Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional do 4º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que ten como obxectivo o desenvolvemento das competencias transversais mediante a realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Con esta materia preténdese que o alumnado se coñeza a si mesmo e sexa consciente da contorna sociocultural en que se atopa, de modo que facilite a súa aprendizaxe ao longo da vida e o seu desempeño académico e profesional.
Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e a súa contorna.
Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica nun IES situado en Milladoiro (Ames). Trátase dun centro situado nas proximidades da cidade de Compostela e cun alumnado bastante abundante e diverso. Dende o punto de vista demográfico Ames é un Concello de tamaño medio-alto, aproximándose máis ás características propias dun concello de tipo urban ou semi-urbano que a un do rural. Aínda así, compre destacar que o seu carácter máis urbano maniféstase en dous núcleos de poboación de certa importancia como son Milladoiro (onde está situado o instituto do que falamos) e Bertamiráns. É neles onde se concentra a maior parte do ticido empresarial e comercial do municipio, existindo outros nucleos máis rurais onde hai explotacións bovinas e gandeiras de onde proceden algúns dos alumnos/as.
Neste curso 24/25 temos 19 alumos e alumnas pertencentes a 4ºD todos e todas eles son de idades comprendidas entre os 15 e os 17 anos
Temos alumnos de distintas culturas e razas e distintas capacidades, a atención a diversidade estará presente nos procedementos metodolóxicos establecidos.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía didáctica nesta materia debe favorecer a capacidade do alumnado por aprender por se mesmo tendo en conta a diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe e promover a aprendizaxe en equipo facendo fincapé na relación dos aspectos teóricos da materia coas súas aplicacións prácticas na sociedade. Así mesmo, traballaranse os valores transversais fomentando especialmente a comprensión lectora e a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula. A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada estudante, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo e para traballar en equipo. Ademais fomentarase a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.
* PRINCIPIOS METODOLÓXICOS
No proceso de ensinanza e aprendizaxe han de asegurar distintos tipos de aprendizaxe:
1º: Aprendizaxe significativa: partindo dos coñecementos previos, as alumnas e os alumnos, han de ser capaces de aprender a aprender, adquirindo unha serie de coñecementos, habilidades e actitudes para poder establecer relacións entre a materia e a súa propia realidade.
2º: Aprendizaxe funcional: os novos contidos deberán ser aplicados en diferentes contextos cando os estudantes o precisen.
3º: Aprendizaxe cooperativa: traballar a materia en grupo, desenvolver proxectos de investigación e realizar debates favorecerá o interese pola mesma e axudará ao estudante no seu perfeccionamento persoal e social.
4º: Aprendizaxe mediante o emprego das TICs: coa utilización de Internet, de vídeos divulgativos e do encerado dixital, que será utilizado como recurso de apoio.
A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada estudante, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo e para traballar en equipo. Ademais fomentarase a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.
* TIPOS DE ACTIVIDADES E PROXECTO PERSOAL
Entre as distintas actividades que conformarán o portfolio do alumnado, atoparanse:
- Preparación de entrevistas laborais entre os distintos grupos de alumnado. Simulacro e representación da entrevista. Debate grupal e coavaliación.
- Elaboración dun DAFO e deseño dun perfil persoal / profesional. Actividade relacionada co taller impartido por profesionais do sector da orientación laboral no cal traballarán con ferramentas para elaborar perfís profesionais, CV...
* DESENVOLVEMENTO DAS UNIDADES
O fío condutor que se seguirá á hora de desenvolver as distintas unidades didácticas será o seguinte:
a) Introdución á unidade didáctica.
b) Análise dos coñecementos previos dos alumnado.
c) Desenvolvemento da unidade a través de diferentes tarefas e actividades.
d) Resumo e síntese dos contidos da unidade.
* TIPOS DE AGRUPAMENTOS
As diversas formas de agrupamento que se utilizarán, divídense en tres tipos:
- Gran grupo.
- Equipos de traballo cooperativo.
- Traballo individual.
* CONTRIBUCIÓN A PLANS E PROXECTOS
Preténdese realizar unha adecuada contribución ao Plan Lector do Centro, coa proposta de lectura voluntaria de distintos libros ou capítulos relacionados coa materia, así como coa lecturas de artigos xornalísticos e textos do libro do estudante. Así mesmo, contribuirase ao Plan TICs coa utilización de diferentes recursos (proxección de vídeos, presentacións, avaliacións interactivas, kahoots...).
No caso de ser preciso realizar atención educativa non presencial procederase tal como se expón:
- Desenvolvemento das sesións empregando a videoconferencia como ferramenta.
- Foros Aula Virtual: facilitadores da comunicación colectiva.
- Mensaxería Aula Virtual: facilitadora das comunicacións individuais.
- Entrega de tarefas Aula Virtual: facilitan o envío dos exercicios propostos.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial baseada en competencias clave. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. A dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como para a elaboración das actividades de reforzo e de ampliación no caso de ser necesarias.
Os resultados da dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do departamento de orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Son medidas de atención á diversidade as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado (Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011).
De ser preciso, desenvolveranse as seguintes medidas de atención á diversidade:
Ordinarias. Aquelas que faciliten a adecuación do currículo, sen alteración siginificativa dos obxectivos, contidos nin criterios de avaliación, ao contexto do centro e ás características do alumnado. Teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.
-
Adecuación da xestión da aula ás características do alumnado, procurando a participación, o acceso aos recursos, favorecendo a convivencia e aprendizaxe compartida.
-
Adecuación da programación didáctica ao alumnado e circunstancias do seu contorno. Logo de identificadas as barreiras (accesibilidade física, sensorial, cognitiva e emocional) deseñaranse actividades partindo dos principios do deseño universal de aprendizaxe para que as aprendizaxes sexan accesibles.
-
Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxes por proxectos.
-
Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación ás circunstancias do alumnado, tales como, forma de comunicación co alumnado, secuenciación de tarefas, verificación da comprensión das tarefas, dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, concesión do tempo necesario. Aplicaranse as propostas recollidas nos plans, proxectos, programas, guías e protocolos elaborados pola Consellería.
-
Aulas de atención educativa e convivencia. No caso de ser preciso derivar alumnado, o profesorado proporcionará as tarefas que debe realizar, que serán corrixidas e avaliadas.
-
Reforzo educativo. Posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades no progreso do alumnado.
-
Programas de enriquecemento curricular para o alumnado que presenta altas capacidades intelectuais.
Extraordinarias. Aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supor cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo o una modalidade de escolarización. Aplicaranse logo de esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren insuficientes.
O alumnado con necesidade específica de apoio educativo é aquel que require unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e da comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lengua de aprendizaxe, por se atoparen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condición persoais ou de historia escolar.
O alumnado que presenta necesidade educativas especiais é aquel que afronta barreiras que limiten o seu acceso, a súa presenza, a súa participación ou a súa aprendizaxe, derivadas de discapacidade ou de trastornos graves de conduta, da comunicación e da linguaxe, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, e que require determinados apoios e atención educativas específicas para a consecución dos obxectivos de aprendizaxe adecuados ao seu desenvolvemento.
-
Flexibilización da duración do período de escolarización na etapa de bacharelato. Dirixida a alumnado con altas capacidades intelectuais ou alumnado con necesidades educativas especiais.
-
Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada ao centro. .
O docente colaborará co profesorado titor e coa xefatura do departamento de orientación na planificación e desenvolvemento de actuacións destinadas ao axuste dos procesos de ensino e aprendizaxe.
A avaliación inicial permitirá adaptar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a debida progresión na súa aprendizaxe.
No proceso de avaliación promoverase o uso de instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe que permitan a valoración obxectiva do alumnado e garantan que as condicións de realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.
O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do docente, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento das actividades realizadas, rexistrando a paticipación nas mesmas, así como nas dificultades que se poideran observar no alumnado.
O propio seguimento da programación será realizado en Proens cando menos, unha vez ao mes, tal e como se reflicte na normtativa, deixando constancia nas actas de reunión de departamento.