node/3630
http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/ 141/145/144
Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario: http://www.edu.xunta.es/portal/node/13546
Alumnado de incorporación tardía (procedente do estranxeiro):
http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/ 141/145/146
Orientacións e respostas educativas: Alumnado con trastornos da aprendizaxe
http://www.edu.xunta.es/portal/node/3656 http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/
Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo por condicións persoais ou de historia escolar
http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/ 141/145/410
Programas e plans:
http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/ 141/412
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3791
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A avaliación da presente programación supón o seu seguimento a través da aplicación Proens por períodos de avaliación por parte do profesorado que impartan as diversas materias e nas reunións mensuais do departamento.
Nas reunións de departamento se analizará o grao de cumprimento dos obxectivos programados e as dificultades atopadas e poderanse introducir as medidas correctoras que se estimen oportunas. Todos os problemas detectados teranse en conta na Memoria Final para introducir as modificacións precisas na programación do vindeiro curso.
Para avaliar a programación teranse en conta os seguintes criterios:
- Consecución de obxectivos: Capacitación progresiva do alumnado nas competencias básicas.
- Evolución progresiva do alumnado na comprensión dos fenómenos histórico-artísticos e dos seus factores multicausais
- Evolución progresiva no coñecemento e manexo das técnicas de estudio propias das Ciencias Sociais.
- Progresiva asimilación de valores e actitudes propios dunha sociedade plural, solidaria e democrática.
- Progresiva adquisición de autonomía no proceso de aprendizaxe: obtención, selección e contraste da información obtida.
- Contribución ao desenvolvemento das competencias dixital e competencia para aprender a aprender.
- Progresiva evolución nas técnicas de lectura comprensiva e de expresión, necesarias para un discurso intelixible e minimamente coherente.
- Adecuación dos obxectivos ao nivel académico do grupo detectado na avaliación inicial.
- Adecuación dos contidos programados e da súa secuenciación ou temporalización prevista.
- Neste aspecto terase en conta a normativa vixente que considera conforme a programación se se cumpre ao menos un 75% dos contidos programados ao principio do curso, se non hai unha desviación na programación por avaliación máis aló dun 20% dos contidos programados ou incluso, nestes casos, cando as razóns sexan de carácter externo e/ou non imputables ao departamento.
- Validez das estratexias metodolóxicas empregadas para a adquisición dos novos contidos.