Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Proxecto Competencial do 4º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que ten como obxectivo o desenvolvemento das competencias transversais mediante a realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. e que se pode configurará neste curso como un proxecto interdisciplinar en colaboración con distintos axentes sociais.

Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e o seu entorno.

Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica nun IES situado en Lugo, de contexto sociocultural medio.

O grupo seleccionado de 4º ESO, está composto 25 alumnos, de  idades comprendidas ao inicio do curso entre os 15 e os 18 anos. Algúns de eles veñen de outros países e mesmo se incorporaron xa comezado o curso.

Todos estes aspectos serán tidos en conta a nivel metodolóxico.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Deseñar un plan de traballo para a realización dun proxecto ou a resolución dun problema a través da definición de obxectivos e das accións para acadalos, tendo en conta as necesidades da contorna.
OBX2 Desenvolver o proxecto segundo a planificación prevista mobilizando conxuntamente as competencias transversais que se requiran.
OBX3 Presentar os resultados asociados ao proxecto competencial empregando dun xeito respectuoso estratexias e ferramentas de comunicación adecuadas cunha linguaxe verbal e corporal positiva, con control das emocións negativas e, de ser o caso, co uso de recursos informáticos e audiovisuais.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Investigación sobre Lugo Romano Mediante grupos colaborativos de invetigación se profundizará en las temáticas: Urbanismo. Economía. Política e militar. Relixión. Sociedade. Los alumnos serán expertos guías turísticos para la promoción turistica de la ciudad de Lugo referente a la herencia de la cultura romana y estos temas específicos. Se propone que la clase sea una empresa turística especializada en la promoción de la ciudad de Lugo en base a la herencia de la cultura romana, para ello se formarán equipos de investigación con el objetivo que cada equipo se convierta en especialistas de diferentes temáticas y que sean capaces de tranmitir conocimientos por medio de diferentes medios así como promocionar por diferentes redes sociales el turismo en la ciudad de Lugo. 30 12
2 Exposición de la investigación Cada grupo expondrá su investigación de la temática elegida demostrando sus conocimientos específicos. 40 13
3 Creación y exposición de una guia turistica y video promocional Se elaborará una guía o croquis resumen de cada temática investigada. Se elaborará también un video promocional basado en la temática investigada que será expuesto también en clase y que será factible de ser colgado en diferentes redes sociales. Cada equipo deberá exponer esta guía o croquis en clase explicando su elaboración y contenido así como su utilidad para cualquier turista. Se empleará para la elaboración de esta UD diferentes programas ofimáticos. 30 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Definición de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA1.1 - Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar.
CA1.2 - Identificar e determinar os recursos e materiais necesarios para a realización do proxecto.
CA1.3 - Identificar, seleccionar e analizar a información que se precisa.
CA1.4 - Realizar a secuencia e a temporización das actuacións necesarias para a execución do proxecto.
CA1.5 - Prever as incidencias que se poidan producir no desenvolvemento das actuacións do proxecto e propoñer posibles solucións a estas.
Contidos
C1.1 - Procura e selección de información relacionada cos proxectos.
C1.2 - Planificación: secuenciación e temporización.
Bloque B2. Execución de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA2.1 - Executar as actuacións asociadas coa secuencia e coa temporización prevista
CA2.2 - Aplicar os coñecementos axeitados e mobilizar as competencias cos niveis de calidade requiridos.
CA2.3 - Empregar, de ser o caso, os recursos e materiais previstos para a execución das actuacións.
CA2.4 - Resolver, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicar as incidencias xurdidas durante a execución das actuacións.
CA2.5 - Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto.
Contidos
C2.1 - Execución de proxectos: dinámicas e roles.
Bloque B3. Presentación de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA3.1 - Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos.
CA3.2 - Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.3 - Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.4 - Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas.
CA3.5 - Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto.
Contidos
C3.1 - Presentación de proxectos: a expresión verbal e corporal; control das emocións e da conduta.
C3.2 - Uso de recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos de apoio á comunicación para a presentación do proxecto.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Investigación sobre Lugo Romano
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar.
Táboa de indicadores
Recoñecer a importancia da temática escollida. 30
CA1.2 Identificar e determinar os recursos e materiais necesarios para a realización do proxecto.
Táboa de indicadores
Seleccionar recursos e materiais para a realización da curtametraxe. 15
CA1.3 Identificar, seleccionar e analizar a información que se precisa.
Táboa de indicadores
Identificar, seleccionar e analizar a información necesaria para a realización do proxecto. 25
CA1.4 Realizar a secuencia e a temporización das actuacións necesarias para a execución do proxecto.
Táboa de indicadores
Temporalizar as distintas fases do proxecto. 15
CA1.5 Prever as incidencias que se poidan producir no desenvolvemento das actuacións do proxecto e propoñer posibles solucións a estas.
Táboa de indicadores
Solventar incidencias que poidan xurdir. 15

2 Exposición de la investigación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Executar as actuacións asociadas coa secuencia e coa temporización prevista
Táboa de indicadores
Executar as actuacións planificadas. 20
CA2.2 Aplicar os coñecementos axeitados e mobilizar as competencias cos niveis de calidade requiridos.
Táboa de indicadores
Aplicar os coñecementos axeitados. 20
CA2.3 Empregar, de ser o caso, os recursos e materiais previstos para a execución das actuacións.
Táboa de indicadores
Empregar recursos e materiais necesarios. 20
CA2.4 Resolver, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicar as incidencias xurdidas durante a execución das actuacións.
Táboa de indicadores
Resolver as incidencias xurdidas. 20
CA2.5 Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto.
Táboa de indicadores
Valorar os resultados logrados. 20

3 Creación y exposición de una guia turistica y video promocional
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos.
Táboa de indicadores
Presentación da curtametraxe. 40
CA3.2 Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
Táboa de indicadores
Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade. 30
CA3.3 Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
Táboa de indicadores
Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica axeitadas. 10
CA3.4 Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas.
Táboa de indicadores
Potenciar as emocións positivas na exposición. 10
CA3.5 Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto.
Táboa de indicadores
Empregar recursos dixitais na presentación do proxecto. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


As actividades propostas ao longo do curso están dirixidas a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre os distintos tipos de coñecemento. A finalidade é fomentar o interese pola lectura, a cultura e a arte e desenvolver a confianza, autoestima, autonomía e traballo en equipo. O proxecto será realizado en grupos de traballo cooperativo, nos cales cada alumna ou alumno adopta un rol concreto e asume tarefas individuais que integrarán o resultado final do proxecto.

Na PRIMEIRA AVALIACIÓN, explícase a finalidade do proxecto:

Recompilarase iinformación sobre a temática escollida. Farase un plan de traballo, planificando tarefas, tempos, recursos e materiais que se van empregar.

Na SEGUNDA AVALIACIÓN, levarase a cabo a elaboración do proxecto. 

Na TERCEIRA AVALIACIÓN, o alumnado exporá o proxecto na aula, votarase e escollerase o mellor para publicar na revista do centro.

Neste proxecto, trabállanse  todas as competencias clave.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Ordenador.
Material de Polos Creativos.
Recursos varios para o financiamento do proxecto

O espazo habitual no que se desenvolverán as clases será a aula de informática, onde os distintos grupos buscarán a información sobre o proxecto.

 As sesións tamén poden ser levadas a cabo no espazo de Polos Creativos do centro cando este espazo exista.

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias clave. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. A dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como para a elaboración das actividades de reforzo e de ampliación no caso de ser necesarias.

Os resultados da dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do departamento de orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 30.0 40.0 30.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0

Para a cualificación de cada Unidade Didáctica teremos en conta, para cada Criterio de Avaliación, os mínimos de consecución establecidos e o seu peso orientativo (establecido en cada UD). Tendo en conta estes elementos, para a superación de cada unidade didáctica o alumnado deberá acadar os mínimos de consecución establecidos, nun peso orientativo global igual ou superior ao 50%. No caso de detectarse dificultades nalgún alumno ou alumna, adoptaránse as medidas de reforzo educativo necesarias.

Entre os procedementos de avaliación:

- PRIMEIRA AVALIACIÓN: Presentación e entrega das distintas tarefas coa información solicitada. Traballo en equipo. Adopción de rol concreto. Participación activa.

- SEGUNDA AVALIACIÓN: Presentación e entrega das distintas tarefas coa información solicitada.Traballo en equipo. Adopción de rol concreto. Participación activa. 

- TERCEIRA AVALIACIÓN: Presentación e entrega das distintas tarefas coa información solicitada.Traballo en equipo. Adopción de rol concreto. Participación activa.  Presentación do proxecto.

Como instrumentos de avaliación, poderán empregarse distintas listas de cotexo e rúbricas asociadas aos anteriores procedementos. Nestas rúbricas avaliaranse aspectos de traballo cooperativo, desempeño de rol concreto, realización de tarefas individuais, presentación, orde, produtos finais, claridade expositiva...

A nota da avaliación ordinaria en xuño virá dada pola media aritmética das notas das avaliacións parciais.

No caso de que un alumna/o non realice as tarefas asignadas ou non cooperede adecuadamente no grupo de traballo dificultando o desenvolvemento do proxecto, terá que realizar unha proba escrita, a cal constará de distintas preguntas test de resposta única sobre diferentes aspectos traballados neste proxecto.

A nota de dita proba representará a nota da avaliación parcial correspondente.

De igual xeito, no caso de que unha alumna/o teña dúas avaliacións suspensas, deberá realizar unha proba escrita final, con preguntas test de resposta única sobre diferentes aspectos traballados neste proxecto.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Para os alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3
1 Comprensión da Lectura
2 Expresión Oral e Escrita
3 Comunicación Audiovisual
4 Competencia Dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade

No deseño de actividades á hora de traballar en grupo:

- Fomentaranse de maneira transversal a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

- Promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

- Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Participación en plans e proxectos do centro Procurarase a participación activa
Conmemoración de efemérides como día da Paz, da muller... Reflexionarase sobre valores, comportamentos...

Procurarase a participación activa nos proxectos e plans realizados no centro así como noutros que teñan relación co proxecto a realizar e que teñan interese para o alumnado como os organizados por outras institucións, por exemplo concursos

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación do nivel de dificultade ás necesidades do alumnado.
Participación activa de todo o alumnado.
Adecuación á temporalización das unidades didácticas.
Apoio e implicación por parte das familias no traballo do alumnado.
Toma de medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE no deseño das actividades.
Utilización de distintas estratexias metodolóxicas en función das unidades didácticas.
Utilización dos distintos instrumentos de avaliación.
Eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación.

Estes indicadores de logro pretenden avaliar aspectos como a adecuación da proposta educativa ás características do grupo, a idoneidade das etodoloxías empregadas en cada momento, o grao de participación de alumnado e familias no proceso de ensino ou a adecuada resposta ás necesidades específicas do alumnado.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.

O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do docente, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.

O propio seguimento da programación será realizado  cando menos, unha vez ao mes.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver