Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Esta materia impártese en todos os centros de Secundaria de Galicia, xa que forma parte da etapa obrigatoria, polo que ten unha gran importancia como substrato dunha curiosidade e interese futuros polas distintas manifestacións plásticas. Para moitos alumnos, 1º da ESO é a súa primeira experiencia con certas técnicas gráfico-plásticas, ferramentas e procedementos. Tamén cun profesor especialista da materia, polo que é necesario que lles sirvamos de acicate e os estimulemos para despertar a súa creatividade, sen prexuízos nen vergoña, ó mostrar o seu proceso creativo e o traballo plástico finalizado ao resto do alumnado e aos docentes.

A educación artística é unha actividade imprescindible no desenvolvemento das persoas. A experimentación coas artes plásticas, visuais e audiovisuais fomenta a exploración e coñecementos propios e promove a imaxinación así como a capacidade para crear respostas múltiples, en linguaxes propios, a diferentes necesidades. Así mesmo a actividade artística implica un grao alto de interacción co grupo onde o traballo propio e alleo, individual e en grupo, serven para fomentar o debate e aprender a aprender.

O estudo da imaxe nos diferentes medios (a súa historia, as tipoloxías, as técnicas de creación, etc.) convértese nun dos fíos principais da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Foméntase a experimentación e a creación de imaxes bidimensionais e tridimensionais en diferentes medios de xeito que o alumnado tome contacto con técnicas e medios tradicionais así como cos medios tecnolóxicos e dixitais, explorando as cualidades expresivas da cada un deles.

Preténdese que, partindo dunha base común de conceptos, o alumnado traballe e experimente co emprego das diferentes linguaxes visuais e audiovisuais realizando as súas propias producións plásticas e audiovisuais.

É imprescindible que o alumnado adquira os coñecementos e as destrezas básicas para afrontar a análise crítica da imaxe visual e audiovisual como elemento de comunicación. Esta materia colabora amplamente no fomento do espírito crítico do alumnado ante as imaxes con diferentes funcións comunicativas e moi especialmente ante a imaxe publicitaria.

A materia impártese nos cursos de primeiro e terceiro da ESO e dá continuidade á educación artística recibida polo alumnado nas etapas anteriores, facilitándolle ao alumnado: seguir afondando no coñecemento, interpretación e valoración crítica das imaxes en todas as súas funcións; potenciar o coñecemento e o respecto polo patrimonio cultural e artístico e a súa posta en vañlor; poñer en práctica da expresividade propia mediante a realización de producións individuais e colectivas.

A materia está deseñada a partir de oito obxectivos que saen dos obxectivos xerais da etapa e das competencias que configuran o perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico, en especial dos descritores da competencia en conciencia e expresión culturais, aos que se engaden aspectos relacionados coa comunicación verbal, a dixitalización, a convivencia democrática, a interculturalidade ou a creatividade. A materia ten un enfoque eminentemente práctico o que leva a que o alumnado se inicie na produción artística sen necesidade de dominar as técnicas nin os recursos, e que vaia adquirindo estes coñecementos en función das necesidades derivadas da súa propia produción.

Os criterios de avaliación e os contidos da materia articúlanse en catro bloques. O primeiro leva por título «Patrimonio artístico e cultural» e inclúe contidos relativos aos xéneros artísticos e ás manifestacións culturais máis destacadas. O segundo, denominado «Elementos formais da imaxe e da linguaxe visual. A expresión gráfica», abrangue os elementos, principios e conceptos que se poñen en práctica nas distintas manifestacións artísticas e culturais como forma de expresión. O terceiro bloque, «Expresión gráfico-plástica e técnica: fundamentos e procedementos», comprende tanto os procedementos gráfico-plásticos como as distintas operacións técnicas ademais dos factores e as etapas do proceso creativo e unha introdución aos sistemas de representación máis importantes. Inclúese tamén unha introdución á xeometría plana e aos sistemas de representación. Por último, o bloque «Imaxe e comunicación visual e audiovisual» incorpora os contidos relacionados coas linguaxes, as finalidades, os contextos, as funcións e os formatos da comunicación visual e audiovisual.

O IES do Milladoiro é un centro situado no concello de Ames, na periferia de Santiago de Compostela, que experimenta un continuo aumento de alumnado dende a súa creación, en 2014. Existe unha gran diversidade de alumnado, que pertence a diferentes ámbitos socio-económicos e culturais e que supón un activo no centro pero tamén esixe un esforzo extra para a tender todas as necesidades. A incorporación de alumnado procedente do extranxeiro durante o curso é outra das cuestións que provoca nunha diversidade de niveis e ritmos de aprendizaxe nas aulas e que implica unha flexibilización da programación e condiciona a temporalización. 

Dende o departamento apostamos por unha educación en igualdade de condicións, intentando fornecer dos recursos necesarios ao noso alumnado sen que supoña para as súas familias un gran desembolso económico.

Durante este curso, o departamento de Artes Plásticas está formado por dous docentes:

Ana María Vidal Ruiz de Velasco, xefa do departamento, que imparte en catro niveis: primeiro, terceiro e cuarto da ESO, máis primeiro de bacharelato (Debuxo técnico I).

Ana Fernández Ramos, profesor do departamento de Educación Física, que imparte EPVA de 1º de ESO como materia afín en dous grupos.

O nivel de 1º de ESO conta con 82 alumnos e alumnas divididos en 4 grupos

Esta programación baséase na lexislación estatal e autonómica vixente.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender a importancia que tiveron no desenvolvemento do ser humano algúns exemplos seleccionados das distintas manifestacións culturais e artísticas, amosando interese polo patrimonio como parte da propia cultura, para entender como se converten no testemuño dos valores e das conviccións de cada persoa e da sociedade no seu conxunto, e para recoñecer a necesidade da súa protección e da súa conservación.
OBX2 Explicar as producións plásticas, visuais e audiovisuais propias, comparándoas coas dos seus iguais e con algunhas das que conforman o patrimonio cultural e artístico, xustificando as opinións e tendo en conta o progreso desde a intención ata a realización, para valorar o intercambio, as experiencias compartidas e o diálogo intercultural, así como para superar estereotipos.
OBX3 Analizar diferentes propostas plásticas, visuais e audiovisuais, amosando respecto e desenvolvendo a capacidade de observación e interiorización da experiencia e da satisfacción estética, para enriquecer a cultura artística individual e alimentar o imaxinario propio.
OBX4 Explorar as técnicas, as linguaxes e as intencións de diferentes producións culturais e artísticas, analizando, de forma aberta e respectuosa tanto o proceso como o produto final, a súa recepción e o seu contexto, para descubrir as posibilidades que ofrecen como fonte xeradora de ideas e respostas.
OBX5 Realizar producións artísticas individuais ou colectivas con creatividade e imaxinación, seleccionando e aplicando ferramentas, técnicas e soportes en función da intencionalidade, para expresar a visión do mundo, as emocións e os sentimentos propios, así como para mellorar a capacidade de comunicación e desenvolver a reflexión crítica e a autoconfianza.
OBX6 Apropiarse das referencias culturais e artísticas da contorna, identificando as súas singularidades, para enriquecer as creacións propias e desenvolver a identidade persoal, cultural e social.
OBX7 Aplicar as técnicas, os recursos e as convencións principais das linguaxes artísticas, incorporando de forma creativa as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías, para as integrar e enriquecer o deseño e a realización dun proxecto artístico.
OBX8 Compartir producións e manifestacións artísticas, adaptando o proxecto á intención e ás características do público destinatario, para valorar distintas oportunidades de desenvolvemento persoal.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 As distintas manifestacións artísticas. Valoración da perspectiva de xénero e o patrimonio. Os xéneros artísticos. Manifestacións culturais e artísticas clave ao longo da historia, incluidas as contemporáneas e as pertencentes ao patrimonio local: análise dos seus aspectos formais e do seu contexto histórico, incorporando ademais a perspectiva de xénero. Xéneros artísticos e evolución ao longo da historia da arte. 7 5
2 A linguaxe visual e os seus elementos básicos e de configuración. Punto, liña e plano. Forma, cor e textura. Conceptos e posibilidades expresivas dos elementos visuais. Recursos para expresar sentimentos e sensacións a través da linguaxe visual. 9 10
3 Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en dúas dimensións, secas e húmidas. Uso e características das técnicas planas, secas e húmidas e a súa utilidade na expresividade artística. 11 7
4 O volume como experiencia expresiva. Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en tres dimensións. 13 8
5 Trazados xeométricos básicos e as súas aplicacións. Introdución aos trazados xeométricos básicos: ángulos, triángulos, polígonos regulares e irregulares, teorema Thales, proporcionalidade, construción dun polígono nun número calquera de partes iguais, elementos notables... 22 11
6 Os sistemas de representación. Vistas diédricas. Introducción ós sistemas de representación: sistema diédrico. Nocións básicas da súa metodoloxía. 11 6
7 A linguaxe visual e as súas funcións e tipoloxías. Función informativa, comunicativa, expresiva e estética. A imaxe fixa, secuenciada e en movemento. Formatos analóxicos e dixitais das imaxes. 7 5
8 O cómic Imaxen fixa: a linguaxe do cómic. Orixe, evolución e exemplos significativos. 10 9
9 A fotografía Imaxe secuencial: posibilidades expresivas da fotografía. Orixe, inicios evolución e características. 10 9

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Patrimonio artístico e cultural
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.
CA1.2 - Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte.
CA1.3 - Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero.
CA1.4 - Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
CA1.5 - Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
Contidos
C1.1 - Os xéneros artísticos máis destacados.
C1.2 - Manifestacións culturais e artísticas máis importantes, incluídas as contemporáneas e as pertencentes ao patrimonio local: os seus aspectos formais e a súa relación co contexto histórico.
Bloque B2. Elementos formais da imaxe e da linguaxe visual. A expresión gráfica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas.
CA2.2 - Expresar ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes.
CA2.3 - Realizar diferentes tipos de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando racionalidade, empatía e sensibilidade, e seleccionando as técnicas e os soportes adecuados ao propósito.
CA2.4 - Desenvolver producións e manifestacións artísticas cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
CA2.5 - Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Contidos
C2.1 - A linguaxe visual como forma de comunicación.
C2.2 - Elementos básicos da linguaxe visual: o punto, a liña e o plano. Calidades expresivas e comunicativas.
C2.3 - Elementos de configuración visual: forma, cor e textura. Conceptos e posibilidades expresivas.
Bloque B3. Expresión gráfico-plástica e técnica: fundamentos e procedementos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
CA3.2 - Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
CA3.3 - Experimentar con distintas técnicas bidimensionais e tridimensionais na xeración de mensaxes propias, amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
CA3.4 - Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
CA3.5 - Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.
Contidos
C3.1 - Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en dúas dimensións. Técnicas secas e húmidas. O seu uso na arte e as súas características expresivas.
C3.2 - Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en tres dimensións. O seu uso na arte e as súas características expresivas.
C3.3 - Introdución á xeometría plana. Trazados xeométricos básicos. Introdución aos sistemas de representación: vistas diédricas.
Bloque B4. Imaxe e comunicación visual e audiovisual
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade.
CA4.2 - Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus distintos procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos.
CA4.3 - Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións visuais e audiovisuais.
CA4.4 - Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
CA4.5 - Desenvolver producións e manifestacións visuais cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
CA4.6 - Recoñecer os usos e as funcións das producións e das manifestacións artísticas, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
Contidos
C4.1 - A linguaxe e a comunicación visual. Finalidades: informativa, comunicativa, expresiva e estética. Contextos e funcións.
C4.2 - Imaxe fixa, secuencial e en movemento. Características, orixe e evolución. O cómic, a fotografía e os formatos dixitais.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 As distintas manifestacións artísticas. Valoración da perspectiva de xénero e o patrimonio. Os xéneros artísticos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.
Proba escrita
Entender, dun xeito básico, como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. 20
CA1.2 Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte.
Proba escrita
Entender minimamente a orixe, a repercusión e a importancia do noso propio patrimonio para poder entender o patrimonio cultural e artístico universal. 15
CA1.3 Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero.
Proba escrita
Interpretar o contexto sociopolítico e histórico baixo o que unha obra de arte está creada, para entender a perspectiva de xénero que condiciona a obras e artistas ao longo da historia da arte. 30
CA1.4 Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
Táboa de indicadores
Discriminar e entender minimamente os distintos contextos culturais e históricos e como estes inflúen nas obras de arte correspondentes, tendo en conta os factores sociais e formais que os condicionan. 20
CA1.5 Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
Proba escrita
Valorar as distintas producións artísticas, tamén as creadas na aula, sendo minimamente críticos, curiosos e respectuosos coas múltiples solucións creativas dos distintos contextos culturais. 15

2 A linguaxe visual e os seus elementos básicos e de configuración.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas.
Táboa de indicadores
Valorar as principais linguaxes das producións creativas. 30
CA2.2 Expresar ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes.
Táboa de indicadores
Experimentar minimamente, para despois elixir os recursos técnicos máis axeitados, co gallo de achegarse aos fins expresivos buscados. 20
CA2.3 Realizar diferentes tipos de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando racionalidade, empatía e sensibilidade, e seleccionando as técnicas e os soportes adecuados ao propósito.
Táboa de indicadores
Crear producións artísticas, dun xeito individual ou colectivo, coas técnicas máis idóneas para mostrar a integración de racionalidade, empatía e sensibilidade. 20
CA2.4 Desenvolver producións e manifestacións artísticas cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Acadar solucións creativas lóxicas a unha premisa, dun xeito individual ou colectivo. 20
CA2.5 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Táboa de indicadores
Apoiarse, en maior ou menor medida, en referencias do propio patrimonio, como base para acadar novas solucións creativas axeitadas. 10

3 Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en dúas dimensións, secas e húmidas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. 15
CA3.2 Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
Táboa de indicadores
Saber elixir as técnicas necesarias, dun xeito básico, despois de experimentar con elas, para ser quen de comunicar os sentimentos e ideas requiridos, desenvolvendo certa reflexión crítica. 20
CA3.3 Experimentar con distintas técnicas bidimensionais e tridimensionais na xeración de mensaxes propias, amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
Táboa de indicadores
Amosar un mínimo de iniciativa ao experimentar coas distintas técnicas e linguaxes expresivas para xerar mensaxes propias. 20
CA3.4 Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. 25
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.
Táboa de indicadores
Explicar, dun xeito mínimamente lóxico e organizado, os procesos e o resultado das producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre os erros e procurando outras solucións máis axeitadas. 20

4 O volume como experiencia expresiva.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. 15
CA3.2 Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
Táboa de indicadores
Saber elixir as técnicas necesarias, dun xeito básico, despois de experimentar con elas, para ser quen de comunicar os sentimentos e ideas requiridos, desenvolvendo certa reflexión crítica. 20
CA3.3 Experimentar con distintas técnicas bidimensionais e tridimensionais na xeración de mensaxes propias, amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
Táboa de indicadores
Amosar un mínimo de iniciativa ao experimentar coas distintas técnicas e linguaxes expresivas para xerar mensaxes propias. 20
CA3.4 Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. 25
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.
Táboa de indicadores
Explicar, dun xeito minimamente lóxico e organizado, os procesos e o resultado das producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre os erros e procurando outras solucións máis axeitadas. 20

5 Trazados xeométricos básicos e as súas aplicacións.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. 15
CA3.2 Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
Táboa de indicadores
Saber elixir as técnicas necesarias, dun xeito básico, despois de experimentar con elas, para ser quen de comunicar os sentimentos e ideas requiridos, desenvolvendo certa reflexión crítica. 15
CA3.4 Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Proba escrita
Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. 50
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.
Táboa de indicadores
Explicar, dun xeito minimamente lóxico e organizado, os procesos e o resultado das producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre os erros e procurando outras solucións máis axeitadas. 20

6 Os sistemas de representación. Vistas diédricas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. 15
CA3.2 Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
Táboa de indicadores
Saber elixir as técnicas necesarias, dun xeito básico, despois de experimentar con elas, para ser quen de comunicar os sentimentos e ideas requiridos, desenvolvendo certa reflexión crítica. 15
CA3.4 Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Proba escrita
Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. 50
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.
Táboa de indicadores
Explicar, dun xeito minimamente lóxico e organizado, os procesos e o resultado das producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre os erros e procurando outras solucións máis axeitadas. 20

7 A linguaxe visual e as súas funcións e tipoloxías.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade.
Táboa de indicadores
Entender como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. 15
CA4.2 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus distintos procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. 15
CA4.3 Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións visuais e audiovisuais.
Táboa de indicadores
Valorar as principais linguaxes das producións creativas. 15
CA4.4 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Táboa de indicadores
Apoiarse, en maior ou menor medida, en referencias do propio patrimonio, como base para acadar novas solucións creativas axeitadas. 15
CA4.5 Desenvolver producións e manifestacións visuais cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. 20
CA4.6 Recoñecer os usos e as funcións das producións e das manifestacións artísticas, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
Táboa de indicadores
Manter unha actitude minimamente aberta e mostrar interese recoñecendo as principais funcións das diferentes manifestacións artísticas e a súa importancia na sociedade. 20

8 O cómic
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade.
Táboa de indicadores
Entender como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. 15
CA4.2 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus distintos procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. 15
CA4.3 Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións visuais e audiovisuais.
Táboa de indicadores
Valorar as principais linguaxes das producións creativas. 15
CA4.4 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Táboa de indicadores
Apoiarse, en maior ou menor medida, en referencias do propio patrimonio como base para acadar novas solucións creativas axeitadas. 15
CA4.5 Desenvolver producións e manifestacións visuais cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Acadar solucións creativas lóxicas a unha premisa, dun xeito individual ou colectivo. 25
CA4.6 Recoñecer os usos e as funcións das producións e das manifestacións artísticas, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
Táboa de indicadores
Manter unha actitude minimamente aberta e mostrar interese recoñecendo as principais funcións das diferentes manifestacións artísticas e a súa importancia na sociedade. 15

9 A fotografía
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade.
Táboa de indicadores
Entender como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. 15
CA4.2 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus distintos procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. 15
CA4.3 Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións visuais e audiovisuais.
Táboa de indicadores
Valorar as principais linguaxes das producións creativas. 15
CA4.4 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Táboa de indicadores
Apoiarse, en maior ou menor medida, en referencias do propio patrimonio como base para acadar novas solucións creativas axeitadas. 15
CA4.5 Desenvolver producións e manifestacións visuais cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa de xeito individual ou colectivo. 20
CA4.6 Recoñecer os usos e as funcións das producións e das manifestacións artísticas, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
Táboa de indicadores
Manter unha actitude minimamente aberta e mostrar interese recoñecendo as principais funcións das diferentes manifestacións artísticas e a súa importancia na sociedade. 20

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual pretende introducir ao alumnado de 1º da ESO no mundo da comunicación visual e audiovisual desde o debuxo, tanto artístico como técnico, para continuar analizando imaxes e principais técnicas de creación gráfico-plástica, coñecendo así as obras máis representativas da historia da arte. Preténdese non só, que o alumnado sexa capaz de ver, senón que tamén sexa quen de facer, de crear imaxes pertencentes aos diferentes campos da comunicación visual e audiovisual.

 

Para iso é necesaria unha metodoloxía que trate de reforzar os aspectos prácticos, adquiríndose os obxectivos a través das actividades da aula.

 

Os bloques de contidos están organizados de xeito que cada unidade pode empregar parte dos contidos adquiridos nas anteriores. O alumnado verase obrigado a utilizar o aprendido máis aquilo que debe aprender coa práctica, situándose a súa actividade entre o que sabe facer e o que pode chegar a facer coa axuda do profesorado.

 

Na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual podemos utilizar distintas metodoloxías. Velaquí algunhas suxestións:

 

1) Exposición, por parte do docente, da nova tarefa a realizar.

 

2) Avaliación inicial, se se considera necesario, co fin de coñecer as ideas previas que ten o alumnado sobre os contidos da unidade.

 

3) É moi exemplarizante e de gran axuda, amosar os traballos realizados por alumnado doutros cursos, para que vexan as múltiples posibilidades que ten unha proposta.

 

4) Exposición dos contidos que o alumnado debe entender para a realización dos exercicios onde intervirá unha metodoloxía investigadora e creadora, o traballo en grupo e, por suposto, o traballo guiado polo profesorado.

 

5) Elaboración dos exercicios durante as horas lectivas.

 

6) Reflexión persoal e conxunta sobre as resultas plásticas e sobre os coñecementos adquiridos.

 

7) Nos exercicios a realizar nas horas lectivas teranse en conta as seguintes pautas:

 

- A exposición da tarefa a realizar e aplicación dos contidos explicados.

- Os bosquexos previos e definitivos.

- A correcta organización, limpeza e presentación no proceso e no resultado.

- O aproveitamento eficaz do tempo así como o interese e a curiosidade mostrado polo alumnado.

 

O resultado será valorado en función do progreso do alumnado, na consecución da adquisición das competencias clave, a través da avaliación dos criterios establecidos mediante unha rúbrica, onde figurará unha ponderación en cada apartado.

 

O alumnado poderá participar na selección das actividades a realizar, sempre que as súas propostas respondan aos obxectivos dos bloques de contidos.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Mobiliario axeitado para un taller de arte escolar: vertedoiro con billa, mesas cómodas, andeis para gardar traballos e materiais, espazos para expoñer obras e comentar, vertedoiro con auga, espazo ou moble de secado, etc.
Ordenador con conexión a internet e proxector con pantalla.
Aula de informática do centro.
Plataforma de ensino virtual, preferentemente, a aula virtual do centro.
Materiais pictóricos fuxíbeis: carbón, lapis conté, sanguina, pintura acrílica ou témpera das cores primarias, branca e negra.
Materiais para estampar.
Materiais para modelado.
Libros de arte, tanto de temas técnicos, como catálogos de artistas, movementos artísticos, etc.
Páxinas web de museos, salas de exposicións, blogs de arte, etc.

A materia impartirase nunha aula taller con espazos diferenciados, na que se poden realizar tanto traballos prácticos, atender ás explicacións do profesorado, como compartir información co resto do alumnado, traballar en equipo, etc.

 

O alumnado deberá aportar material propio, aínda que na aula poderá estar dispoñible algúns deste material para uso do alumnado, de ser necesario:

 

- Papel para debuxo e técnicas húmidas.

- Lapis de diferentes durezas e goma branda.

- Tesoiras.

- Lapis de cores.

- Ceras brandas.

- Rotuladores.

- Pinceis planos e redondos nº 12

- Regra, escadra e cartabón.

- Compás.

 

Incentivarase no alumnado o uso de materiais reutilizados e de refugallo: distintos tipos de papeis usados, materiais procedentes do uso cotiá, etc. Poderán ser aportados polo alumnado, así como contar con eles na aula.

 

 

 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


1. PROPÓSITO DA AVALIACIÓN INICIAL:

 

Para comezar, é importante definir que é o que se quere conseguir por medio da avaliación inicial. Canto máis concreta sexa esta definición, máis útil será para unha toma de decisións axustada.

 

Debe proporcionar información relevante sobre os niveis xerais do grupo e do alumnado que o integra e servir como punto de partida para a contextualización do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Pode ser moi útil para orientar a programación, a metodoloxía a utilizar, a organización da aula,... así como para axustar a actuación docente ás necesidades, intereses e posibilidades do alumnado.

 

 

2. RECOLLIDA DE INFORMACIÓN:

 

A segunda fase da avaliación inicial, coincidinte coa de calquera proceso de avaliación, é a recollida de información. Tratarase de manter o equilibrio entre recoller todos aqueles datos que sexan precisos para o que se quere facer e centrarse só naqueles que sexan útiles para a decisión a tomar.

 

Os aspectos sobre os que recoller información serán:

 

- Competencia curricular: comunicación, autonomía, habilidades...

- Características do alumno/a: intereses, motivación, estilo de aprendizaxe...

- Entorno: contexto educativo (itinerario elixido, materias pendentes...), contexto familiar, contexto social.

 

O formato de recollida de información pode ir desde elaboración de cuestionarios como tarefas na Aula Virtual do centro, cuestionarios en papel, ata conversas informais, debates, etc. Tratarase de levar a cabo entre a primeira e a segunda semana do curso.

 

A reunión de avaliación inicial co equipo docente e o Departamento de Orientación, así como a información aportada polo titor do grupo, axudará a completar a información recollida e poñela en común.

 

3. TOMA DE DECISIÓNS:

 

Unha vez analizada toda a información, tomaranse decisións sobre os seguintes aspectos:

 

- Respecto ao currículo: deseñar adaptacións curriculares e reforzos nos casos necesarios.

- Respecto á forma de traballar na aula: organizar grupos, distribuir o material...

- Respecto a aspectos organizativos: distribución das unidades didácticas, organización da avaliación...

 

 

 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 7.0 9.0 11.0 13.0 22.0 11.0 7.0 10.0 10.0 100.0
Proba escrita 80.0 0.0 0.0 0.0 50.0 50.0 0.0 0.0 0.0 22.1
Táboa de indicadores 20.0 100.0 100.0 100.0 50.0 50.0 100.0 100.0 100.0 77.89999999999998

CUALIFICACIÓN POR AVALIACIÓN:

 

O grao de consecución dos criterios de avaliación das distintas unidades da materia establecerase do seguinte xeito:

a) Mediante entregas de traballos teóricos e prácticos, dos que o alumnado coñecerá os indicadores de logro. A nota deste apartado será a media aritmética de todos os traballos, valorándose cun 0 os non presentados. A nota será menor, de entregarse a tarefa fóra de prazo, no caso de aceptarse. Peso porcentual na nota de cada avaliación: 70% no caso de ter tamén probas teorico-prácticas nesa avaliación. En caso contrario 100%.

b) A través de probas teórico-prácticas, nas unidades didácticas que así o requiran. Peso porcentual na nota de cada avaliación: 30%.

É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesorado en canto a formato, técnicas, materiais, etc., e que os traballos sexan entregados nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta na avaliación. O traballo debe facerse na aula aínda que podan rematar certas actividades na casa.

 

Os indicadores de logro corresponderanse cos criterios de avaliación e se poden aplicar en forma de rúbricas, listas de cotexo, escalas de valoración, ou outros instrumentos. Un exemplo dalgúns que se poden empregar na meirande parte das unidades didácticas sería o seguinte:

- Aplica correctamente as técnicas empregadas en función da mensaxe proposta, manexando os materiais e instrumentos necesarios de forma axeitada.

- Aplica correctamente os elementos formais (composición, cor, textura, forma...).

- É quen de expresar con corrección os conceptos sobre os que se traballa e o proceso seguido na realización da práctica.

- Acaba e presenta correctamente o traballo, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.

- Adecúase ás instrucións e condicións postas polo profesor e sigue un proceso de traballo correcto.

- Nos traballos realizados en grupo, leva a cabo as tarefas asignadas e a súa participación é respectuosa.

- Entrega as tarefas en prazo.

 

CUALIFICACIÓN FINAL:

A nota final consistirá nunha media aritmética das tres avaliacións.

RECUPERACIÓN AO LONGO DO CURSO:

 

O ideal para que o alumnado poida ir superando as dificultades en canto son detectadas, é que reincida sobre os obxectivos non acadados, por medio da reelaboración de traballos. Así, para poder recuperar as notas das avaliacións non superadas, o alumnado poderá repetir os traballos con notas inferiores a 5 e os non entregados. Para o cálculo da media, a nota dos traballos repetidos substituirá á dos anteriores.

 

Ditas entregas faranse de xeito periódico, en cada trimestre, nas datas indicadas polo profesorado.

 

RECUPERACIÓN FINAL:

O alumnado que non supere a materia unha vez avaliados os tres períodos citados, pode presentarse a unha avaliación final que consistitá en:

a) Elaboración dun proxecto teórico-práctico a realizar durante o tempo de clases, guiado polo profesorado. Peso porcentual na nota: 40%.

b) Proba teórico-práctica. Peso porcentual na nota: 60%.

Durante o tempo de preparación co que conta o alumnado desde que remata a 3ª avaliación ata a final, farase un percorrido polos contidos teóricos que se avaliarán e guiáraselle para poder levar a cabo a parte práctica do proxecto.

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


SEGUIMENTO PERIÓDICO:

O alumnado con esta materia pendente poderá recuperala seguindo un plan de reforzo ao que o alumnado terá acceso, preferiblemente, a través da aula virtual do centro. Tendo en conta as necesidades do alumnado, os materiais dixitais poden ser complementados cun caderno de actividades en formato físico.

O profesorado poderá realizar un seguimento continuo do plan e do alumnado a través da aula virtual, ou mediante reunións presenciais.

A avaliación levarase a cabo nas datas indicadas e feitas públicas desde o centro, a través de entregas de traballos que serán recollidos de xeito físico ou a través da aula virtual. É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesorado en canto a formato (caderno, carpeta, traballos soltos, dixital...) técnicas, materiais, etc., e que sexan entregados nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro.

A nota final consistirá na media das 3 entregas ou avaliacións.

 

PROBA FINAL:

De non superar a materia a través das entregas periódicas, o alumnado poderá presentarse a unha proba final, que consistirá nunha proba teórico-práctica.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Partimos da idea do principio de individualización do ensino e de que a aula é un conxunto de diversidades. Deberemos ser flexibles á hora de adaptar a nosa programación, especialmente a metodoloxía, adoptando medidas de carácter preventivo unha vez coñezamos as características das persoas coas que imos traballar.

 

A nosa materia é especialmente agradecida neste sentido, polas súas características intrínsecas e pola multitude de solucións que poden resultar de cada proposta.

 

A inclusión será un factor determinante no desenvolvemento das propostas de traballo das unidades didácticas, que terán lugar en ambientes de aprendizaxe centrados no alumnado, para que todos poidan demostrar o seu potencial e sexan partícipes das situacións de aprendizaxe. Isto será moi enriquecedor para eles pero tamén para o resto de alumnos e para nós como profesionais da educación.

 

Debemos partir dunha detallada avaliación inicial para coñecer ao noso alumnado. Cada curso podemos enfrontarnos ao reto de ter alumnado con discapacidades visuais, auditivas, motoras, así como diagnósticos de TDAH ou TEA, entre outras moitas patoloxías. Tamén atoparemos alumnado recentemente incorporado ao noso sistema educativo, procedente do estranxeiro, algúns deles sen coñecer as linguas vehiculares, estudantes que proveñen de diferentes orixes socioeconómicas, con condicións persoais difíciles, distintos xeitos de aprender, ritmos de asimilación dispares e niveis de motivación desiguais. Tampouco podemos esquecer ao alumnado de altas capacidades que son un desafío para o docente e unha gran fonte de inspiración para o resto de compañeiros.

 

Conscientes de que perseguimos acadar os obxectivos propostos de acordo ás capacidades e intereses do alumnado, as medidas de atención á diversidade centraranse en:

 

 

MEDIDAS CURRICULARES E METODOLÓXICAS: supoñen unha adaptación encamiñada a modificar as disfuncións, transitorias ou permanentes, detectadas en certo alumnado.

 

- En caso de que un alumno ou alumna non acade os obxectivos mínimos, trataremos de ofertar unha variedade de actividades de reforzo, a través de exercicios adaptados e de consolidación.

 

- Utilizaremos multiplicidade de procedementos e mecanismos de avaliación e de recuperación.

 

- É importante, tamén, favorecer a existencia dun bo clima de aprendizaxe na aula e insistir en reforzos positivos para mellorar a auto estima.

 

- Favoreceremos o traballo en equipo, preferiblemente en pequenos grupos para que o alumnado poida desenvolver distintos roles.

 

- En caso de alumnos con necesidades educativas específicas de apoio educativo, seguindo as indicacións do Departemento de Orientación, realizaremos as adaptacións curriculares oportunas, os reforzos educativos necesarios e estableceremos os recursos de apoio que o favorezan.

 

- O alumnado con discapacidade que poidan ser escolarizado disporán da modalidade que lles garanta unha resposta máis axeitada ás súas necesidades.

 

- Co alumnado que requira ser hospitalizado ou permanecer convalecente no seu domicilio, favoreceremos a continuidade na nosa materia e a comunicación a través da aula virtual ou do profesor de atención domiciliaria.

 

- O alumnado valorado como de altas capacidades pode ampliar o currículo ou aceleralo así como flexibilizar o período de permanencia na etapa.

 

 

MEDIDAS INTERDISCIPLINARES E COLABORATIVAS:

 

- Existen tarefas nas que sería interesante colaborar con profesores de materias afíns e complementarias podendo abordar proxectos conxuntos. Isto para os estudantes é unha aprendizaxe moito máis global e permítelles entender mellor a aplicación e o sentido dos saberes.

 

- Unha frecuente comunicación coas familias resulta crucial nos casos de alumnado con necesidades educativas especiais. Elas nos poden indicar cales son as fortalezas e a maneira máis axeitada para traballar cos seus fillos. Ás veces estas familias están asesoradas por profesionais que tamén nos poden guiar á hora de concretar procedementos instrumentais e adaptar a materia para ter máis posibilidades de éxito.

 

 

MEDIDAS ORGANIZATIVAS:

 

- Se a dispoñibilidade horaria permitise agrupamentos flexibles, sería moi favorecedor para á atención á diversidade e a elaboración de traballos con procesos técnicos máis complicados, de ser necesario pola natureza do grupo.

 

- Dispoñemos de plans de acollida ao alumnado estranxeiro con atención educativa específica para aqueles que se incorporen tardiamente ó sistema educativo e presente graves carencias en lingua castelá e/ou galega. Isto dependerá da dispoñibilidade horaria do centro, e tendo en conta que este alumnado se incorpora co curso xa iniciado, cando os horarios xa están pechados, é de moi difícil consecución. O alumnado que se escolarice tardiamente ao noso sistema e presente un desfase curricular de máis de dous cursos incorporaranse nun curso inferior ao que lle corresponde por idade.

 

- Non podemos esquecer a importancia da acción titorial e da prevención do absentismo así como a indispensable colaboración co Departamento de Orientación.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Comprensión de lectura.
2 Expresión oral e escrita.
3 Comunicación audiovisual.
4 Competencia dixital.
5 Emprendemento social e empresarial.
6 Fomento do espírito crítico e científico.
7 Educación emocional e en valores.
8 Igualdade de xénero.
9 Creatividade.
10 Educación para a sustentabilidade e o consumo responsable.
11 Respecto mutuo e cooperación entre iguais.
12 Prevención e resolución pacífica de conflitos.

Segundo se recolle no decreto que regula a implantación da Educación Secundaria Obrigatoria, os elementos transversais deberán tratarse en todas as materias do curso. Recollemos neste listado todos os que son obrigatorios e tamén os que consideramos importantes para a materia e a formación do noso alumnado.

 

Deberemos telos en conta á hora de seleccionar os mateirais cos que se traballará, sexa en formato texto, imaxes ou contidos audiovisuais. Tamén no deseño das actividades que o alumnado porá en práctica, na organización dos equipos de traballo, na orientación dos debates que xurdan, etc.

 

Algunhas concrecións dos elementos transversais citados son as seguintes:

 

- Na educación para a igualdade de xénero, evitaranse os comportamentos, estereotipos e contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

 

- En canto ao emprendemento social e empresarial e á creatividade, trataremos de afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

 

- Na cooperación entre iguais e a prevención e resolución de conflitos, fomentaranse os valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e polo Estado de dereito, e o rexeitamento da violencia terrorista ou calquera outro tipo de violencia.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visitas a espazos expositivos, virtuais ou presenciais da contorna. Visitas guiadas a exposicións en museos, galerías, salas de exposicións, etc., con eventos temporais ou permanentes
Charlas informativas relacionadas con distintos intereses para o noso alumnado. Charlas impartidas por todo tipo de profesionais relacionados coa materia.
Participación en distintos premios e concursos vinculados á nosa área. Concursos dentro e fóra do centro que lles axudan a aprender a presentar un proxecto e os animan a polos en práctica eles mesmos no futuro.
Realización de proxectos do Departamento e interdisciplinares. Participar nas propostas dos equipos de Normalización, Biblioteca, Actividades Extraescolares ou outros. O noso alumnado pode participar en propostas creativas como a revista do instituto, murais, a árbore de Nadal, o acto de graduación de fin de curso, Entroido, iniciativas como a arquitectura pedagóxica ou calquer proposta que poda enriquecer ó noso alumnado, xa parta do noso departamento ou doutros.

Tratarase de planificar as actividades complementarias do departamento antes do inicio do curso, na medida do posible. Non sempre pode ser xa que hai eventos que son ofertados ao longo deste, hai cambios nas programacións das institucións artísticas da comunidade ou non sempre as coñecemos ao inicio do curso académico.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
(P) Consulto a programación ao longo do curso e, en caso necesario, realizo e anoto as modificacións.
(P) Ao confeccionar a programación teño en conta as oportunidades que me ofrec e o contexto e adáptome a este.
(P) Dou a coñecer ao alumnado os elementos básicos da programación.
(A) Antes de comezar unha unidade, explico ao alumnado "que", "con que frecuencia " e "en base a que" avaliarei.
(M) Amoso, ao principio de cada unidade didáctica, traballos variados de cursos anteriores, que se adaptan á tarefa solicitada para que sirvan de exemplo ao alumnado do que se pode facer.
(M) Motivo o meu alumnado partindo dos seus coñecementos previos, relacionando os contidos con situacións reais, informándolles da utilidade das actividades e creando expectativas.
(M) O alumnado traballa do seguinte xeito: Individualmente / por parellas / en grupos reducidos / en grupos grandes.
(M) Os exercicios que propoño son do seguinte tipo: pechados, dirixidos... / abertos, procedimentais, proxectuais, diversos, etc. / facilitan o traballo cooperativo. / impulsan a comunicación: buscar información, interpretala, tomar decisións, crear, razoar, explicar aos demais, etc.
(M) Na metodoloxía que aplico: emprego todo tipo de recursos e materiais para a aprendizaxe: material manipulativo, audiovisual, impreso, etc. / propoño actividades para facilitar a aprendizaxe autónoma / baséome nas explicacións teóricas e no libro/apuntes.
(M) Como paso as horas lectivas: intentando conseguir silencio / impartindo teoría e explicacións / respondendo a preguntas, fomentando a participación, desenvolvendo prácticas, etc. / Observando / Corrixindo ao alumnado de xeito individual.
(M) Ao comezo de cada unidade o alumnado coñece os obxectivos e competencias que queremos desenvolver, as actividades que realizarán, como se lles avaliará...
(AD) Que fago para coñecer a composición da clase? Pasar unha proba ao comezo do curso escolar / ler os informes anteriores / ver os resultados da avaliación / facilítama o titor/a, o Xefe/a de Estudos, o Orientador/a / facilítanma nas reunións de grupo (reunións de avaliación, de titores, de nivel...)
(AD) Teño en conta a diversidade á hora de organizar a clase, de crear os grupos, etc.
(AD) A miña programación ten en conta a diversidade.
(AD) Dou ao alumnado a explicación que precisa: No grupo grande / No grupo pequeno / De xeito individual.
(AD) Propoño tarefas de diferente nivel en cada unidade e exame.
(AD) Teño en conta o alumnado que se afasta da media dos resultados (tanto por arriba como por abaixo).
(A) Utilizo diferentes tipos de probas: exames escritos / exames orais / traballo individual / traballo en equipo.
(A) Que teño en conta para medir os resultados? A nota final / o avance, tendo en conta a situación de partida.
(A) Entre avaliacións, programo un ou varios plans de recuperación dependendo dos resultados obtidos polo alumnado.
(A) Na avaliación teño en conta diferentes competencias.
(A) Unha vez rematada a unidade ou o proxecto didáctico, avalío a idoneidade dos recursos e das actividades empregadas no proceso de aprendizaxe: Non / De xeito individual / En grupo (con membros do departamento, o equipo de avaliación...) / Co alumnado.

Para levar a cabo unha adecuada avaliación da práctica docente, é necesario ter en conta:

 

- Establecer indicadores de logro que servirán para comprobar o funcionamento da programación e valorar a actuación propia como docente.

- Deseñar un procedemento adecuado para recoller os datos correspondentes que permitan valorar a situación.

- Analizar os resultados obtidos.

- Propoñer e incorporar as medidas de mellora que sexan necesarias.

 

Os indicadores de logro organízanse en torno a catro apartados:

 

- (P) Programación.

- (M) Metodoloxía.

- (AD) Atención á diversidade.

- (A) Avaliación.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A programación revisarase ao empezar o curso, a partir das propostas de mellora do curso anterior que se fixeron constar na correspondente memoria do departamento.

 

Durante o curso, farase un seguimento da programación cunha periodicidade mensual. Comprobarase o grao de consecución dos obxectivos e faranse constar os aspectos destacados en torno ao discorrer do curso nas correspondentes actas de reunións de departamento e na aplicación PROENS.

 

A avaliación do proceso de ensino pode realizarse nestes dous momentos:

 

1) ao remate de cada unidade didáctica, para identificar carencias no alumnado;

2) ao rematar cada trimestre, unha vez obtidos os resultados da avaliación.

 

En canto ao procedemento de seguimento, as ferramentas empregadas para analizar os indicadores de logro poden consistir en:

 

- folla de rexistro onde ir anotando os aspectos máis cuantificables;

- diario de aula;

- rúbrica de autoavaliación que facilite cuantificar o grao de consecución de aspectos concretos;

- estatísticas de resultados;

- cuestionarios e enquisas ao alumnado...

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver